martes, 17 de noviembre de 2009

BISCOITO CEBRA

Este podo dicir que é un biscoito de aproveitamentos e de paso facer o experimento cebra que xa vin en tantos blogues e que tanto me gustou. Tiña un bote de leite evaporada a piques de caducar e dous plátanos no froiteiro moi maduros para o meu gusto. Case mellor que fose todo para o lixo e que non me puxese a facer experimentos porque todos estes experimentos aportan certa cantidade calórica que non lle favorece nada ós corpos. Como ía a comer con unhas amigas pois xa tiña tamén outra desculpa.



Ingredientes
200 ml de leite evaporado
10 culleradas de azucre (non quedou moi doce)
3 vasos (dos de nocilla) de fariña
1 vaso (dos de nocilla) de maizena
½ vaso (dos de nocilla) de aceite
4 ovos
6 pastillas de chocolate para postres de eroski
2 plátanos moi maduros
1cullerada de bicarbonato


Realización
-Bater co batedor eléctrico os ovos co azucre ata que quede ben espumoso. Incorporar o leite evaporado e seguir batendo. Despois, o aceite, batemos e por último os plátanos feitos puré.
- Engadimos a fariña, o bicarbonato e a maicena tamizados e pouco a pouco. Esto xa o podemos facer a man, eu continuei co batedor.
- Fundimos o chocolate no micro, un minuto e medio é suficiente, pero sacámolo a media cocción para remexelo senón queimaríasenos.
- Separamos a masa en dous. A unha das metades engadímoslle o chocolate e incorporamos ben. A esta última engadinlle un par de culleradas de leite evaporada porque estaba máis densa que a clara.
- Enmantigamos e enfariñamos un molde e procedemos co efecto cebra: dúas culleradas de masa clara no centro do molde, dúas culleradas de masa de chocolate no centro da masa clara e así sucesivamente ata que rematamos as dúas masas. Vemos como se van formando círculos concéntricos cos bordos das dúas cores. Este proceso require un pouco de paciencia porque algo tan sinxelo como o último paso, que é envorcar a masa e listo, convértese en algo lento e preciso.
-Introducimos no forno prequentado a 160º durante 55 minutos, os dez últimos co ventilador. Esto no meu forno, o mellor que cada un saiba como vai o seu forno. Á media hora introducimos unha agulla, unha brocheta, un coitelo e comprobamos como vai e canto tempo lle fará falta. Estará listo cando saia seco.


COMENTARIO: A verdade é que para o meu gusto non vale a pena o esforzo que require o efecto cebra este.

Non saiu moi bo. Quedou bastante seco. Pode ser que se pasase un pouco de forno.

23 comentarios:

  1. Nena, pois quedouche de maravilla!!. A verdade e que eu tamén o vín en outros blogs e levame a vida facelo na casa. Cada un que vexo, é mellor si cabe. O teu, más digas que saíu seco, ten unha pinta que non vexas, ademaís muller, eso arreglase con un cafeiño con leite, mollas e listo :)

    Bicos rula , muass

    ResponderEliminar
  2. Pois claro Merchi, tes razón,mollado estaba ben bo. De sabor estaba rico, pero era máis ben seco. Teño que confesar que estaba máis bo despois de 2 días.
    Biquiños guapa e grazas pola túa visita

    ResponderEliminar
  3. Es una preciosidad de bizcocho, pero tienes toda la razón, es un verdadero "coñazo" lo de ir echando la masa en el molde a cucharadas y si además resultó algo seco, pues te quita las ganas de repetir. De todos modos, en la foto se ve muy bien, así que puedes decir en su favor que es muy fotogénico,je,je.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  4. .. xa lle tiña botado o ollo a éste biscoito, pero que queres dame pereza iso de ter que ir cullerada a cullerada... confeso que me gusta moitísimo o resultado, queda super vistoso e o teu está logradísimo. Mereces un aplauso polo traballo ;-)
    Dis que quedou algo seco, .. desde logo que non da esa impresión, pero non vou a dudar da túa palabra ;-) paréceme a min que eres "bastante" exixente jjejej
    Sexa como sexa Noraboa polo biscoito... e non penses nas calorías...

    un biquiño

    ResponderEliminar
  5. Quedouche ben bonito e dende logo non da a impresión de estar seco. A min tamén me da pereza pasar tanto tempo para que quede ese efecto, gustoume o de mezclarlle o plátano, o sabor ten que ser impresionante.

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. uuufffff cuanto trabajo y encima dices que resulto un pelin seco,,,,,, jejeje mejor pa mi,,,, que estoy a dieta y ya me iba a poner los dientes largos,,,,, aunque la foto te a quedado de 1º, y parece muy rico...... aunque pensandolo bien para mojar en el cafe con leche estara buenisimoooooo..... besos guapa y que termines bien el dia

    ResponderEliminar
  7. pues yo no le hacía ascos eh! qué buena pinta. y mojadito en un chocolate.. ainss qué rico!! igual estaba seco por la maizena no?? un vaso igual es mucho no??
    a mi me da igual, ya te digo que no pensaba dejar ni una rayita a esa cebra!!!ajaa
    besotes

    ResponderEliminar
  8. A verdade é q a presentación é marabillosa, teño tamén ganas de facelo. Eu cando me queda seco algún biscoito bótolle un almíbar por enriba e listo!! non me rompo máis a cabeza!
    Douche un 10!
    Bicos, Lorena

    ResponderEliminar
  9. La verdad es que en la foto se ve espectacular ... dices que ha quedado seco .. pues no da esa impresión ... un saludo ..

    ResponderEliminar
  10. Ola Maria José!
    Por que ti o ´dis, porque o que se ve non parece nada seco!. E quedou perfecto o efecto cebra.. eu intenteino, con outra receta (sin plátano,nin leite), e como son chafulleira total non medín ben as culleradas e nin parecido!!!!
    A ver si busco unha excusa para volver a facelo!
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. yo juraria que te puse un comentario sobre este bizcocho cebra,,,,,, a ver ¿ quien se lo a zampado?...jejejje....pues eso que para mojar en cafe con leche seguro esta buenisimoooooooo....besos y que termines bien el dia

    ResponderEliminar
  12. pues tiene una pinta espectacular, aunque yo, los tengo menos tiempo en el horno, a 180º pero, unos 35 a 40 minutos,de todas maneras, como te han dicho por arriba, todo tiene solución, se remoja un poquito el bizcocho y listo, jejejeje
    Biquiños

    ResponderEliminar
  13. Todas vos fixachedes no de seco. Pois si que o estaba, e creo que lle chegaba con menos tempo de forno, pode que se pasara uns 10 minutos, eu na receita puxen 55, pero estivo unha hora, puxen o de 55 po se o fago outra vez, ter en conta ese tempo.
    A pesar do seco estaba bo e plátano dalle un toque.
    Patt disme se sería a maicena, pois non o sei, outras veces teño feito así e quedar ben esponxado.
    Lorena o do almibar tamén o pensei, pero logo pasei porque mollado no café xa ten almíbar, jeje.
    A verdade é que a textura é coma a do típico cake inglés, que tamén teñen a súa gracia, pero a min gústanme máis esponxados.
    A cuestión é que bonito quedou e fotoxénico tamén, como di Pilar.

    Nytta estou desexando velo das túas mans máxicas.

    Rakelilla, si que é un coñazo o da cebra, ademais fíxeno de noite, cando rematei eran as 12 e a esas horas os humores non son os mesmos.

    July a lo mejor a ti no te queda seco, jeje. Bueno vale no rompas la dieta. Yo tampoco debería comer nada de esto, pero soy muy débil.

    Patt no lo mojé en chocolate, pero en café estaba estupendo.

    Gracias, Lala, la pinta así visto no es mala y el sabor tampoco.

    Marba, chafulleira, ti? Con esas marabillas que nos presentas, pois se non é cebra é a manchas e listo, tamén queda chulo, que total esta cebra para comela...

    July, si que tenías comentario, pero hoy he tardado bastante en moderar. Ahora tienes dos campeona.

    Biquiños gordos, gordos para todas. Non vos imaxinades o que significa para min a voas compañía,aínda que só sexa virtual.

    ResponderEliminar
  14. Ana, yo tengo un horno muy rarito. Me ha costado mucho cogerle el punto. Si lo pongo a 180º (que ya tengo puesto muchos) se me tostonea por fuera y cuando consigue cocerse tiene un moreno como si se fuera al caribe. He tenido que ir aprendiendo. Tengo que ponerlos a 160º y más tiempo si quiero un aspecto presentable por fuera. Suelo aclararlo en todas las recetas, pero esta vez ya no he querido quejarme más del pobre. Me juega bastantes malas pasadas, pero todavía le falta mucho para cambiarlo porque aun es nuevo. Tenemos que aprender a convivir e intentar compendernos, jeje.
    Biquiños guapetona

    ResponderEliminar
  15. jajaja, valeeee reina, pues tienes razón, tenéis que quereros mucho el horno y tú y para otra vez, le quitas cinco minutejos de cocción y listo, de todas maneras, no se si lo vas a volver a hacer, jajajaja, no te veo muy contenat con el resultado
    Hala, no te quejes de tu horno que te va a oir, y se va a declarar en huelga, jejeje
    Muuuuuuchos besazos

    ResponderEliminar
  16. Wapaaaaaaa pues a mi me parece que te ha quedao espectacular , la foto no dice otra cosa y desde luego la paciencia que has tenido para hacerlo no tiene precio.
    Yo tambien le tenia el ojo exao pero eso de ir cucharada a cucharada como que me daba un poco de cosa porque seguro que a mi me sale tigre en vez de cebra jajaja.
    Dices que te ha quedao un poco seco , en la foto no lo parece se ve que es fotogenico jis..jis
    Pos na la proxima vez lo emborraxas un poco y listo que a mi me traes un bizcoxo asi a casa y no dejo ni las migas.
    Bicos mil wapisimaaaa.

    ResponderEliminar
  17. Rico rico este bizcochito! Oye, pues a mi me parece que queda precioso, me encanta! Creo que va a ser el siguente que haga, es precioso! Sólo lo hice una vez, pero como lo corté en horizontal para rellenar no se apreciaban las "rayas cebriles".
    Un saludo, ya tengo ganas de ver la siguiente receta!

    ResponderEliminar
  18. Este biscoito vino varias veces aínda que nunca o fixen. Como ti dis e algo incordio ter que ir facendo o traballo das masas pra obter só un efecto.
    Si che quedou seco pois móllase! :P
    Xa sairá mellor a seguinte vez! ;)
    Bicos, Pami.

    ResponderEliminar
  19. Que bonito te ha quedado, lo de seco tiene solución ji lo mojas con un chocolatito o lo rellenas, yo me cojo un trocín.
    Un besín

    ResponderEliminar
  20. Dis que non saíu nuy bo, pero a verdade é que na foto ten moi boa pinta.
    De calquera maneira, sempre lle pode mellorar e se en vez de aproveitar produtos que ían ao lixo (bo se viñan unhas amigas, pois ben), utilizas produtos frescos, sairache moito mellor.
    Bicos
    Jorge.

    ResponderEliminar
  21. Nena me encantará verlo de tus manos, segura que te queda estupendo con esas tus manitas y paciencia solo es una poca.

    Natalia ganas si que tengo yo de ver la próxima tuya que cada una que publicas es mejor que la anterior.

    Pami,non me quero imaxinar a magnífica marabilla que podería saír das túas mans se o fas.

    Jope Jorge nin que puxera cousas pasadas. No, no,máis ben aproveitalas antes de que chegaran a eses estado. Se o sei non digo nada. Esto pásame por ser sincera. Para a próxima non digo nada e quedo estupendamente.

    Bicos gordos e grazas por estar aí

    ResponderEliminar
  22. Vale, Mª José. Yo pongo la comida y tú traes el postre!!!! qué rico, a ver si lo hago este finde. Un besito!

    ResponderEliminar
  23. Que rico bizcocho, y que bonito se ve. Dan ganas de morderlo.

    Un abrazo

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...