viernes, 1 de junio de 2018

BOLIÑOS DE LARANXA RECHEOS DE CREMA DE ABELÁS E CHOCOLATE

BOLLITOS DE NARANJA RELLENOS DE CREMA DE AVELLANAS Y CHOCOLATE

Este boliños teñen as súas voltas, certa..., ía chamarlle complicación, pero non é complicación a palabra axeitada; máis ben  necesitamos facer algunhas cousas previamente para obter o resultado final. Temos que confitar previamente as laranxas e facer a crema de abelás (esta última podemos comprala, pero non sería o mesmo). Quero dicir que a elaboración destes boliños non é para unhas prisas.
Aínda que se temos a laranxa confitada previamente xa temos parte do traballo feito e será moito máis rápido. Logo é facer unha masa común e listo.
Eu tódolos anos polo Nadal fago laranxa confitada para o roscón e porque os laranxeiros da casa están cheos de laranxas das boas. 
Vou explicar nesta entrada como se fan as laranxas confitadas e tamén a crema de abelás.
Pode resultar moi entretido todo o proceso. 



En castellano
Estos bollitos tienen sus vueltas, cierta..., iba a llamarle, complicación, pero no es complicación la palabra adecuada; más bien necesitamos hacer algunas cosas previamente para obtener el resultado final. Tenemos que confitar previamante las naranjas y hacer la crema de avellanas ( esta última podemos comprarla, pero no sería lo mismo). Quiero decir que la elaboración de estos bollitos no es para unas prisas.
Si tenemos las naranjas confitadas previamente ya tenemos parte del trabajo hecho y será mucho más rápido, El resto es hacer una masa común y listo.
Yo todos los años por Navidades hago naranjas confitadas para el roscón y porque los naranjos de casa están llenos de naranjas de las buenas.
Voy a explicar en esta entrada como hacer las naranjas confitadas y también la crema de avellanas.
Puede resultar muy entretenido todo el proceso.



LARANXAS CONFITADAS
Hai moitas receitas pola rede, probei de varias formas e esta é a mellor, practicamente non ten nada de amargor. Fun elaborando a miña propia forma de confitar as laranxas.
Ingredientes
Laranxas
Auga
Azucre
sal
Elaboración
- Lavamos as laranxas e cortámolas en rodas finas coa pel.
- Dispoñemos nunha pota ampla e cubrimos con auga fría e unha cullerada de sal.
- Deixamos que ferva durante uns cinco minutos.
- Tiramos a auga e lavamos as rodas de laranxa con moito coidado de non rompelas.
- Volvemos a dispor as laranxas na pota con auga (agora sen sal). Esperamos a que ferva e deixámolas cinco minutos, non fervendo senón rompen, só con un pequeno burbulleo.
- Volvemos a tirar a auga e lavamos as laranxas con auga fría. Repetimos a operación de ferver as laranxas e lavalas unha vez máis.
- Cando xa estean fervidas tres veces, volvemos a lavalas e pesámolas. 
- Dispomos as laranxas na pota e engadimos o mesmo peso de auga e de azucre.
- Poñemos ao calor e esperamos que ferva, logo con pequeno burbulleo durante unha media hora. Tapamos con film e repousarán por espazo de 8 ou 12 horas, sempre buscando que se adapte aos nosos horarios.
- Despois do repouso, engadimos un pouco máis de azucre, eu engadín 100 gr para algo máis de medio quilo de laranxas. Deixamos que ferva e que coza durante uns vinte minutos. Volvemos a tapar e repousar.
- Pasado o repouso, volvemos a botarlle algo máis de azucre e volve a cocer. 
- Pode ser que neste paso xa vexamos que están. A auga xa non é auga senón almíbar e as laranxas están melosas e brillantes. Se non é así volvemos a repetir. A min non me fixo falta. Neste paso xa dei por rematado o proceso.
- Necesitamos un par de días para ter as nosas laranxas confitadas, pero non necesitan moita atención pola nosa parte. 



En castellano
Ingredientes (no pongo cantidades porque depende lo que queramos hacer)
Naranjas
Agua
Azúcar
Sal
Elaboración
- Lavamos las naranjas y las cortamos en rodajas finitas con la piel.
- Disponemos las naranjas en una olla amplia y cubrimos con agua fría y con una cucharada de sal.
- Dejamos que hierva durante unos cinco minutos. Nunca debe hervir fuerte, un pequeño burbujeo.
- Tiramos a auga y lavamos las rodajas de naranja  con mucho cuidado de no romperlas.
- Volvemos a disponer las naranjas en la olla con agua (ahora sin sal). Esperamos a que hierva  y las dejamos cinco minutos, no hirviendo sino  rompen.
- Volvemos a tirar el agua y lavamos las naranjas con agua fría. Repetimos la operación de hervir las naranjas y lavarlas una vez más.
- Cando ya estén hervidas tres veces, volvemos a lavarlas y las pesamos. 
- Disponemos las naranjas en la olla y añadimos el mismo peso de agua y de azúcar que el peso de las naranjas.
- Ponemos al calor y dejamos que hierva, las dejamos con un pequeño burbujeo durante una media hora. Tapamos con film y dejamos por espacio de 8 o 12 horas, siempre buscando que se adapte a nuestros horarios.
- Después del reposo, añadimos un poco más de azúcar, yo añadí 100 gr para algo más de medio quilo de naranjas. Dejamos que hierva y que cueza durante unos veinte minutos. Volvemos a tapar y reposar.
- Pasado el reposo, volvemos a echarle algo más de azúcar y volver a cocer. 
- Puede ser que en este paso ya veamos que están. El agua ya no es agua sino almíbar e las naranjas están melosas y brillantes. Si non es así volvemos a repetir. A mi no me hizo falta. En este paso ya di por acabado el proceso.
- Necesitamos un par de días para tener  nuestras naranjas confitadas, pero no necesitan mucha atención por nuestra parte. 


 CREMA DE ABELÁS E CHOCOLATE (NUTELLA CASEIRA)
Ingredientes 
100 gr de abelás torradas 
200 gr de chocolate fondant con leite 
1 Chisco de sal 
200 ml de leite enteiro 
90 gr de azucre normal 
2 Culleradiñas de aceite de oliva 
Esencia de vainilla ou un sobre de azucre vainilla
En castellano
Ingredientes
100 gr de avellanas tostadas
200 gr de chocolate fondant con leche
1 Pizca de sal
200 ml de leche entera
90 gr de azúcar normal
2 Cucharaditas de aceite de oliva
- Esencia de vainilla o un sobre de azúcar vainilla
Preparación 
- Trituramos as abelás torradas e peladas cunha picadora ou procesador de alimentos ata formar unha pasta. Debe quedar unha pasta case líquida xa que a abelá empezará a soltar o aceite que ten. 
- Fundimos o chocolate co chisco de sal. 
- Engadimos ao procesador onde tiñamos as abelás trituradas o chocolate fundido e o leite e o azucre. Seguimos triturando. No meu caso tiven que pasar as abelás a outro recipiente máis amplo e engadir os demais ingredientes pois non me cabía no recipiente no que triturei as abelás e seguín o proceso co batedor eléctrico.
- Para rematar pomos o aceite de oliva, e a esencia de vainilla. Seguimos batendo para que se mesture todo ben. 
- Neste punto teremos unha mestura bastante líquida. Envasamos e refrixeramos unhas horas, aínda que o máis recomendable é deixar un día enteiro en frío para ter a textura correcta. 


En castellano
Preparación
- Trituramos las avellanas tostadas y peladas con una picadora o procesador de alimentos hasta formar una pasta. Debe quedar una pasta casi líquida ya que la avellana empezará a soltar el aceite que tiene.
- Fundimos el chocolate con la pizca de sal.
- Añadimos al procesador donde teníamos las avellanas trituradas el chocolate fundido y la leche y el azúcar. Seguimos triturando. En mi caso pasé las avellanas a otro recipiente y allí le añadí el resto de los ingredientes porque en el que usé para triturar las avellanas no me cabía todo. Seguí mezclando con una batidora.
- Por último ponemos el aceite de oliva y la esencia de vainilla. Seguimos batiendo para que se mezcle todo bien.
- En este punto tendremos una mezcla bastante líquida. Envasamos y refrigeramos unas horas, aunque lo más recomendable es dejarlo un día entero en frío para tener la textura correcta.




OS BOLIÑOS
Ingredientes 
500 g de fariña de forza (harimsa)
3 g de levadura de panadería (de maizena) 
O zume dunha laranxa (eran 80 g)
Leite ata completar 230 g (foron 150 g)
Raiadura de dúas laranxas
1 cullerada de almíbar de confitar laranxas
20 gr de leite en pó
2 ovos  (deixando un pouco para pintar)
8 g de sal
100 g de azucre
Esencia de vainilla ou azucre vainilla
80 g de manteiga a temperatura ambente

En castellano
Ingredientes
500 g de harina de fuerza (harimsa)
3 g de levadura de panadería (de maizena)
El zumo de una naranja (eran 80 g)
180 g de leche (en total serán 230 g de líquido)
Ralladura de dos naranjas
Una cucharada de almíbar de confitar las naranjas
20 g de leche en polvo
2 huevos (dejamos un poco para pintar)
8 g de sal
100 g de azúcar
Azúcar vainilla o esencia
80 g de mantequilla a temperatura ambiente





Elaboración
- Neste caso usei a panificadora. Introdúcense primeiro os líquidos: leite, zume, ovos, o sal, o azucre, azucre vainilla ou esencia, as raiaduras, o almíbar, o leite en pó e para rematar a fariña e a levadura. Eu doulle tres amasados no programa de só amasado. Incorporo a manteiga no segundo amasado. Cando remata quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas (poden ser tres ou catro agora no inverno), dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto  a masa na neveira durante toda a noite. Cando deixamos fermentar a masa sempre debe estar tapada con film.
- Se non temos panificadora: poñemos a fariña coa levadura, o leite en pó e o azucre nun recipiente amplo, mesturamos; incorporamos os líquidos e o sal. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos. Debemos amasar moito de xeito que a masa quede elástica.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
- Unha vez fermentada a masa dividimos en pequenas porcións de uns 60 g.  aplanamos e introducimos no centro a crema de abelás. Cerramos a masa formando bola ou boliño alongado.
- Dispomos nunha bandexa cuberta con papel de forno e deixamos fermentar ata que dobren o volume (o tempo dependerá da temperatura ambiente ou da cantidade de levadura, que podemos aumentar se temos presa), sempre tapado con un paño ou con film. No inverno podemos deixalo a temperatura ambiente toda a noite.
- Encender o forno a 180º e deixar que acade esa temperatura. Mentras pintamos os boliños con ovo, cubrimos a superficie con azucre que humedecemos con un chorro de zume de laranxa e coroamos con anaquiños de laranxa confitada.
- Forneamos durante uns vinte minutos. Se vemos que se tostan moito cubrimos con papel de prata.



En castellano
Elaboración masa
- En este caso he usado la panificadora. Se introducen primero los líquidos: leche, zumo de naranja, huevos, la sal, el azúcar, el almíbar, la leche en polvo,  la esencia de vainilla o azúcar vainilla y por último la harina y la levadura. Yo le doy tres amasados en el programa de solo amasado, incorporo la mantequilla en el segundo amasado. Al acabar quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado. Tapamos la masa para que no se reseque.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen, en invierno pueden ser cuatro o cinco horas. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos la harina con la levadura, la leche en polvo  y el azúcar en un recipiente amplio, mezclamos; incorporamos, la leche, el zumo, los huevos, el almíbar, la esencia  y la sal. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos. Necesita mucho amasado para que nos quede una masa esponjosa, el amasado Betinet es el más indicado.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.
- Una vez fermentada la masa dividimos en pequeñas porciones de unos 60 g.  aplanamos e introducimos en el centro la crema de avellanas. Cerramos la masa formando bola o bollito alargado.
- Disponemos en una bandeja cubierta con papel de horno y dejamos fermentar hasta que doblen el volumen (el tiempo dependerá de la temperatura ambiente o de la cantidad de levadura, que podemos aumentar si tenemos prisa), siempre tapado con un paño o con film. En invierno podemos dejarlo a temperatura ambiente toda a noche.
- Encender el horno a 180º e dejar que alcance esa temperatura. Mientras pintamos los bollitos con huevo, cubrimos la superficie con azúcar que humedecemos con un chorro de zumo de naranja y coronamos con trocitos de naranja confitada.
- Horneamos durante unos veinte minutos. Si vemos que se doran mucho cubrimos con papel de plata.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...