martes, 16 de marzo de 2010

PRESENTACIÓN EN SOCIEDADE DE PAQUI (masa nai)

Por fin chegou!!!!!
A historia desta masa nai xa a saben moitas blogueiras, pero a algún soaralle raro, que é isto da Paqui, da masa nai? Pois ben, Lola do blogue Chez Dashita, fai uns meses, aventurouse coa realización dunha masa nai, a cal se chama, masa nai San Francisco. Quixo compartir con todos nós esa aventura e foi realizando un caderno de bitácora no que nos ía informando da evolución. Algunhas de nós seguímolo con interés e digamos que pasamos a formar parte da vida desa masa nai, pois a maneira na que Lola nos ía contando os cambios producía nas lectoras ganas de saber máis, cal serial ou telenovela que se prece. Como xa fixemos dela un auténtico ser vivo, houbo de todo, quen a amadriñou, quen lle mandaba bicos e saúdos e quen lle puxo nome, eu non sei se alguén llo puxo tamén ou non, pero eu un día decidín chamarlle Francisquita (por ser a masa nai San Francisco)
Os resultados desa masa nai foron moi bos, dando lugar, tamén a uns pans boísimos. Tan bos que Lola xa non sabía que facer con ela, dado que o bo trato que lle daba facía que medrara e medrara, incluso se vía na obriga de tirar parte dela.




Como Lola é unha muller moi enxeñosa á par que xenerosa, decidiu compartir esa masa nai que lle sobrara con quen quixera. Algunhas de nós arriscámonos a compartir esta aventura. Como? Pois ben, secouna e así puido mandárnola por correo. Creo que todas esperamos con impaciencia a chegada dese sobre amarelo, co seu contido, con esa masa nai, tan coidadosamente embalada. Coa consecuencia de que tamén estamos formando a irmandade da masa nai e creamos, máis se cabe, esta ilusión blogueira que temos, formando un pequeno vínculo que nos une un pouquiño.
Lola mandounos instruccións de cómo debíamos tratala, sobre todo como alimentala e con que. Vou ir contando paso a paso o que vou facendo con ela e así vemos se sei tratala ben ou me morre e son unha mala nai adoptiva.
Como é unha filla da Francisquita pois decidín chamarlle Paquiña (como boa galega) ou, en confianza, Paqui.
Encantaríame poder facer uns pans tan fantásticos como os que fai ela.
Grazas Lola por ser unha persoa tan especial (internet aínda vai ter cousas boas). Teño que dicir, que persoalmente, considero que esto che engrandece moitísimo e di moito de ti, a min nunca se me tivera ocorrido. Ademais co vaga que son non me poño a mandar sobres nin tola... Menos mal que non é todo o mundo coma min senón morriamos de asco.

21 comentarios:

  1. Acabome de quedar abraida coa historia, que cousa tan orixinal e bonita, hay que ter moita imaxinación pra chegar a isto, por favor mantenme informada do que fas con Paqui, encantame o teu blog. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Pois si, parece que internet ten algunha cousa boa, jejeje

    ResponderEliminar
  3. Ben! Xa a tes! Eu tamén fai máis dunha semán pero non a poderei usar ata a próxima cando vaia pra Galicia unhos días. Xa contarás como vai eu farei o mesmo ;)
    Qué gracia o do nome jajaja vaille que nin pintado!
    Bicazos gordos!!

    ResponderEliminar
  4. jajaja, qué bueno que estás n ello. Yo también. Desde el domingo estoy alimentandola, cuidándola, abrigandola... mañana estará lista para salir a la luz.
    Me hace reir que le llame Paqui. Yo me llamo Francisca "Curra" y mi madre y mi padre me llamaban Paqui.... jajaja
    Deseo ver esos resultados.
    un abrazo y aquí espero tus horneados.

    ResponderEliminar
  5. Hola guapa con lo que te gustan a tí las masas esta paquita te va a ir de perlas, a ver que cosas más ricas nos haces.
    disfrutala.
    besitoss

    ResponderEliminar
  6. Jejeej Caldebarcos me ha encantado lo de Paqui... me ha gustado mucho ver esta entrada. te agradezco el enlace a Chez...pero me sorprende tanto ver en una foto de otra persona algo que estado en mis manos, me produce mucha satisfaccion ver como esta hermandad nos va a procurar muchas experiencias culinarias a la par que personales. seguro que te salen panes estupendos, yo siempre digo que si lo he hecho yo esta al alcance de todos...solo hay que tener paciencia , algo complicado en estos dias con el estres que nos produce todo, no? te animo a que te dediques un dia entero a hacer el pan de san francisco , con calma y cariño..el pan te recompensara. Un beso fuerte!

    ResponderEliminar
  7. Que historia tan bonita non a coñecía, pero me parece precioso iso de compartir con outros esa masa coidada con tanto mimo. Dende hoxe penso seguir as aventuras de Paqui que seguro que a levan a facer unhos pans ben sabrosos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. a mi también me ha llegado!!! yo esperaré a semana santa para reactivarla ;)

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  9. Esperamos ver pronto a Paqui convertida en un hermoso y riquísimo pan, en casa ya nos estamos acabando el primero que hice con ella y se nota su presencia, Paqui deja huella, ji,ji,ji. Besitos

    ResponderEliminar
  10. ,... non coñecía a historia de Paqui nin a da súa nai, así que antes de nada agradecercho, si é que non teño perdón!!!!!
    A iniciativa paréceme admirable á vez que entrañable,..
    Coídaa moito, (eu teño unha masiña desas desde fai máis dun ano, xa é como da casa ;-)), e quedo a espera dos resultados,

    un biquiño miña nena

    ResponderEliminar
  11. Qué locura! Yo no me he animado nunca a hacer algo así, y creo que tampoco tendría paciencia para hacerlo! Así que... chapeau por las que os atrevéis! Un besito, guapa!

    ResponderEliminar
  12. pues nada,paqui,en cantada de conocerte,jejejeje

    ResponderEliminar
  13. Qué responsabilidad más grande!!!Y el hecho de compartir vuestra aventura de "madres" con toda la red es magnífico!! Un gran hermano del pan!!!
    un biquiño

    ResponderEliminar
  14. ohhhhh! no quiero ni pensar las "maravillosidades" que saldrán de estas escamitas! Ahroa a amasar como una loca! jjajaj biennnn!

    Si, internet está lleno de cosas buenas, a la vista está!

    Un beso! Seguiremos con mucho interés a Paqui!

    Natalia

    ResponderEliminar
  15. Hola Maria Jose ...jejeje..ya te ha llegado Paquita ....biennnnn... pues ahora a darle de comer y nosotras a esperar para ver pronto a Paquita convertida en un hermoso, elegantisimo riquísimo PAN..... en mi casa ya se lo han comido todo....todo.....y todo ...y me están pidiendo más... ya les he dicho que para el finde ...que entre semana na nai de la china..jejeje... un besito

    ResponderEliminar
  16. Qué bonita historia!
    Gracias por compartirla, ahora a esperar las cosas maravillosas que salen de ahí.

    Un beso!

    ResponderEliminar
  17. Tu tamien has amadrinado a Paqui que guaxiiiiii ,estare pendientisimaaaa para ver que cosas ricas haces con ella.
    Me encanta ver la foto de las escamitas , ahora te toca alimentarla bien.
    A mi me parece muxa responsabilida ,despues del fiasco del panettone ,me dan bastante respeto la masa madre.
    Y siiiiiiiii internet esta lleno de cosas buenas ,personalmente no puedo decir lo contrario pues he conocido gente maravillosa como tu.
    Bicos mil wapisimaaaaa.

    ResponderEliminar
  18. Me encanta esta historia!! Y estoy deseando ver como progresa la peque "paqui". Mantennos informadas. Ya me tarda verte el pan
    Un besazo

    ResponderEliminar
  19. Hola Maria Jose hoy solo paso para felicitarte en el dia de tu santo ... que lo pases muy bien ..un besito guapa

    ResponderEliminar
  20. Mucho gusto en conocer a Paqui, ahora a esperar a ver que tiene su "mami" preparada para ella, jajaja.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  21. No ha salido mi comentario de antes, ainnsss.

    FELICIDADESSSSSSSSS QUE PASES UN DÍA MUY FELIZ.
    besitos.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...