miércoles, 2 de enero de 2013

PASTEL DE GRELOS E COGUMELOS DE CARMEN

PASTEL DE GRELOS Y SETAS (RECETA DE CARMEN)

Carmen é unha seguidora deste blogue e nai dun compañeiro, ademais de ser a que me fai chegar os cogumelos, todos os cogumelos que levo probado este ano. Pois ben, pola primaveira enviome esta receita, en canto a lin souben que a tiña que probar e que me ía gustar. Estaba esperando ansiosa a tempada de grelos. O outro día meu pai deume uns cantos grelos que tiña na horta e inmediatamente pensei neste pastel que non  me saía da cabeza. Ademais Carmen fíxome chegar unhas lepista nuda (ou pé azul) e unín todo. En principio o pastel non leva cogumelos, pero xa que os tiña na casa e ela mesma mos proporcionara pensei que sería boa idea xuntar todo e así conseguir un nutritivo pastel. A receita orixinal leva máis cantidade de todo, eu fíxeno pequeniño, poñerei entre paréntese as cantidades da receita orixinal.
E só me queda volver a dar as grazas por tanta xenerosidade, graciñas Carmen, mágoa de non estar máis preto que o íamos pasar pipa.
En castellano
Carmen es una seguidora de este blog y madre de un compañero, además de ser la que me hace llegar las setas, todas las setas que llevo probado este año. Pues bien, en la primaveira pasada me envió esta receta, en cuanto la leí supe que la tenía que probar y que me iba a gustar. Estaba esperando ansiosa  la temporada de grelos. El otro día mi padre me dio unos cuantos grelos que tenía en la huerta y ya pensé en este pastel que no me salía de la cabeza. Además Carmen me hizo llegar unas lepista nuda (o pie azul) y uní todo. En principio el pastel no lleva setas, pero ya que las tenía en la casa y ella misma me los había proporcionado pensé que sería buena idea juntar todo y así conseguir un nutritivo pastel. La receta original lleva más cantidad de todo, yo lo hice pequeñito, pondré entre paréntese las cantidades de la receta original. Y sólo me queda volver a dar las gracias por tanta generosidad, graciñas Carmen, lástima de no estar más cerca que lo íbamos a pasar pipa.


 
Ingredientes (poño entre paréntese as cantidades da receita orixinal)
350 g de cogumelos (neste caso lepista nuda ou pé azul)
350 g de grelos (1 kg)
230 g de patacas (500 g)
1 cebola
2 dentes de allo
30 ml de leite
15 g de manteiga
Chourizo ou beicon. Cantidade a gusto. Eu puxen unha loncha gordiña de baicon cortada en taquiños.
2 ovos
aceite de oliva
pan raiado
sal e pementa
En castellano
Ingredientes (pongo entre paréntese las cantidades de la receta original)
350 g de setas (en este caso lepista nuda o pie azul)
350 g de grelos (1 kg)
230 g de patatas (500 g)
1 cebolla
2 dientes de ajo
30 ml de leche
15 g de mantequilla
Chorizo o beicon. Cantidad a gusto. Yo puse una loncha gordita de baicon cortada en taquitos.
2 huevos
aceite de oliva
pan rallado
sal y pimienta


 
Preparación
- Cubrimos o fondo dunha tixola con aceite de oliva, cando estea quente pochamos a cebola e o allo cordados moi finos (eu fágoo na picadora). Engadimos o baicon para que se vaia torrando.
- Cando a cebola estea dourada incorporamos os cogomelos cortados en anacos pequenos. Deixamos que se vaian facendo, salpementamos. Deixámolo ata que se consuma a auga dos cogomelos.
- Mentres tanto imos cocendo os grelos e as patacas, por separado.
- Cando os grelos estean cocidos escorrémolles ben a agua e incorporámolos á tixola onde temos os cogumelos. Dámolle unhas voltas de tal xeito que se vaia consumindo a auga.
- Coas patacas cocidas preparamos un puré. Esmagámolas, ben nun pasapuré ou cun garfo, eu fíxeno cun garfo porque eran poucas. Incorporámoslle a manteiga e o leite e mesturamos ben.
- Mesturamos o puré de pataca co anterior (cogumelos e grelos) e engadimos sal e pementa se o cremos necesario.
- Retiramos do lume e engadimos dous ovos batidos.
- Engraxamos un molde e cubrimolo con pan raiado. Introducimos a mestura nel.
- Metemos no forno prequecido a 180º por espazo de media hora, hasta que vexamos que se forma unha costra na superficie.
- Pódese acompañar de salsa de tomate ou maionesa.



En castellano
Preparación
- Cubrimos el fondo de una sartén con aceite de oliva, cuando esté caliente pochamos la cebolla y el ajo cordados muy finos (yo lo hago en la picadora). Añadimos el baicon para que se vaya dorando.
- Cuando la cebolla esté dorada incorporamos las setas cortadas en trozos pequeños. Dejamos que se vayan haciendo, salpimentamos. Lo dejamos hasta que se consuma el agua de las setas.
- Mientras tanto vamos cociendo los grelos y las patatas, por separado.
- Cuando los grelos estén cocidos le escurrimos bien el  agua y los incorporamos a la sartén donde tenemos las setas. Le damos unas vueltas de tal manera que se vaya consumiendo el agua.
- Con las patatas cocidas preparamos un puré. Las aplastamos, bien en un pasapuré o con un tenedor, yo lo hice con un tenedor porque eran pocas. Le incorporamos la mantequilla y la leche y mezclamos bien.
- Mezclamos el puré de patata con el anterior (setas y grelos) y añadimos sal y pemienta si lo creemos necesario.
- Retiramos del fuego y añadimos dos huevos batidos.
- Engrasamos un molde y lo cubrimos con pan rallado. Introducimos la mezcla en él.
- Metemos en el horno precalentado a 180º por espacio de media hora, hasta que veamos que se ha formado una costra en la superficie.
- Se puede acompañar de salsa de tomate o mayonesa.

lepista nuda o pie azul
 

5 comentarios:

  1. Que bueno y para desentoxicarnos va muy bien
    Siento no visitaros mas a menudo, pero estuve liada con un concurso y las fiestas............Espero y deseo que este año os vaya muy bien......................un bico

    ResponderEliminar
  2. Podes creer que aínda non provei nunca os grelos??? agardo a que sexa cedo a miña primeira vez! tendre en conta a túa receita se teño que cocinalos. Bicos!

    ResponderEliminar
  3. Sempre fun moi fan de todas as receitas con verduras de unha forma distinta, encántame¡ Feliz ano guapa, unha aperta¡

    ResponderEliminar
  4. Encántame o que estou a ver, e sei fixo que máis me gustaría se puidese levarmo á boca. Vou probalo na casa María Xosé, tentáchesme e moito con este pastel.

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Que fame!!!esto ten que estar increibel, cos greliños ummm, pataquiñas, setas.....todo da casa :) que sorte tes!!!
    Un bico!!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...