Amenazo con máis entregas ;)
Dicir que está boísima é pouco.
Esta trenza tenta emular a “trenza de Almudévar”. Como todas as miñas receitas esta tamén ten historia, que sería dunha receita sen historia? Por iso o da experimentación coa receita.
Pois ben, temos unha compañeira que no seu aniversario sempre nos leva unha trenza moi peculiar e moi, moi rica, riquísima, diría eu. Cada vez que imos buscar un anaco sae das bocas, cheas, por suposto, un sonoro, ummmmmmmm!!!
A última vez que a levou analiceina con detemento e tentei adiviñar como sería. Ademais outra compañeira identificouna como a trenza de Almudévar, que ela a tiña comprado nalgunha ocasión, pois viaxa por esas terras a miúdo. Alá que vou a San Google e escribo “trenza de Almudévar”. Non hai receitas, a receita propia non a hai. Parece ser que a creadora desta trenza é unha pastalaría chamada “La Tolosana”. Nalgunha páxina atopas os ingredientes que leva e incluso algo do proceso, pero sen especificar, nalgún foro tentaron emulala (con bastante éxito, por certo), como estou facendo eu, pero a auténtica non a hai, ademais hai moi pouca información. Tamén atopei un programa de radio, no que o propietario da mencionada panadería ou pastelería di os ingredientes e un pouco o procedemento, pero sen especificar demasiado e en cantidades industriais.
Da análise saquei que é unha masa fermentada, pero hoxaldrada, leva no seu interior unha crema que parece de xema, este dato está confirmado na información sacada de internet, e tamén froitos secos: noces, améndoa fileteada e pasas. Tamén ten unha capa por fóra de almíbar. Con estes datos e os sacados de internet poñémonos mans á obra.
Según nos conta o creador da receita, o proceso de elaboración é moi longo, fan unha fermentación lenta e lévalle tres días chegar ó resultado final, pero eu nun par de días amañei o asunto.
Fixen unha masa, máis ou menos ó meu xeito e tendo en conta o que nos contaba no programa de radio o creador. Logo fixen o pregues do hoxaldrado e por último o recheo e o almíbar. Ten as súas voltas, non cabe dúbida, pero está boísima e é coma todo, hai que estar pendente dela, pero tampouco dá tanto traballo, só estar pendente. Unhas das cousas nas que tiña máis dúbidas era no trenzado porque non son capaz de ver como pode ser, usei a intuición e a axuda da miña queridísima Puri, que me deu a idea final, e non saíu tan mal, a presenza é moi parecida á orixinal. Non lle collín o punto de todo, terei que seguir probando, aínda así está moi boa, moito, moito, eh!
Xa é a 2ª vez que a fago, na primeira quedoume mal o entrenzado (aí foi onde Puri me encendeu a bombilla), pero iso era o de menos porque tiña tan bo sabor. Non fixen o mesmo procedemento das dúas veces. A única diferenza é que na 1ª usei masa nai e na 2ª non. Da 1ª non hai fotos. Ó final poño os ingredintes da 1ª porque o resto do proceso é o mesmo.
Ingredientes
Da masa
550 grs de fariña de forza
200 ml de leite morna
50 grs de manteiga branda (a temperatura ambiente)
2 ovos
80 grs de azucre
10 grs de sal
1 sobre de levadura de panadería en po (maizena)
200 grs de manteiga para hoxaldrar (uso da president)
Recheo (non poño cantidades porque cando as colocamos no recheo vemos o que nos fai falta cando está cuberto e tamén vai un pouco a gusto)
Noces
Pasas
Améndoa en láminas
Crema de xema
150 gr de azucre
50 ml de auga
4 xemas de ovo
1 cullerada de maicena
Almíbar
80 grs de azucre glass
40 grs de auga
Elaboración
Masa
- Acordarse de sacar a tempo a manteiga para que vaia abrandando un pouco.
- Introducimos nun recipiente a fariña e mesturámola coa levadura. A continuación incorporamos manteiga partida en cubos e mesturamos coa fariña, fregándoa cos dedos ata que estea integrada (esto está copiado do método Bertinet e gustoume o proceso).
- Engadimos o azucre e o sal e mesturamos co anterior. Logo, os ovos batidos e o leite. Mesturamos un pouco o conxunto.
- Agora so queda amasar ata que se integre ben o conxunto. O amasado é longo, sobre uns 20 minutos. Necesitei poñer un pouco de fariña na superficie de traballo porque se me pegaba un pouco, pero a medida que a imos traballando xa vai adquirindo consistencia. Son fundamentais os golpes e o amasado dándolle moitas voltas. Todo ata que vexamos que a masa é elástica e lisa. Eu dividín a masa en dous, de peso igual, para facer dúas trenzas, hoxaldrei por separado, pero tamén se podería facer unha máis grande (o proceso é o mesmo)
- Facemos unha bóla (neste caso dúas), aplanámola un pouco e envolvémola en película de cociña. Gárdase na neveira durante unhas 5 ou 6 horas ou toda a noite, depende como nos cadre o proceso de elaboración e como nos organicemos.
- Retiramos a masa da neveira, qutámoslle o film e procedemos ó hoxaldrado. Primeiro estiramos a masa en forma de rectángulo, nunha superficie lixeiramente enfariñada. A manteiga tamén a podemos estirar un pouco, metida no medio de dous papel film. Poñemos a manteiga no medio da masa e dobramos en tres (1º o extremo que está máis lonxe de nós e logo o outro por encima). Xiramos a masa 90º (quedando o extremo á nosa dereita) e estiramos co rodillo, volvemos a facer o procedemento anterior. Gardamos na neveira envolto en film. Así tres veces, con repousos na neveira de unha hora ou máis (tampouco pasa nada se é máis). Eu con isto do hoxaldrado vou tolear. Confeso que pasei moitas horas mirando o procedemento, consultei varios blogues de xente experta e cada un ó seu xeito. Mirei no blogue de Pami, Unodedos, en i.recetas, en webos fritos. No de i-recetas encontrei dous procedementos distintos con masa fermentada, unhas veces empregan voltas simples e outras sinxelas (que non é o mesmo, simple, é so dobrando unha vez, á metade e sinxela é en tres) e outras veces con voltas sinxelas. Se miras en you tube e pos “elaboración del hojaldre” ou simplemente “hojaldre”, saen multitude de vídeos, cada un como quere. E digo eu, cal é a forma correcta? Toléanme. Eu creo que hai que dobrar, dar voltas e listo, sempre xirando a masa sempre para o mesmo lado. Coma sempre son unha ignorante que non entendo este tipo de cousas, o caso é que mires onde mires parece que ese é o método, que se non é así que non vai saír e resulta que lle sae a todos. Se alguén ten unha explicación para todo isto, que mo diga, por favor.
- A superficie de traballo debe estar o máis fría posible. Eu uso un recipiente cerrado que contén xeo para pasarlle á superficie e para tocar coas mans, tamén deben estar o máis frías posible.
Crema de xema (sacada de webos fritos)
- Facer un almíbar coa auga e o azucre nun cazo. Deixar cocer uns 5 minutos e retirar do lume para que se amorne.
- Preparamos un recipiente con auga moi fría ou con auga con xeo, no cal poida caber o cazo no que facemos a crema de xema.
- Mesturar as xemas coa maicena nun cazo, e remover ben cunhas varillas.
- Pór o cazo das xemas ao lume, con temperatura moi baixa engadir o almíbar pouco a pouco caendo coma un fío, e remover coas varillas ata que espese (hai qe ter paciencia porque tarda bastante. Eu vou subindo pouco a pouco a temperatura, ata que consigo que espese, non subo de 5 (a miña inducción ten 9 de máximo), en canto vexo que empeza a burbullar un pouco baixo e sigo remexendo ata que espese).
5. Retirar do lume a crema de xemas. Meter o cazo onde as fixemos dentro do recipiente maior con auga fría, e seguir dándolle voltas. Con isto conseguimos que se arrefríe rapidamente, teña unha bonita cor e non se oxide.
Almíbar
- Poñemos todo a quentar e deixámolo burbullar uns cinco minutos. Facémolo cando case esteamos a punto de sacar a trenza do forno.
- Estiramos a masa en formade rectángulo, cortamos pola metade, pola parte máis larga, deixándoa un pouco unida na parte superior e procedemos a incorporar o recheo. Untamos a metade de cada unha das dúas metades coa crema de xema (na zonas que están na parte do corte central que fixemos) e por encima poñemos as pasas, as noces troceadas e as améndoas (non puxen cantidades destes tres ingredientes porque serán suficientes cando cubramos a supeficie).
- Dobramos a masa sen recheo encima do recheo cara o centro. Cruzamos as dúas partes tratando que a abertura quede cara arriba para que o recheo non se saia. (na proxima poñerei fotos)
- Introducímola trenza na bandexa de forno cuberta con papel de forno
- Deixamos levedar, tapado con un film ata que duplique o volume, unhas dúas ou tres horas ou incluso catro porque temos que ter en conta que tratamos con unha masa fría (tamén depende da calor da cociña).
- Pintámola con ovo batido e decoramos con améndoa laminada (se se quere).
- Prequetamos o forno a 180º. Logo cando introducín a trenza baixeino a 170º durante 45 minutos (nisto cada un debe saber como é o seu forno).
- Cando saia do forno pintamos co almíbar que fixemos mentras se forneaba.
Ingredientes do 1º intento
Masa nai, pé de masa, esponxa
150 grs de fariña de forza
100 ml de auga morna
1 culleradiña de levadura de panadería en po (marca maizena)
Masa
400 grs de fariña de forza (pode facer falta un pouco máis se vemos que está moi pegañenta a masa, pero non máis de 50 grs)
100 ml de leite morna
50 grs de manteiga branda (a temperatura ambiente)
2 ovos
80 grs de azucre
10 grs de sal
O que queda do sobre de levadura de panadería en po (maizena)
150 grs de manteiga para hoxaldrar
Biennnn! soy la primerita!
ResponderEliminarMira, vas a matarme! Pero qué pinta! Qué color! La foto de antes del horneado lo dice todo sobre la receta, qué pasada!
La masa buenísima, y el relleno espectacular!
Estoy encantada con tus amenazas, ojalá todas fueran así! El mundo iría mucho mejor, sin duda!
Un beso, artista!
Natalia
Yo también llego a tiempo, madre mía, le daba un bocadito ahora mismo, que vista tiene, y seguro que deliciosa trenza, besitos.
ResponderEliminarMadre mia que delicia de trenzas!!! Me he quedado embobada mirando las fotos a cada cual más suculenta... Eres toda una artista con las masas y esta trenza es todo un lujo. Enhorabuena.
ResponderEliminarUn besiño.
Hija mía, no hay nada que se te resista!!Estas trenzas tienen un aspecto de ser pecado mortal, pero bueno, ya nos confesaremos más tarde, ahora porfaaaa un trocín para poderte dar mi opinión...
ResponderEliminarun biquiño
,... co axetreo que levo encima casi me perdo ésta maravilla,... que queres che diga, ... xa a leín duas veces, e cada vez gústame mais ;-),..
ResponderEliminarRecórdame moitísimo a unha trenza que se fai na miña zona, a chaman "roscón de niza",..
Totalmente envidiable a túa trenza, coa foto do corte xa non fai falla nada mais,...
Novamente, noraboa!!!!!! e non dubides que vouche copiar descaradamente ;-)
biquiños,...
Oleee miña nena! Según abrín a entrada xa me deu a risa!
ResponderEliminarPois resulta que nos primeiros meses dos meus andares blogueriles publiquei unha trenza de crema e noces que se parece a unha que fan no meu pobo.
Logo diso escribíronme pedíndome casualidade a de Almudébar xa que como se parecía moito, querían a receita.
Pois ben fixen un par delas e o caso e que estaban tan boas que non me deixaban sacarlle fotos, así que o final non teño.
A ver si volvo facela e che enseño a miña versión! Eu fixera o mesmo ca ti, busquei en internet e só conseguín os ingredientes porque a receita non sae por ningures.
Bueno o caso que a túa encántame vamos, non sei como será a outra versión sin foto pero a que mostras é de 20 polo menos, pasa de 10!
Bicos preciosa!
tienes meritazo!encuentro que es una receta bastante complicada y te ha quedado genial, la última foto, la del corte, me encanta
ResponderEliminarbesos
Tiene que saber a gloria...me pido el corte
ResponderEliminarLoli
Pues te han quedado de lujo!!! Y tienes toda la razón en cuanto a la técnica para hojaldrar. La teoría es que hay que dar pliegues y vueltas siempre de la misma forma, para que queden intercaladas capas de grasa entre las capas de masa y al entrar la masa fría en el horno caliente se funda la grasa y se separen las capas de masa formando el hojaldre. Ahora bien, los pliegues y las vueltas da igual cómo las hagas, siempre y cuando lo hagas con coherencia.
ResponderEliminarY esta vez, te ha quedado de lujo!!!
Besitos!!!!
Eres toda unha artista, e eu que cando fago algo fóra do normal non me sae ben......xa me podías dar algunhas clases, jejeje
ResponderEliminarPues te quedo genial!!!yo me llevo un trocito con tu permiso.
ResponderEliminarBesos.
que mala eres, y tu que no la querias enseñar para hacer variaciones...hum....tiene una pinta de muerte!de verdad, en cuanto hagas las variaciones ya me diras, porque n ose como seran pero como tengan la misma pinta que estas..madre..un besito
ResponderEliminarnon sei eu se se poderá mellorar! :)
ResponderEliminarÑosss que pintaza!! Pa empezar por una punta y acabar por la otra...jjjjj...
ResponderEliminarDe 10!
Besitos.
Ah! se me olvidaba decirte que pienso igual que tus compis, no necesita mas ensayo... joooo es que me encanta!!
ResponderEliminarPues yo pienso lo mismo que las demás,te quedó perfecta y cómo tiene que estar de rica,me encanta,se te dan de maravilla las masas.
ResponderEliminarBesitos
Es verdad, ya no podía esperar este pan para ser publicado, lindísimo!
ResponderEliminarParece una masa tipo brioche, creo.
besitos
Gaby
Jolín que rica! me encanta la trenza, menos mal que la has publicado y no has demorado en publicarla, porque me estaría perdiendo tal delicia, Un beso
ResponderEliminarMaeeeeeeeeeeee del amor hermosoooooooooo pesiosaaaaaa que `peazo peacooooooo po diooooooos ...gueno tu no querias enseñala pa que no te empecemos a pediiiiiiiii caxos poque seguro que te tienes que tira medio año haciendo roscas de estas.
ResponderEliminarPa mi esta de lujoooooo asin que no sigas buscando mas ,po que seguro no se puede supera , artistazaaaaaaa que eres la lexe tanto le pegas a un pan como a una ensalada toooo lo bordas , cuando sea mayo quiero ser como tu.
Que pena no estemos mas cerca poque me encantaria hacer estas recetas en compañia a mi el hojaldrar me parece muy dificil , tengo el recuerdo de nuestra vecina Arabia cuando lo hacia y xicaaaaaa no me atrevo poque como no lo hagas bien se fastido todo el trabajo.
Una receta espectacular asi como las fotos .
Que sepas que me marxo a la cama en na y que soñare con esta delicatesen , no ocnsigo quitamela de la cabexa ummmmmmmmmmmm.
Bicos mil pesiosimaaaaaa.
Es una trenza perfecta, tiene un color riquisimo... y con ese relleno, seguro es para chiuparse los dedosLa receta es perfecta, no le hace falta cambiar nada.
ResponderEliminarNo se si el traductor lo hiso bien pero, fue tu cumple? si es así, te deseo todo lo mejor.
Un besito.
Pues yo me quedo con las dos, que maravilla de trenzas y que manos tienes para las masas, te quedan geniales.
ResponderEliminarBesitos
,.. aquí me tes de novo, .. se che digo que soñei coa túa trenza seguro que non mo crees ;-),... jejej
ResponderEliminarmira, teño un par de dúbidas,... cando dices que para facer a crema hai que ter paciencia, en canto tempo se traduce esa "paciencia"?? e que intenteino nunha ocasión e acabei desistindo e tirando as xemas, .. aquilo non espesaba nin a de tres,...
e xa por último, cal das dúas recetas aconsellas, a da masa nai ou a outra??
alaaa xa non che dou mais a lata!! ;-) nótase que me gustou especialmente a túa entrada??
que teñas bo día,....
un biquiño
Qué rica!!! se parece muy mucho a una trenza que es muy tradicional en La Rioja, ahora no recuerdo si tenía algún nombre especial, yo la compraba como "trenza" y siempre que tenía invitados en casa se llevaban unas pocas a sus ciudades, así rellenita y con frutos secos por encima, mmmmmm.
ResponderEliminarTe ha quedado muy bonita, y tiene un corte, guauuuu, a esta hora con un cafecito no le decía yo que no :D
Un besito guapa!
pero que cositas nos cuentas..y fenomenal todo explicado...el resultado de pecado mortal,maja..menuda pintica
ResponderEliminarQue pinta!! quen a pillara!! Faise a boca auga.
ResponderEliminarQue pena non traballar no teu cole.
Un saúdo
nenaaaaaaaaaaaa sin palabras!!! peazo entrada!!
ResponderEliminarla pinta es deliciosa, y con yema y frutos secos... jooooooooooooooo me lo pones muy difícil... y te aseguro que me estoy poniendo enorme por culpa de recetas como esta...
besotes wapa
Mmmmmm...chego a tempo dun cachiño?...esta teño que facela e xa...que boa pinta ten...!!!! Noraboa.
ResponderEliminarBiquiños.
Esta no es una trenza, es un pecado!!!
ResponderEliminarAyyyyyyyy, te digo una cosa, falta me hace irme el mes de julio de vacaciones y alejarme del horno o no sé dónde terminaré, jajajjajajajjaaj, me dan ganas de hacerlo todo y cómo hago yo ahora para no hacer tu receta sin falta este finde??
Enhorabuena, linda, eres una artista.
biquiños
Tocaya esta trenza te quedó espectacular, no veas que manos tienes para el amasado todo lo que tocas reluce en la pantalla, y el relleno que le has puesto muy bueno debia gustarles mucho.
ResponderEliminarbesos guapaaa
Tiene una pinta espectacular esta trenza, está muy apetecible.
ResponderEliminarBesos!
Muy bueno amiga!! Te han quedado preciosas y se ve que están riquísimas también. Me encantan tus panes, todos tienen tu toque especial!!
ResponderEliminarun abracito,
Que trenzas mas provocativas! me comeria un par mañana mismo para el desayuno, un color genial! :D
ResponderEliminarUn abrazo.
Buffff, menudo gustazo que te inviten a comer ésta trenza, se salen las fotos de la pantalla
ResponderEliminarBiquiños
Una preciosidad de trenza y una tentacion Caldenbarcos...solucion: la hare para mis compañeras de trabajo ;-) mua!
ResponderEliminarHola MARYJOSE las trenzas, que trenzas mas rechulas, rechulas.
ResponderEliminarUn dia te envio una cestita por si cae algo.
Fin de semana seguro de sol.
BICOS
Vaya pasada de trenzas me he quedado alucinada mirando cómo salían!! a mi me han gustado y haz todas las que quieras para deleitarnos yo las probaré!!!
ResponderEliminarBesitos guapa!
un aspecto perfecto para darle un bocao nada mas salir del horno
ResponderEliminarExcelente aportación, bonitas fotografías y un postre que ya quisiera yo probar, mojando y mojando previamente en un excelente café con leche.
ResponderEliminarBicos.
te ha quedado genial. Tendré que probar tu versión ;), gracias por el aviso :)
ResponderEliminarBesos, Paula
http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net
que doradita y que rica se ve ,,,,
ResponderEliminarme apunto para el reparto d eun trocito
jajajaj
besos
Con una para merendar y un cafe ohhhh, que buena pinta, un saludo.
ResponderEliminarJUAN
que buenisima pinta por favor!! me comia una para el desayuno y me quedaba en la gloria!!
ResponderEliminarMi madriña...!!!Como será unha vez que lle acabes de coller o punto...
ResponderEliminarBiquiños.
Que decir MºJosé! se cada vez que entro no teu blog! se me fai a boca auga! non ando moito como eu quixera...pero a tua parada é obrigatoria!!que da gusto ver as receitas que fas!!
ResponderEliminarbiquiñoss!!