miércoles, 2 de septiembre de 2009

BISCOITO DE MAZÁ

Tiña 6 mazás no fruteiro pedindo papas, ou as tiraba ou facía algo rico. Optei por isto último. Ademais apetecíame un biscoito. Estiven entre o biscoito e unha torta de hoxaldre con crema pasteleira, pero gañou o biscoito.
Ingredientes
6 mazás tirando a pequenas
4 culleradas de azucre (pódeselle poñer menos, depende gustos doces)
1 culleradiña de café de canela
1 iogur natural (neste caso era desnatado cremoso azucrado, de 100 grs). O vaso de iogur usarase de medida
2 medidas de azucre
½ medida de aceite
3 ovos
3 medidas de fariña de repostería
2 medidas de maicena
1 sobre de levadura Royal

Elaboración
O primeiro é pelar as mazás, finiñas e mesturalas co azucre e coa canela. O azucre engádollo pouco a pouco a medida que troceo as mazás para que non se oxiden. Metemos as mazás 5 minutos no micro para que abranden. Na metade da cocción dámoslle unha volta. Esta parte é a que máis tempo leva o resto é moi rápido.

Preparamos a masa do biscoito: Mesturar o iogur co azucre, mellor cun batedor eléctrico. Engadir os ovos, mesturar. O aceite, mesturar. E por último a fariña coa levadura e a maicena, cada medida por separado, tamizada. Cando estea ben incorporada a 1ª engadimos a 2ª e logo a 3ª... A fariña xa a mesturei co batedor de man. Cando estea ben mesturado incorporamos a mazá, a cal pasei polo batedor, pero non de todo, algún anaco aínda ía enteiro. A masa queda bastante branda. Introducir a masa nun molde engraxado e enfariñado (no meu caso foi nun molde de silicona e sempre os pinto con manteiga derretida). Metémolo no forno a 180º os 30 primeiros minutos e logo a 160º co ventilador unha media hora ( o mellor para saber se está cocido é sempre probar con un coitelo ou unha agulla, se ó introducilo no biscoito sae seco, xa está, senón hai que esperar. O que pasa é que éste engana, sae sempre mollada, pero xa se nota que non é masa senón que é mazá).
Cando o metín no forno pensei “que sairá de aquí?”. Pois un delicioso e sinxelo biscoito húmido con sabor a mazá.





7 comentarios:

  1. Rico , rico , todo o que leve mazá encántanos , tomaremos nota .

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Hola wapa ,el bizcoxo se ve deliciosoooooo y muy jugoso ummmmm lo bien que me venia ahora un caxito para acompañar un cafe jis..jis.
    Me recuerda a uno que hacia muxo mi madre cuya receta venia en la levadura potax y hace años que no se hace en casa .
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  3. Cociñeiros poéticos non deixedes de contarme, porfa.
    Nenalinda ás horas nas que mandaches o comentario non quedaban nin as migas. Este non o saquei de ningún sitio, foi un experimento e saiu ben.
    Bicos grandes para todos.

    ResponderEliminar
  4. Probarei este experimento tamén...os postres de mazá son os que máis me gustan...
    Bo finde, bicos.

    ResponderEliminar
  5. ... confeso que todo o que leve mazán gústame, e ahora que estamos en plena temporada que mellor que botar man delas... gústame a túa receta...

    un biquiño

    ResponderEliminar
  6. Que rico!!!. E que idea me estás dando!!. Xa te contarei!!. Bicos

    ResponderEliminar
  7. Ana, Nytta e marba alégrome moito que vos gustara e de que vos dera unha idea. Vós estades dándomas a min en cada entrada que facedes. Gracias guapas.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...