lunes, 3 de mayo de 2010

GALLETAS RECHEAS DE CREMA DE ABELÁS

Estas galletiñas vínllelas a Nenalinda que á súa vez copiounas de Gastronomía & Cía. Desde o momento que llelas vin souben que as ía facer. Esta Nenalinda sempre provocando coas súas delicias e coas súas boas ideas. Están boísimas e o mellor é a sorpresa interior, neste caso están recheas de nutella, aínda que as podemos rechear do que máis nos guste, de feito Nenalinda racheounas de marmelada. Mordelas e atopar ese corazón delicioso é un auténtico vicio.
Fixen o dobre das cantidades que di na receita orixinal porque dicía que saían unhas 10 galletas. Desde o meu punto de vista son poucas, non dan para nada, entón mellor duplicar os ingredientes.


Ingredientes
400 gramos de fariña de repostería
50 gramos de fariña de arroz
10 gramos de fermento en po (levadura royal)
110 gramos de manteiga
2 ovos
150 gramos de azucre
60 gramos de nata 18% m.g. (como non tiña puxen metade de nata 35% e a outra metade de leite)
un chisco de sal
Crema de abelás (nutella) para encher.


Elaboración
- Tamizar a fariña e mesturala coa de arroz nun recipiente, engadir o azucre, o fermento e o chisco de sal.
- A continuación incorporar a manteiga cortada en dados e mesturala coa fariña fregándoa cos dedos.
- Finalmente incorporar os ovos batidos e a nata. Mesturar ben ata obter unha masa manexable e firme.
- Coller porcións e facer unha bóla. Facer un oco no centro ou aplanar a masa para pór no interior media culleradiña de nutella, pechar a masa encima da nutella, xuntando os bordos e deixando dentro a nutella, selar ben e volver a bolear. Parece que se vai desparramar todo, pero non, é sinxelo. Colocámolas nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear.

- Metémolas no forno prequentado a 180º, o metelas baixeino a 170º, durante uns 16-18 minutos. Eu encendín o forno cando me puxen a formar as galletas. Pódense poñer 12 en cada fornada, non se desparraman coma outras (non ten demasiada manteiga e fai que manteñan a forma orixinal)
- Na primeira fornada púxen a bandexa na parte central do forno, tostáronse por debaixo e quedaron moi brancas por encima. Logo xa as puxen máis arriba e mellor.
- Saen sobre unhas 26 galletas.





35 comentarios:

  1. Exquisitas que se ven estas galletitas.
    Una par me llevo para mi cafelin.
    Besitos guapa!

    ResponderEliminar
  2. No me extraña que doblaras las cantidades, yo creo que triplicaría eh. Vaya delicia de galletas. Te han quedado impresionantes.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  3. ¡Una delicia de galletas! Y la nutella me pierde.

    Besitos

    ResponderEliminar
  4. mmmmmm! Tienes toda la razón, 10 galletas (o 15, jeje) son muuuy pocas!

    La última foto me mató, y mira que no soy muy de chocolate, pero como la galleta es "normal" y el relleno nutella...deliciosas!

    Estupendo el mini paso a paso, queda muy claro como rellenar estas galletas!

    Un saludo, artista!
    Natalia

    ResponderEliminar
  5. Qué delicia...estas se las tengo que preparar a mi hijo mayor por su cumple, le encanta la nutella.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  6. Que boas e con nutella!! O paso a paso é unha gozada e as fotos impresionantes. últimamente fas unhas fotos de escándalo, fan babexar, jeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. que pecado tan mortal...yo creo q deberia de prohbirme durante una temporada el dulce...

    ResponderEliminar
  8. Eu creo que tería que triplicar as cantidades jajaja e encima falas recheas de chocolate o que lle facía falla a J., bueno como as vexa, xa me vexo facendoas agora mesmo ;)
    Bicos gordos!

    ResponderEliminar
  9. ,... se non acabo como unha "boliña" de ésta non o farei xamais ;-) ,... non me poño agora mesmo con elas, por que teño medo de acabar durmindo fora, pero ésta noite vou soñar con elas ;-)

    Sabes, teño un bote de medio kg de "nutella" caseira, xa sei como a vou a utilizar ;-) ,.... éstas galletiñas son unha verdadeira tentación!!!!! e a ti quedáronche que nin bordadas,... felicítote pola entrada, ...

    As fotos, de 10!!!

    un biquiño!!!

    ResponderEliminar
  10. Que ben me víña esa cestiña chea de galletas para mañá tomar co café...

    ResponderEliminar
  11. Eu creo que a nutella tería que estar prohibida!! aiiiiiii, cómo me poden gustar estas galletas!!!

    Bicos

    ResponderEliminar
  12. Si que son un verdadero vicio, empiezas con una y no sabes cuando parar. Mas que vicio, diría una auténtica tentación.
    Me han encantado se ven deliciosas.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  13. Maeeeeeeeeeee del amor hermoso que cosa mas rica po dioooooooos a ve quien provoca ahora jajaaajaaaaaa.
    Muxas gracias por la parte que me toca en la entrada pesiosa ,eres un encanto,sabes que me encanta leerte y venir a disfrutar de tus fantasticas recetas asi como de las entradas que las preceden ,de nuevo gracias por tus lindas palabras.
    Las galletas te han quedado espectaculares ademas de riquisimaaaaaaaaas en su dia ya dije que las haria rellenas de nuttela ,pero de momento me voy controlando pues como dice mi mami comer y rascar todo es empezar y estas galletas son muy viciosas y bastante peco ya jis..jis.
    Bienvenida al mundo galletil , veras como haces mas galletas ,cuando se empieza no se puede dejar a mi me relaja muxo.
    Bicos mil wapisisimaaaaaaaa.

    ResponderEliminar
  14. Delicioooooooooosas!, encantame a Nuttella. Besos.

    ResponderEliminar
  15. Hola, co que me gusta facer galletas,e estas teñen unha pinta deliciosa, e con recheo ainda non fixen ningunha. Asi que gardo a receita, teño unha duda xa que na casa non podo abusar da manteiga por problemas de saude¿saen brandiñas o podoas conservar nun bote hermetico por uns días? o meu fillo encantalle moito pero as persoas maiores xa se sabe "colesterol" e asi unha por día ca merenda pois quitan o antoxo. Graciñas un bico.

    ResponderEliminar
  16. María, grazas polas túas palabras. Direiche que se conservan perfectamente nunha lata,non saen brandiñas. Estas galletas en comparación con outras teñen bastante pouca proporción de manteiga. As miñas estiveron tres días na lata e perfectamente, incluso diría que están máis boas pasados uns días ca no día de facelas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  17. Ohhhhhhhhhhh
    Pero que vicio has traído hoy, para mí estas galletas son de empezar y no parar hasta que no acabo con ellas. Te han quedado fantásticas!!!
    Besitos

    ResponderEliminar
  18. Teñen unha pinta... Mmmm! Hei de facelas a ver que tal. Dá gusto ver larpeiradas coma estas. Un bico.

    ResponderEliminar
  19. Qué cosas más rica, niña!!!! primero pensé que eran panecillos rellenos! Lo tengo que probar. Besitos, guapa!

    ResponderEliminar
  20. Que pinta máis boa que tenhen estas galletas!

    Grazas por escribir no meu blog!

    Con este tradutor podes traducir en galego:
    http://translate.google.com/translate?js=y&prev=_t&hl=ca&ie=UTF-8&layout=1&eotf=1&u=http%3A%2F%2Frossejat.blogspot.com%2F&sl=ca&tl=gl! Por certo, para facerte admirador só tes que agregarme no teu panel!

    Ah, escríbeme en galego que o entendo bastante e así aprendo. De acordo?

    Bicos!

    ResponderEliminar
  21. Tienen que estar deliciosas.... muy ricas.

    Besos

    ResponderEliminar
  22. Tienen que ser exquisitas y con tus explicaciones no queda ninguna duda. Gracias por esta estupenda receta. Un besito.

    ResponderEliminar
  23. Ahí va que ricas teñen que estar... e eu coas ganas de galletas que levo. Voume quedar coas anteriores de avea, por iso de conservar a liña ;D. Saúdos que vai tempo que non paso e segues cunhas cousas máis boas... Un bico!

    ResponderEliminar
  24. Si ya solo las galletas seguro que están buenísimas, con ese relleno sorpresa, maaaaaadre mía, qué delicia, que riquisísisisimasssssss.

    biquiños

    ResponderEliminar
  25. madre mia!!!! me las apunto ya! que ganas tengo de hacerlas, con ese relleno que se me han ido los ojos... caen pero como yo me llamo Chez! ;-) te han quedado estupendas caldebarcos. besossssss

    ResponderEliminar
  26. oooooole.. pues yo ya tengo el relleno perfecto.. me apunto la receta, que se me pasó de nenalinda..jooooooooooooo!!!
    en cuanto encuentre un ratito... no le voy a dar tregua... y es que la pinta es impresionante niña... mis felicitaciones!!
    besotes

    ResponderEliminar
  27. Ohhhh que maravilla!! que cosa tan rica por dios !!! me apunto la receta para más adelante, ahora quiero que me entre la ropa del verano pasado :P pero tengo que probarlas!! a mis hijos les encantarán.

    besos!!

    ResponderEliminar
  28. pero que cosa más viciosa!!!!

    me muero de ganas de prepararlas!! de momento va a ser dificil... así que me contento con entrar y mirarlas mucho tiempo... ;)
    todo bien por mi tierra?
    besiños

    ResponderEliminar
  29. Hola!! fixen as galletas oxe a mañá e estan muy boas, so que tiven un fallo, quixen facelas un pouco maís delgadas e en alguhas saiume un pouquiño a mermelada por rriba, o metelas no forno (e decir abrironse un pouquiño o crecer)ou o mellor e que a masa tiña que estar mais firme,supoño que eso tamen dependera un pouco da fariña e o tamaño dos ovos. Pa outra ves xa sei o que non teño que facer jeje. De todas formas sairon con unha pinta estupenda e de sabor tamen.Graciñas po la receita,un beso.

    ResponderEliminar
  30. Alégrome María de que che gustaran, non te podes imaxinar o que me gustan estes comentarios. Polo que vexo querías menos masa e máis recheo pillina. A min a masa quedoume con boa firmeza, os ovos que emprego son da casa e ó mellor son algo máis pequenos (pero non creo). De sabor están moi boas, eso non cabe dúbida. Eu fareinas de novo esta semana para levar ó traballo e vounas rechear de marmelada e tamén de nuttela.
    Biquiños e grazas

    ResponderEliminar
  31. Maria Jose toda una delicia de galletas .... un besito guapa

    ResponderEliminar
  32. Hola :) que ricas se ven éstas galletitas..
    un saludo
    Gaby

    ResponderEliminar
  33. Pero qué pecado!!!! Co que che me gusta a mín a Nutella!!!!
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  34. Impresionantes, esa última foto lo dice todo. Menudo "corte" tienen! Muy bien el paso a paso, no queda ninguna duda. Y qué limpio todo! Yo creo que cuando haga estas galletas me van a quedar un poco más "chambonas".

    Me llevo la receta, que el otro día compré un bote de mermelada de pétalos de rosa y puede que la use para estas galletas.

    Un saludo, pepita pi! Y disfruta del merecido descanso!

    nata

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...