lunes, 18 de enero de 2010

ROSCÓN (2ª parte)

Pouco máis e publico a 2ª parte nos próximos reis. Agora si que xa desapareceron os roscóns de tódolos blogues, pero aquí estou eu dando a nota. Que vagancia a miña e total non sei moi ben por qué, se a maioría da receita foi un copiar e pegar. O que peor levo é subir as fotos e ordenar todo. O das fotos tráeme pola rúa da amargura. Nunca me quedan como quero e logo non sei por cal decidirme e subo demasiadas.
Din que segundas partes nunca foron boas. Neste caso nin mellores, nin peores, nin diferentes, case igual que a 1ª parte. A única diferenza foi que neste caso fixen masa nai. Tentei seguir as instruccións de Pami de Uno de dos, pero ó final... Ela fai a masa nai e logo tres levedados da masa, pero eu fixen dous. As circunstancias, máis ben de tempo. Quedeime coas ganas de facer os tres levedados, pero aínda o probarei. Haberá unha 3ª parte?
De sabor case mellor a 1ª parte, non por nada, senón porque neste esquecéronme algúns ingredientes, non se pode facer masas ás 12 da noite. De aspecto, case igual, penso que a miga un pouco máis aberta, o cal, non quere dicir que fose máis esponxado. Total que se me teño que quedar con algún quédome co 1º.

O motivo deste roscón foi basicamente unha visita a unha amiga, concretamente para coñecer a Claudia, pero as inclemencias do tempo (que ultimamente non nos dá tregua) fixeron que suspendéramos a quedada. Como o roscón é algo que hai que empezar o día antes pois aí quedei eu “colgada” co roscón e non me quedou máis remedio que comelo.
O proceso de elaboración foi longo, durou día e medio. Comecei o venres ás doce da mañá facendo a masa nai, levedou e como vin que medraba moito metina na neveira. A eso das dez da noite decidín poñerme coa masa, pero en canto lle botei a man á masa nai e me enfriou deime conta de que debía esperar outra hora máis porque así estaba moi fría. “Senteina” nunha cadeira cerca dun radiador e a esperar. Cando me puxen coa masa eran xa pasadas as 23:30 e claro a esas horas unha non está para facer masas. Esquecéronme algúns ingredientes, básicos para aportarlle sabor (a raiadura de dúas laranxas, a raiadura dun limón, 1 culleradiña de esencia de limón). Aínda así tiven ánimo para darlle os famosos golpes que xa mencionei no outro roscón. Quedou levedando toda a noite a temperatura ambiente. Á mañá seguinte, a iso das dez, xa lle dera forma ó roscón e estaba, dentro do forno, listo para levedar. Como a esa hora xa decidíramos anular a cita pois, alí o deixei ás súas anchas que medrara ó seu ritmo, bueno encendinlle a luz do forno, para facerlle o ambiente máis agradable, e cubrino cunha bolsa de plástico. O sorpendente é que o forneei ás cinco da tarde, estivo sete horas levedando. Ó principio pensei que non ía medrar, pero si, levoulle o seu tempo, pero medrou. Que curioso como afecta o tempo ás masas. No verán cando fago este tipo de masas con unha hora e media xa lle chega e agora necesitou sete horas. A min paréceme que na cociña non hai frío, pero a masa nótao.

A esponxosidade da masa e que a miga estivera máis aberta non sei a que atribuílo, se á masa nai, se a que foi máis golpeada que a 1ª ou a ós levedados tan lentos e ó seu ritmo ou que era algo menos fariña e a cantidade de levadura era a mesma. A saber.
A proba dos tres levedados igual a fago cando o tempo queza un pouco porque eu como roscón en agosto sen problema ningún. Encántame, teño que confesalo, non son capaz de parar de comer. Ademais ese cheiro cando está no forno e ese sabor cando aínda está quentiño, irresistible. Fai unha semana que non fago masas e xa me parece que fai un montón de tempo...




Ingredientes
Para a masa nai
150 de fariña
150 ml de leite
1 sobre de levadura en po
Para a masa
350 grs de fariña de forza (pode facer falta algo máis)
2 ovos + 1 para pintar
100 grs de azucre
1 sobre de levadura de panadeiro en po (da marca maizena)
125 grs de manteiga
1 cullerada de auga de azahar
1 cullerada de zume de laranxa
1 cullerada de esencia de vainilla
1 cullerada de mel
1 culleradiña de sal
2 culleradas de auga morna
Pensaba poñerlle tamén: a raiadura de dúas laranxas, a raiadura dun limón, 1 culleradiña de esencia de limón. Pero esqueceume (non se pode facer masas ás 12 da noite)

Decoración
A raiadura de 2 laranxas,
50grs de azucre
Un chorro de zume de laranxa
Améndoa picada


Elaboración
Masa nai
- Amornamos un pouco o leite no micro a temperatura corporal .
- Tamizamos a fariña nun recipiente e engadímoslle o sobre de levadura e o leite.
- Deixamos que que levede. En dúas horas xa duplicara, ou máis, o volume, pero deixeina unhas cantas horas máis na neveira. Tamén se pode meter na neveira desde o 1º momento, pero quixen probar a ver canto medraba e canto tempo lle lavaba.
- Logo sacala da neveira unha hora antes de poñerse a facer a masa.




Masa
-Sacar a manteiga da neveira, troceala e deixala a temperatura ambiente mentres se vai facendo o resto (nesta época do ano métoa 10 sg no micro)
- Bater os ovos
- Amornar a auga
- Tamizar parte da fariña (uns 250 grs) e agregarlle, a levadura, a auga morna e a masa nai. Mesturar todo e ir engadindo, o azucre, o sal, os ovos batidos, as esencias e o zume de laranxa. Será necesario ir agregando máis fariña porque estará moi branda . Mesturar todo ata conseguir una masa homoxénea que non se pegue ás mans nin ao conco. Empecei mesturando coa culler de pao e rematei coas mans. Se non chega a fariña inicial engadiráselle máis. Finalmente engadimos a manteiga a temperatura ambiente e integrámola ben. Custa un pouco, pero hai que ter paciencia, acaba integrándose (cando digo paciencia é paciencia, porque toda a manteiga se desparrama e a masa desfaise, parece que nunca vas conseguir xuntar aquilo, poden dar intencións de tirar todo ó lixo, pero non, hai que continuar porque ó final xúntase todo, prometido). Este proceso fíxeno coas mans. O final queda unha masa brandiña, parece coma pegañenta, pero non o é, despégase perfectamente da superficie de traballo e das mans. Nesta parte do amasado foi cando procedín a darlle os golpes. Todo este proceso empezou sobre as 23:45 e ramtou case ás 00:30
- Púxena nun bol cuberta con papel film e deixeina levedar toda a noite a temperatura ambiente.
- Unha vez levedada, quitámoslle o aire á masa traballándoa un pouco, pode que necesitemos enfariñar un pouco as mans, e formamos os roscóns, facendo unha bola á cal lle introducimos a man polo centro para facerlle un burato. Imos deslizado a masa polas máns. O burato en principio ten que ser moi grande porque ó medrar xa encolle.
- Poñemos os roscóns encima da placa de forno cuberta co papel de fornear e introducímolo no forno a esperar que medre, estivo as sete horas que xa dixen, coa luz do forno encendida e cuberto cunha bolsa de plástico (sin que estea pegada ó roscón, senón como facéndolle unha tenda de campaña)
- Unha vez levedado pintámolo con ovo batido e decorámolo a gusto, neste caso con azucre humedecido e unha pouca améndoa picada.
- Metémolo no forno prequentado a 170º durante 25 minutos. Púxeno na penúltima ranura de arriba porque sempre se me tosta bastante polo fondo e non me gusta. Ós 10 minutos cubrino con papel de prata para que non se queimase por arriba.


- Para a preparación do azucre remollado encántame o resultado do azucre aromatizado con raidura de laranxa e logo mollalo con zume, en lugar de con auga. Primeiro raio a laranxa encima do azucre e mestúroos coa xema dos dedos. O azucre toma un color laranxa. Logo deixo caer un chorro de zume de laranxa e así xa quedou humedecido. O resultado é impresionante, dálle moito sabor ó azucre e é moi agradable cando se come.


Para comparar as dúas migas



















O da esquerda é o roscón da 1ª parte e o da dereita é o roscón da 2ª parte

35 comentarios:

  1. Si soy la primera quiero mi trozo, pero no me des el mordido ehhhhh !!
    Vaya roscón más estupendo te ha quedado, la foto de esos cortes están de muerte. Hiciste bien en no darte por vencida, así ahora puedo disfrutar de esas fotos. Besitos

    ResponderEliminar
  2. Qué esponjoso, de aspecto lo veo genial, y de sabor seguro que estaba igual de bien que el primero. Alucino con lo bien que se te dan las masas!!!

    ResponderEliminar
  3. y ahora cuál te copio??? ainss, qué difícil nos lo pones coñe!!!
    te diré que yo aún lo tengo pendiente, así que igual en febrero aparezco con uno..jajaj
    mil besos artista!!!

    ResponderEliminar
  4. Nunca es tarde si la dicha es buena, te ha quedado un roscón estupendo y se ve muy esponjoso.
    Yo tengo suerte que tengo un fotógrafo en casa que hace las fotos, sino tampoco sabría :-)
    Un besín.

    ResponderEliminar
  5. Pois eu quedábame cos dous!! Ay!, quen pillara un cachiño dese roscón inda que sexa en xuño. Quedeime coas ganas del estes reis pero vendo o teu igual ainda me animo e o fago agora. que envexa!!
    Un biquiño.

    ResponderEliminar
  6. Qué rabia, non sei que me pasa ou que lle pasa ao meu ordenador que agora non me deixa ver as fotos!!!. So vexo a primeira e a da miga do primeiro roscón. Bueno, coñecendote seguro que están estupendas. E menuda paciencia!!!!. Eu fixen un, na panificadora, levou 3 veces pero nun total de 5 horas, e iso porque me viña ben a espera para facer a comida. O caso en que non me convenceu, no día non estaba mal pero xa o dia seguinte era un pouco pedra.. Ao millor, si venzo a vaguería fago o teu pero esperarei a agosto, pásame coma tí podo comelo calquer mes!!!
    Menudo rollo que escribín... Perdón!!
    apertas e bicos!

    ResponderEliminar
  7. Gracias por pensar na miña publicación guapiña! Penso que che quedou moi ben a verdade.
    Dame pena que colleras a miña receita sin publicar outro rosco que teño pendente porque creo que a mellorei aínda máis, pero sempre estamos a tempo de facer outro non?jajajaja
    Bicos guapaaaaaaaaaa!!!!

    ResponderEliminar
  8. Wapaaaaa pos no se con cual quedarme poque este se ve divinooooooo ,pero si tu dices que estaba mas gueno el otro no me va a queda otra que coge un caxin de cada y prova jis..jis.
    Cuando lei que necesito siete horas en el horno para que levara ,lo lei dos veces ..maaaaae igual ese fue mi problema con el panettone que necesitaba tiempooooo .
    Joooooooo pues voy a tene que animarme y prova de nuevo igual ese es le quit de la cuestion jajajaa.
    Pos naaaaa tendre que pensa si dale la cuarta oportunida.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  9. Bueno, qué quieres que te diga que no te hayan dicho ya! menuda pinta que tiene! yo también estoy deseando hacer alguna masa, tendrán algún tipo de sustancia adictiva que se nos mete por los poros y nos obliga a amasar y amasar...? Habrá que investigarlo!
    Un beso, y gracias por una explicación tan clara!

    ResponderEliminar
  10. Hola guapetona la verdad es que tienen una pinta extraordinaria los dos, si el segundo se vé más esponjoso, pero el otro tampoco te quedó tan mal.
    Besoss el que la persigue la consigue y no hay que rendirse nunca.
    Muakiss tocaya

    ResponderEliminar
  11. Carmen pues un trozo pa ti por ser la primera, entero y grande.

    Raquel, la verdad es que estaban los dos igual de esponjosos solo que este último tenía la miga más abierta. Los dos riquísismos, puede que un poco más el primero.

    Patt, pues el que tu quieras, ninguno tiene desperdicio, pero no te olvides de ingredientes como yo.

    Dely gracias. Yo con las fotos paso muuuuuucho tiempo para coseguir alguna persentabla, tengo que decir que mi cámara es cutre salchichera, bastante hace la pobre.

    Kanela, eu tamén me quedo cos dous, non sabería escoller. Anímate que co ben que che quedan a ti as masas bórdalo. Eu creo que o roscón é de todo o ano, chamémoslle de outra maneira, pero a esencia é a mesma.

    ResponderEliminar
  12. Marba, que rabia os das fotos, co que me gusta a min disfrutar das fotos nos vosos blogues. A verdade é que este tipo de masas ó día seguinte perden moito, pero se se fan así esponxados mellora a cousa, todos endurecen, pero estes mantéñense mellor e mollados no café non vexas.

    Pami, creo que buscamos a perfección nas masas e xa a atopamos, eu cada vez que como este tipo de masas e sempre tento probar algo novo a ver os cambios a verdade é que non llos noto demasiado, sábeme tan ben e son tan pouco de atopar matices, a min se me sabe o bocado xa me chega. Na miña casa cando me ven aparecer con algo disto non son capaces de parar de comer e non se fartan de dicirme que está boísimo. Ademais algo curioso, a miña nai este tipo de masas danlle ardor de estómago, pero destes roscón nin un pouco, así que están perfectos. Como dicía meu avó "se está mellor non serve".

    Nena, pues la verdad yo lo dejé levedar el tiempo que le hizo falta, crecío lo mismo que e verano con dos horas o que el primer roscón con dos horas en el horno a 30º. Yo creo que hay que tener paciencia y no sé donde leí que estas masas cuanto más lento leven mejor resultado.

    Natalia, yo ya sé cual es esa sustancia adictiva, lo bien que sabe cuando sale del horno y verlo crecer como una criatura, jeje.

    Mª José, aunque al 2º se le ve la miga más abierta no estaba más esponjoso que el primero.

    Cuanto me alegra veros por aquí.Biquiños guapetonas

    ResponderEliminar
  13. Los roscones tienen un misterio difícil de descifrar: nunca quedan igual, aunque lo hagas igual; influyen un montón de factores que hace que cambie totalmente la reacción de la masa, unas veces leva más hacia arriba, otras leva antes, en otras ocasiones necesitas añadir más harina.... tiene su miga el roscón. A mí, por comerme me comía un trozo de cada para así poder decirte cual me ha gustado más..jajaja...
    pero bueno, los dos tienen una pinta muy apetecible
    un beso, guapa

    ResponderEliminar
  14. Pode ser ben o que dices pero sempre ando a procura de mellorar máis e máis; sonche así!!
    A verdade e que son moi sensible a pequenos matices, noto enseguida tanto olores coma sabores, e niso paso o tempo, moitas veces en mellorar receitas que en facer unhas novas. Se che digo a de madalenas que fixen ate atopar a "miña receita"...eche de coña...
    Moi simpático teu avó ;)
    Máis bicos gordos :*****

    ResponderEliminar
  15. Non te creas Pami, a min tamén me pasa, digo "esta é a definitiva", pero se vexo outra por aí quero probala ou penso que pasará se cambio tal ou cual. Como por exempolo o do amasado, vino e quixen probar e sen dúbida dá bo resultado ou probar a difernza con ou sen masa nai ou os tres levedados. Pero de vez en cando temos que darnos un respiro e dicir, jobá pois esta ben boa. Estou desexando ver o teu outro roscón e por suposto probalo.
    Bicasos

    ResponderEliminar
  16. Filla, ¿que podo decir que non te dixeran xa?. Eu, non he por nada eh, pero comiame un bon cachillo do roscón agora mesmo. Non sei con cal quedar, o outro xa o vin ben fermoso, e agora rematasme con este. Creo que o mellor seria poder incarlle ós dentes, primerio a un e logo a outro, asi poderia opinar como deus manda, pero visto que non pode ser, doulle un sobresainte a cada un. Quedaron de maravilla, podes estar ben leda, porque no he pra menos ruliña.

    biquiñosss :)

    ResponderEliminar
  17. jo, que mala suerte que hayas tenido que comerlo,eh????menuda pinta, que esponjoso y brillantito, estaba de muerte no???

    ResponderEliminar
  18. caldebarcos, me gusta mas este roscon...me gusta mas la foto del corte donde se ve mas esponjoso...pero bueno, es solo una foto quien mejor puede decirlo eres tu....con lo que me preguntas del licor en the sea and cake, puedes poner el que quieras..un marraschino, o kirsch tambien le ira bien...o un ron negro de 7 años....en fin le puse ese porque es el que hacemos en casa y esta buenisimo....algun dia te invitare a tomarte una copita. Un beso fuerte!!
    Este segundo post me han encantado las fotos...y sabes? yo me mareo muchisimo con las fotos...tambien es lo que mas me cuesta! soy indecisa y me puedo tirar horas eligiendolas!! Muassss

    ResponderEliminar
  19. Da pereza non che vou dicir nada que xa o sabes todo, jeje e das miñas peleas coas fotos e a composición case que tampouco porque nunca me queda como quero.

    O dos roscóns me parece impresionante, e realmente un traballo de filigrana, que paciencia para facer tantos pasos e estar pendiente da masa e os seus levedados. Para min ten moitísimo mérito.

    Bicos

    ResponderEliminar
  20. Hola Caldebarcos, ya era hora que nos pusieras la 2º parte jajajajaaa... ¡¡¡que es broma!!! bueno por lo que e leido despues de estar tantas horas para terminar el 2º roscon, va y resulta que el 1º esta mejor ...pues bien me quedo con el 1º y el 2º tambien ..... un besito guapa

    ResponderEliminar
  21. Hola,xa estaba esperando a 2º parte xa que a primeira gustou moito e gracias por contestarme e por corregir o da levadura, eu casi sempre o fago co a masa nai, asi se a levadura no ésta ven(a fresca) no perdo todos os ingredientes (xa me pasou algua ves)graciñas por todas as explicacions, as fotos quedaronche fenomenal.
    Un biko de a Coruña.

    ResponderEliminar
  22. Me parece una entrada preciosa, pero necesito un poquito de tiempo para leértela en gallego. Mi padre es gallego y mi madre era de Vegadeo, así que lo entiendo, aunque nací y siempre he vivido en Asturias, el gallego está conmigo también.
    Yo también me llevo un trocito para el desayuno de mañá.
    Bicos

    ResponderEliminar
  23. Qué pinta más deliciosa, Mª José! Y vaya trajecito de bebé tan maravilloso!!!! Felicidades por ambas obras de arte. Espero que estés más animada! Un besito.

    ResponderEliminar
  24. A ver... yo estoy intentando verle la diferencia, y los veo ambos perfectos, lo que me llama la antención es el tiempo de leudado, es mucho... debe ser que en donde yo vivo no hace frio, pero no me costó tanto.., y en verano? en verano los bollos están super hinchados en una hora!!! es increible.
    Lo dicho, no le des más vueltas porque de aspecto me gustan los dos, quédate con el que mejor sabor tenga y menos te cueste.

    besos

    ResponderEliminar
  25. ,.. non sabría con cal quedarme!!! os dous están dicindo "cómemeeeeee", anoto os teus consellos en canto a amasado, decoracións e demais!!! mereces unha matrícula de honor ;-)

    biquiños guapísima!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  26. Wapi tienes un regalito en mi blog pasa a recogerlo cuando quieras.
    Bicos mil.

    ResponderEliminar
  27. Ya estoy de vuelta jajá y deseando incorporarme aunque me lo voy a tomar con mas calma por estres ya que sois muchos blogs y en el día hay que hacer muchas cosas ya veo como habéis corrido jajá y que recetas tan ricas teneis puestas, esta no tiene desperdicio te ha quedado exquisita.
    Muchos besitos guapa Feliz año!!!
    Como es mi primer día del Año que entro y tengo mucho que hacer os pongo a tod@s el mismo mensaje jajá

    ResponderEliminar
  28. Calde, quiero felicitarte por el premio, me alegro un montón porque te lo mereces, este y muchos más. Besitos

    ResponderEliminar
  29. ¿Que me va a parecer?... que el roscón está de primera.
    Bueno, quiero agradecerte tu comentario en mi blog. Yo no te conocía, y he llegado a tí por Su, que me dijo me había visto en tu blog.
    Ya sabes, tienes una seguidora madrileña pero que siempre que puede visita Galicia, y que en sus tiempos también vivió alli.
    Un beso.

    ResponderEliminar
  30. Qué bien explicadito. Así nos lo pones tan fácil que ¿quién se resiste? A ver si me animo para el año que viene porque mis intentos han sido un rotundo fracaso.

    Besos.

    ResponderEliminar
  31. Se ve super rico, me comiera ya mismo un trocito. Yo me quedé con ganas de hacer un roscón como debe ser, jeje. Lo dejaré para las próximas fiestas navideñas!
    Caldebarcos, pasa por mi blog, allí he dejado algo para tí.
    besitos,

    ResponderEliminar
  32. Hola me alegró mucho tu comentario y para contestar tu pregunta, SÍ aquí le llamamos azúcar impalpable al glass de ustedes, y con respeto a la avena, nosotros aquí la compramos donde venden granos sueltos, como avena "arrollada", viene común y extra fina. También en el super viene en caja, aquí está la marca Quaker, no sé si allí estará, para que te des una idea cual es. También es buena idea procesarla para que no quede tan gruesa al cocinarla, pero es sabrosa encontrarla ásí en la galleta. Espero haberte ayudado un Abrazo!!!

    ResponderEliminar
  33. Caldebarcos, animate con los panecillos que despues de hacer este roscon los tienes hechos en nada. son deliciosos con rellenos dulces o salados...solos no estan nada dulces porque solo llevan 40 g de azucar. ya me cuentas ..besossss

    ResponderEliminar
  34. Tú pones la terraza, y yo llevo los mojitos!! jejeje. Feliz finde, guapa!

    ResponderEliminar
  35. ¡Qué mano tienes para los postres!!!!
    Alucino con tus recetas, vamos, si algún día me salieran unos roscones como los tuyos... pondría una rosconería y una chocolatería al lado.
    Biquiños e ata a volta.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...