domingo, 21 de marzo de 2010

BOLIÑOS DE MANTEIGA

No meu afán de amasar e descubrir novas masas e partindo da masa do pan de Viena, deume por experimentar con esta mestura de ingredientes, a ver que saía. Foi máis que nada coa intención de conseguir unha masa parecida, pero empregando menos ovos e que tivera máis sabor a manteiga. O pan de Viena fágoo moito, de feito sempre teño no conxelador, simplemente me encanta, tampouco está mal buscar outra alternativa e se non convence volver ó anterior.




Xa teño dito máis dunha vez que me encanta amasar e desde que descubrín o método de Richard Bertinet non emprego outro. De aquí en diante se alguén me pregunta que deportes practico vou responder “O amasado de Richard Bertinet”. Agora o meu entretemento dos sábados e facer o pan, este pan tenro e tan delicioso, xa case non fago nada máis. Os sábados teño que facer algo na cociña e se é amasado mellor que mellor, así que como o de facer doces está vetado pois a facer boliños e a practicar o meu deporte favorito.





Non entendo nada de pan, de masas nai, de levedados... Non me explico porque hai tantas variacións para ó fin e ó cabo facer pan. O certo é que sae pan do máis variado. Ten que ter algunha explicación científica que seguro que nunca chego a entender, pero podo asegurar que me encanta facer pan e amasar, é o único que sei. E que seguirei experimentando con novas masas e con novos procedementos, non o podo evitar.
O resultado destes bolos é moi bo, pero de sabor prefiro os que fago coa masa de pan de viena. Teño que seguir probando, a próxima será con menos manteiga, só con leite e incluso sen ovo. Irei probando e cambiando os distintos ingredientes. Hai boliños para rato.



Ingredientes
750 grs fariña de forza
140 grs manteiga
450 ml de leite
2 ovos deixando para pintar
1 sobre de levadura maizena e outro de vahiné (era o que tiña pola casa)
50 grs de azucre
2 culleradiñas de sal


Elaboración (é o mesmo procedemento que o do pan de Viena.)
- Sacar a manteiga con tempo para que se vaia abrandando un pouco.
- Xuntar a levadura coa fariña, se fose fresca habería que fregala la fariña co fermento coa axuda das xemas dos dedos coma se se estivése preparando unhas faragullas.
- Cortar a manteiga en anaquiños e fregala tamén coa fariña ata que estea ben integrada.
- Quentar un pouco o leite no micro, só a temperatura corporal.
- Engadir o azucre e o sal e mesturar. Logo engadir os ovos batidos e o leite. Soster o conco cunha man mentres lle dá a volta e mesturar os ingredientes coa outra (pódese usar unha rasqueta para mesturar, pero eu non teño) durante 2-3 minutos, ata que a masa comece a formarse.
- Pasamos a masa á superficie de traballo, sen fariña nin nada. Está pegañenta, pero é perfectamente manexable
Traballei a masa tal e como nos mostra Richard Bertinet no vídeo. Quedará unha masa homoxénea e manexable.
- Enfariñar lixeiramente a superficie de traballo, colocar a masa encima e formar con ela unha bóla, levando os extremos cara ao centro da masa, presionar ben cara abaixo co polgar e ir rotando a bóla a medida que se traballa. Dar a volta á bóla, estirar e esconder os bordos cara abaixo.
- Seguidamente depositar a bóla de masa no interior dun recipiente lixeiramente enfariñado, cubrir cun pano de cociña e deixar repousar nun lugar ao resgardo de correntes de aire (dentro do forno apagado, por exemplo), ata que dobre o seu volume (unhas 2 horas, no meu caso).
- Unha vez repouse a masa, envorcala sobre a superficie de traballo con suavidade.
- Desgasificar a masa, presionando a masa cara abaixo.
- Cortala masa nos anacos que se queira, depende de como se queiran os pans.
- Darlle forma: redonda, en barriña, en trenza, como se queira.
- Deixar repousar por segunda vez ata que volva dobrar o volume (outras dúas horas).
- Pincelar con ovo batido, se se quere.
- Meter no forno prequentado a 180º. Cando os metín dentro baixeino a 170º. Estiveron 20 minutos. Os últimos cinco minutos con papel de prata por encima para que non se tostar de máis.


35 comentarios:

  1. Se ven espectaculares... no se si decirte que mas que el pan de viena... todos tu panecillos enriquecidos tienen una apariencia estupenda. Investiga que me atrae mucho lo de menos manteca. un beso fuerte. llegaste a hacer pan? tu tampoco tienes maquina de amasar y haces musculos como yo? ;-)

    ResponderEliminar
  2. que delicia...el corte es espectacular...

    ResponderEliminar
  3. Cuanta miga, como los que me gustan a mi, de lujo, chica, de lujo te han quedado...
    Un beso.

    ResponderEliminar
  4. Huyyyy que cosa mas buena, te cojo un par para la merienda, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  5. Que delicia, te han quedado como me gustan a mi, me llevo uno que todavia no he desayunado
    feliz fin de semana
    Un beso
    Amalia

    ResponderEliminar
  6. Guau...qué buena pinta!! Me acaban de recordar al pao de queijo portugués, ummmmmmmm, me encanta!!

    Muchas gracias por comentarme!!!

    ResponderEliminar
  7. Ñam Ñam!!me hubiese desayunado uno de esos gustosamente! Que chulos!yo empiezo a pensar que mis manos no son para el pan, no hay manera!
    Y pregunto yo: pones dos sobres de levadura, uno de maizena y otro de vahine. Es uno de levadura en polvo normal y otro de levadura de panadería?no lo pillé muy bien...
    En definitiva, de aquí a las olimpiadas! ;)
    besiños

    ResponderEliminar
  8. Ostras, se ven espectaculares! la foto del bollo abierto a la mitad, dan ganas de darle un bocadito.
    Me voy a atrever con mi primer comentario en gallego:
    Isto ten que estar de morte!!
    Apruebo??? :)

    ResponderEliminar
  9. Non necesitaras unha cobaia para probar os teus pans e boliños? eu me presto voluntaria, facelos non é o meu pero catalos e outra cousas, jajaja

    Lévome dous de eses para probar.

    Bicos

    ResponderEliminar
  10. Hola guapa, pues me parecen de cine tus bollitos. Qué ricos se ven.
    Bequiños

    ResponderEliminar
  11. Ola, moi boa pinta tamén estes boliños. Haberá que pórse un día...
    Xa vin os comentarios no meu blog. Só dicirche que a min o que leva tempo é escribir a entrada nun dos dous idiomas, e despois o que fago é usar o opentrad (http://www.opentrad.com/) para traducir todo de golpe. É un tradutor que vai bastante ben e non comete demasiados erros (e se non, o Xerais tamén axuda...hh).
    Por certo, outro blog galego que non tes na túa lista, e que escribe algunhas entradas en galego en outras en castelán é Cocino en casa (http://cocinoencasa.blogspot.com/).
    Ah!por suposto tes o meu permiso para incluírme na túa lista de blogs en galego (eu tamén te inclúo na miña...hh).
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  12. Eres una artista, María José! qué cosa más rica! Feliz domingo y espero que pasases un feliz día de tu santo! Un besito.

    ResponderEliminar
  13. Ummmmmmmmmmm se ven divinoooooooos divinoooooooos , desde luego es un vicio amasar hacer panes y bolleria ,estan tan ricooooooos que como no nos podemos resistir.
    Personalmente me gusta mas la levadura maizena que la vahine ,pero asi con un sobre de cada no he probado ,me guardo la receta y ya te contare cuando los haga.
    Como aun te quedan unos cuantos me llevo un par para desayuna mañana.
    Bicos mil y feli domingo wapa.

    ResponderEliminar
  14. jooooo, me encanta tu receta del pan de viena, (ya he conseguido que me queden decentes!!) asi que esta nueva variedad estoy segura que me gustará.

    besitos!

    ResponderEliminar
  15. Como me habías dicho que se llegaba a tu casa???? Voy volaaaaando a ver si llego a tiempo de probar estas maravillas....
    un biquiño

    ResponderEliminar
  16. Gracias por todos vuestros cometarios, no os podeis imaginar cuanto me alegran.
    Tengo que aclarar que el poner levadura de vahiné y de maicena es porque era lo que tenía por casa. Me quedaba uno de maizena y por acabarlo pues cogí un sobre de cada.
    Nena a mi me gustan los dos, solo que el de maizena tiene más gramos y si uso vahiné pongo tres para esta cantidad de harina dado que recomienda un sobre para cada 250 grs de harina y si uso maizena pongo dos porque son más gramos.
    Biquiños y achuchones para todos y muchas gracias por vuestra visita.

    ResponderEliminar
  17. Madre mia que delicia!! Se ven súper esponjosos, con una miga que parece nube y un aspecto inmejorable. Sigue practicando ese "deporte" que se te da muy pero que muy bien.
    Un besazo.

    ResponderEliminar
  18. ,... que mérito tes!! a min cando me gusta unha determinada receita non varío nin un só gramo, non vaia a ser ;-)
    Fíxome moita gracia o nome do deporte que practicas ;-) anímote a que non só o fagas os sábados, ejem,... dígocho polo teu ben, xa sabes o bó que é o exercicio ;-)
    Ahora en serio, non sabría si quedarme cós de Viena, con éstes,... por certo, ainda nunca fixen os primeiros, pero a verdade é que a pinta é tentadora,.. gustáme especialmente a trenza !!!! que máns tes,..... esperamos a seguinte entrada do seguinte sábado ;-)

    un biquiño, guapa

    ResponderEliminar
  19. ¡Vaia corte que ten!!!!! Pois filliña, ti segue practicando o teu deporte dos sábados e sigue argallando, que sempre me terás ó teu carón para aprender ¡Isto si que e arte! Un abrazo moi forte e ata a volta.

    ResponderEliminar
  20. Estoumos imaxinando recheos...por exemplo de marmelada de amorodos e queixo de untar...A marmelada teñoa feita e o queixo tamen anda por ahí, só me faltan os boliños, non me poderías mandar una par deles...A estas cousíñas non lle acabo de coller o puntiño, sempre me saen moi duros.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  21. Creo que me gustan más que el de viena, tiene una pinta estupenda.
    Si no tienes panificadora y os interesa, en algún sitio he visto que el sábado 27 vuelven a poner en el LIDL estas maquinitas.
    Me guardo la receta y la probaré. Besitos

    ResponderEliminar
  22. Hola Maria Jose me encantan tus bollitos...ya me comia yo uno ahora mismito con mermelada y un sojafe de los mios....jejeje... estas echa una artista con lo del amasado y los panes .... te mereces un 10 .... un besito guapa

    ResponderEliminar
  23. gracias por tu comentario en mi blog.
    Estos panecillos me parecen deliciosos!
    bs y hasta pronto!
    Eva

    ResponderEliminar
  24. Se ven realmente deliciosos. A esta horita de la mañana con un cafecito, uuummm!!!
    Una delicia
    Besitos

    ResponderEliminar
  25. Que pinta tienen, te han quedado de lujo.
    Y como quedarán sin gluten?
    Te copio la idea y te cuento, ;-)
    Besitos

    ResponderEliminar
  26. Mmmmmmmmmm tan doraditos y esponjosos... me pido dos.

    Besos.

    ResponderEliminar
  27. El aspecto es de lo mas tentador, tan igualitos todos, vaya maña!!! un besito

    ResponderEliminar
  28. Si se me dira tan ben coma a ti, amasar este tipo de cousas, andaria todo o dia metida na cociña experimentando nelas. Hai que ver que ben que quedan, e que pinta teñen. Tanta miguiña é unha tentaciòn pra min, e con ese color tan dorado e brillante seriame imposible non caer na tentación de comerme un par deles.
    Meus parabens, isto é de sobresainte en adiante :)

    Bicos

    ResponderEliminar
  29. eres una artista de las masitas, te quedan divinas, el corte se ve que te levan de maravilla y practicar el deporte de amasar de Richard Bertinet es una gozada..jajaja.
    un beso

    ResponderEliminar
  30. OLA ...GUAPA TU
    E non me diga que é divertido pan, ténteo de novo
    Fórmulas, e se o resultado é máis parecido ao das
    FOTOS que fixo ... (con permiso do seu levaron a receita
    )

    BRAVO Nena,
    Susanna PETONETS

    ResponderEliminar
  31. Pois teñen que estar deliciosos!!! Ahhh que gusto andar a amasar con tempo dabondo... eu vou ter que esperar a semana santa! Por certo, non vira a túa entrada da tarta de queixo, esa si que teño que probala canto antes! Un bico!

    ResponderEliminar
  32. yo si que me estoy poniendo como un "bolliño de manteiga" jaajaj y como de lo que se come se cria...jjaj pues eso.. daaaaaaaaaaaaaaaame!!
    mil besos

    ResponderEliminar
  33. Nada, al final vas a matarme! Pero que maravilla! menudos bollitos! La foto del primero que hay cortado, me tiene enamorada! Como se nota una especie de espiral, en la masa! mmmm!
    Con nocilla para mi, graciasss!

    Un beso!

    Natalia.

    ResponderEliminar
  34. Ay que delicia de bollos... que dulce tentación.

    Besos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...