Unha receita salgada de vez en cando non ven mal para a saúde deste blogue e da blogueira que o rexenta. Acabo de darme conta de que a última receita salgada tamén foi de arroz. Nótaseme certa debilidade, non o disimulo moito a verdade. Os cereais en case tódalas súas formas son a miña perdición.
Na miña zona chamámoslle berbechos, pero parece que en galego normativo tamén son berberechos.
Estas cantidades dan para catro racións.
Na miña zona chamámoslle berbechos, pero parece que en galego normativo tamén son berberechos.
Estas cantidades dan para catro racións.
Ingredientes
Arredor dun quilo de berberechos
1 cebola
2 dentes de allo
2 cenorias
1 pemento verde pequeno
1 allo-porro
3 puñados de chícharos
3 cazos (dos de servir sopa) de arroz bomba
6 culleradas de aceite
Un sobre de azafrán
Auga ou caldo
Preparación
- Pola mañá, no mesmo día que os cociñamos introducímolos en auga con sal ou en auga do mar , no caso de que se teña cerca. Se os berberechos xa veñen depurados non fai falta.
- Cocemos a metade dos berberechos (introducímolos en auga fría de xeito que non os cubra ben de todo) e a outra metade seguen na auga fría con un pouco de sal para que solten as areas, en caso de que as tiveran . Só teñen que abrir. Sacámoslle a vianda e reservamos. Colamos a auga de cocelos por se ten algunha impureza e deixámolo no lume cunha pouca auga (a cantidade que creamos necesaria para a cocción do arroz, sempre máis vale que sobre ca que falte), debe ferver e queda a lume baixo. Ten que estar quente para poder engadirllo logo á cocción do arroz.
- Poderíamos deixalos todos con cuncha, pero son demasiadas. Eu deixei algúns con cuncha para incorporar ó arroz porque me encanta comer o arroz de dentro das cunchas.
- Pícanse moi finiñas as hortalizas (eu na picadora) e sofrítense nesta orde: cebola e allo, allo-porro, cenoria e o pemento. Déixase que se faga un pouco cada un e logo engádese o seguinte. Eu fago moito as hortalizas, evítome que me repita e ter dor de estómago. Incluso despois de pochadiñas póñolle a tapa a lume baixo e deixo que se fagan ben.
- Incorpórase o arroz e os chícharos. Dánselle unhas voltas ata que vexamos que o arroz absorbeu parte do xugo.
- Engadir a auga ou caldo, o azafrán e unha pizquiña de sal, hai que ter coidado co sal porque xa os berberechos poden aportar suficiente, mellor probamos case ó final da cocción e se vemos que está soso engadimos máis . Ó principio engadín 7 cazos de auga. Fun engadindo auga a medida que a ía bebendo. O arroz que usei foi o bomba e necesita máis auga ca outro arroz. Ademais quería me quedara algo caldoso. Puideron ser uns 12-14 cazos de auga. Cocendo sempre sen tapa e rexendo cunha culler de pao de vez en cando. Estivo no lume arredor de media hora, pero a nós gústanos moi cocido. O da cocción é persoal, cada un debe probalo e decidir cando está no seu punto.
- Cando está practicamente cocido engadimos os berberechos que temos con cuncha. Dámoslle unhas voltas e deixamos que abran. Unha vez abertos deixámolo sobre 5 minutos e engadimos os berberechos que temos sen cuncha.
- Probamos de sal e engadimos se fixera falta. Pode que xa aporten suficiente os berberechos. Eu engadín un pouco.
- Tapamos cun pano e deixamos repousar sobre 10 minutos.

Ay, mi madriña ¡Qué cousiña mais rica! O detalle de limpar na casa probeino con outro molusco bivalvo e non vexas como me escupiu a cociña, pero valeo a pena, coma iste arroz que con esa apariencia... anotado queda na miña libretiña. Un biquiño.
ResponderEliminarMoi rico o arroz con sabor a mar, encantanme este tipo de arroces, son moi saborosos.
ResponderEliminarBicos
Ola...ola...
ResponderEliminarten moi boa pinta, pena que non podo comer marisco...:-(
Con rape, qué tal saldría?
biquiños.
HOLA MUY BUENO ESTE ARROCITO CON LOS BERBERECHO TIENE QUE ESTAR MUY BUENOS CON BERBERECHOS NO LO PREPARE TENDRÉ QUE HACERLOS MUY BUENA RECETA, JOSÉ LUIS
ResponderEliminarQuedó un arroz estupendo. Sabías que también se les llaman "croques"?
ResponderEliminarUnha tapiña pra mín non haberá?
biquiños
Me encantan los berberechos, y con arroz..., un lujo de receta! Gracias, guapa.
ResponderEliminarMaría José este arroz quedouche de vértigo. Aínda esta fin de semana tomei eu berberechos ó vapor...encántanme... e ó arroz danlle un gusto de medo.
ResponderEliminarBicos enormes!!
Laura.
... que recordos, miña nai facíanos éste prato cando éramos pequenas... eu quitáballe os guisantes ;-) sempre lle dicía que era una maneira de estropear os arroz....
ResponderEliminardos pratos de arroz para min é un dos máis sabroso...
Noraboa pola receita!!! e gracias por tocarme a fibra sensible..
* na miña zona chámanse, como ben di Pilar, croques...
un biquiño
Ummm,que buena pinta tiene este arroz con berberechos y el sabor tiene que ser muy marinero,que rico.
ResponderEliminarQue sepas que te sigo,aunque me cueste entender un poco,pero lo intento.
Besitos
Grazas polo vosos comentarios. A min aliméntanme máis ca o arroz.
ResponderEliminarRecomendo facer esta receita porque ademais de moi rica é moi fácil.
Ana claro que con rape ha de estar bo, pero nunca estará coma con ese xuguiño que soltan os mariscos, pero cando non se pode non se pode.
Pilar para ti non hai unha tapa hai un prato a fartar, faltaría máis.
Non sabía o de croques, nunca o oíra, sempre se aprende algo.
Bicos grandes
Si mi mami ve tu receta, se cae , es que, le encantan los berberechos y, aquí, no suele haberlos siempre, y, alguna vez que he comprado de bote, no saben igual, ni dan el mismo gusto que los frescos, muy buena receta, riquísima, me encanta, ojalá me pudiera llevar un platito , jejejejeje
ResponderEliminarMoitos biquiños
Ummmmmmmmm que ricooooo el arros con berberexosss , a mi costy le encanta pero sin los xixarosss jajajaa.
ResponderEliminarMe llevo un plato para la cena de mi costy ,te ha quedao divinoooooo.
Bicos mil wapa.
Amara me alegra mucho verte por aquí, yo también te leo. Esta es una receta buena para cualquier dieta porque no es muy calórica. Lo de entender, te entiendo, creo que no soy muy objetiva, pero creo que el gallego es bastante fácil de entender, me da la sensación que se puede extraer el significado. Si quieres que te traduzca algo no lo dudes.
ResponderEliminarAna pues consíguelos y deleita a tu mami, que ellas se lo merecen to.
Nena, xa sabes, faise moi rápido e a túa costi non ten que estar pasando gana de nada. Co que me gustan a min os chícharos.
Delicioso este arroz que nos presentas hoy ..en mi casa el arroz simpre sienta bien y a mi en particular con berberechos o almejas ..me apasiona ..por eso te robo un platito así sin que se note
ResponderEliminarbesos
Ay, Mª José tí si que acertas!. é un dos meus favoritos!!.
ResponderEliminarun bico
Marian e marba, yo también creo que es una buena receta. Grazas pola vosa visita.
ResponderEliminarBicos
¡Qué requetericoooooo!
ResponderEliminarUn plato espléndido.A mí el arroz me entusiasma,sea con lo que sea y esta receta la tengo que probar!
Muchos bicos