Isto de meterse no mundo dos blogues de cociña é, cando menos, curioso. Volvémonos unhas maniáticas, querémolo todo, moldes, menaxe, ingredientes raros. Todo o queremos probar, todo o queremos experimentar. Ás veces creo que nos crea dependencia. Hai que saber controlar esas ansias senón o soldo non nos chegaría para caprichiños.
Eu non son das que teño moitas cousas, gustaríame ter moito máis e gustaríame probar mil cousas, pero non pode ser. A pesar de intentar ter ese autocontrol, este molde tiña que telo, parécenme preciosos os biscoitos. Son moi caros para facer un biscoito de cando en vez porque estes biscoitos coa cantidade de manteiga que levan só se poden facer de cando en vez. Son deliciosos, pero unha bomba de manteiga.
Hai algún que outro blogue no que abundan os budnt e son un referente, El rincón de Bea, é un, e Food & Cook é outro. Sáenlles perfectos, son unhas auténticas expertas. De feito en El rincón de Bea, ten un post enteiro dando consellos, os cales intentei seguir, aínda que eu non son tan disciplinada para estas cousas. A receita que seguín é dun libro que leva moitos anos na casa, con receitas nórdicas, cargadas de manteiga. A receita orixinal é feita nun molde alargado e eu fixen algunha variación, así que non é unha receita auténtica de bundt, non o sei, o que se sei é que se asemella moito ás que circulan por aí.

En castellano
Esto de meterse en el mundo de los blogs de cocina es, cuando menos, curioso. Nos volvemos unas maniáticas, lo queremos todo, moldes, menaje, ingredientes raros. Todo lo queremos probar, todo lo queremos experimentar. A veces creo que nos crea dependencia. Hay que saber controlar esas ansias sino el sueldo no nos llegaría para caprichitos.
Yo no soy de las que tengo muchas cosas, me gustaría tener mucho más y me gustaría probar mil cosas, pero no puede ser. A pesar de intentar tener ese autocontrol, este molde tenía que tenerlo, me parecen preciosos los bizcochos. Son muy caros para hacer un bizcocho de vez en cuando porque estos bizcochos con la cantidad de mantequilla que llevan solo se pueden hacer de vez en cuando. Son deliciosos, pero una bomba de mantequilla.
Hay algún que otro blog en el que abundan estos bizcocho y son un referente, El rincón de Bea, es uno, y Food & Cook, es otro. Les salen perfectos, son unas auténticas expertas. De hecho en el Rincón de Bea, tiene un post entero dando consejos, los cuales he intentado seguir, aunque yo no soy tan disciplinada para estas cosas. La receta que he seguido es de un libro que lleva muchos años en casa, con recetas nórdicas, cargadas de mantequilla. La receta original es hecha en un molde alargado y yo he hecho alguna variación, así que no es una receta auténtica de bundt, no lo se, lo que si se es que se asemeja mucho a las que circulan por ahí.
Ingredientes
250 grs de manteiga a temperatura ambiente
200 gr de azucre
4 ovos a temperatura ambiente
1 cullerada de impulsor (royal)
Media culleradiña de bicarbonato (ultimamente non podo facer un biscoito sen porllo)
Raiadura de dous limóns
O zume dun limón (50 ml)
390 gr de fariña

250 grs de mantequilla a temperatura ambiente
200 gr de azúcar
200 gr de azúcar
4 huevos a temperatura ambiente
1 cucharada de impulsor (royal)
Un chisco de sal
Un chisco de sal
Media cucharadita de bicarbonato (ultimamente no puedo hacer un bizcocho sin ponérselo)
Ralladura de dos limones
El zumo de un limón (50 ml)
390 gr de harina
Elaboración
- Debemos de acordarnos de sacar a manteiga e os ovos a tempo (unha hora antes). Non podemos facer un bundt de improviso. Para este biscoito non vale estar no sofá e de súpeto ter ganas de facer un doce, non. Eu son desas, das que me dan arroutadas e de súpeto quero facer algo, iso de planear tanto non é para min. Eu o de quitar os ovos esquézome sempre, o que fago é mergullalos un pouco en auga tépeda,mentres bato a manteiga.
- Agora chega o duro, polo menos para min. Iso de bater a manteiga co azucre, eu isto lévoo francamente mal, salpícame, escápase cara a paredes do recipiente, teño que estar constatemente coa espátula baixándoo. Ademais por aí din "bater a manteiga co azucre ata que branquee e duplique o seu volume". Eu non lle vexo o aumento de volume, só me pon dos nervios. É máis, primeiro mestúroo cun garfo e ata coa man porque se lle meto directamente a batidora poño a cociña fina. Debe ser que teño uns aparellos pouco sofisticados.
- Agregamos á mestura o zume e a raiadura de limón e mesturámolo un pouco.
- Unha vez ben mesturada a manteiga e o azucre engadimos os ovos un a un lixeiramente batidos (así o aconsella Bea e eu seguín todos os consellos, ao meu xeito, un tanto indisciplinado, pero os seguín).
- Para rematar incorpórase a fariña, o sal, o impulsor e o bicarbonato, todo tamizado. Engadino en tres quendas. Queda unha masa untosa e densa.
- Engraxamos o molde e introducimos a masa. Temos que estendela cunha espátula porque soa non se estende, é demasiado densa. Damos uns golpes contra unha superficie para que a masa se asente ben. De feito ao meu quedáronlle furadiños en todo o biscoito (cousa que ás expertas non lle queda).
- Fornéase a 180º durante 45 minutos (forno prequecido, claro).
- Unha vez sacado do forno deixámolo no molde durante dez minutos e pasado ese tempo desmoldámolo.
- Deixamos enfríar nunha grella (se podemos, eu sei dunha que non deixa que nada se arrefríe, próbao en todas as temperaturas) e probámolo. Un rico e intenso sabor a manteiga e limón.
- Na receita do libro recomendaba mesturar 75 ml de zume de limón con 50 grs de azucre glass, picar o biscoito e regalo. Tamén debo dicir que non agregan zume de limón na masa. Repito que no libro fan un plum cake (en molde alongado)

- Debemos de acordarnos de sacar la mantequilla y los huevos a tiempo (una hora antes de empezar). No podemos hacer un bundt de improviso. Para este bizcocho no vale estar en el sofá y de repente tener ganas de hacer un dulce, no. Yo soy de esas, de las que me dan arrebatos y de repente quiero hacer algo, eso de planear tanto no es para mi. Yo lo de quitar los huevos me olvido siempre, lo que hago es sumergirlos un ratito en agua templada, mientras bato la mantequilla.
- Ahora llega lo duro, al menos para mi. Eso de batir la mantequilla con el azúcar, yo esto lo llevo francamente mal, me salpica, se escapa hacia las paredes del recipiente, tengo que estar constatemente con la espátula bajándolo. Además por ahí dicen "batir la mantequilla con el azúcar hasta que blanquee y duplique su volumen". Yo no le veo el aumento de volumen, solo me pone de los nervios. Es más, primero lo mezclo con un tenedor e incluso con la mano porque si le meto directamente la batidora pongo la cocina fina. Debe ser que tengo unos aparatos poco sofisticados.
- Agregamos a la mezcla el zumo y la ralladura de limón y lo mezclamos un poco.
- Una vez bien mezclada la mantequilla y el azúcar añadimos los huevos uno a uno ligeramente batidos (así lo aconseja Bea y yo he seguido todos los consejos, a mi manera un tanto indisciplinada, pero los he seguido).
- Por último, se incorpora la harina, el impulsor y el bicarbonato, todo tamizado. Lo fui añadiendo en tres tandas. Queda una masa untosa y densa.
- Engrasamos el molde e introducimos la masa. Tenemos que extenderla con una espátula porque sola no se extiende, es demasiado densa. Damos unos golpes contra una superficie para que la masa se asiente bien. De hecho a mi me quedan agujeritos en todo el bizcocho (cosa que a las expertas no le queda).
- Se hornea a 180º durante 45 minutos, en horno precalentado, claro.
- Una vez sacado del horno lo dejamos en el molde durante diez minutos y pasado ese tiempo lo desmoldamos.
- Dejamos enfríar en una rejilla (si podemos, yo sé de una que no deja que nada se enfríe, lo prueba en todas las temperaturas) y lo probamos. Un rico e intenso sabor a mantequilla y limón.
- En el libro, del cual lo saqué, hacen una mezcla de 75 ml de zumo de limón y 50 gr de azúcar glass. Pican el bizcocho y lo riegan con el zumo. También debo decir que en la receta original no agregan zumo en la masa. Y lo hacen tipo plum cake.