viernes, 7 de mayo de 2010

PANNA COTTA CON AMORODOS

Ou fresas con nata. Outra forma de tomar as fresas con nata. Leva un pouco máis de tempo, bueno máis ben e tempo de espera porque de elaboración tampouco é moito.
Unha auténtica delicia, un doce realmente delicado e ademais é tan fácil de facer que se pode sorprender a calquera cunhas fresas con nata, onde están as fresas? Onde está a nata? Está todo só que de xeito diferente. O tempo para preparala é practicamente o mesmo, as fresas xa había que picalas, a nata había que batela e case se acaba antes con cocela. Algo máis de tempo para preparar a xelatina de fresas. Tamén se lixa un pouco máis, pero vale a pena. Prepararei así moitas veces as fresas con nata.



Ingredientes
Para a panna cotta

400 grs de nata 35%
200 grs de leite
100 grs de azucre (poñeríalle menos, está bastante doce, con 50 grs, creo que está ben)
1 cullerada de sobremesa de azucre vainilla
Un chisco de po de vainilla (veñen en pequenas botelliñas iguais que as das esencias)
6 follas de xelatina (con 4 ou 5 ben lle chegaba)
Para a xelatina de fresa
300 grs de fresas picadas miúdas
150 grs de azucre
Medio vaso de auga
3 follas de xelatina (chega con dúas)

Elaboración
Da panna cotta
- Metemos a nata, o leite, o azucre e a vainilla nun cazo a quentar, ata que ferva.
- Retirámola do lume e deixamos que tempere uns cinco minutos
- Poñemos a xelatina a remollar en auga fría os cinco minutos e logo disolvémola na nata.
- Introducimos nos moldes que teñamos preparados para elo.
- Metemos na neveira e esperamos a que calle. Cando estea callado, despois dunha hora, hora e media introducimos na parte superior a xelatina de fresa.



Da xelatina de fresa
- Picamos miúdas as fresas e mesturámolas co azucre e o medio vaso de auga.Poñémolo ó lume ata que ferva, baixamos a temperatura e deixámolo a lume medio durante media hora, remexendo de vez en cando. A media cocción pasámoslle o batedor eléctrico para facer unhas crema fina (se nos gusta atopar os tropezóns de fresa non temos porque facelo)
- Queda unha crema fina cunha textura próxima á marmelada, máis ben coma un coulis.
- Cando estea case listo poñemos a remollar a xelatina en auga fría.
- Pasados os cinco minutos de remollar a xelatina e que as fresas temperen un pouco introducimos a xelatina integrándoa ben coas fresas.
- Deixamos arrefriar as fresas e introducímolas nos moldes nos que temos a panna cotta.
- Deixámola dun día para outro e así estará perfecta. Outra vantaxe máis porque podemos ter as fresas con nata listas o día antes e non temos que poñernos a facelas mentres os comensais esperan.
Outra alternativa e facer as fresas sen a xelatina, tamén queda moi ben a medida que comemos vaise mesturando coa panna cotta. Coa xelatina é máis axeitado para desmoldar.



Para poder desmoldala con facilidade, lin tres opcións: pintar os recipientes con aceite ou manteiga derretida, poñer os recipientes un pouco no conxelador antes de desmoldar e sumerxir os recipientes en auga quente ou envolvelos cun pano quente. Nesta ocasión non os desmoldei, pero queda anotado para outra.

29 comentarios:

  1. Ma. José, qué deliciosa panna cotta, a mi me encanta... estas copas se ven preciosas, es una presentación magnífica. Me llevo mi copita.... mmmm que rico!!
    besitos,

    ResponderEliminar
  2. Yo la hago en vasitos bajos, pero veo que la presentación en copa queda preciosa. Es un postre delicioso y siempre quedas bien cuando lo ofreces.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Que panna cotta más rica has preparado la de fresas genial, con lo que me gustan, un postre muy suave y ya veo que ha entrado genial no quedó nada de nada, ni si quiera para la cata del blog jjajajjaaa.
    BESITOSS GUAPAAA

    ResponderEliminar
  4. Con lo que me gustan la panna cotta!!! te ha quedado deliciosa. Besitos

    ResponderEliminar
  5. ¡Cómo me gustan esas copas,te han quedado preciosas!Y qué ricas!

    Besitos

    ResponderEliminar
  6. O outro dia vin esta receta (ou parecida) en Petichef e xa a imprimin para facela pronto....ten unha pinta estupenda!!

    ResponderEliminar
  7. Que delicia, unha forma moi vistosa de preparar as fresas con nata, diferente e moi elegante.
    Rouboche unha copiña que che quedaron preciosas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Ayy qué boa as panacota e encima nesa copa tan chuliña!
    Vaia postre que tes hoxe, invitas a xantar?jeje
    Bicossss!

    ResponderEliminar
  9. parece que os gustaron,eh?por como esta rebañada la copa..jejeje..no me extraña...que pinta

    ResponderEliminar
  10. Ummmmmmmmmm requeteeee riquisimaa wapa y la presentacion de lujo.
    Quien pudiera pilla una copa maaaae.
    Bicos mil y feli finde wapisisimaaaaaaaa.

    ResponderEliminar
  11. Mira que ben queda así presentadiña...Vouche copietear a idea descaradamente...

    Bicos e bo finde.

    ResponderEliminar
  12. Que postre tan elegante e exquisito, xa o di todo tan so miralo e debe de ter un sabor increible, sen duda quedas como unha raiña despois de facerlle esta recetaa os teus invitados. Besiños e bo finde.

    ResponderEliminar
  13. ,... a delicadeza personificada nesta proposta que nos traes nesta ocasión,... paréceme un postre perfecto para esas ocasións especiais, está claro que non pasa desapercibido,....
    Eres unha artista ;-) , por certo, as fotos son preciosas!!!

    Que teñas ún bó día,...

    smuacksss

    ResponderEliminar
  14. Mmmm qué copitas más ricas nos has preparado hoy! una forma diferente de tomar las fresas, y así presentada queda genial.
    Un besito!

    ResponderEliminar
  15. Que boas!

    A panna cotta encántame, descubrina fai pouco (todo gracias ós miles de blogs que visito...que vicio teño) e encántame.

    Esta túa é espectacular, a foto na que a fresa se desparrama sobre a nata...mmmm!
    O das copas de martini é todo un acerto.

    Como ben dís, outra maneira de tomar fresas con nata, non sei se mellor ou peor, pero dende logo moito máis elegante!

    Un bico!
    Natalia

    ResponderEliminar
  16. Que maravilla de copas, con lo buenas que están ahora las fresas. ¡Y yo a dieta! Creo que esta la voy a apuntar en mi lista para cuando acabe el tratamiento, y cuando acabe con la lista tendré que volver a la dieta, ¡que se le va a hacer! Un abrazo-

    ResponderEliminar
  17. hola!tienes un blog fantástico, pero lo que más me ha llamado la atención fisgando en tu blog es que tengo una perrita que es igual a la que sale en tu foto, tumbadita en un sofá!!qué gracia nos ha hecho en mi casa!!
    besos

    ResponderEliminar
  18. Un postre exquisito y muy bonita la forma de presentarlo.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  19. Hola Maria Jose que delicia de panna cotta ... y la presentación de 10 .... me llevo una copita para mi ...jejeje.... que me encanta ...un besito guapa y feliz finde

    ResponderEliminar
  20. Hola Caldebarcos, esta no es de masa y tambien se ve estupenda, que buenas manos tienes, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  21. Deliciosa Panacota, hay que ver eres una artista, te felicito, besitos guapa.

    ResponderEliminar
  22. Si te ha sobrado alguna copita me la pido, ¡qué rica!
    Besos

    ResponderEliminar
  23. mmmmmm...que pinta!!!! nunca fixen a panna-cotta...pero non tardo en aplicar a túa receita...ademáis é sen glúten, o que nos ven xenial na miña casa...
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  24. Mezcla infalible la de las fresas con nata. Una copita de esas después de una comida tiene que sentar de vicio.Te ha quedado un postre divino. Un besito

    ResponderEliminar
  25. Ummmm de diez delicioso, una presentación estupenda
    besines

    ResponderEliminar
  26. ¡¡¡ Bien!!!
    Más y más fresas, me encantan, las devoro.
    Además acompañadas de panna cotta, toda una delicia.

    Besos.

    ResponderEliminar
  27. Lo hice hace poco y qué ricura!!!!! Muy bonita la presentación! Besitos, Mª José!

    ResponderEliminar
  28. pero que buenisimo es este postre, y que bien presentado, y que rico y que de todo!! me han entrado ganas de hacerlo.

    besos!

    ResponderEliminar
  29. seguro que estaba delicioso, solo hay que ver como dejaron la copa. Yo no probé la panna cotta hasta hace dos semanas y desde luego está riquisima ;)

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...