sábado, 15 de mayo de 2010

TORTA DE AMORODOS CON NATA

Levo dous días sen pasar polos blogues amigos porque non tiven un momentiño. Onte foi o meu cumpreanos e o día antes estiven toda a tarde facendo doces para levar ó cole e non parei e onte, pois cheguei á casa moi tarde e tampouco me quedou tempo. Así que, creo que tiven unha boa desculpa.


Non me gusta nada cumprir anos, pero “éche o que hai”, chegado o 14 de maio, un ano máis e non se pode remediar. Non é algo novo, nunca me gustou cumprir anos, sobre todo desde a adolescencia. Sempre aparentei máis anos dos que tiña e curiosamente, sobre todo na adolescencia, que as rapazas, queren parecer maiores, a min fastidiábame. Agora non soen botarme os anos que teño, bótanme menos, será por quedar ben, non sei, pero o que peor levo é cumprilos. A vida vaise consumindo e tes esa sensación de que se vai a xuventude. No meu caso, teño a sensación de vida perdida. Son unha persoa monótona, aburrida, gris, o cal provoca que non haxa cambios, que sempre sexa o mesmo. Se teño que escribir a miña autobiografía un folio sóbrame. Sempre digo “a min nunca me pasa nada”, non me pasa porque non quero que me pase, estrésame so de pensar que vai haber un cambio, teño medo, sufro, teño angustia. Prefiro que non haxa cambios. Logo laméntome que a miña vida é monótona e aburrida. Estou espera de que se consuma, a que se acabe. Son unha espectadora da vida dos demais.

A torta de hoxe, non a fixen eu, fíxoa a miña nai. Nunca fago unha torta para o meu cumpreanos, se fago algo é para outros, para invitar, pero para eu desfrutala, non, sempre a fai miña nai. A verdade é que lle quedou fantástica e sabía a gloria e pareceume unha pena non compartila. Ademais ela non é nada de decoracións porque é coma un terremoto e non ten paciencia, total é para comer, di ela. Neste caso esmerouse e quedoulle preciosa.


Ingredientes
Para o biscoito

200 grs de fariña
100 grs de azucre
6 ovos pequenos ou cinco grandes
1 cullerada de leite
1 sobre de levadura royal
Para o almíbar
200 ml de auga
50 ml de algún licor (ron). A cantidade de liquído é variable (pódense combinar as cantidades dos dous líquidos aumentando o diminuíndo unha ou a outra)
150 grs azucre
Para as fresas con nata
400 grs de nata para montar
2 culleradas de azucre
Fresas (a cantidade depende un pouco de cada un)
Estas cantidades tamén depende do groso do recheo que se queira.
Ganaché de chocolate
150 grs de chocolate
100 grs de nata
Unha cullerada de manteiga
Estas cantidades (das fresas con nata, do almíbar e do chocolate) póñoas un pouco máis ou menos porque miña nai non sabe as cantidades exactas, cando me explica a receita di: un pouco, un chorro, un anaco, a ollo, xa vas vendo (aínda aí vou deducindo que as cantidades son así aproximadamente)


Elaboración
Do biscoito

- Separar as xemas das claras. Montamos as claras a punto de neve e reservamos
- Bater as xemas co azucre ata que branqueen.
- Engadir o leite e a fariña coa levadura (tamizadas), pouco a pouco ata que se integre.
- Incorporarlle as claras pouco a pouco e con movementos suaves e envolventes de abaixo a arriba para que non se baixen.
- Introducimos nun molde enmaitegado e enfariñado.
- Metemos no forno prequentado a 180º uns 30 minutos (esto depende dos fornos, o mellor e comprobar se está cocido introducindo unha agulla ou unha brocheta, cando saia seco xa está).
- Deixamos arrefriar o biscoito e cando estea frío cortámolo en dúas metades (fíxoo con un fío) e calámolo con almíbar.

Do almíbar
- Introducimos todos os ingredientes nun cazo e deixámolos cocer durante uns cinco minutos.
-Logo mollamos con el as dúas metades do biscoito.


As fresas con nata
- Batemos a nata co azucre como facemos normalmente ata que a nata colla a consistencia desexada. Dividimos a nata,unha parte para mesturar coas fresas e outra para a decoración exterior (se se quere, senón xa se pode mesturar toda coas fresas)
- Cortamos as fresas en anaquiños miúdos e mesturamos coa nata. A cantidade de fresas depende de se queremos moitas ou poucas, entón vai un pouco a gusto.


Ganaché de chocolate
- Derretemos o chocolate, a baño maría ou no micro, dependendo do costume de cada un. Introducimos a nata e a manteiga e mesturamos ben.
- Deixamos que arrefríe un pouco.



Montaxe da torta
Eu probablemente o faría distinto, pero como a receita non é miña vou contar como o fixo ela.
- Unha vez frío o biscoito cortámolo pola metade. Se o facemos con un fío quedan mellor.
- Mollamos as dúas metades co almíbar, que non estará quente de todo
- Sobre a base poñemos as fresas con nata e encima a outra metade.
- Decoramos con nata e con metades de fresas, como queiramos.
- Cubrimos co chocolate de forma que vaia escorrendo polos laterais e sen cubrir demasiado a superficie, en plan chorretóns, para isto debe estar morno porque se está moi quente, por unha parte estragamos a nata e por outra non se aguantaría.
- Decoramos con mais nata e fresas.

Unha torta similar, pero con melocotón vinlla a Natalia de Cocino y disfruto. Aí me quedou na cabeza e fun eu que lle dixen a miña nai o tipo de torta que quería, pero con fresas. De feito ensineille a dela para que se fixera unha idea.

31 comentarios:

  1. Aunque no te guste cumplir años, quiero felicitarte y decirte que ninguna vida es gris, seguro que la tuya tiene algo de especial, aunque tú no lo veas, ya de por si es especial porque es tu vida , y porque haces unos dulces y unas comidas que nos alegran la vista a l@s que entramos aquí, ya por eso, es especial
    Tienes un blog estupendo,y muchas personas que entran a visitarte, y te aprecian aunque sea en la distancia, me cuento entre ellas
    Un biquiño e non penses que a tua vida non e especial, fíjate si es especial que, de vez en cuando, hasta me haces intentar escribir en galego, jejejejjee

    ResponderEliminar
  2. una tarta deliciosa, no le falta detalle!!!

    Salu2, Paula
    http://conlaszarpasenlamasa.cultura-libre.net

    ResponderEliminar
  3. ala!venga y encima nos pones muchas fotos para que nos corroa la envidia...que delicia..maja....una pasada

    ResponderEliminar
  4. hola!

    Muchas felicidades! Y a mi que me encanta cumplir años...
    Eso si, estoy de acuerdo contigo, para mi cumpleaños nunca nunca hago la tarta! Normalmente también la hace mi madre, o compramos una saint honoré, que es mi tarta favorita.
    Este año, al estar lejos de mami, me quedé sin tarta... ni un pastelito ni nada! snif snif! Para el año no me pasa!

    Y estoy de acuerdo con Ana en que tu vida no es gris, no sé antes del blog, pero ahora te aseguro que no lo es... estamos un montón de gente pendiente de cuando publicas tu siguiente receta, porque te admiramos! Así que de gris nada de nada!

    El hecho de que tu vida no tenga cambios no significa que no sea interesante!

    Un beso!
    Natalia

    ResponderEliminar
  5. Hola Maria Jose que bonita te a quedado .... yo me llevo un trocito que ya la tienes preparada para mi ...jejejejeje... simplemente deliciosaaaaaaaaa .... las fotos de matricula ....plas...plas...plas...un besito guapa y adisfrutar de la tarta y del finde

    ResponderEliminar
  6. FELIZ CUMPLEAÑOSSSSSSSSSSSSSSSS ....... muacccccccccccc
    cumpleaños feliz......cumpleaños feliz ..... te deseamos todas ..... cumpleaños felizzzzzzzzzzz ......biennnnnn ....la musica la pones tu ....jejeje...

    ResponderEliminar
  7. Feliz Cumpleaños Ma. José!!! Que tengas la dicha de cumplir muchísimos más!!
    El pastel está fantástico... me encanta la combinación de fresas, nata, chocolate.... uyyy, qué delicia. Me gusta mucho la penúltima foto con el fondo verde precioso al aire libre.
    un besito, y feliz fin de semana.

    ResponderEliminar
  8. A mi me encantan cumplir años, porque siempre celebro una fiesta con mi familia. Es uno de mis días preferidos porque me paso la semana pensando en cositas para comer.
    De todos modos te felicito, por el cumple y por la tarta que te ha quedado preciosa, rica y con un corte de 10.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  9. Parabéns!! Feliz aniversario! Levo toda a semana pendiente porque non sabía exactamente que día cumprías.

    Eu tamén levo fatal o de cumprir anos desde hai moito, póñome a mirar atrás e me entra a morriña. Un bico moi gordo.

    Por certo, a tarta estupenda, felicita a tu nai que é unha artista

    ResponderEliminar
  10. ¡Felicidades!La tarta riquísima y se vé fantástica.
    Disfruta el fin de semana.
    Besitos

    ResponderEliminar
  11. Parabéns :) Que faças muitos sempre com saúde :*
    Que bonita torta...

    ResponderEliminar
  12. hola:
    Me ga gustado mucho tu blog!!!!
    Un abrazo desde chile
    Edith
    La brujita

    ResponderEliminar
  13. ¡¡Moitas felicidades!! eu tampouco fago nada pa o cumple e que xa vou camiño dos cuarenta e tres (que non se entere ninguen)e non me gusta celebralo. E pasame un pouco coma tí son un pouco monotoma do traballo a casa ou o supermercado e logo volvo a empezar. Pero mira por donde descubrin os blog de cociña e un de eles e o teu e encantame lerte e de aburrida nada de nada es muy natural relatando(e eso que non te coñezo)e fago unhas recetas que lle encantan a miña familia,¡que mais podo pedir! ¡¡asi que xa ves!! todas para unha,unha para todas (como dirian os mosqueteiros) mamaiña canto escribin.Un besiño.

    ResponderEliminar
  14. e olvideime da tarta ¡¡¡fantasticaaaa!!!

    ResponderEliminar
  15. Gracias a todas por vuestro comentarios. Alguna me ha hecho asomar la lagrimilla y todo (es que enseguida se me asoma y estoy muy sensible). Ahora mismo uno de los motores de mi vida es este blog, que por el momento solo me ha dado satisfacciones y poder conocer a gente como vosotras. GRACIAAAAAAAAAAAAASSSSSSSSSSSSS!!!!!!!
    BIcos gordos

    ResponderEliminar
  16. Feliz aniversario atrasado.....

    Que cantidade de receitas con fresas e nata, e son a miña perdición, ñam ñam ñam

    ResponderEliminar
  17. Felicidades!! Cumplir años es una alegría, tu sabes la sabiduria que tienes dentro. Las personas que son observadoras, tienen mucho mundo interior, me recuerdas a mi marido, es como tu.
    Me encantan tus recetas y esta felicita a tu madre le quedó genial.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  18. Muxaaaaaaaaaaaaas FELICIDADEES pesiosaaaaaaa ,no estoy para nada de acuerdo con lo que has escrito ,aunque no tengo el placer de conocerte personalmente para nada me pareces una persona aburrida y gris ,las entradas de tus recetas son alegres divertidas y siempre me saben a poco ,me encanta esa sencibilidad que tienes para transmitirnos las cosas.
    Fijate que no me gusta nada hablar el Gallego pues no estoy habituada a ello y aqui me siento muy agusto ,si no lo escribo es por miedo a no hacerlo bien pero hasta ganas me entran pues increiblemente pienso en gallego cuando estoy aqui.
    No entiendo cuando decis que no os gusta cumplir años , po dioooooos a mi me encanta y siempre celebro mi cumpleaños en familia cuando el de mi peque pues cumplimos años con 4 dias de diferencia en el mismo mes si no he puesto entrada haciendo referencia a ello ,es poque ultimamente ando liadisimaaaaa y publique la foto de la tarta que le hice para celebrarlo con sus amigos.
    Felicita a tu madre pues le ha quedado una tarta preciosaaaaaa ,asi como las fotos son divinaaaaaaas , sin duda tenia que estar riquisimaaaaaaaaa.
    Perdona por el quijote , pero siempre que te visito son tantas las cosas que me gustaria decirte que pierdo la nocion de lo que escribo ,quienes me conocen ya saben que me piede la boca jis..jis , pos eso que no hablo naaaa veda jajaja.
    Bicos mil y feli finde wapisimaaaaaa.

    ResponderEliminar
  19. Muchísimas felicidades, Mª José!!!! Te deseo lo mejor para este año que comienza para ti, seguro que está lleno de cosas buenas, y entre ellas, ya sabes que nos tienes aquí ya que es maravilloso todo lo que hacen tus manos y la dulzura de tus palabras!!!! Un beso muy fuerte, de corazón, y arriba ese ánimo!!!!!!

    ResponderEliminar
  20. Ah! me llevo un trocito de esta deliciosa tarta y me lo tomo a tu salud! Ummmmmmm...

    ResponderEliminar
  21. Vaia mans que ten a túa nai!!!
    E toda unha artista... vaia herencia tan boa que tes ¡Unha verdadeira sorte!!!
    A tarta esta da morte!!!
    María, intenta ver la vida de otro color, es más, mírala de distintos colores en cada momento, ya verás como hasta la monotonía verás entretenida.
    Sólo te voy a desear una cosilla:
    ¡Ojalá vivas todos los días de tu vida!
    Aprovecha cada instante.... y deja algo de tiempo para que sigamos disfrutando de tus placeres culinarios.
    Unha aperta moi forte e ata a volta.

    ResponderEliminar
  22. ,... aproveito para felicitarte novamente!!!!! sa sabemos de quen che ven ésto da repostería, por que vaia tarta a da túa nai,.. dalle a noraboa polo postre e pola filla que ten,... que ainda q se define "gris" desprende moita, moítima luz!!!! Pensa que somos moitos os que te seguimos, admiramos e aprendemos de ti,... será por algo, non crees??

    Coincidimos, eu tampouco fago tarta no meu cumpleanos ;-)

    Un biquiño,...

    ResponderEliminar
  23. Muchas felicidades preciosa, y a tu mami por el pastel, y piensa que dentro,que cada persona hay alguien muy grande, que en este caso eres tu,y cumplir años es lo mas grande que hay, así que animo y a seguir poniéndonos cosas tan ricas, besitos.

    ResponderEliminar
  24. Felicidades Mº José! non digas que a túa vida é gris e monótona...si tan só ver as receitas que tansmites vese de todo nelas!!! a pesar de que non te coñezo en persoa, parécesme unha persoa cálida,agradable e moi doce(coma o blog). E nesta vida non é todo que pasen cousas diferentes cada día, a estabilidade e a monotonía alegre é precioso telo tamén! E creeme, creo que todos nos sentimos espectadores da vida dos demáis, porque a nosa vida moitas veces xira sempre ó redor dos mesmos feitos, pero iso non é malo. Asíque ...xa sabes! a disfrutar da túa vida, seña como seña, é túa e de ninguén máis!
    Bicos!!!

    ResponderEliminar
  25. Por certo!os meus parabens para túa nai! porque fixo unha tarta que se me fai a boca auga!!
    Bicoss

    ResponderEliminar
  26. Muchas felicidades wapa. No te pongas triste por cumplir años, no hay nada mejor que poderlo celebrar con la gente que queremos ;-))
    Me encanta venir a verte porque pones unas cosas más ricas que da pena irse.
    Un besazo preciosa

    ResponderEliminar
  27. ¿que es eso de que tu vida es gris, y que no te gusta cumplir años?

    yo quiero felicitarte, y decirte además, que no te imaginas la suerte que es tener a una madre que hace semejante tarta para tu cumpleaños, yo no la tengo, y me tengo que hacer mis propias tartas, ¿ habrá cosa mas insulsa que hacerse una sus propias tartas?, no tengo otra opción, o me la hago yo, o me la compran de mercadona XD

    un besazo, felicidades!!!!!!

    ResponderEliminar
  28. Ay!a mi tampoco me gusta cumplir años pero... ¿a qué viene eso de que tu vida es gris ? no lo creo, por lo que conozco de tí, este blog, no puede ser una vida gris, ni mucho menos tú una persona monótona o aburrida!!esta tarta es una maravilla !!ánimo y ... a seguir cumpliendo años!!
    besos

    ResponderEliminar
  29. En primer lugar FELICIDADES!!!!! a mí me gusta cumplir años, eso significa que estoy aquí para contarlo..jajaja... y no gris, nada de nada. No te conozco,pero en la red te considero una persona entrañable, sensible y seguro que buena amiga de tus amigas... no te menosvalores , ¡qúe tú vales, nena!
    Animos y adelante!!!!

    ResponderEliminar
  30. Qué pasada de rica se ve la tarta, guapa!!
    Felicidades.
    ;-D
    Besotes.

    ResponderEliminar
  31. ¡Hola María José!

    Pues muchísimas gracias por decidirte a comentar :)

    No hace mucho que abrí el mío, pero sí hace bastante que estoy al tanto de los blogs de cocina y la mayoría casi me los sé de memoria jejeje.

    Aún el otro día entraba aquí y volvía a enternecerme como siempre, por la nostalgia que inspiras al escribir, ademais en galego :)) y porque cumplir años no es malo, es lo mejor que puede pasarnos, seguir estando aquí (y eso que yo, como tú, también me considero una persona bastante "gris" y monótona, ¿serán los orígenes?)

    Bueno, espero que lleves bien estos primeros días con un año más, y todos los que vengan.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...