viernes, 12 de marzo de 2010

TORTIÑAS ESPONXADAS

Un bo almorzo ou unha boa merenda, son partidaria da merenda, para o almorzo gústame máis algo que se poida mollar no café.
Antes de ter o blogue e non experimentar con todo tipo de doces que vexo por aí (que sempre os quero probar todos), ás veces tiña antollos e como eu son de masa, de fariña pois facía unha filloas ou unhas chulas (mesma masa con máis fariña e fanse de tamaño pequeno), ou uns follados. Que ninguén se asuste co nome. Na miña zona chámanse así, é a mesma masa que para as filloas, pero algo máis gorda, con máis fariña. Antigamente facíanse con touciño e tamén con bastante aceite para que quedasen cruxientes polos bordos. Pero todo vai evolucionando. Eu creo que en tódalas casas da miña zona os follados son moi socorridos para as ceas, con azucre por arriba. A min sempre me encantaron. Encantábanme os de miña avoa que os facía nadando en aceite ben quente, o que pasa é que como eran tan aceitosos comías dous e xa non podías con máis. Logo cando viñeron as tixolas antiadherentes xa se podían facer só con unha gota de aceite e así é como os fai miña nai.


Cando empecei a saír ó mundo e dicía o de follados a xente mirábame cunha cara estraña. Noutras zonas chámanse freixós, nunca o oíra tampouco e seguramente que haberá outras denominacións. O de follados ten a súa lóxica, porque son coma follas.
Pois ben, nun deses arrebatos de necesidade de fariña e doce, discurrín bater as claras a punto de neve a ver como quedarían. Moi ben, claro está. Seguro que esto xa está inventado e xa ten un nome, pero eu, de momento, non o vin en ningún sitio e estou moi orgullosa do meu “invento”. Esto é como o que me pasou co biscoito. O típico biscoito de iogur, un bo día pensei en substituír o iogur por queixo crema. Toda contenta co meu invento, hasta cría que a ninguén se lle ocurrira tal cousa. Pois o meu gozo nun pozo, cando me iniciei nisto de ollar os blogues, e comprobei que todo o mundo facía biscoitos con queixo crema. Así que todo esta inventado, pensado e discurrido e sempre hai alguén que se adianta.


Ingredientes
2 ovos
150 ml de leite
5 culleradas sopeiras de fariña
1 culleradiña de azucre vainilla ou de esencia de vainilla
25 grs de manteiga derretida
Media culleradiña de sal


Elaboración
- Separamos as xemas das claras e montamos as claras a punto de neve, reservamos.
- Noutro recipiente introducimos o leite, as xemas, a vainilla, o sal, a manteiga derretida e fría e a fariña. Batemos todo co batedor eléctrico e logo incorporámola mestura ás claras.
- Integramos con coidado, con movementos envolventes.
- Nunha tixola pequena (do tamaño que queiramos que sexan as tortas) poñemos unha pouca manteiga (unha puntiña do coitelo) ou rastreamos unha pouco manteiga no fondo da tixola. Cando a manteiga estea derretida e mollando o fondo da tixola introducimos unha cullerada de masa (con un cazo dos de servir sopa). Deixamos que calle e dámoslle a volta.
- Retiramos da tixola e eu póñolle un pouco azucre. Seguro que hai quen prefire poñerlle o azucre na masa inicial, iso é a gusto. A min gústame poñerllo por encima para se derreta co calor a medida que poñemos unhas enriba das outras (é un costume da casa, e algún días probarei a poñerlle o azucre na masa, aínda que miña nai di que se requeima a masa, non o sei, non probei nunca. Si ela o di sería porque xa probou e saberao, digo eu)
- Saíron 7 tortiñas con estas cantidades.
Podemos tomalas como máis nos guste, só co azucre, con marmelada, con mel, con chocolate, con nata, con varias cousas....





39 comentarios:

  1. Qué boa pinta guapiña!!!Boa idea iso de batir a punto de neve as claras!
    A mín encantábame comelas na casa de pequena, sempre iba roubando algunha mentras as facían.
    Inventado pódese dicir que debe estar casi todo, pero vah, se pra ti e teu, pois xa é ;)
    Mil bicos!!!!

    ResponderEliminar
  2. tienes toda la razón, a mi también me ha pasado con varias cosas, crees que has tenido una brillante idea y .... , me pasó que se me ocurrió hacer tallarines frescos pero... de chocolate, mi hijo me decia .."mamá que invento, como no se le ha ocurrido a nadie!!", pero ahora con san google... estamos perdidos, se me ocurrió teclear tallarines de chocolate y ... se nos fastidió el invento!!. Ya existía!.
    Tus tortillas esponjosas me parecen deliciosas, no sé si estará inventado pero... no me importa, a mi me parecen sensacionales y punto!

    besos

    ResponderEliminar
  3. A mín encantabanme os freixos que facía miña nai, lembro que ela non lle poñía leite...aínda que non estou segura. Fai moitos anos, agora non os fai...que bos estaban co azucre por enriba. Teño que decirlle que faga un, fai xa un par de semanas que pensei neles, y ti volvesmos a recordar...

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. eso de las brillantes ideas ya no se si existen, jajajaja, pero, si te sirve de consuelo, nunca he echo las tortitas montando las claras a punto de nieve, así que, para mi ¡¡tu idea es única!!, jajaja
    Un besiño y menuda delicia nos has puesto hoy

    ResponderEliminar
  5. Tocaya que buenas tenian que estar, la pinta lo dice todo y que esponjosidad, una receta estupenda.
    besitosss guapaaa
    buen finde

    ResponderEliminar
  6. Que boda pinta teñen!! O peor das tortiñas, filloas....é darlle a volta. Ou se me rompen, ou me queimo..........son un desastre!!!

    ResponderEliminar
  7. Quero dúas, unha con marmelada e outra con chocolate por favor, coa fame que teño a estas horas e ver esta delicia. Si que quedaron esponxadas, eu nunca as fixera coas claras montadas, esta claro que quedan moi pero que moi ben.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Hola Maria Jose tus tortitas esponjosas me encantan .....menuda delicia de filloas y las fotos son de 10 ....me hablan y todo ..jejeje....me dicen comemeeeeeeeeeee....jejeje ...... no sé si estará inventado ó no pero....para mi lo acabas de inventar tú .... un besito y feliz finde

    ResponderEliminar
  9. Que buenas las tortitas!!! con las claras a nieve te han quedado super esponjosas. Me encanta!!!
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  10. Podoche dicir que eu nunca oira o de bater as claras para facer as tortiñas, asi que demomento pra min eres a inventora. Encantoume o teu relato recordando a tua avoa. As tuas tortiñas preciosas, besiños e bo finde.

    ResponderEliminar
  11. mmm,que esponjosidad..que rico,con el chocolate....nooooooooooooooooooo

    ResponderEliminar
  12. Maria josé, menuda pinta con e chocolatiño fundidiño y que esponjosas tía se me hace agua en la boca,,besitos su, voy a estar ausente una semanita, parto ya para París,,estaré en contacto niña, besos

    ResponderEliminar
  13. Cuando leí follados pensé en hojaldritos, o algo parecido. Esta receta va a causar furor en mis meriendas de chicas!! a mi el cuerpo también me suele pedir masa dulce. Tengo que empezar a no escucharlo...
    Besiños

    ResponderEliminar
  14. Que pena estar a dieta y llevarla bien, porque si no estas tortitas caian seguro. Tienen una pinta estupenda y eso que a mí el caramelo y el chocolate no me van demasiado, pero ya encontraría con que comerlas. Me quedaré con la receta para cuando pueda comermelas. Besitos.

    ResponderEliminar
  15. ummmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm, que cousa máis rica!!! creo que mañán pola mañán xa sei o que vamos a desayunar!!! boísima a idea de batir as claras ;-),... o do chocolate por riba deixareino para outra ocasión, demasiadas calorías ;-)

    un biquiño guapaaa

    ResponderEliminar
  16. de eso se trata Caldebarcos de compartir y de que todo el mundo pueda disfrutarlo... lo de ser los primeros pues que da igual, no? te han quedado de lujo esta trotitas, me llevo para el desayuno que me vendran de perilla ya que mañana trabajo. Un besito

    ResponderEliminar
  17. Maeeeeee pesiosa me has dejao boquiabieta jajaja,peazo fotos reina no veas loq ue me has exo babea.
    No se si estara ya inventado pero desde luego ,yo no lo he exo nuca asin que tu me lo has enseñado.
    Lo del nombre desde luego que se las trae jajaja pero amooooooos ,como diria mi mae ,eso solo pasa en mentes pecadientas jajaja.
    A mi tambien me gusta poner el azucar entre filloa y filloa y no en la masa.
    Tengo pendientes para subir unas xulas que ha exo mi madre ,pero como la foto es del movil no se ven mu bien.
    Po cietooooooo vete preparandome un follado de mermelada , otro de xocolate y otro con durce de lexe ,dentro de un rato vuervo a buscarlos.
    La receta y presentacion de 10 points.
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  18. MMMmmmmmmmm...que pinta teñen!!!! non podes mandar un par por correo express...jejeje...a min as filloas e demáis non se me dan nada ben...
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  19. Que pinta que tienen y asi regaditas con chocolate uhmmmmm, me llevo unas para mi desayuno
    Un beso
    Amalia

    ResponderEliminar
  20. Hola Caldebarcos,ahora no porque he teminado de comer, pero para merendar seguro que me comeria un par con un buen cafe, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  21. MºJose, que ricas¡¡ me encantan las tortitas, unas fotos estupendas.
    Feliz domingo, un beso

    ResponderEliminar
  22. Orixinales e deliciosas!!! Qué famiña cada vez que veño a pillar un cachiño da arte que fan esas mans.
    Biquiños e ata a volta María Xosé.

    ResponderEliminar
  23. Que ricos!! canto tempo facía que non oía o de follados!jjejejej, por Muros chamanlle así...e por Burela( que é donde vivin moitos anos) chamanlle freixós...de todas todas, estan bos!!

    bicoss!!

    ResponderEliminar
  24. ooooooooooooooooh!! se me hace la boca agua niña... con ese chocolate por encima.... ainss, ración y media pa la que suscribe porfa!!!
    mil besos

    ResponderEliminar
  25. Ricos , ricos , que esponxosos . Na miña casa caen seguro pero con marmelada XD .

    Pola miña zona os freixos son as filloas , igual de delgadiños , de feito de pequenos chamábamos moito a atención que lles chamásen filloas , porque para nos eran as de sangue .

    É unha barabaridade , damos por suposto que todos falamos igual , que todo o mundo sabe o que é o raxo ou as parrochas , cando hai unha riqueza de termos incrible .

    Teriamos que facer un diccionario de equivalencias , que nos animamos entre todos ???

    XD Bicos

    ResponderEliminar
  26. Maria José, estas tortiñas quedaron de rechupete!! Lástima que ya cené, que si no, me preparaba unas poquitas.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  27. Qué tortiñas Caldebarcos!! lo he leído tarde, que si no hoy triunfaba con el desayuno...el domingo que viene las pruebo fijo!!

    ResponderEliminar
  28. Qué riquísimas, amiga!!!!! Invítame la próxima, vale?????? Un besito y buenas noches.

    ResponderEliminar
  29. Estoy a regimen!!!!!!!!!!, si las hago yo no me entran ganas de comerlo, pero si te las veo a ti ya me entran las ganas, ains que pintaza!!!, un dia me lo salto y como unas cuantas

    Bicos guapa

    Vane

    ResponderEliminar
  30. Tienen una pinta súper sabrosas. La verdad es que como bien dices, está todo inventado, pero lo bueno es que gracias a los blogs ves recetas que ya no recordabas y vuelven a la actualidad.

    un biquiño

    ResponderEliminar
  31. Hola hola MARYJOSE que rico haces.Ves como valio la pena buscar las muñecas, VANE nos hizo LA PRINCESA DE SUEÑOS ENCANTADOS
    bicos

    ResponderEliminar
  32. Caldebarcos, xa non sei que facer con tanta tentación a miña arredor. María rífame xa que todo quéroo facer e non pode ser.

    Moitas grazas por compartir doces tan ricos connosco.

    Un bico e unha aperta

    ResponderEliminar
  33. Qué ricas Maria José. Y tu idea de las claras montadas...le ha dado una esponjosidad que las hace muy muy muy apetecibles. Chulísimas!!!!

    ResponderEliminar
  34. Que deliciosas estas tortitas. Nunca las he hecho con la clara a punto de nieve y creo que es una idea estupenda. Las tuyas se ven muy esponjosas.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  35. Virgen Santa, que delicia!!!! te quedaron de fábula María José, enhorabuena.......

    Besinos.

    ResponderEliminar
  36. Pois eu creo que o mérito está en discurrir un mesmo, así que as túas tortiñas son do mellor! (e teñen que estar ben boas). Gustáronme as explicacións... o dos follados non o escoitara nunca! Na miña familia política chámanlle freixós as filloas doces, con anís, azucre e moi finas. Un bico!

    ResponderEliminar
  37. Unas tortiñas deliciosas!!! Esta receta me la apunto ya mismo en mis favoritas.
    Biquiños!!

    ResponderEliminar
  38. Maria José que tortitas mas ricas deliciosas, apetecen a estas horas.
    Un besín

    ResponderEliminar
  39. Umm que ricas!!! las mias con chocolate porfi :)) un besito guapa

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...