Para a base de biscoito
2 ovos
2 culleradas de azucre
1 ½ culleradas de fariña
½ cullerada de cacao puro
Para o almíbar
200 ml de líquido (auga e ron, 100 de cada)
3 culleradas de azucre
Para a mousse de amorodo
1/2 litro de nata
4 claras
6 culleradas de azucre
7 follas de xelatina
325 grs de amorodos (deberían ser máis, case diría que o dobre, pero era o que tiña na casa)
Para a cobertura de xelatina de fresa
Podemos facela de dous xeitos
1.- Con fresas: coma a que elaborei para a pannacota:
300 grs de fresas picadas miúdas
150 grs de azucre
Medio vaso de auga
3 follas de xelatina
(probablemente non sexa cantidade suficiente, quizais se necesite un pouco máis)
Elaboración
Da base de biscoito
- Prequentar o forno a 180º.
- Separar as xemas e as claras dos ovos
- Bater as xemas co azucre ata que branqueen (axudados das varillas dun batedor é máis fácil)
- Bater as claras a punto de neve forte
- Mesturar as claras e as xemas con coidado (con movementos envolventes)
- Incorporar a fariña e o cacao en forma de chuvia, tamizándoa. Con coidado e con movementos envolventes.
- Engraxar e enfariñar ou cubrir o fondo con papel de fornear, dun molde desmontable. Esta masa non estende ben, polo que debemos estendela axudándonos dunha espátula ou lingua, tamén damos uns golpiños contra algunha superficie para que quede mellor estendida por todo o fondo do molde.
- Introducir no forno prequentado a 180º, 10 minutos.
- Cando estea frío mollámolo co almíbar
- Poñemos nun cazo a quentar tódolos ingredientes durante 3 minutos.
- Remollamos a base de biscoito
Da mousse de amorodo
- Batemos as 4 claras a punto de neve forte e engadímoslle 2 culleradas de azucre.
- Batemos a nata e engadímoslle 2 culleradas de azucre.
- Picamos as fresas e triturámolas co batedor eléctrico ata facer un puré. Metémolo nun cazo con dúas culleradas de azucre e poñémolo a ferver. En canto ferva, retirámolo do lume e deixámolo temperar un pouco (podemos pasalo por un coador de malla fina para eliminar as pebidas).
- Nese tempo que tempera poñemos a remollar a xelatina en auga fría 5 minutos. Pasado ese tempo incorporamos a xelatina ó puré de fresas e integramos ben ata que a xelatina se desfaga.
- Deixamos que o puré de fresas arrefríe para poder intregralo coa nata e co merengue.
- Chegou o momento de xuntar todo: primeiro integramos a nata co puré de fresas e logo engadimos as claras, todo con movementos envolventes e suaves de abaixo arriba. É mellor ir incorporando en pequenas tandas para que se integren ben uns cos outros.
- Deixamos que se calle un pouco para poder metelo no molde no que temos o biscoito. Esto fágoo porque a base de biscoito póñoa nun parto e logo para darlle forma á torta uso un aro desmontable, se a mousse está moi líquida sairíase polos bordos dado que o aro nos pratos que teño non chega ben a baixo e o biscoito sempre queda un pouco máis pequeno que o aro. Mellor sería coa base de galletas, así cubriríanse tódolos ocos, pero persoalmente prefiro as bases de biscoito.
- Incorporamos a mestura encima da base de biscoito cun aro desmontable
- Metémola na neveira, mellor toda a noite.
- Trancorridas as 3 primeiras horas xa podemos comprobar que está callada e é cando podemos poñernos a facer a xelatina de fresas. Nunca incorporemos a xelatina de fresas quente encima da mousse, temos que deixala arrefriar antes de incorporala.
Coas fresas
- Picamos miúdas as fresas e mesturámolas co azucre e o medio vaso de auga. Poñémolo ó lume ata que ferva, baixamos a temperatura e deixámolo a lume medio durante media hora, remexendo de vez en cando. A media cocción pasámoslle o batedor eléctrico para facer unhas crema fina (se nos gusta atopar os tropezóns de fresa non temos porque facelo)
- Queda unha crema fina cunha textura próxima á marmelada, máis ben coma un coulis.
- Cando estea case listo poñemos a remollar a xelatina en auga fría.
- Pasados os cinco minutos de remollar a xelatina e que as fresas temperen un pouco introducimos a xelatina integrándoa ben coas fresas.
- Deixamos arrefriar e incorporámola na superficie da mousse.
- Quentamos nun cazo a marmelada coa auga ata que ferva. Apártase do calor e cólase para eliminar as pebidiñas.
- Poñemos a remollar a xelatina durante 5 minutos en auga fría. Escórrese e incorpórase ás fresas, pero non fervendo. Remexemos e integramos ben o conxunto. Deixamos que amorne e cando así sexa poñémolo por encima da mousse.
- Deixamos na neveira ata que a xelatina calle.




