sábado, 19 de septiembre de 2009

RISOTTO DE GAMBAS E POLO

Sábado, ou San Sábado, para min é o día máxico, non oír o despertador, levantarme sen mirar o reloxo, esa sensación de que o día é meu e podo facer o que queira, relax interior.
Normalmente, nin cociño os sábados, algo rápido e que lixe pouco, pero hoxe levanteime con ganas de comer algo rico. Vou á neveira e non hai nada. Atopei unha bolsa de pasmesano rilado, sen caducar, uns tranchetes, bueno xa temos algo. No conxelador unha gambas peladas e unha peituga de polo. Arroz e pasta sempre hai. Pois teño que apañarme con isto. Para sibaritas non valería, porque o parmesano tería que ser recén rilado, as gambas frescas e o arroz, do tipo “non sei canto”. A min sóubome ben e paréceme un apaño perfecto para días “tontos” coma hoxe, incluso para uns invitados inesperados. E de paso publico unha receita salgada.


Ingredientes
1 cebola pequena
1 dente de allo
1 allo-porro
2 cazos (de servir sopa) de arroz
4 culleradas de aceite
1 cullerada de queixo parmesano rilado
2 lonchas de tranchetes.
1 cullerada de margarina ou manteiga.
150 ml de viño branco (neste caso foi Albariño)
Auga quente ou caldo
Sal, albahaca e pementa.
Gambas peladas conxeladas (unhas 15)
1/2 peituga de polo
Realización
- Pícanse a cebola, o allo e o allo porro miúdos (na picadora).
- Ponse a auga coa peituga a quentar. Ten que estar quente para cando llo botemos ó arroz.
- Cando a peituga vaia facendo caldo (aínda sen cocer, unha fervedura), sácase e pícase en tacos pequenos. O caldo queda a lume baixo para cando o necesitemos. Cando a auga do polo empeza a ferver fórmase unha escuma que eu sempre retiro cunha culler. Á auga do caldo púxenlle un pouco sal, pero só unhas areas entre os dedos.
- Ponse a tixola ó lume co aceite e así que estea un pouco quente póchanse a cebola, o allo porro e o allo. Cando estea douradiño engadimos as gambas e o polo. Todo o conxunto deixámolo facerse durante 10 min. Revolvéndoo frecuentemente. Púxenlle unha tapadeira e con calor baixo para que se vaia facendo. Salgamos un pouco.
- Engadimos o arroz e dámoslle unhas voltas (sobre dous min). Podemos salgalo un pouco (eu poño poco sal de cada vez)
- Engadimos o viño e deixamos que se consuma. Sempre dando voltas. O viño amorneino 20 sg no micro porque lin nalgún sitio que ao arroz é mellor non botarlle nada frío.
- Cando vexamos que xa non hai case líquido do viño, engadimos un par de cazos (dos de servir sopa) de caldo quente e deixamos que o arroz o vaia bebendo. Cando vaia habendo menos líquido engadimos outra pouca auga, así ata que vexamos que o arroz vai cocido. Ímolo probando par a ver se está ó noso gusto. A min gústame ben cocidiño, polo que o tiven vinte minutos. Debe quedar melosiño e caldoso. Esto de estar cocido é moi persoal, se les por aí o risotto é “al dente”, ten que quedar entre cru e cocido. Isto é para gourments, pero eu son moi rústica e a comida que estea ben cocida.
- Case ó final da cocción púxenlle un pouco de albahaca e de pementa e rectifiquei de sal (pareceume que estaba soso). A cantidade de pemente e sal é un pouco persoal porque hai xente que lle gusta a comida moi especiada e a outros só que teña unha nota moi sutil.
- Cando vemos que está cociñado, baixamos o calor (o 1) e poñémoslle os queixos. Neste punto tamén engadimos a margarina ou manteiga. Remexemos ben e deixámolo repousar un pouco tapado cun pano.


NOTAS: Por que ten esa cor? Pois ben, explícome, esa cor débese a que dourei moito as hortalizas. Sería mellor non douralas tanto, pero resulta que a min séntame fatal o allo e a cebola, repítenme todo o día e prodúceseme unha lixeira dor de estómago. Descubrín que se os fago ben non teño esta reacción no meu corpo e polo tanto, fágoo sempre porque ó sabor final da comida non lle inflúe.
Estas cantidades dan para dúas racións



18 comentarios:

  1. Que rico , nos comímolo hoxe con ameixas ,gambas e mexilóns , parace que se nos dá a todos polo arroz .

    Copiarémolo que aquí ao compañeiro gostalle moito o arroz meloso .


    Somos a Poética pero agora aperecemos como MaMaMaR , xa te contaremos ...

    ResponderEliminar
  2. Vaia cambio de nome poéticos. O voso tiña que estar ben bo tamén. Eu tamén son moito de arroz, xa me vale cocido en branco, sin nada.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Encántame o arroz, en todas as súas versións e especialmente o risotto, probareino sin gambas, non podo comer marisco :-(.
    Bo finde, biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Bueno Ana, con polo só tamén ten que estar bo,por que non. QUe pena que non poidas comer marisco,nas vodas debes pasalo un pouco mal,sobre todo aburrida as primeiras horas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Mmmmm....a fartar!!! As mellores receitas casi sempren saen de "apaños", e sí que é unha alegría atoparse na neveira tanto queso coma os iogures sin caducar, jajaja, xa se sabe: "Mal de moitos...." Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Pois Marisa, cando un vive só atópase varias cousas caducadas. Normalmente non teño moito na neveira,meu pai di que a miña neveira está chea de luz. Aínda así de vez en cando teño que facer limpeza de caducado e da unha rabia. Mellor ir consumíndoo en apaños destes.
    Bicos e grazas pola visita.

    ResponderEliminar
  7. Unha receita boísima, estou con Marisa en que os mellores pratos saen de aproveitar o que temos pola casa. Eu tampouco necesito que todo sea fresco do día, utilizo bastante produto conxelado (sobre todo o marisco co precio que leva) e de momento non tiven queixas :)

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. con arroz puedes improvisar muchos platos y muy sabrosos, nosostros, los domingos solemos comer siempre aroz, cocinado de diferentes maneras, es una costumbre que he cogido, jjejeje
    El risotto, me gusta más a mi que a mi marido, si es que yo, todo lo que lleve queso , me va
    Te ha quedado genial la receta,oye, vaya faena que te sienta mal la cebolla y el ajo, decían que quitando la parte de dentro del ajo, no sentaba tan mal, no se si será cierto, igual ya lo has hecho
    Bicossssss

    ResponderEliminar
  9. Pois a min paréceme máis que suficiente... ten un aspecto boisimo Maria José.... Eu apúntome a sabados improvisados cando queiras ;)

    Biquiños.

    Laura.

    ResponderEliminar
  10. Rakelilla, Ana e Laura grazas polo vosos ambles comentarios, xa me alegrechedes o día.
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. Yo no soy muy de risoto, pero reconozco que tiene que estar rico...


    Bsss

    ResponderEliminar
  12. Rico é pouco, ten que estar "de vicio".
    Que boa idea a da lista de blogs galegos. Tiña pensado algo parecido pero non dou feito oco para facer os arreglos.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  13. A mí me encanta el risotto y la pinta de éste es buenísima! Te felicito, guapa.

    ResponderEliminar
  14. Celes,marba y angi,que majas que sois. Me alegra mucho leeros por aquí.No podéis ni imaginaros lo bien que me hacen todos y cada uno de vuestros comentarios.
    Gracias y muchos besitos

    ResponderEliminar
  15. Ummmmm que pinta tiene que estar ricooooo ricoooooo se ve divino.
    Yo aun no he exo ningun risotto y mira que nos guzta el arros.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  16. .. ummm casi se me pasa por alto ésta entrada!!!! eu o contrario ca ti só podo cociñar os fins de semán...e ahora casi nin iso...
    Que decirche sobre a entrada, páreceme un "apaño" do mais bó... creo q os mellores cociñeiros son os que fan con poucas cousas grandes platos, .. ó contrario resulta sinxelo..
    Noraboa polo plato

    biquiños

    ResponderEliminar
  17. Nenalinda se aínda non fixeches risotto e che gusta o arroz e o queixo, estás tardando, logo non pararás.
    Nytta eu tamén cociño os findes, pero doce que é o meu,facer de comer para min soa non me tira porque logo sempre sobra e despois de non sabe o mesmo.
    Bicos chicas

    ResponderEliminar
  18. como me gusta el risotto... hasta hace unos meses no cocinaba nunca arroz no siendo paella, pero desde que me animé a hacer un risotto.. madre.. estoy deseando que venga frio para hacerlo más a menudo..ajaj
    a ti te ha quedado de lujo!!
    bicos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...