sábado, 12 de septiembre de 2009

TORTA CON LÁMINAS DE MAZÁ



Ingredientes
2 tazas de fariña
½ taza de azucre
½ culleradiña de sal
1 sobre de levadura Royal
1 taza e media de leite
3 ovos
1 cullerada de esencia de vainilla
4 culleradas de aceite
6 mazás grandes (usei tabardillas)
* As tazas empregadas son de 250 ml
Ingredientes para a cobertura
100 grs de manteiga
1/3 taza de azucre
1 ovo

Realización
- Tamizar a fariña nun bol grande, engadir o azucre, o royal e o sal. Mesturar ben os ingredintes.
- Engadir o leite, a esencia de vainilla, o aceite e os ovos batidos. Remexer todo enérxicamente ata que estea ben integrado, non haxa grumos e saian burbulliñas.
- Pelamos as mazás e cortámolas en finas láminas que imos sumerxindo na masa para que non se oxiden.
- Vertemos nun molde engraxado e enfariñado (neste caso era de 22x30) e introducimos no forno prequentado a 180º uns 45 minutos, ata que estea firme e un pouco dourada.
- Mestras se vai forneando facemos a cobertura. Derretemos a manteiga, deixámola enfriar e engadimos o azucre e o ovo batido.
- Pasados os 45-50 minutos quitámola do forno e vertemos na superficie a cobertura axudándonos dun pincel para que se reparta uniformemente. Volvemos a introducila no forno outro cuarto de hora.
Notas: Aínda admitiría máis mazá. En cru parece moita mazá, pero logo ó cocer non é tanta
A fonte de inspiración foi i-recetas, aínda que modifiquei as cantidades porque me pareceu pouco.Os tempos tamén cambian porque cada forno é un mundo e como porque ó ser máis cantidade necesita máis tempo de cocción.
Para a próxima engadiríalle menos azucre á cobertura e tamén deixalo un pouco menos no forno



Está moi rica, digna de repetila varias veces nesta época de mazás.



17 comentarios:

  1. Hola, Caldebarcos. Tienes la respuesta del planetario en mi blog.
    Por cierto, la torta tiene una pinta deliciosa. Si tengo tiempo, probaré a hacerla. Uhhmmm! Super rica, la pinta!!!

    ResponderEliminar
  2. Ola,
    unha dúbida, cando nas receitas poñen tazas, de café ou te? cal usas?
    Por certo, estou contigo, eu son moi lambona, pero sobralle un pouco de azúcar á cobertura, do resto, dou fe de que está boísima.
    Bo finde, biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Eu nunca me aclaro con iso das tazas e soio pasar desas receitas porque teño medo a meter a pata,pero nesta receita pepinho aclara que son tazas de 250. De todos xeitos eu aclareino cun asterisco.
    Eu de café entendo polas pequerrechas, de te son o seguinte tamaño, pero agora a xente toma o café nas tazas grandes de 250. Quen o entende?
    Grazas por vir a visitarme Ana, xa se che botaba de menos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. ..alaaaaaaaaaaaaa, pedazo torta, son das que a mi me gostan.. seguro que por si xa está boa pero coa cobertura xa a rematas...

    Gracias pola receta

    biquiños

    ResponderEliminar
  5. Qué pintaza más increíble tiene esta tarta!!
    Por cierto, la explicación empieza un poco rara, creo que se te subió una linea del final para el principio. Pero bueno, se entiende perfectamente bien.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  6. Grazas Pilar. Xa me dera conta na vista previa, pero pensei que o arreglara e mira ti, non fora así. Cando publico estou tan farta de facer modificacións e arreglos, porque nunca queda como quero, que ás veces nin repaso o texto final e logo pasan estas cousas.
    Grazas solete,moitos bicos

    ResponderEliminar
  7. Xa me parecía a min que vira esta tarta con cucharadas e tazas!! pensaba que era a de mazá e pera!!. Quedou espectacular!. Un bico

    ResponderEliminar
  8. Nytta xa sabes hai que probala.

    Marba, tes razón que no recetario de pepinho están as dúas, eu elixín a da cobertura. Sigo pensando que debería engadir máis mazá.

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Ummmmm se ve espectacular asi como la higos ,seguro estan las dos guenisimaaaaas ,ayer me dieron unos pocos higos y nos los zampamos tossssss , mi madre ,mi sobri y yo en na le teniamos unas ganas jis..a ver si me dan mas y hago la torta.
    Esta caera en breve que las manzanas aun no estan maduras ,aun que a mi es como mas me gustan para los dulces no van bien.
    Gracias por compartir las recetas wapa.
    Bicos mil.

    ResponderEliminar
  10. Que rica se ve ésta tarta y todas las que he visto en el paseito que me he dado por tu blog

    Besitos

    ResponderEliminar
  11. Nenalinda y Mª Jesús muchas gracias por vuestra visita y por vuestra opinión. Me encanta recibir visitas. Aunque no lo creais me alegran el día.
    Esto de hacer tartas para mi se está convirtiendo en adictivo. No sé como voy a desengancharme.
    Besitos

    ResponderEliminar
  12. Hola, Caldebarcos! Me he tenido que meter en el traductor a ver qué era mazá...., qué tonta! manzana! Tomo nota porque la pinta es deliciosa. Un besito.

    ResponderEliminar
  13. My God!! Ollando as fotografías esquezo que xa non collo nos vaqueiros de hai un ano. Que delicia!!

    ResponderEliminar
  14. Parabéns polo teu blog, non o coñecía e me encanta. Esta torta ten unha pinta deliciosa e tes razón está xenial para aproveitar as mazás que están agora no seu mellor punto.
    Gracias por visitar o meu blog.
    Bicos

    ResponderEliminar
  15. Angi, mira que buena forma de ir aprendiendo idiomas,jeje
    Natalia, non me creo nada do dos vaqueiros, terás ti moito problema.
    Rakelilla, moitas grazas por vir e sobre todo por quedarte.
    Bicos a todas

    ResponderEliminar
  16. primero darte las gracias por añadirme en los blogs galegos... sé que siendo gallega es un feo escribirte en castellano, pero tengo el gallego un poco oxidado!! en vigo no se habla demasiado, y ahora en el sur..pues mucho menos..jajaja
    dicho esto, quiero esta tarta!!! qué buenísima pinta tiene.. creo que es una de las más apetitosas que he visto en mucho tiempo.. enhorabuena!!! y ahora me llevo la receta...
    besotes

    ResponderEliminar
  17. Qué pasada María José, ten que estar boísima! E unha receta increíble, teño que levala conmigo, síntoo. É coma a mensaxe das pipas Facundo: "Y el toro dijo al morir... siento dejar este mundo sin probar pipas Facundo". Ésta sei duns cantos que van devecer por probala.
    Bicos.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...