viernes, 11 de septiembre de 2009

TORTA AREOSA DE FIGOS

Cada vez que me paseo pola horta ínflome a figos e como onte non podía comer todos os que estaban maduros, decidín collelos e probar con esta torta.



Ingredientes
50 gr. améndoa moída
280 gr. fariña
175 gr. manteiga
120 gr. azucre 10 gr. azucre vainillado
10 gr. azucre moreno (opcional)
1 culleradiña de café de canela en po (opcional)
1/2 sobre de fermento Royal
Figos frescos maduros (os suficientes para cubrir a torta, 15)


Elaboración
- Mesturamos todos os ingredientes secos ata que estean ben integrados.
- Cortamos a manteiga (que estará a temperatura ambiente) en anaquiños e incorporámolos ós ingredientes secos, o xeito de facelo é restregando todo o conxunto. A masa debe quedar areosa (a min non me quedou moito) .
- Pór a metade da masa forrando a base do molde. Colocar os figos en cuartos apertándoos un pouco (eu púxenos sen pelar ben lavados).
- Espolvorear o resto de masa por encima facendo grumos.
- Fornear en forno prequentado a 200º durante 35 minutos (na orixinal di 20 minutos, os misterios dos fornos) ou ata que estea douradiña por arriba.
NOTAS: Non me quedou coma a orixinal e non sei o por qué dado que empreguei a mesma cantidade de ingredientes. A min persoalmente non me gustou coma para repetir, non se me fixo agradable a textura, pero a meus pais encantoulles.
Outro fallo que lle atopei foi que a base quedoume bastante húmida, debeu ser pola auga que soltaron os figos. Daba a sensación de que non estaba ben cocida.
Fonte de inspiración: Dulce algodón




5 comentarios:

  1. Que rico , os figos xunto coas moras son unha das miñas froitas preferidas , encántame apañalos da árbore , de nena sempre me subía as figueiras , cos conseguintes gritos da família , pero é que é unha arbore tan doce , a corteza , as follas , e eses foitos que son mel ...
    Cantos recordos , graziñas por esta receita .

    ResponderEliminar
  2. Caldebarcos,...como xa che dixen creo que o erro pode ser por misturar demasiado os ingredientes, non é unha masa que faga falla integrar todo ben.. o toque do arenado dallo a manteiga do final, hai q remexer frotando as mans... estou seguro que o fixeches ben, non o poño en dúbida.. xa sabes vólvea a facer ;-)
    Gústame moito as fotos...

    un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Pois mira que ten boa pinta!!!!!. A miña pena é non ter figos. non me gusta compralos e a miña figueira ainda é moi nova. Terei que esperar!!

    ResponderEliminar
  4. Poéticos, xa sabedes hai que facela para poder xuzgala. E non caias da figueira,eh?

    Nytta, terei que probar sen mesturar tanto os ingredientes, estou pensando en probar con mazá porque a meus pais encantoulles.

    Marba tes que esperar ou pedilos por aí que creo que están as figueiras cheas.

    Bicos para as tres

    ResponderEliminar
  5. HOLA PASE A TU BLOG A TRAVÉS DE OTRO BLOG AMIGO Y ME GUSTO TE SEGUIRÉ EN TU BLOG, UN SALUDO DE JOSÉ LUIS

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...