Mostrando entradas con la etiqueta carne. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carne. Mostrar todas las entradas
lunes, 7 de marzo de 2011

PASTEL DE CARNE, CABAZA E QUEIXO

PASTEL DE CARNE, CALABAZA Y QUESO
Cada vez teño máis abandonado o mundo do blogue, cada vez me sinto máis descolgada, simplemente porque non me apetece, non teño ganas. Tampouco me apetece moito visitar outros blogues porque senón éntranme ganas de copietear todo e tampouco é plan.
A desgana apodérase de min, e as ilusións vánseme, son poucas as que teño e aínda esas se me van. Realmente o blogue, nun principio si era unha gran ilusión, pero agora xa non, máis ben é unha carga, que tampouco, pero xa non teño ganas de sacar fotos, nin de redactar, nin de contar historias. Aínda así propóñomo firmemente porque paga a pena ter anotadas receitas tan fabulosas coma esta. Receitas coma esta é necesario recordalas porque están moi boas, son sinxelas e sans. Por todos eses motivos deben pasar a formar parte do receitario habitual e deben estar presentes nas nosas mesas. Case me esquecera dela, aínda que recordo perfectamente o ben que sabía. Foi vela no blogue de Pepe de Ourense e tardar pouco en preparala, no seu momento xa lle contei o que nos gustou e agora volvo a reiteralo.

En castellano
Cada vez tengo más abandonado el mundo del blog, cada vez me siento más descolgada, simplemente porque no me apetece, no tengo ganas. Tampoco me apetece mucho visitar otros blogs porque  me entran ganas de copietear todo y tampoco es plan.
La desgana se apodera de mí, y las ilusiones se me van, son pocas las que tengo y aún esas se me van. Realmente el blog, en un principio, sí era una gran ilusión, pero ahora ya no, más bien es una carga, que tampoco, pero ya no tengo ganas de sacar fotos, ni de redactar, ni de contar historias. Aun así me lo propongo firmemente porque vale la pena tener anotadas recetas tan fabulosas como esta. Recetas como esta es necesario recordarlas porque están muy buenas, son sencillas y sanas. Por todos esos motivos deben pasar a formar parte del receitario habitual y deben estar presentes en nuestras mesas. Casi me había olvidado de ella, aunque recuerdo perfectamente lo bueno que estaba. Fue verla en el blog de Pepe de Ourense y tardar poco en prepararla, en su momento ya le conté lo que nos gustó y ahora vuelvo a reiterarlo.



Ingredientes
1 tomate
1 cebola picada
1 dente de allo
Arredor de medio quilo de carne picada (pode ser mesturada de tenreira e de porco)
225 grs de queixo fresco de burgos (o meu desnatado)
250 grs de queixo Philadelphia
1 ovo
100 grs de queixo tetilla
Queixo relado (empreguei mossarella)
Perixil picado
1 kg de cabaza
 Aceite, sal, pementa e noz moscada
En castellano
Ingredientes
1 tomate
1 cebolla 
1 diente de ajo
Alrededor de medio kilo de carne picada (puede ser mezclada de ternera y de cerdo)
225 grs de queso fresco de burgos (el mio desnatado)
250 grs de queso Philadelphia
1 huevo
100 grs de queixo tetilla
Queso rallado (empleé mosarella)
Peregil picado
1 kg de calabaza
Aceite, sal, pimienta y nuez moscada


Preparación
- Primeiro preparamos un puré coa cabaza, sacamos as sementes, pelamos e partimos en anacos. Poñémola a ferver en auga salgada ata que estea tenra. Escorregamos gran parte da auga da cocción e facemos un puré. Unha vez feito poñémolo a lume medio, remexendo de seguido, para que evapore o resto de auga que lle quedase (esto foi moi lento e hai que ter coidado porque se forman burbulla que explotan e podemos quimarnos ). Empreguei este procedemento na realización do puré, pero creo máis axeitado, por máis rápido e cómodo, asar a cabaza no forno, deste xeito ten menos auga e xa non é necesario poñelo ó lume para quitarlle a auga. Para asala no forno procedemos do seguinte xeito: partiremos a cabaza pola metade e limparemos, quitando as pipas. Nunha bandexa con papel de aluminio colocarémolas dúas metades boca abaixo. Introducirémolas no forno previamente quentado a 160º, durante 1 hr., hai que ter en conta o tamaño da cabaza, a que utilicei era de algo máis dun quilo. Unha vez fría, sacaremos a polpa con axuda dunha culler.
- Facemos un rustrido coa cebola e o allo ben picadiños, cando vaian collendo algo de cor incorporamos o tomate sin pebidas nin pel (eu sempre o trituro na picadora). Deixamos que se vaia consumindo a auga do tomate e  incorporaremos a carne picadas, salpimentamos e deixamos facer.
- Nun recipiente , misturamos ben o queixo de burgos, o queixo Philadelphia, o ovo, o queixo tetilla, o perixel picado, sal, pementa e noz moscada.
- Nunha fonte que poida ir ó forno, untámola con manteiga, poñemos de base a preparación da carne, por riba a mistura dos queixos e rematamos co puré de cabaza; botamos por riba queixo relado e metemos no forno a gratinar
En castellano
Preparación
- Primero preparamos un puré con la calabaza, sacamos las semillas, pelamos y partimos en trozos. La ponemos a hervir en agua salada hasta que esté tierna. Escurrimos gran parte del agua de la cocción y hacemos un puré. Una vez hecho lo ponemos a fuego medio, removiendo contínuamente, para que  se evapore el resto de agua que le quedara (esto fue muy lento y hay que tener cuidado porque se forman burbujas que al explotar pueden quemarnos). Empleé este procedimiento en la realización del puré, pero creo más idóneo, por más rápido y cómodo, asar la calabaza en el horno, de este modo tiene menos agua y ya no es necesario ponerlo al fuego para quitarle el agua. Para asarla en el horno procedemos de la siguiente manera: partiremos la calabaza por la mitad y limpiaremos, quitando las pipas. En una bandeja con papel de aluminio las colocaremos las dos mitades boca abajo. Las introduciremos en el horno previamente calentado a 160º, durante 1 hr., hay que tener en cuenta el tamaño de la calabaza, la que utilicé era de algo más de un kilo. Una vez fría, sacaremos la pullpa con ayuda de una cuchara que machacáncola con un tenedor obtendremos nuestro puré.
- Rehogamos en un poco de aceite la cebolla y el ajo bien picaditos, cuando vayan cogiendo algo de color incorporamos el tomate sin pepitas ni piel (yo siempre el trituro en la picadora). Dejamos que se vaya consumiendo un poco el agua del tomate e incorporaremos la carne picada, salpimentamos y dejamos hacer.
- En un recipiente , mezclamos bien el queso fresco, el queso Philadelphia, el huevo, el queso tetilla, el peregil picadito, sal, pimienta y nuez moscada.
- En una fuente que pueda ir al horno, la untamos con mantequilla, ponemos de base la preparación de la carne, por encima la mezcla de los quesos y rematamos con el puré de calabaza; cubrimos con el queso rallado y metemos en el horno a gratinar.
- Lo acompañamos con un poco de brécol y delicioso, una comidita de lo más sana y rica.

sábado, 15 de agosto de 2009

CARNE ASADA

Ó escribir a receita fíxome reflexionar. Asado é aquilo que facemos ás ascuas, nunha grella. Pero eu e toda a xente que coñezo lle chama á carne cociñada así, asada. Penso que en calquera restaurante de Galicia se pides carne asada sírvenche a carne cociñada deste xeito. A das ascuas é churrasco. É unha forma tradicional, das avoas, de cociñar a carne.
Ingredientes (para 6 racións)
1 kg de xarrete (morcillo)
1 vaso de viño blanco (250 ml)
2 cebolas
1 cabeza de allo
1 clavo
1 vaso de aceite (dos de nocilla), sen chegar a ser cheo
sal
1 ramiña perexil
1 sobre de azafrán (ebriñas de azafrán puro)
Pataquiñas pequenas enteiras (dous puñados, catro ou cinco por persoa)

Elaboración
- Partimos a carne en anacos xenerosos.
- Fritímola ata que este ben doradiña e ímola introcindo na pota na que a imos a cociñar.
- Cando estea toda lista vertemos sobre ela o aceite co que a doramos (por un coador para eliminar impurezas).
- Engadimos as cebolas cortadas en cuartos, a cabeza de allo sen pelar, só se lle quita a pel blanca, queda a morada, a rama de perexil e o clavo (eu só poño 1 porque non me gusta nada o seu sabor, nin o seu olor, en xeral non me gusta que predomine o sabor das especies, un pouco vale)
- Diluímos o azafrán no viño.
- Vertemos sobre a carne o viño, debe case cubrila, non de todo, un pouco máis da metade. Poñemos a tapa e deixamos que se vaia facendo no viño a lume baixo (no tres de nove). Á metade da cocción retiramos a tapa e deixamos que se consuma un pouco o viño, logo segue coa tapa posta ata que estea tenra e salsa espesa. Levaralle arredor de dúas horas.
- Fritimos as pataquiñas enteiras, sin deixar que se fagan de todo. Introdúcense coa carne, cando o viño xa estea case consumido e acábase de facer alí os 15 últimos minutos de cocción.




domingo, 9 de agosto de 2009

FALDA DE TERNEIRA RECHEA

Ingredientes
500 grs de falda de terneira
200grs de carne picada ( pode ser mesturada de porco e terneira)
Medio vaso de aceite de oliva
200 ml de viño blanco
Auga quente (sobre 300 ml)
4 lonchas de beicon
2 ovos cocidos
1 cullerada de queixo parmesano relado
3 cebolas (dúas medianas 1 pequena)
4-5 cenorias pequenas
1 allo-porro
4 dentes de allo
8-10 olivas
1 tomate
Sal e pementa


Elaboración
- Cocemos os dous ovos.
- Pelamos e picamos as verduras: dúas cebolas, dous dentes de allo, o allo-porro e 3 cenorias. Pícanse en cachos grandes porque logo van a ser pasados polo batedor e tampouco é demasiado importante que vaian finiños.
- Ponse a quentar nunha tixola o aceite e cando estea quente pochanse as verduras. Primeiro a cebola e o allo e despois duns minutos o allo-porro e a cenoria. Déixanse pochar uns 15 minutos. Salgamos un pouco as verduras (un pouco entre os dedos)
- Mentras se pochan as verduras picamos finiña a outra cebola, dente de allo e a cenoria (esto sempre o fago na picadora). Poñemolas a pochar noutra tixola, primeiro a cebola e o allo e logo engadimos a cenoria. Tamén incorporamos o tomate (pelado e despebitado, eu sempre o engado xa en forma de puré, pásoo pola picadora). Cando vemos que a salsiña ten corpo engadimos a carne picada e deixamos que se vaia facendo un pouco, sobre dez minutos. Antes de apagarlle o lume engadímoslle unha cullerada de queixo rilado.
- As verduras da outra tixola sacámolas e escorremolas do aceite para a pota onde vaiamos a facer a carne. Eu puxen un coador de malla fina encima da pota e deixeinas alí escorrendo un pouco, mentras preparaba a carne.
- Abrimos a falda de xeito que nos quede coma un bistéc grande. Esto pódese pedir na carnicería (case mellor). Tamén tratamos de quitarlle a peliña fina. Salpementamos a carne xa estirada (eu nunca boto demasiada sal de cada vez, sempre un pouco entre os dedos e pementa moi pouca tamén)
- Estiramos a carne picada encima da falda, a continuación as lonchas de baicon, esparcimos, homoxénamente, as olivas e no centro colocamos os ovos cocidos.
- Enrolamos a carne coma un brazo de xitano con coidado de que non se saian os ingredentes.
- Atamos a carne, empezando por un extremo. Apretando ben.
- Quentamos o aceite onde pochamos as verduras e doramos nel o rolo de carne, dándolle voltas.
- Cando xa estea ben douradiño engadimos o viño e as verduras pochadas que tiñamos reservadas.
- Poñemos un cazo con auga a quentar e mantémolo no calor para poder empregalo coa carne máis adiante (sería estupendo que fose caldo de algo).
- Dámolle voltas, de vez en cando, ó rolo de carne para que se vaia facendo por todo. Eu tíveno un pouco tapado. Logo destapeino e cando se consumeu o viño engadín un pouco da auga quente. De xeito que chegue pola metade do rolo de carne. Á carne seguimos dándolle voltas de vez en cando.
- Cando vemos que a auga se vai consumindo e que temos unha salsiña espesa, apagamos o lume, retiramos a carne e pasamos pola batedora a salsa coas verduras. Estivo algo máis dunha hora, pero chégalle menos porque estaba bastante seca.
- Déixase enfriar un pouco a carne, córtaselle o cordel co que a atamos e cortamos en rodaxas.
NOTAS: A próxima vez engadirei unhas lonchas de queixo para que lle dea máis cremosidade ó interior.
Ter en conta que 45 minutos de cocción ten suficiente.



Foi servido cunhas pataquiñas ó forno, que fixo meu pai

lunes, 3 de agosto de 2009

LASAÑA DE CALABACÍN

A mañá do domingo foi moi axetreada. Díxenlle a meus pais que cociñaba eu, que tiña unha receita na cabeza con calabacín e que necesitaba poñela en práctica. Para máis ocurríuseme a xenial idea de facer tamén a empanada de mazá. Todo isto tendo en conta que empecei ás 10 da mañá. Vamos que tiven unha mañá movidiña: facer a masa da empanada, pelar as mazás, montar a empanada, facer a salsa de tomate para a lasaña (co que conleva: pelar e despebitar os tomates, a cebola…, facela, estar pendente dela…), facer a bechamel para a lasaña, preparar a carne para a lasaña, cortar os calabacíns e precocelos (no micro). Vamos que non parei, facendo varias cousas á vez. Ó final da mañá parecía que na cociña houbera unha guerra. Todo isto tendo en conta que son máis lenta ca unha tartaruga reumática, unha que xa son lenta de nacemento para todo e outra que me gusta cociñar e disfrutar de cada paso, pero hai que recoñecer que non teño práctica diaria, que é a que proporciona destreza.
Gústame facer cousiñas na cociña, pero non me gusta o de onte, estar apurada, ter un montón de cacharros polo medio, todo desordenado, estar pendiente de varias cousas á vez e ó mesmo tempo pensado “se despois de todo isto non está bo…”. Polo tanto, esta reflexión lévame a pensar que o meu tampouco é a cociña, que volvo a caer no mesmo, na mediocridade que me caracteriza, que se lle vai facer.
Teño que engadir, que a lasaña ten voltiñas, da choio, pero rica, estaba riquísima. Con dicir que miña nai, “doña peros”, non lle deu ningún pero, pero ningún, non mo podía crer. Xa tiña que estar boa. A meu pai tamén lle gustou moito e tamén é dificil que lle guste ós dous o mesmo, sempre discrepan. Ten un sabor suave, incluso, me atrevería a dicir que delicado, nada pesado, aínda que farta o seu, pero aínda así non tes sensación de pesadez. Bueno éxito total, así como a empanada non a vou repetir, esta receita si que se repetirá.


Ingredientes
5 culleradas de aceite de oliva para a carne e un poco máis para o calabacín
800 grs de carne picada (deles 600 de terneira e 200 de porco)
100 ml de viño blanco
Pode que case 2 kl de calabacín, non chegaría, pero case (puxen un enorme, e outro mediano).
Sobre 600 ml de salsa de tomate caseira (explico a elaboración máis abaixo)
Bechamel (sobre ¾ litro). (Tamén explico a elaboración máis abaixo)
1 cebola mediana
3 dentes de allo
sal, pementa e albahaca
2 culleradas de queixo parmesano rilado.
Realización
Vou empezar pola salsa de tomate
Ingredientes
4-5 culeradas de aceite
650 grs de tomates, xa pelados e despebitados
1 cebola mediana
3 dentes de allo
2 cenorias pequenas (púxenlle a cenoria porque as teño na neveira mortas de risa, non sería necesario poñerllelas á salsa de tomate, pero quedáronlle ben)
Azucre e sal
Elaboración
- Pelar e despebitar os tomates (estaría ben escaldalos antes, para que lle saíra mellor a pel, pero non tiven paciencia para facelo). cortalos en anacos.
- Picar finiña a cebola, o allo e a cenoria (esto fágoo na picadora)
- Pochar ben nunha tixola co aceite quente o arriba mencionado. Primeiro a cebola e o allo e cando transluza engadimos a cenoria
- Cando estea ben pochadiño o conxunto anterior engadimos os tomates. No meu caso paseinos pola picadora, así xa quedaron totalmente desfeitos, paréceme máis cómodo.
- Deixar que se vaia consumindo a auga dos tomates a lume medio, dándolle voltas de vez en cando.
- Engadir sal e azucre. Para isto débese ir probando. Penso que ó final engadinlle 1 cullerada de sal e algo máis dunha cullerada de azucre, pero non podo determinar porque fun engadindo ós poucos. Teño que recoñecer que ó final tiraba a bastante doce. Estivo cociñándose sobre media hora, pero non debería estar tanto porque como estaba facendo varias cousas á vez despisteime e o resultado foi que se lle consumiu demasiado o líquido do tomate e quedou moi espesa e concentrada, que non mala, pero ésta puido ser a causa de que estivera tamén tan doce porque cando a ía probando sempre me parecía aceda.
- Por último pasala pola batedora para que quede máis homoxénea e finiña.
- A salsa de tomate queda esperando o seu turno.
Proseguimos coa preparación da carne
- Picar a cebola e os allos. Pochalos.
- Introducir a carne, ata que vemos que cambia de cor e que se lle vai consumindo auga que solta. Salgamos, podemos engadir unha pouca pementa e albahaca (sempre poño pouca, porque non me gusta que a comida sepa moito a especias).
- Engadir o viño e deixar que se consuma.
- Cando vemos que xa non hai líquidos e que a carne xa está tenra engadimos a salsa de tomate. Supoño que a cantidade de salsa será a gusto de cada un. Neste caso, aínda que en principio, non tiña pensado poñela toda, ó final parceume que lle facía falta. Incorporámola ben coa carne dándolle unhas voltas.
- Por último, eu sempre engado á carne da lasaña, unha cullerada de queixo rilado e un par de culleradas da bechamel , que fun facendo mentras se cociñaba a carne. Esto último dalle á carne un sabor e textura especiais, moi xugoso.
- Tamén mentres se fai a carne podemos ir cortando o calabacín. Cortarlle os extremos e dúas bandas, para cortalo ó longo, así imos facendo lonchas finas. Poñémolas nun prato, salgánse e pincelanse con aceite. Tamén se poden fritir ou facelas á prancha, pero optei por cociñalas no micro (sobre tres minutos, pero só poñía, de cada vez, as que cabían nun prato).
- Pincelar de aceite o fondo dunha fonte de forno. Dispor unha capa de calabacín previamente cociñado, de xeito que quede todo o fondo cuberto.
- Cubrir o calabacín coa metade da carne. Outra capa de calabacín, outra de carne e por último de calabacín.
- Por último cubrimos coa bechamel. Engadimos queixo, a gusto.
- Metemos no forno prequentado, uns 15-20 minutos.
Explicación da realización da bachamel
Ingredientes
100 grs de manteiga
4-5 culleradas de fariña
Un pouco máis de medio litro de leite
Sal e noz moscada
Realización
- Quentar medio litro de leite no micro (pode ferver)
- Derreter a manteiga nun cazo.
- Engadirlle a fariña de xeito que beba a manteiga, que non quede moi líquido. Deixala cocer un pouco, sempre revolvendo.
- Incorporalle o leite pouco a pouco e ir remexendo cun batedor de man ( unhas barillas) ata que vemos que espese. Eu nunca poño o calor da cociña ó máximo, medio-alto. Se vemos que está moi espeso engadimos un pouco de leite (sempre o fago con leite frío). Salgamos e engadimos un poquiño de noz moscada (é prescindible)


Comentarios
- Sae moita cantidade de lasaña. Da para 8 racións, para xente que coma normal. Na miña casa comemos algo de máis e tres comemos a metade.
- Na bechamel teño que diminuir un pouco as cantidades porque sae bastante.
- Vaia lío de receita, creo que só a vou entender eu.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...