viernes, 13 de noviembre de 2009

FLAN EXPRÉS

Esta receita non é miña, é de miña nai, pero pareceume boa idea anotala para acordarme en caso de que me faga falta. A verdade é que se tes invitados imprevistos ou se non tes moitas ganas ou moito tempo para facer unha sobremesa, ésta saca a calquera dun apuro. A quen non lle gusta o flan?
Fixen flan moitas veces, diría que a miña especialidade é o flan de queixo, pero iso de estar tanto tempo dando conta del... Este en 15 minutos, flan listo.
O único requisito, unha pota exprés e unha flaneira con tapa hermética dun litro.
Se teño que identificar a miña nai con un obxecto sería precisamente con unha exprés porque ela é igual, rápida e eficaz. Ademais ás veces tamén lle salta todo o vapor de repente, pero en canto o solta, xa está.
En canto ós ingredientes debo dicir que miña nai nunca é precisa con eles, pero fixemos un esforzo para ser o máis precisas posible.

Ingredientes
Para o flan

300 grs de leite condensada. Ela compra botes de 740 grs e bota como lle parece, di que algo menos da metade ( seguramente unhas veces é 300grs, outras 340...)
3 ovos
Leite (na receita aclaro a cantidade). Usa desnatado
Para o caramelo
3 culleradas de azucre
Unha de auga

Realización
- É imprescindible que teñamos unha xerra ou recipiente que nos permita medir os líquidos. As xerras dos batedores eléctricos teñen todas.
- Introducimos o leite condensado e os ovos no recipiente do batedor e batemos o conxunto ata que estea ben integrado.
- Agora ven a medida do leite. Completamos con leite ata que chegue a 750 ml e volvemos a bater.
- Preparamos caramelo, nun cazo ou tixola pequenos, con 3 culleradas de azucre e un chorriño de auga. Poñemos no lume ata que caramelice. Vertemos na flaneira cubrindo ben o fondo e un pouco as paredes. Tamén podemos usar caramelo líquido do que venden listo no super.
- A continuación introducimos na flaneira o preparado de flan. Tapámola.
- Metemos a flaneira na exprés con auga, de xeito que a auga chegue pola metade da flaneira.
- Tapamos a exprés. Deixamos que se levante a válvula e a partir de aí contamos uns 8 minutos. Deixamos saír o vapor. Destapamos, quitamos a flaneira, destapámola e deixamos arrefriar antes de desmoldar. Tamén o podemos desmoldar morno. Se o desmoldamos quente desfaisenos.

25 comentarios:

  1. ainss se me esta haciendo la boca agua!! qué buena pinta por favor!!
    yo no tengo olla express, pero seguro que al baño maría al horno algo saldrá!!
    porque esto lo hago como me llamo patricia!!
    mil besos y gracias por compartir!!
    muuuuuuuuuuuuuuuaca

    ResponderEliminar
  2. Que receita tan boa e rápida. A min o que non me gusta no flan tradicional e que leva demasiados ovos e me resulta un sabor moi forte, pero este que sólo leva 3 ten que estar boísimo. Así aproveito para sacarlle partido a express case non a uso.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Que finura tiene ese flan y seguroo que esta delicioso, la foto del corte me encanta.

    Besos.

    ResponderEliminar
  4. Patt,también sale delicioso en el horno al baño maría, de hecho,mi madre, antes de comprar el molde de flan con tapa lo hacía en el horno. Lo positivo de la exprés es el tiempo.

    Rakelilla, recoméndocho, é supersuave e nada pesado.

    Ernestina, creo que la palabra adecuada es, precisamente, finura.

    Bicos doces para as tres

    ResponderEliminar
  5. Wapiiiiiiii te ha quedaooooo divinoooooo divinooooooo mejo imposible oleeeee , tiene la textura que me gusta en el flan.
    Aqui en casa si no tiene ojos no lo comen dicen que no es flan y eso es sintoma de muxa cocion, pero gueno que se le va hace.
    Antes tamien hacia los flanes en la olla expres pero ahora en el micro me salen igual de guenos y en menos tiempo , este tamien lo tengo puesto en el blog , antes lo hacia asi pero ahora le pongo canela y limon un casi na a la lexe lo caliento to unos 4 minutos en el micro antes de pone el buebo y le da un toqueee ummm , prueba y ya me contaras.
    Bicos mil y feli finde wapa.

    ResponderEliminar
  6. yo desde que descubri lo de hacerlo en la olla,no he vuelto a hacerlo de otra manera,es tan rapido,y queda tambien,que merece la pena

    ResponderEliminar
  7. Nena,me pasaré por tu blog para copiarme la receta. Mi madre lo hizo en alguna ocasión en el micro y no nos gustó demasiado la textura, pero como tú eres la reina de micro copiaré tu recetuqui al pie de la letra.

    Espe, como a ti le pasó a mi madre.

    Biquiños para las dos

    ResponderEliminar
  8. Yo una vez lo hice sustituyendo la leche condensada por yogur natural y echando un poco más de azúcar y ralladura de limón, quedó muy fresquito y muy rico ;-)

    ResponderEliminar
  9. Yo me tengo que agenciar un molde con tapa pues en casa nos gusta mucho el flan y en el horno se tarda bastante más.
    Felicidades a tu mami que se las merece.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  10. holaaaaaaaaaaaa! ya toy aquí!!ajjaa y no me importa nadita venir, que la pinta del flan es para repetir!!
    sobre lo del golden syrup, decirte que es bastante dificil encontrarlo, pero a lo mejor en el corte, cuando vienen los alimentos ingleses te sea relativamente fácil encontrarlo.
    sino, puedes sustituirlo por miel, ya que la textura es similar, y el sabor es bastante más dulce... también podrías cambiarlo por maple siryp.. de todos modos echa un vistazo en el super donde están los siropes.. igual tienes suerte!!
    y si no lo encuentras y lo quieres, mándame un mail y te lo hago llegar..
    besotes

    ResponderEliminar
  11. otra vez aquí..jajaj lo del maple syrup.. jarabe de arce !! a veces se me va la olla y no sé en qué idioma hablo..
    besotes

    ResponderEliminar
  12. ... lévome un "cachiño doce" do teu flan,... as receitas das nais son as mellores, así que éste flan nos podía ser menos.... acabas de recordarme a miña, que sempre que lle pregunto polas cantidades, sempre me dí... "... a ollo.. filliña.." ;-)

    que teñas un bo domingo
    smuacksss

    ResponderEliminar
  13. ola Mª José!.
    Qué rico flan!. Miña nai tamén os facía na express, e eu, claro!, hay que seguir as ensinanzas dos maiores. Copio a receta para o próximo!
    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Eli,habrá que probrar tu propuesta, que pinta bien,gracias por opinar, eres bienvenida

    Pilar, eso mismo decía mi madre y desde que lo compró es un no parar. Cuando menos te lo esperas hay flan de postre. En primavera,cuando hay tantos huevos, lo preparaba cada domingo. Se hace mientras haces la cama, jeje.

    Nytta,miña nai sempre di,máis ou menos, xa vas vendo. Teño que confesar que eu tamén son así,de ir vendo como quedan as texturas, engado disto ou do outro, pero nunca sei canto, nunca me sae dúas veces igual. Son máis precisa desde que teño o blogue e desde que fago as vosas fantásticas receitas.

    Marba se a fas xa me contarás. Tes que colgar a túa,bueno ó mellor xa a tes, pásome a mirar.

    Biquiños de ruído para todas,que sodes parte das miñas alegrías diarias.

    ResponderEliminar
  15. Me parece una receta genial, guapa! Voy a traducirla y me la copio. Un besito y gracias!

    ResponderEliminar
  16. Quedou estupendo. Ten pinta de se suaviño no padal. Moi boa pinta e moi boa receita, fácil e rápida, así como rico.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  17. Miña nai tamén facía a cotío así o flan. Gustoume recordalo. Xa son seguidora túa.
    Bicos, Pami.

    ResponderEliminar
  18. Los flanes me chiflan... y éste no va a ser menos.
    Estupendo.
    Un beso.

    ResponderEliminar
  19. que pinta mas buena por diosssssss..... y yo a dieta,,,,,, esto no puede ser,,,,,, me alimentare con verlo ,,,,besos

    ResponderEliminar
  20. Aaaiii hehehe, eu son deses seres estranos ós q non lles gusta o flan... hahahaha, non sei, é cousa do sabor a ovo... e mira q me gustan os ovos!!! sonche un caso aparte..
    Pero a cousa cambia cando leva leite condensado, aaaii dalle un saborciño moi rico! así q por suposto penso probalo teu, q fácil miña amiga!! a ver quen garda a liña con tanta cousa rica!
    Bicos, Lorena

    ResponderEliminar
  21. María José encantame o flan.... e penso que así como estou mal do estómago o flan mal non me ia facer.... vamos que mañá presentome a comer na túa casa...

    ;)

    Un bico enorme guapa.

    Laura.

    ResponderEliminar
  22. Fan incondicional de los flanes y me estaba perdiendo este, hay que ver. No sé por que no me aparecen tus entradas hija, ya me estoy cabreando yo con esto eh. En fin, que el flan si lo tengo delante, me lo meto entre pecho y espalda en menos de lo que canta un gallo, anda que no te ha salido bueno ni ná hija mia.

    biquiños guapisima :)

    ResponderEliminar
  23. Ola!!! qué boa pinta...sobre todo a foto do corte...probarei a facelo. Biquiños.

    ResponderEliminar
  24. Que riquiño y que rápido!!!
    PTNTS
    Dolça

    ResponderEliminar
  25. .. Tiene que estar delicioso .. que rico se ve .. un saludo ..

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...