sábado, 2 de julio de 2011

TARTALETAS DE CABACIÑO E PESTO

TARTALETAS DE CALABACÍN Y PESTO
Vou pensar en alto, ou mellor dito, a escribir en público un pensamento, é un pensamento froito da observación, do que se escoita, do que contan, do que din, da reflexión... Hai xente á que lle gustan os batifondos, non vive, creo que non respira se na súa vida non hai conflitos, son capaces de buscalos onde non os hai, de enredar as cousas ata conseguir facer un conflito de algo simple. A que responderá que as persoas sexamos tan diferentes? Porque no lado oposto estamos os outros, os que eludimos os conflitos, os que se fai falta perder pérdese e listo, non pasa nada. As cousas que nos rodean son sinxelas, complicámolas nós, esaxerándoas, inventando, pondo en boca doutros o que non é e ata pór en boca do inocente palabras que son do acusador. Que pasa cando a unha persoa tranquila e para nada conflitiva se cruza no camiño cunha que busca problemas onde non os hai ? Complicado, de súpeto vese envolvido nunha maraña falsa da cal non sabe nin como a meteron. Hai xente que fala por toneladas, que é imprudente e un pouco inconsciente das consecuencias implícitas que poden levar as súas palabras, coas cales deben gozar e o único obxectivo, parece ser, que é facer dano. É como ir camiñando tranquilo por un camiño e de súpeto atópaste cunha pedra que fai que perdas o equilibrio, supoño que hai que sortealas e mirar sempre ao chan para non tropezar, o que significa non confiar en ninguén, penoso. Creo que hai máis xente boa que mala, pero os malos fan tanto dano que un malo vale por dez bos. Hai unha cita que di: “o peor dos malos é facer dubidar dos bos” e créoa certa, porque realmente é ao que se dedica moita xente, a desprestixiar a quen fai a súa vida tranquilamente, e empregan niso toda a súa enerxía, non sería mellor que cada un se gañase o seu prestixio cos seus actos e non desprestixiando a quen non se mete con ninguén??? Perden as súas enerxías en facer dano e ás veces ata o conseguen, iso é o peor.
Hai quen fala de envexa, non entendo ese concepto da envexa, non a entendo por máis que mo explican, non podo entender que unha persoa por non ser como outra, por non poder facer o que fai a outra ou por non poder ter o que ten a outra, estea disposto a facerlle dano de forma gratuíta sen o cheirar. Cada un ten que conformarse co que ten, co que é e se queres máis lóitao, búscao, trabállao, o outro seguro que o fixo. A min encantaríame ser alta, guapa, delgada, ter unha casa de luxo, ser graciosa e ocorrente, simpática e moitas cousas máis e non por iso odio ou lle desexo mal á xente que ten todo iso e nin moito menos faría algo para prexudicalas. Pero parece ser que hai xente que o fai, aínda que coñezo casos, ségueme custando crelo. Eu sempre penso que todo o mundo pode ser razoable e poder chegar a acordos, pero parece ser, que non todo o mundo. Que gañas de facer que a convivencia sexa difícil. Todas estas cousas decepciónanme, e fanme sentir moi mal, fanme sentir que o día a día é cruel e non querer confiar e non querer saír do caparazón, decepcionarte dos seres humanos.
Todos somos egoístas por natureza, inevitablemente pensamos primeiro en nós e seguro que en multitude de ocasións, por ese feito, facemos dano a outros, dano do que hai que saber pedir desculpas, un dano que intentaremos non repetir, pero facelo deliberadamente??? O dano polo pracer do dano?? Non podo entendelo.
Outros tamén se dedican a culpar ou desprestixiar a alguén para limpar as súa propia imaxe e para distraer a atención. Mentres centran a atención sobre alguén, botándolle cargas que non ten, ou ata que son propias, mentres fan iso, desvían a atención sobre as súas carencias, as súas faltas, o seu mal facer.
Creo, como conclusión, que cada un debe facer o seu labor o mellor que sabe e pode, deixar facer aos demais, non xulgar a ninguén sen coñecer a realidade, falar e chegar a conclusións comúns. Se cada un fai o seu traballo, se cada un fai a súa vida con ganas e con dedicación, sen meterse con ninguén, seguro que conseguiriamos unha convivencia mellor e unha vida máis agradable. Ocupémonos de nós mesmos e non esteamos mirando de esguello o que fai o outro para xulgalo, cada un ten dabondo co seu. Vive e deixa vivir!!
A receita
Buscando receitas de calabaciño, xa tomaron a nosa casa e hai que consumilos, atopeime con esta en "El día más dulce" (encántame todo o que hai nese blog). É unha bomba calórica, e como tal, deliciosa. 

 


En castellano
Voy a pensar en alto, o mejor dicho, a escribir en público un pensamiento, es un pensamiento fruto de la observación, de lo que se escucha, de lo que cuentan, de lo que dicen, de la reflexión... Hay gente a la que le gustan los follones, no vive, creo que no respira si en su vida no hay conflictos, son capaces de buscarlos donde no los hay, de enredar las cosas hasta conseguir hacer un conflicto de algo simple. A que responderá que las personas seamos tan diferentes? Porque en el lado opuesto estamos los otros, los que eludimos los conflictos, los que si hace falta perder se pierde y listo, no pasa nada. Las cosas que nos rodean son sencillas, las complicamos nosotros, exagerándolas, inventando, poniendo en boca de otros lo que no es e incluso poner en boca del inocente palabras que son del acusador. Que pasa cuando a una persona tranquila y para nada conflictiva se cruza en el camino con una que busca problemas donde no los hay ? Complicado, de repente se ve envuelto en una maraña falsa de la cual no sabe ni como le han metido. Hay gente que habla por toneladas, que es imprudente y un poco inconsciente de las consecuencias implícitas que pueden llevar sus palabras, con las cuales deben disfrutar y el único objetivo, parece ser, que es hacer daño. Es como ir caminando tranquilo por un camino y de repente te encuentras con una piedra que hace que pierdas el equilibrio, supongo que hay que sortearlas y mirar siempre al suelo para no tropezar, lo que significa no confiar en nadie, penoso, creo que hay más gente buena que mala, pero los malos hacen tanto daño que uno malo vale por diez buenos. Hay una cita que dice “lo peor de los malos es hacer dudar de los buenos” y la creo cierta, porque realmente es a lo que se dedica mucha gente, a desprestigiar a quien hace su vida tranquilamente, y emplean en ello toda su energía, no sería mejor que cada uno se ganase su prestigio con sus actos y no desprestigiando a quien no se mete con nadie??? Pierden sus energías en hacer daño y a veces hasta lo consiguen, eso es lo peor.
Hay quien habla de envidia, no entiendo ese concepto de la envidia, no la entiendo por más que me lo explican, no puedo entender que una persona por no ser como otra, por no poder hacer lo que hace la otra o por no poder tener lo que tiene la otra, esté dispuesto a hacerle daño de forma gratuita sin comerlo ni beberlo. Cada uno tiene que conformarse con lo que tiene, con lo que es y si quieres más lúchalo, búscalo, trabájalo, el otro seguro que lo hizo. A mi me encantaría ser alta, guapa, delgada, tener una casa de lujo, ser graciosa y ocurrente, simpática y muchas cosas más y no por ello odio o le deseo mal a la gente que tiene todo eso y ni mucho menos haría algo para perjudicarlas. Pero parece ser que hay gente que lo hace, aunque conozco casos, me sigue costando creerlo. Yo siempre pienso que todo el mundo puede ser razonable y poder llegar a acuerdos, pero parece ser, que no todo el mundo. Que ganas de hacer que la convivencia sea difícil. Todas estas cosas me decepcionan, y me hacen sentir muy mal, me hacen sentir que el día a día es cruel y no querer confiar y no querer salir del caparazón, decepcionarte de los seres humanos.
Todos somos egoístas por naturaleza, inevitablemente pensamos primero en nosotros y seguro que en multitud de ocasiones, por ese hecho, hacemos daño a otros, daño del que hay que saber pedir disculpas, un daño que intentaremos no repetir, pero hacerlo deliberadamente??? El daño por el placer del daño?? No puedo entenderlo.
Otros también se dedican a culpar o desprestigiar a alguien para limpiar sus propias imágenes y para distraer la atención. Mientras centran la atención sobre alguien, echándole cargas que no tiene, o incluso que son propias, mientras hacen eso, desvían la atención sobre sus carencias, sus faltas, su mal hacer.
Creo, como conclusión, que cada uno debe hacer su cometido lo mejor que sabe y puede, dejar hacer a los demás, no juzgar a nadie sin conocer la realidad, hablar y llegar a conclusiones comunes. Si cada uno hace su trabajo, si cada uno hace su vida con ganas y con dedicación, sin meterse con nadie, seguro que conseguiríamos una convivencia mejor y una vida más agradable. Ocupémonos de nosotros mismos y no estemos mirando por el rabillo del ojo lo que hace el otro para juzgarlo, cada uno tiene bastante con lo suyo. Vive y deja vivir!!
La receta
Buscando recetas de calabacín, ya han tomado nuestra casa y hay que consumirlos, me encontré con ésta en El día más dulce (me encanta todo lo que hay en ese blog). Es una bomba calórica, y como tal, deliciosa.



Ingredientes
Para a masa crebada:
250 gr de fariña
100 gr de manteiga
1 ovo
sal
Para o pesto:
12 follas de albahaca (6 gr) ou algo máis
70 ml de aceite de oliva virxe extra
25 gr piñóns
45 gr de parmesano recentemente rilado
1 dente de allo
sal e pementa
Para o resto do recheo
1 cabaciño grande
1 cebola
1 dente de allo
Aceite de oliva para rustrir a verdura
100 gr de beicon afumado cortado en tiras
2 ovos
200 ml de nata para cociñar (ou leite, ou metade e metade)
Sal



En castellano
Ingredientes
Para la masa quebrada:
250 gr de harina
100 gr de mantequilla
1 huevo
sal
Para el pesto:
12 hojas de albahaca (6 gr) o algo más
70 ml de aceite de oliva virgen extra
25 gr piñones
45 gr de parmesano recién rallado
1 diente de ajo
sal y pimienta
Para el resto del relleno
1 calabacín grande
1 cebolla
1 diente de ajo
Aceite de oliva para pochar la verdura
100 gr de beicon ahumado cortado en tiras
2 huevos
200 ml de nata para cocinar (o leche, o mitad y mitad)
Sal




Elaboración
Masa
 - Mesturar a fariña co sal. Incorporar a manteiga fregando cos dedos ata que se forme unha textura areosa. Agregar o ovo e formar a masa. Métese na neveira durante 30 minutos a 1 hora ( ou uns 15-20 min no conxelador, así é máis rápido)
- Unha vez un pouco endurecida a masa estírase. Eu fágoo encima dun papel de fornear e cubro a masa con filme para que non se pegue ao rodete.
- Colócase a masa, coa axuda do papel de fornear nun molde engraxado e enfariñado (nos moldes que eu utilizo non é necesario) . Pasamos o rodete polos bordos do molde e retiramos a masa sobrante que integramos co resto da masa e seguimos estirando para o resto das tartaletas. Picamos a masa cun garfo.
- Introducimos en forno prequentado a 180º durante 10 minutos. Podemos metelos cubertos con papel de fornear e encima uns garavanzos para facer peso (eu non o fago)
O molde ideal é un molde baixiño, estriado e de metal e se é antiadherente mellor.
Preparación do pesto:

- Torramos os piñóns nunha tixola.
- Raiamos o queixo parmesano.
- Pomos a albahaca, os piñóns e o dente de allo na picadora ou na batidora. Trituramos. Engadimos o queixo e volvemos á mesturar. Para rematar, incorpórase o aceite e vólvese a mesturar. Salpimentamos a gusto e listo.
Para facer o pesto guieime pola proposta de Isabel, de "Cocinando en mi isla amarilla". Hai mil propostas na rede e varían moito os ingredientes, neste caso a proporción dos ingredientes está adaptado ao meu gusto.





Preparación do resto do recheo
- Pomos nunha tixola a lume lento o beicon afumado, que se faga pero sen torrarse. Unha vez que estea feito colocámolo sobre un papel absorvente, para eliminar calquera tipo de graxa.
- Picamos a cebola e o dente de allo (fágoo na picadora), e o rustrimos durante 5 minutos, engadimos o cabaciño picado e seguimos rustrindo uns 20 minutos máis, póñolle unha tapa e vaise abrandando aos poucos con calor medio-baixo, salgamos a gusto. Botamos o pesto e integrámolo ben, incorporamos parte do baicon, deixamos un pouco para decorar, unha vez feito retiramos do lume.
- Nun bol batemos os ovos, engadimos a nata e cando estea todo ben mesturado, mesturámolo co anterior.
- Enchemos os moldes coa mestura e botamos por encima o beicon que reservaramos.
- Introducímolos no forno previamente quentado a 180ºC durante ao redor de media hora. Sacámolo e deixamos arrefriar sobre unha grella. Servir tépedo.
- Sobroume un pouco de recheo, metino nunha flaneira. Tamén sería unha boa opción.

Usei cinco tartaletas e tres máis pequeniñas. Paréceme unha opción ideal en pequeniño, como aperitivo.

En pequeniño, un aperitivo ideal. En pequeñito, un aperitivo ideal


En castellano
Elaboración
Masa
- Mezclar la harina con la sal. Incorporar la mantequilla frotando con los dedos hasta que se forme una textura arenosa. Agregar el huevo y formar la masa. Se mete en la nevera durante 30 minutos a 1 hora ( o unos 15-20 min en el congelador, así es más rápido)
- Una vez un poco endurecida la masa se estira. Yo lo hago encima de un papel de hornear y cubro la masa con film para que no se pegue al rodillo.
- Se coloca la masa, con la ayuda del papel de hornear en un molde engrasado y enharinado (en los moldes que yo utilizo no es necesario) . Pasamos el rodillo por los bordes del molde y retiramos la masa sobrante que integramos con el resto de la masa y seguimos estirando para el resto de las tartaletas. Pinchamos la masa con un tenedor.
- Introducimos en horno precalentado a 180º durante 10 minutos. Podemos meterlos cubiertos con papel de hornear y encima unos garbanzos para hacer peso (yo no lo hago)
 El molde ideal es un molde bajito, estriado y de metal y si es antiadherente mejor.



Preparación del pesto:
- Tostamos lo piñones en una sartén.
- Rallamos el queso parmesano.
- Ponemos la albahaca, los piñones y el diente de ajo en la picadora o en la batidora. Trituramos. Añadimos el queso y volvemos a a mezclar. Por último, se incorpora el aceite y se vuelve a mezclar. Salpimentamos a gusto y listo.
Para hacer el pesto me guié por la propuesta de Isabel, de "Cocinando en mi isla amarilla". Hay mil propuestas en la red y varían mucho los ingredientes, en este caso la proporción de los ingredientes está adaptado a mi gusto.
 Preparación del resto del relleno
- Ponemos en una sartén a fuego lento el beicon ahumado, que se haga pero sin tostarse. Una vez que esté hecho lo colocamos sobre un papel absorvente, para eliminar cualquier tipo de grasa.
- Picamos la cebolla y el diente de ajo, y lo pochamos durante 5 minutos, añadimos el calabacín picado y rehogamos unos 20 minutos más, le pongo una tapa y se va ablandando poco a poco con calor medio-bajo, salamos a gusto. Echamos el pesto y lo integramos bien, incorporamos parte del baicon, dejamos un poco para decorar, una vez hecho retiramos del fuego.
- En un bol batimos los huevos, añadimos la nata y cuando esté todo bien mezclado, lo mezclamos con lo anterior.
- Rellenamos los moldes con la mezcla y echamos por encima el beicon que habíamos reservado.
- Los introducimos en el horno previamente calentado a 180ºC durante alrededor de media hora. Lo sacamos y dejamos enfriar sobre una rejilla. Servir templado.
- Me sobró un poco de relleno, lo metí en una flanera. También sería una buena opción.
Usé cinco tartaletas y tres más pequeñitas. Me parece una opción ideal en pequeñito, como aperitivo.

Co recheo que sobrou fixen un flan, sería outra forma de presentación. Con el relleno que sobró hice un flan, sería otra forma de presentación.




martes, 31 de mayo de 2011

MADALENAS DE LIMÓN E CANELA (DE XAVIER BARRIGA)

MAGDALENAS DE LIMÓN Y CANELA (XAVIER BARRIGA)
Xa sei, xa sei, están en todos os blogues e xa todo o mundo sabe como se fan, ademais xa todas temos o libro, entón a ver quen non as probou aínda. Comprei o libro fai aproximadamente un ano e aínda non fixera ningunha receita, gústame moito mirar os libros de cociña, pero logo embóbome co que vexo polos blogues e todo o quero probar e ao final case nunca fago o que vexo polos libros. Necesito máis corpos para poder comer todo o que quero probar, xa probei a comer logo de media noite como os gremlins, pero nada non me reproduzo.
Todo o mundo fala marabillas, describíanas como exquisitas, a ver quen se resiste a tantos comentarios tan tentadores. Pois eu discrepo, non digo que estean malas, non, pero téñoas comido mellores. Gústame moito o copete que lles queda, pero de sabor, para o meu gusto son "vulgares" e con vulgares refírome a normaliñas, do montón, ricas, si, pero simples, sen nada que destaque especialmente. As que fixen de mascarpone sácanlle uns cantos puntos (e todo para o meu gusto), ben é certo que estaban recheas de marmelada, pero o sabor da faragulla era delicioso e outras que teño pendentes de publicar (anteriores a estas, e non sei porque non as publico antes) tamén están máis boas. Se teño que repetir fágoo coas outras receitas e non con esta.
Aínda así digo que son moi recomendables, unhas madalenas tradicionais, sen máis.

En castellano
Ya sé, ya sé, están en todos los blogs y ya todo el mundo sabe como se hacen, además ya todas tenemos el libro, entonces a ver quien no las ha probado todavía. Compré el libro hace aproximadamente un año y todavía no había hecho ninguna receta, me gusta mucho mirar los libros de cocina, pero luego me embobo con lo que veo por los blogs y todo lo quiero probar y al final casi nunca hago lo que veo por los libros. Necesito más cuerpos para poder comer todo lo que quiero probar, ya he probado a comer después de media noche como los gremlins, pero nada no me reproduzco.
Todo el mundo habla maravillas, las describían como exquisitas, a ver quien se resiste a tantos comentarios tan tentadores. Pues yo discrepo, no digo que estén malas, no, pero las he comido mejores. Me gusta mucho el copete que les queda, pero de sabor, para mi gusto son "vulgares" y con vulgares me refiero a normalitas, del montón, ricas, si, pero simples, sin nada que destaque especialmente. Las que hice de mascarpone le sacan unos cuantos puntos (y todo para mi gusto), bien es cierto que estaban rellenas de mermelada, pero el sabor de la miga era delicioso y otras que tengo pendientes de publicar (anteriores a estas, y no se porque no las publico antes) también están más buenas. Si tengo que repetir lo hago con las otras recetas y no con ésta.
Aún así digo que son muy recomendables, unas magdalenas tradicionales.


INGREDIENTES
Estas son as cantidades que nos dá Xavier Barriga no seu libro, pero como ao pór dous ovos resultou que non chegaba aos 125 gr, decidín pór outro máis, como resultado foron 178 gr de ovos, para o resto dos ingredientes fixen un cálculo proporcional. (poño as cantidades que eu usei entre paréntese)
125 gr. de ovos (2 ovos L) (178 gr-3 ovos)
175 gr. de azucre (puxen a mesma cantidade, non me gusta demasiado doce)
60 ml. de leite (85 ml)
190 ml. de aceite de xirasol (260 ml)
210 gr. de fariña frouxa (300 gr)
5 gr. de lavadura royal (6 gr)
un chisco de sal
Media culleradiña de canela en po
Raspadura da pel dun limón (como non tiña puxen un chorro de esencia)

En castellano

INGREDIENTES
Estos son las cantidades que nos da Xavier Barriga en su libro, pero como al poner dos huevos resultó que no llegaba a los 125 gr, decidí poner otro más, como resultado fueron 178 gr de huevos, para el resto de los ingredientes hice un cálculo proporcional. (pongo las cantidades que yo usé entre paréntesis)
125 gr. de huevos (2 huevos L) (178 gr-3 huevos)
175 gr. de azúcar (puse la misma cantidad, no me gusta demasiado dulce)
60 ml. de leche (85 ml)
190 ml. de aceite de girasol (260 ml)
210 gr. de harina floja (300 gr)
5 gr. de lavadura royal (6 gr)
una pizca de sal
Media cucharadita de canela en polvo
ralladura de limón (como no tenía puse un chorro de esencia)




ELABORACIÓN
- Bater os ovos co azucre ata que branqueen, e aumenten o seu volume, quedando como unha crema.
- Mesturar o leite e o aceite e engadir aos ovos batendo lentamente.
- Engadir a fariña tamizada, o fermento, o chisco de sal, a canela e a raspadura de limón (esencia).
- Mesturar, eu primeiro mestúroo cunhas varillas manuais porque coa batidora  espárceseme toda a fariña. Logo, bátese a velocidade lenta co batidor eléctrico, ata que se forme unha crema homoxénea. Bater a velocidade rápida durante 2-3 minutos.
- Deixar repousar a masa como mínimo unha hora no frigorífico.
- Prequentar o forno a 250º, eu fíxeno a 220º (250º parecíame moito para o meu forno)
-Mentres se vai quentando enchemos as tres cuartas partes dos moldes de madalena que previamente introducimos en flaneiras ou nun molde para muffins ou madalenas (isto faise para que queden ben, cunha forma bonita e non se espallen, así poden lucir ese lindo copete) , axudados dunha manga pasteleira, unha bolsa de plástico ou unha culler.
- Baixamos a temperatura do forno (no libro di a 210º, eu baixeino 200º) e introducimos as madalenas, na metade do forno e deixámolo ata que vexamos que están douradiñas e cun fermoso copete, uns 20-25 minutos no meu caso. Para cerciorarnos de que están feitas comprobámolo cunha agulla e se sae seca é que xa están. Coidado de non abrir o forno demasiado pronto, abrímolo cando vemos que o copete está perfectamente formado e empezan a estar douradiñas. Se vemos que necesitan un pouco máis e que xa están o suficientemente douradas cubrímolas con papel de prata e deixámolas uns minutos máis.



En castellano
ELABORACIÓN
- Batir los huevos con el azúcar hasta que blanqueen, y aumenten su volumen, quedando como una crema
- Mezclar la leche y el aceite y añadir a los huevos batiendo lentamente.
- Añadir la harina tamizada, la levadura, la pizca de sal, la canela y la ralladura de limón (esencia).
- Mezclar, yo primero lo mezclo con unas varillas manuales porque con la batidora se me esparce toda la harina. Luego, se bate a velocidad lenta con el batidor eléctrico, hasta que se forme una crema homogénea. Batir a velocidad rápida durante 2-3 minutos.
- Dejar reposar la masa como mínimo una hora en el frigorífico.
- Precalentar el horno a 250º, yo lo hice a 220º (250º me parecía mucho para mi horno)
-Mientras se va calentando rellenamos las tres cuartas partes de los moldes de magdalena que previamente hemos introducido en flaneras o en un molde para muffins o magdalenas (esto se hace para que queden bien, con una forma bonita y no se desparramen, así pueden lucir ese lindo copete)  , ayudados de una manga pastelera,  una bolsa de plástico o una cuchara.
- Bajamos la temperatura del horno (en el libro dice a 210º, yo lo bajé 200º) e introducimos las magdalenas, en la mitad del horno y lo dejamos hasta que veamos que están doraditas y con un hermoso copete, unos 20-25 minutos en mi caso. Para cerciorarnos de que están hechas lo comprobamos con una aguja y si sale seca es que ya están. Cuidado de no abrir el horno demasiado pronto, lo abrimos cuando vemos que el copete está perfectamente formado y empiezan a estar doraditas. Si vemos que necesitan un poco más y que ya están lo suficientemente doradas las cubrimos con papel de plata y las dejamos unos minutos más.




sábado, 28 de mayo de 2011

ENSALADA DE PEMENTOS ASADOS E BONITO EN ACEITE

Esta entrada máis que pretender ser unha entrada dunha receita, é unha homenaxe, unha dedicatoria, un agarimo..., a Puri. Puri é unha persoa doce e encantadora coa que comparto horas de conversacións sobre distintas receitas e as nosas experiencias con elas. Aprendo moito dela e por encima faime agasallos como este: un bote de bonito en aceite que ela mesma envasou. Unha auténtica delicia que non todo o mundo se pode permitir o luxo de degustar e iso débollo a ela, así que como "é de ben nacidos ser agradecidos", moitas grazas Puri, por ser como es e por compartir todo o que compartes comigo.
Unha ensalada é unha receita? É unha combinacion de distintos ingredientes e esas combinacións son miles. A min ocorréuseme esta, que é unha auténtica delicia.
Logo de tanta entrada doce unha ensaladita non vén nada mal.
En castellano
Esta entrada más que pretender ser una entrada de una receta, es un homenaje, una dedicatoria, un cariño..., a Puri. Puri es una persona dulce y encantadora con la que comparto horas de conversaciones sobre distintas recetas y nuestras experiencias con ellas. Aprendo mucho de ella y por encima me hace regalos como este: un bote de bonito en aceite que ella misma envasó. Una auténtica delicia que no todo el mundo se puede permitir el lujo de degustar y eso se lo debo a ella, así que como "es de bien nacidos ser agradecidos", muchas gracias Puri, por ser como eres y por compartir todo lo que compartes conmigo.
Una ensalada es una receta? Es una combinacion de distintos ingredientes y esas combinaciones son miles. A mi se me ocurrió esta, que es una auténtica delicia.
Después de tanta entrada dulce una ensaladita no viene nada mal.





Ingredientes
Pementos asados
Aceite de oliva
Azucre
Olivas verdes
Cebola
Bonito en aceite
Sal e crama de vinagre de módena
En castellano
Ingredientes
Pimientos asados
Aceite de oliva
Azúcar
Aceitunas
Cebolla
Bonito en aceite
Sal y crema de vinagre de módena


Este é o tan preciado agasallo. Este es el tan preciado regalo.

Preparación
- Primeiro asamos os pementos, neste caso eran dous. Lávanse, quítaselles os talos e as pebidas. Introdúcense nunha bandexa de forno e píntanse con aceite de oliva. Agrégaselles un pouco de sal e azucre por toda a superficie (só unas areas de cada). Metemos no forno prequentado a 180º, unha hora. O tempo contrólase picándoos cun garfo e comprobando que están tenros. Eu tápoos con papel de prata para que non se me manche o forno senón salpica.
- Cando estean case fríos quítaselle a pel aos pementos e córtanse en tiras. Podemos metelos nun tupper e gardalos na neveira. Cando os vaiamos a consumir depositámolos nun escorredor un tempo antes da elaboaración da ensalada porque senón soltarán moita auga.
- Unha vez listos os pementos xuntámolos cos outros ingredientes, salgamos un pouco, se queremos, agregamos unhas pingas de crema de vinagre de módena e listo. Seguro que tamén estará moi bo con algún aderezo, pero eu prefiro comelos así, xa ten o aceitiño que vai soltando o bonito e chégame.
- A  cantidade e disposición dos ingredientes é a gusto do consumidor




En castellano
Preparación
- Primero asamos los pimientos, en este caso eran dos. Se lavan, se les quita los tallos y las pepitas. Se introducen en una bandeja de horno y se pintan con aceite de oliva. Se les agrega un poco de sal y azúcar por toda la superficie (solo unas arenillas de cada). Metemos en el horno precalentado a 180º, una hora. El tiempo se controla pinchándolos con un tenedor y comprobando que están tiernos. Yo los tapo con papel de plata para que no se me manche el horno sinó salpica.
- Cuando estén casi fríos se le quita la piel a los pimientos y se cortan en tiras. Podemos meterlos en un tupper y guardarlos en la nevera. Cuando los vayamos a consumir los depositamos en un escurridor un tiempo antes de la elaboaración de la ensalada porque sinó soltarán mucha agua.
- Una vez listos los pimientos los juntamos con los otros ingredientes, salamos un poco, si queremos, agregamos unas gotas de crema de vinagre de módena y listo.  Seguro que también estará muy bueno con algún aliño, pero yo prefiero comerlos así, ya tiene el aceitito que va soltando el bonito y me llega.




sábado, 21 de mayo de 2011

MUFFINS DE MAZÁ E CANELA

MUFFINS DE MAZANA Y CANELA
Que ganas tiña de facelos e probalos. Son realmente deliciosos. Ségueme parecendo un auténtico milagre isto dos muffins, que ricos e esponxosos, sen apenas traballo. As combinacions de sabores son infinitas, haberá que ir probando.
Baseéime na receita dos que fixen de arándanos, cambiando algo os ingredientes. Mirei moitos por internet e nun libro e é fácil calcular a proporción de líquidos e sólidos.
Estes hai que facelos moitas veces.
En castellano
Que ganas tenía de hacerlos y probarlos. Son realmente deliciosos. Me sigue pareciendo un auténtico milagro esto de los muffins, que ricos y esponjosos, sin apenas trabajo. Las combinaciones de sabores son infinitas, habrá que ir probando.
Me he basado en la receta de los que hice de arándanos, cambiando algo los ingredientes. He mirado muchos por internet y en un libro y es fácil calcular la proporción de líquidos y sólidos.
Estos hay que hacerlos muchas veces.



Ingredientes
- 125 gramos de manteiga derretida
- 150 gramos de azucre morena
- 350 gramos de fariña
- 2 ovos lixeiramente batidos
- 250 ml de leite
- 2 mazás pequenas (uns 170 grs peladas e descorazoadas)
- 1 culleradiña de sobremesa de canela
- un chisco de sal
- un sobre de fermento químico

En castellano
Ingredientes
- 125 gramos de mantequilla derretida
- 150 gramos de azúcar moreno
- 350 gramos de harina
- 2 huevos ligeramente batidos
- 250 ml de leite
- 2 manzanas pequeñas (unos 170 grs peladas y descorazonadas)
- 1 cucharadita de postre de canela
- Una pizca de sal
- un sobre de levadura química



Elaboración
- Pomos nun recipiente os ingredientes secos: fariña tamizada co fermento, o azucre, a canela e o sal.
- Noutro mesturamos os ingredientes líquidos: o ovo lixeiramente batido, a manteiga derretida e o leite. Mesturamos ben cun garfo.
-Incorporamos os ingredientes líquidos aos sólidos, engadimos a mazá cortada en anacos pequenos ou rilada (eu rileina) e mesturamos cunha culler pero só o xusto para integrar todo.
-- Metemos nos moldes. Podemos empregar os de magdalena e metémolos dentro dos moldes de flan. Tal e como están nos moldes de flan introdúcese a masa axudados dunha culler. Debemos enchelos ata as 3/4 partes da capacidade do papel de magdalena ou incluso un pouco máis, tamén hai que ter en conta a altura da flaneira na que introducimos o papel de magdalena, se é máis alto podemos enchelo máis porque nunca debordará a masa.
- Metemos no forno prequentado a 180º durante 35-40 min. O do tempo temos que controlar cada un porque depende do tamaño que os fagamos.



En castellano
Elaboración
- Ponemos en un recipiente los ingredientes secos: harina tamizada con la levadura, el azúcar,la canela y la sal.
- En otro mezclamos los ingredientes líquidos: el huevo ligeramente batido, la mantequilla derretida y la leche. Mezclamos bien con un tenedor.
-Incorporamos los ingredientes líquidos a los sólidos, añadimos la manzana cortada en trozos al gusto, yo la rallé y mezclamos con una cuchara pero sólo el justo para integrar todo.
- Metemos en los moldes. Podemos emplear los de magdalena introduciéndolos en flaneras. Tal y como están en los moldes de flan introduje masa ayudada de una cuchara. Se llenan los moldes de magdalena hasta las 3/4 partes de su capacidad o incluso un poco más, yo normalmente solo dejo sin masa medio centrímetro, pero hay que tener en cuenta el tamaño de la flanera que usamos para que al crecer no deborde la masa, si la flanera es más grande que el papel de magdalena podemos llenarlos más que si no es así.
- Metemos en el horno precalentado a 180º durante 35-40 min. Lo del tiempo tenemos que controlar cada uno el nuestro porque depende del tamaño que los hagamos.





martes, 3 de mayo de 2011

PAN DE OVO

PAN DE HUEVO
Esta é outra desas receitas tradionais. Estas masas teñen para  min un gran encanto, probo e probo, cambiando cantidades, máis disto menos do outro. Non sei cantas receitas similares levo xa publicadas, sempre penso que é a definitiva, pero sempre chega outra.
Na miña zona a este tipo de pan doce chámaselle pan de ovo ou rosco (recibe este nome aínda que sexa en forma de trenza). Ata agora todas as receitas que fixera non tiñan tantos ovos e apetecíame facer un con moitos ovos e manteiga de vaca. A manteiga de vaca non fun capaz de conseguila, fun mirar xusto o día antes de Pascua e seguro que por isto non a había, vese que en Pascua se fan pans de ovo caseiros porque sempre a hai, non pasarei sen probar.
Esta versión con moitos ovos e con manteiga vínllela a tres blogueiras galegas e tiña que probar, vinlla a Cristina de Kanela y Limón, a Nytta de Dulce algodón e a Ana de Y un toque de pimienta. Coas tres receitas fixen unha táboa comparativa dos ingredientes e a partir de aí elaborei a miña propia versión.
Digamos que é unha rosca de Pascua, de feito fíxena para Pascua, aínda que na miña zona non se estila este tipo de doces, na actualidade, algo máis, aínda que non é algo tradicional, antigamente o que lle regalaban os padriños aos afillados eran ovos. Case mellor en forma de doce, non??
Está moi boa e esponxosa, parte do mérito é do amasado no cal emprégome a fondo, se amasara a diario non necesitaría ximnasio.
Probablemente sexa moito rollo todo o que escribín, quería que quedara moi clariño, espero telo conseguido, sobre todo para aquelas que me pediron a receita, que seguro que xa me contarán.



En castellano
Esta es otra de esas recetas tradionales. Estas masas tienen para mi un gran encanto, pruebo y pruebo, cambiando cantidades, más de esto menos de lo otro. No sé cuantas recetas similares llevo ya publicadas, siempre pienso que es la definitiva, pero siempre llega otra.
En mi zona a este tipo de pan dulce se le llama pan de huevo o rosco (recibe este nombre aunque sea en forma de trenza). Hasta ahora todas las recetas que había hecho no tenían tantos huevos y me apetecía hacer uno con muchos huevos y manteca de vaca. La manteca de vaca no fui capaz de conseguirla, fui a mirar justo el día antes de Pascua y seguro que por esto no la había, se ve que en Pascua se hacen panes de huevo caseros porque siempre la hay, no pasaré sin probar.
Esta versión con muchos huevos y con manteca se la vi a tres blogueras gallegas y tenía que probar, se la vi a Cristina de Kanela y Limón, a Nytta de Dulce algodón y a Ana de Y un toque de pimienta. Con las tres recetas hice una tabla comparativa de los ingredientes y a partir de ahí elaboré mi propia versión.
Digamos que es una rosca de Pascua, de hecho la hice para Pascua, aunque en mi zona no se estila este tipo de dulces, en la actualidad, algo más, aunque no es algo tradicional, antiguamente lo que le regalaban los padrinos a los ahijados eran huevos. Casi mejor en forma de dulce, no??
Está muy buena y esponjosa, parte del mérito es del amasado en el cual me empleo a fondo, si amasara a diario no necesitaría gimnasio.
Probablemente sea muy extenso todo lo que he escrito, tenía mucho empeño en que quedara claro, sobre todo para aquellas que me pidieron la receta, espero haberlo conseguido, seguro que ellas me lo contarán.



Ingredientes
6 ovos
160 g de azucre
125 g de manteiga ou manteiga de vaca derretida
Raiadura de dous limóns
Raiadura de dúas laranxas
Zume de laranxa (50 ml)
3 sobres de fermento de panadeiro (vahiné) (cada sobre ten 4,6 gr).Edito (6-4-15): Esta cantidade de levadura é unha barbaridade, chega con un sobre.
100 ml de anís ou unha culleradiña de esencia (pero se pomos esencia necesitaremos menos fariña)
1 culleradiña de sobremesa de sal
100 ml de leite
800 g de fariña de forza + 75 para ir secando a masa. (uso marca harimsa porque non todas as fariñas absorben a mesma cantidade de líquido)
En castellano
Ingredientes
6 huevos  
160 g de azúcar
125 g de mantequilla o manteca de vaca derretida
Ralladura de dos  limones  
Ralladura de dos naranjas  
Zumo de naranja  (50 ml)
3 sobres de levadura de panadero (vahiné). Edito (6-4-15): Esta cantidad de levadura es una barbaridad, llega con un sobre.
100 ml  de anís o esencia (pero si ponemos esencia necesitaremos menos harina)
1 cucharadita de postre de sal
100 ml de leche
800 g de harina de fuerza + 75 para ir secando la masa. (uso marca harimsa porque no todas las harinas absorBen la misma cantidad de líquido)






Elaboración
- Se temos manteiga de vaca a derretemos. Como non a conseguín clarifiquei manteiga, co seguinte procedemento: pomos a manteiga (sempre máis que a cantidade que necesitamos, para os 125 gr que necesitamos nesta receita, poremos uns 200 gr) a lume lento (ao mínimo) ata que estea completamente derretida, non removemos. Cando estea completamente derretida imos retirando a escuma que se vai formando na superficie, cando se termine deixámolo repousar e vemos como no fondo queda unha substancia branca, é o soro. Podemos ir retirando a manteiga (todo o amarelo) para outro recipiente tratando de non coller a parte branca e refugar o que queda no fondo. Eu o que fixen foi coala nun coador de malla fina e encima unha gasa (vai quedando na gasa a parte branca). Se non queremos facer isto (todo o proceso de clarificala) chega con derretir no micro a manteiga. Debemos deixar que arrefríe.
- Nun recipiente amplo batemos os ovos, incorporamos o azucre, batemos, o zume, o anís, as riladuras e a manteiga derretida.
- Quentamos o leite no micro, 20 segundos a 700 w. (debe estar morna, non demasiado quente, non máis da temperatura corporal, o mellor termómetro é a nosa pel)
- Noutro recipiente tamizamos 800 gr de fariña (eu usei harimsa, se usamos a comprada nunha panadería, recomendaría empezar por menos), o resto da fariña reservámola para ir secando a masa a medida que nos fai falta. Mesturamos o fermento coa fariña. Eu sempre o fago nun recipiente amplo, hai quen prefire facelo directamente na encimera ou superficie na que se vai a traballar.
- Facemos un oco no centro da fariña e incorporamos a mestura dos ovos que temos no outro recipiente. Incoporamos tamén o leite. Se usamos fermento prensado desfaríamos, previamente, o fermento no leite).
- Cunha culler de pau imos mesturando todos os ingredientes. Cando se vaian mesturando incorporamos o sal e seguimos mesturando ata que non nos sexa fácil seguir. Neste momento facémolo coa man. Eu, neste momento,  incorporo unha cullerada de fariña, intento mesturar cunha man e coa outra vou virando o recipiente. Podemos incorporar outra cullerada de fariña se vemos que está moi brando e se se nos pega en exceso á man (é bo saber que neste momento si se vai a pegar bastante á man).
- Cando está todo integrado e xa ten aspecto de masa, podemos pasar a unha superficie. Esparcimos un pouco de fariña na superficie de traballo e amasamos. Non debemos preocuparnos se ao principio se pega ás mans, podemos incorporar outro pouco de fariña, pero sempre pouco de cada vez. Se seguimos amasando vemos como vai collendo corpo e cada vez se pega menos (temos que ter en conta que a cantidade de líquido pode variar lixeiramente, dado que os ovos non son sempre do mesmo tamaño, por iso é mellor ir probando porque un día quedará ben con 850 gr de fariña e outro con 900, por esta razón é mellor ir incorporando a fariña, para ir secando a masa, aos poucos).
- O amasado é longo, sobre uns 20 minutos. Vou pór un vídeo que ilustra bastante ben como amaso eu (esta foma de amasar é a que sempre lle vin á miña nai, dobrando a masa e dándolle golpes) (este vídeo vinllo a Hilmar de Mis recetas favoritas, e como se reflectía moi ben como amaso pois pareceume interesante telo a man). Ademais, cando lle dou os golpes, adoito darlle algunha doblez a modo do amasado Bertinet (digamos que é un amasado propio). Como non resisto os 20 minutos seguidos amasando, fágoo nunhas tres veces. Ao principio, entre que se amalgaman os ingredientes e conseguimos que non se pegue a masa e xa temos a nosa masa formada poden ser uns 10 minutos, chegado a ese punto boleo (fago unha bóla coa masa) e déixoa repousar durante uns 5 minutos, volvo a amasar outros cinco minutos, volvo repetir a operación (boleo-repouso 5 minutos-amaso 5 minutos). Para rematar volvo a bolear e introducir a masa nun recipiente lixeiramente enfariñado.


Neste  vídeo fan outro tipo de pan, púxeno para que se vexa como amaso. En este vídeo hacen otro tipo de pan, lo pongo porque ilustra muy bien mi forma de amasar


Aquí temos o vídeo do amasado Bertinet, algúns dos golpes que lle dou son do mesmo xeito. Aquí tenemos el vídeo del amasado Bertinet, agunos de los golpes que le doy son de la misma manera.


- Tapamos a masa con filme e gardamos nun lugar sen correntes (por exemplo, no forno apagado), deixamos que leve durante 2-3 horas (depende da temperatura ambiental), estará cando dobre o seu volume, ou ata un pouco máis. (tamén podemos deixar a masa toda a noite na neveira, para logo formar a trenza pola mañá)
- Sacamos a masa do recipiente e a desgasificamos amasando un pouco. No meu caso divido a masa en dúas, senón sería un bolo enorme.
- Cada metade divídese en tres e fanse tres tiras facéndoas rodar coas mans contra a superficie de traballo, que se entrenzan, unimos os extremos e imos facendo a trenza, cando chegamos ao final dobrámolo lixeiramente cara abaixo para que quede máis bonito. Tamén pode ser en redondo, en rosca ( a unha bóla de masa introducímoslle a man no centro e ímola deslizando polas mans, de modo que nos quede un O grande, o buraco debe ser moi grande, xa irá encollendo).
- Unha vez que lle demos forma pómolo nunha fonte, cuberta con papel sulfurizado (sempre o poño na bandexa de forno). Como fago dous, o segundo, póñoo nunha fonte ampla, tamén cuberta co papel de forno, depués de fornear o primeiro, paso con coidado o segundo á fonte de forno.
- Deixamos que o pan levede, debe duplicar o seu volume, unhas dúas horas cuberto cun plástico, de forma que non toque a masa. Xa podemos fornear en forno prequecido a 180º, no momento de introducilo no forno baixo a 170º, na parte central do forno unha media hora, aos 20 minutos cúbroo con papel de prata para que non se toste en exceso na superficie. Os tempos son orientativos dado que cada forno funciona dunha forma diferente (isto é o que me funciona a min).
- Mentres se quenta o forno, pintámolo con ovo batido e engadímoslle azucre remollado por encima. O azucre podemos mollalo con anís, con auga, con zume de laranxa... Neste tipo de trenza o máis común é remollalo cunhas pingas de anís. En ocasións remólloo con zume de laranxa e se quero que teña máis sabor raio unha laranxa e coas xemas dos dedos mesturo o azucre coa raiadura e engado o zume de laranxa. Para remollar o azucre só son necesarias unhas pingas, debe quedar húmido.
- A min gústame facer o pan á primeira hora da mañá, polo cal, unha vez que está levedado, métoo na neveira ata a mañá seguinte. Pola mañá, sácoo, quento o forno ao mínimo, unha vez que alcanzou a temperatura mínima apágoo e meto os pans. Despois duns 15 minutos xa perdeu o frío da neveira e está a temperatura ambiente. Tamén podemos deixalo a temperatura ambiente, polo menos, unha hora. Cando alcanza a temperatura ambiente xa podemos, preparalo e fornealo.
- A miña distribución do tempo é a siguinte. Empezar a amasar ás 6-7 da tarde, ás 9-10 formo os pans e sobre as 11-12, métoos na neveira, quedan na neveira toda a noite. Ao darlle temperatura no forno, consigo que, pola mañá ,en menos dunha hora xa estará listo, depende da présa que teñamos.




En castellano
Elaboración
- Si tenemos manteca de vaca la derretimos. Como no la conseguí clarifiqué mantequilla, con el siguiente procedimiento: ponemos la mantequilla (siempre más que la cantidad que necesitamos, para los 125 gr que necesitamos en esta receta, pondremos unos 200 gr) a fuego lento (al mínimo) hasta que esté completamente derretida, no removemos. Cuando esté completamente derretida vamos retirando la espuma que se va formando en la superficie, cuando se termine lo dejamos reposar y vemos como en el fondo queda una sustancia blanca, es el suero. Podemos ir retirando la mantequilla (todo lo amarillo) para otro recipiente tratando de no coger la parte blanca y desechar lo que queda en el fondo. Yo lo que hice fue colarla  en un colador de malla fina y encima una gasa (va quedando en la gasa la parte blanca). Si no queremos hacer esto llega con derretir en el micro la mantequilla. Debemos dejar que enfríe.
- En un recipiente amplio batimos los huevos, incorporamos el azúcar, batimos, el zumo, el anís, las ralladuras y la mantequilla derretida.
- Calentamos la leche en el micro, 20 segundos a  700 w. (debe estar tibia, no demasiado caliente, no más de la temperatura corporal, el mejor termómetro es nuestra piel)
- En otro recipiente tamizamos 800 gr de harina (yo usé harimsa, si usamos la de panadería, recomendaría empezar por menos), el resto de la harina la reservamos para ir secando la masa a medida que nos hace falta. Mezclamos la levadura con la harina. Yo siempre lo hago en un recipiente amplio, hay quien prefiere hacerlo directamente en la encimera o superficie en la que se va a trabajar.
- Hacemos un hueco en el centro de la harina e incorporamos la mezcla de los huevos que tenemos en el otro recipiente. Incoporamos también la leche. Si usamos levadura prensada desharíamos, previamente, la levadura en la leche).
- Con una cuchara de palo vamos mezclando todos los ingredientes. Cuando se vayan mezclando incorporamos la sal y seguimos mezclando hasta que no  nos sea fácil seguir. En este momento lo hacemos con la mano. Yo incorporo una cucharada de harina, intento mezclar con una mano y con la otra voy girando el recipiente. Podemos incorporar otra cucharada de harina si vemos que está muy blando y que se nos pega en exceso a la mano (es bueno saber que en este momento si se va a pegar bastante a la mano).
- Cuando está todo integrado y ya tiene aspecto de masa, podemos pasar a una superficie. Esparcimos un poco de harina en la superficie de trabajo y amasamos. No debemos preocuparnos si al principio se pega a las manos, podemos incorporar otro poco de harina, pero siempre poco de cada vez. Si seguimos amasando vemos como va cogiendo cuerpo y cada vez se pega menos (tenemos que tener en cuenta que la cantidad de líquido puede variar ligeramente, dado que los huevos no son siempre del mismo tamaño, por eso es mejor ir probando porque un día quedará bien con 850 gr de harina y otro con 900, por esta razón es mejor ir incorporando la harina, para ir secando la masa, poco a poco).
- El amasado es  largo, sobre unos 20 minutos. Voy a poner un vídeo que ilustra bastante bien como amaso yo (esta foma de amasar es la que siempre le vi a mi madre, doblando la masa y dándole golpes) (este vídeo se lo vi a Hilmar de Mis recetas favoritas y como se reflejaba muy bien como amaso pues me pareció interesante tenerlo a mano). Además, cuando le doy los golpes, suelo darle alguna doblez a modo del amasado Bertinet (digamos que es un amasado propio). Como no resisto los 20 minutos seguidos amasando, lo hago en unas tres veces. Al principio, entre que se amalgaman los ingredintes y conseguimos que no se pegue la masa y ya tenemos nuestra masa formada pueden ser unos 10 minutos, llegado a ese punto boleo (hago una bola con la masa) y la dejo reposar durante unos 5 minutos, vuelvo a amasar otros cinco minutos, vuelvo a repetir la operación (boleo-reposo 5 minutos-amaso 5 minutos). Por último vuelvo a bolear e introducir la masa en un recipiente ligeramente enharinado.
- Tapamos la masa con film y guardamos en un lugar sin corrientes (por ejemplo, en el horno apagado), dejamos que leve durante 2-3 horas (depende de la temperatura ambiental), estará cuando haya doblado su volumen, o incluso un poco más.
- Sacamos la masa del recipiente y la desgasificamos amasando un poco. En mi caso divido la masa en dos, sinó sería una bollo enorme.
- Cada mitad se divide en tres y se hacen tres tiras haciéndolas rodar con las manos contra la superficie de trabajo, que se entrenzan,unimos los extremos y vamos haciendo la trenza, cuando llegamos al final lo doblamos ligeramente hacia abajo para que quede más bonito. También puede ser en redondo, en rosca ( a una bola de masa le introducimos la mano en el centro y la vamos deslizando por las manos, de modo que nos quede una O grande, el agujero debe ser muy grande, ya irá encogiendo).
- Una vez que le hemos dado forma lo ponemos en una fuente, cubierta con papel sulfurizado (siempre lo pongo en la bandeja de horno). Como hago dos, el segundo, lo pongo en una fuente amplia también ccubierta con el papel de horno, depués de hornear el primero, paso con cuidado el segundo a la fuente de horno.



- Dejamos que el pan leve, debe duplicar su volumen, unas dos horas cubierto con un plástico, de forma que no toque la masa. Ya podemos hornear en horno precalentado a 180º, en el momento de introducirlo en el horno bajo a 170º, en la parte central del horno una media hora, a los 20 minutos lo cubro con papel de plata para que no se tueste en exceso en la superficie. Los tiempos son orientativos dado que cada horno funciona de una forma diferente (esto es lo que me funciona a mi).
- Mientras se calienta el horno, lo pintamos con huevo batido y le añadimos azúcar remojado por encima. El azúcar podemos mojarlo con anís, con agua, con zumo de naranja... En esta tipo de trenza lo más común es remojarlo con unas gotas de anís. En ocasiones lo remojo con zumo de naranja y si quiero que tenga más sabor le rallo una naraja y con las yemas de los dedos mezclo el azúcar con la ralladura y añaso el zumo de naranja. Para remojar el azúcar solo son necesarias unas gotas, debe quedar húmedo.
- A mi me gusta hacer el pan a primera hora de la mañana, por lo cual, una vez que está leudado, lo meto en la nevera hasta la mañana siguiente. Por la mañana, lo saco, caliento el horno al mínimo, un a vez que alcanzó la temperatura mínima lo apago y meto los panes. Despues de unos 15 minutos ya perdió el frío de la nevera y está a temperatura ambiente. También podemos dejarlo a temperatura ambiente, por lo menos, una hora. Cuando alcanza la temperatura ambiente ya podemos, prepararlo y hornearlo.
- Mi distribución del tiempo es el siguiete. Empezar a amasar a las 6-7 de la tarde, a las 9-10 formo los panes y sobre las 11-12, los meto en la nevera, quedan en la nevera toda la noche. Al darle temperatura en el horno, consigo que, por la mañana en menos de una hora ya estará listo, depende de la prisa que tengamos.









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...