sábado, 17 de octubre de 2009

ENSALADA DE OUTONO

Gústanme moito as ensaladas e cómoas con asiduidade. É necesario comer algo lixeiro para despois darse bos atracóns de pasteis, doces e biscoitos. Aínda que non me parece unha receita coma para poñer no blogue, por que non? Eu collín moitas ideas por aí e ó mellor, quen sabe, eu tamén podo aportar algo a esa gran variedade.
O mundo das ensaladas é moi amplo e variado, préstase a que poidamos experimentar cos alimentos que máis nos gustan, xuntalos e probar como sabe. Esta sorprendeume gratamente.
O outro día os da poética (blogue recomendable pola orixinalidade e autenticidade do que nos ofrecen) fixéronme o acordo dos canónigos, compreinos e hoxe abrín alacenas e xuntei o que me parecía do que había por alí.
Como se bautiza unha ensalada? Nin idea porque levan tantos ingredientes que é francamente difícil. Non sabía como chamarlle a esta e mirando para ela vin que tiña bastantes produtos propios do outono: noces, uvas, mazá (o bo é que se poden atopar todo o ano). Pois, ala, ensalada de outono lle queda.


Ingredientes (para 1 ración)
2 puñados de canónigos
1 mazá pequena (neste caso tabardilla)
75 grs de queixo (o que máis guste, neste caso cheddar e samsoe, xa ven preparado en dadiños para ensalada)
1 puñado de pasas
6 noces
2 culleradas de aceite
1 culleradiña de vinagre
sal (media culleradiña das pequenas)
albahaca (unha pouquiña entre os dedos)
Realización
Troceamos os ingredientes que os necesiten: queixo (o meu xa viña listo), mazá, noces
Poñemos nunha ensaladeira ou prato (no meu caso) e aliñamos coa mestura do aceite, o sal, a albahaca e o vinagre.
Penso que estaría deliciosa con unha salsiña de iogur, é máis, creo que é a máis axeitada para esta ensalada.




8 comentarios:

  1. Ayer compré este quso en daditos con la idea de hacer una ensalada parecida a la tuya!!
    Te explico lo que me preguntas en mi blog, en catalán a los bizcochos los llamamos coc o coca, según la zona de Catalunya, en el sur coc i de Barcelona para arriba coca.
    Después las masas de pan que pueden ir con verduras y otras cosa por encima son coca saladas. A veces nos encontramos con comentarios que nos dicen que son como pizzas, parecidas però no ya que nuestro ingrediente principal siempre es el aceite y normalmente las cocas saladas son sin quesos.
    Espero habetre aclarado un poquito
    Petonets
    Dolça

    ResponderEliminar
  2. Este tipo de ensalada lo suelo hacer con una salsa rosa o incluso con la salsa César, de todas maneras, a mi me encantan las ensaladas, como a ti y, les echo de todo, el queso, no suele faltar en ellas, también pasta o arroz, fruta, vamos , lo que pillo por casa, así, para mi, es un plato único, con ellas me quedo estupendamente, jejejejee, lo que no conozco es la manzana tabardilla, a mi, la que más me gusta es la Fuji y la grand smith, el resto de manzanas no te creas que me van mucho
    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Ai, Ana como me gusta la salsa rosa, pero así solo sabe a salsa rosa.Esta ensaladita no necesita que la camuflen con otros sabores.
    Las tabardillas son unas mazanas autóctonas gallegas, son riquísimas, yo también soy de grand smith, pero la tabardilla... Son unas manzanas verdes y achatadas con un punto de acidez y un sabor intenso y muy rico. Yo creo que es la manzana más rica de todas y si encima son de la huerta, ni te cuento.
    Biquiños guapa

    ResponderEliminar
  4. Pero que boa pintiña che ten esta ensalada...!!!A mín gustanme moito e as veces doume o caprichiño de preparalas para mín soiña, que os demais non che son destas cousas...

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  5. Que rica !!! , as noces e as ensaladas casan xenial , e os queixos ,... Nos procuramos ter sempre na casa para poder engadirlles .

    Moitas grazas polo apunte , góstanos servir de ispiración ;)

    ResponderEliminar
  6. Mª Jose, gracias por visitar mi blog.
    A lo que se refiere a la plantilla de mi blog, la saqué de un blog de ayuda a los bloquers, te paso el enlace.
    http://laeulalia-ideas.blogspot.com/
    Espero que te sirva de ayuda.
    un bexito desde barcelona

    ResponderEliminar
  7. Original y muy rica. Un besito, guapa!

    ResponderEliminar
  8. Ola, cheguei aquí por esta ensalada, e a fe miña que me parece estupenda, gústanme moitos os ingredientes e inda por riba topei un blog escrito en galego que che ten cousas ben boas e un retrato de perfil que e ben bonitiño.
    Foi un gusto atoparte.
    Un bico miña rula

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...