Mostrando entradas con la etiqueta Biscoitos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biscoitos. Mostrar todas las entradas
jueves, 26 de julio de 2018

BISCOITO TIPO TÍA MILDRED DE KIWI CON COBERTURA DE CHOCOLATE

BIZCOCHO TIPO TÍA MILDRED DE KIWI CON COBERTURA DE CHOCOLATE

Toda a vida me gustou este biscoito, o Tía Mildred con recheo de kiwi e cobertura de chocolate. Sempre é difícil emular doces comerciais, e certamente non é igual, pero é delicioso e ademáis caseiro.
Son moi teimuda á hora de facer algúns doces e fago probas e máis probas ata conseguir o que quero, ás veces non o consigo, pero consigo outra cousa que igual está mellor que o que quería. Estamos ante un caso deses. Trátase dun biscoito sinxelo de facer e máis sinxelo de comer.

En castellano
Toda la vida me gustó este bizcocho, el Tía Mildred con relleno de kiwi y cobertura de chocolate. Siempre es difícil emular dulces comerciales, y ciertamente no es igual, pero es delicioso y además casero.
Soy muy testaruda a la hora de hacer algunos dulces y hago pruebas y más pruebas hasta conseguir lo que quiero, a veces no lo consigo, pero consigo otra cosa que igual está mejor que lo que quería. Estamos ante un caso de esos. Se trata de un bizcocho sencillo de hacer y más sencillo de comer.



Ingredientes
250 g de manteiga
5 ovos
250 g de azucre
100 g de nata
150 de queixo crema
Raiadura dun limón
zume de limón
350 g de fariña
1 sobre de Royal
Marmelada de kiwi
Cobertura de chocolate: 200 g de chocolate e 50 g de nata

En castellano
Ingredientes
250 g de mantequilla
5 huevos
250 g de azúcar
100 g de nata
150 g de queso crema
Ralladura de limón
Zumo de un limón
350 g de harina
1 sobre de Royal
Mermelada de kiwi
Cobertura de chocolate: 200 g de chocolate y 50 g de nata



Elaboración
- Derretemos a manteiga e deixamos que arrefríe.
- Batemos os ovos co azucre ata que queden escumosos.
- Incorporamos a nata e o queixo, batemos. Engadir a raiadura e o zume e seguir mesturando.
- Engadimos a fariña, o royal. Batemos ben.
- Só queda engadir a manteiga e mesturar ben todo o conxunto.
- A masa é bastante densa.
- Introducimos 3/4 da masa nun molde cuberto con papel de fornear ou enmanteigado e enfariñado. Facemos dous surcos para introducir a marmelada, podemos axudarnos dunha manga pasteleira. Cubrimos co resto da masa.



- Métese no forno quente a 180º durante unha hora.
Cobertura:
Derretemos o chocolate coa nata e cando o biscoito enfríen cubrímolo con el.



En castellano
Elaboración
- Derretimos la mantequilla y dejamos que enfríe.
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que queden espumosos.
- Incorporamos la nata y el queso, batimos. Añadir la ralladura de limón y el  zumo y seguir mezclando.
- Añadimos la harina, el royal. Batimos bien.
- Solo queda añadir la mantequilla y mezclar bien todo el conjunto.
- Introducimos 3/4 de la masa en un molde cubierto con papel de hornear o enmantequillado y enharinado. Hacemos dos surcos para introducir la mermelada, podemos ayudarnos de una manga pastelera. Cubrimos con el resto de la masa.
- Se mete en el horno caliente a 180º durante una hora.
Cobertura
Derretimos el chocolate con la nata y cuando el bizcocho esté frío lo cubrimos con él.



miércoles, 9 de agosto de 2017

BISCOITO DE TOFFE

BIZCOCHO DE TOFFE

Eu abrín este blogue con toda a ilusión de ser ordenada, de ter tódalas receitas que me gustan ordenadas para volver a facelas cando queira.
Ao principio da miña vida reposteira tiña apuntadas as receitas en folla soltas, desordenadas, lixadas, non anotaba todos os detalles (que ás veces non parecen importantes, pero resulta que cando volves a facela non recordas en que molde ou o tempo que esperaches...). 
Máis tarde abrín unha carpetiña no ordenador e intentaba ser ordenada, adxuntaba unha foto e todo. Despois diso, díxenme, pois podías abrir un blogue coma eses que tanto miras, total xa que a escribes e a gardas nunha carpeta..., e se abres un blogue obrígaste a redactala mellor e coidar máis os detalles. Así o fixen, que ilusión, publicaba cada pouco, anotaba todos os detalles... Diso hai xa oito anos.
A cousa foi evolucionando, e esfórzaste por facer mellores fotos, compras trapiños, vaixela, cubertos..., buscas a mellor luz, vaste esforzando para que luzca cada vez mellor.
Resulta que iso xa non chega, xa non chega a cámara dixital, non, ves por outros blogues unhas fotos espectaculares, e esa cámara dixital xa é cutre, queres esforzarte máis, mellorar. Compras (gastas unha pasta) nunha cámara reflex, compras ata distintos obxetivos.  A cousa vai en aumento, todo son gastos, esforzos para que as receitas luzan mellor. Pero non era para min?  A que vén ese lucimento? 
En oito anos esto cambiou moito, tanto que agora ter un blogue coma este é ata cutre, agora o que se leva é poñer as receitas paso a paso, poñer vídeos, con edicións espectaculares. Parece que se non es un editor audiovisual  xa non es ninguén. 
O caso é que xa cansa, aburre e cada vez que queres poñer unha receita sentes que vives en outra época, que xa non estás actualizada.
Pois dixen que non, porque volvo a ter tódalas receitas en libretas, con mala letra, con  anotaciones, sen detalles, as veces non sei nin onde anotei, non as encontro e non podo volver a repetir aquela receita que tanto me gustou. O que fago moito é poñela na  páxina de facebook para poder recordarla, pero tamén a anoto en plan telegráfico e ás veces non volven a saírme igual porque me faltan esos detalliños tontos, pero que son tan  importantes.

Menuda parrafada para dicir que este espacio é meu, non é fantástico, nin espectacular, nin cuqui, pero é meu, é a miña libreta de receitas e nel vou anotar as miñas cousiñas, porque son importantes e persoais, e os toques persoais que lles dou son moi importantes para min, así que teño que intentar que se acaben as libretas desastre. E se as fotos non son espectaculares, e se o escenario non o é, tenme que dar igual, é a miña receita, comida e probada por min e polos meus e se está aquí é porque nos  gustou moito e imos  querer volver a comela. Eu non saco nada do blogue, non é un negocio. Internet  cambiou moito e agora todo se  convertiu nun negocio, xa non se fai nada por nada. Odio ir a páxinas e que salte publicidade todo o tempo. Agora xa non é nada auténtico. Pois o meu blogue, si.
Esta receita de hoxe é un dos meus inventos,  encantoume e ten que quedar anotada para repetir mil veces e se alguen ten o privilexio de probarla e lle gusta, pois  voume a alegrar moito.
Unhas amigas miñas comentaronme que compraban un biscoito de caramelo que lles gustaba moito, e eu como son de querer contentar a todos os que quero  púxenme mans á obra, no sei se se parece porque o orixinal non o probei, pero podo asegurar que este biscoito é un auténtico primor. Ah! E ás miñas amigas  gustoulles moito.



 En castellano
Yo abrí un blog con toda la ilusión de ser ordenada, de tener todas las recetas que me gustan ordenadas para volver a hacerlas cuando quiera. 
Al principio de mi vida repostera tenía apuntadas las recetas en hojas sueltas, desordenadas, sucias, no anotaba todos los detalles (que a veces no parecen importantes, pero resulta que cuando vuelves a hacerla no te acuerdas en que molde lo hiciste o el tiempo que esperaste...). 
Más tarde hice una carpetita en el ordenador e intentaba ser ordenada, le adjuntaba una foto y todo. Después de eso, me dije, pues podías abrir un blog, total ya las escribes..., y si abres un blog te obligas a redactarlas mejor, a especificar mejor todos los detalles. Así lo hice, que ilusión, publicaba cada poco, anotaba todos los detalles... De eso hace ya ocho años. 
La cosa fue evolucionando, y te esfuerzas por hacer mejores fotos, compras trapitos, vajilla, cubiertos..., buscas la mejor luz, vamos que te vas esforzando para que luzca.
Eso ya no llega, ya no llega la cámara digital, no, ves por otros blogs unas fotos espectaculares, y esa cámara digital ya es cutre, quieres esforzarte más, mejorar. Te compras (te gastas una pasta ) en una cámara réflex, más tarde hasta compras otros objetivos. La cosa va en aumento, todo son gastos, esfuerzos para que las recetas luzcan bien. ¿Pero no era para mi? ¿A que viene ese lucimiento?
Resulta que en ocho años esto ha cambiado tanto que ahora tener un blog como este es hasta cutre, ahora lo que se lleva es poner las recetas paso a paso, poner vídeos, con edición espectacular. Vamos que tenemos que convertirnos en expertos editores audiovisuales.
El caso es que ya cansa, aburre y cada vez que quieres poner una receta sientes ya que vives en otra época, que ya no estás actualizada. 
Pues me he dicho que no, porque vuelvo a tener todas las recetas en libretas, con mala letra, con cuatro anotaciones, sin detalles, a veces no sé ni donde anoté, no las encuentro y no puedo volver a repetir aquella receta que tanto me gustó. Lo que hago mucho es ponerla en la página de facebook para poder recordarla, pero también la anoto en plan telegráfico y a veces no vuelve a salirme igual porque me faltan esos detallitos tontos, pero que son tan  importantes.
Menuda parrafada para decir que este espacio es mío, no es fantástico, ni espectacular, ni cuqui, pero es mío, es mi libreta de recetas y en él voy anotar mis cositas, porque son importantes y personales, y los toques personales que les doy son muy importantes para mi, así que tengo que intentar que se acaben las libretas desastre. Y si las fotos no son espectaculares, y si el escenario no lo es, me tiene que dar igual, es mi receta, comida y probada por mi y por los míos y si está aquí es porque nos ha gustado mucho y vamos a querer volver a comerla. Yo no saco nada del blog, no es un negocio. Internet ha cambiado mucho y ahora todo se ha convertido en negocio, ya no se hace nada por nada. Odio ir a páginas y que salte publicidad todo el tiempo. Ahora ya no es nada auténtico. Pues mi blog, sí.
Esta receta de hoy es uno de mis inventos, me encantó y tiene que quedar anotada para repetir mil veces y si alguien tiene el privilegio de probarla y le gusta, pues me voy a alegrar mucho.
Unas amigas mías me comentaron que compraban un bizcocho de caramelo que les gustaba mucho, y yo como soy de querer contentar a todos los que quiero me puse manos a la obra, no sé si se parece porque el original no lo probé, pero puedo asegurar que este bizcocho es un auténtico primor. Ah! Y a mis amigas les gustó mucho.


INGREDIENTES
Para o toffe
250 de azucre
Auga (que molle o azucre)
200 ml de nata quente
50 g de manteiga
Para o biscoito
250 g de manteiga
5 ovos
140 g de azucre
20 g de concentrado de toffe
1 culleradiña de concentrado de vainilla
100 g de nata.
100 de queixo crema
450 g de fariña
6 g de royal
4 g de bicarbonato
pizca de sal
Todo o toffe (saen arredor de 325 g)
Podemos poñerlle unhas noces ( cantidade a gusto, uns 150 g)

En castellano
INGREDIENTES
Para el toffe
250 de azúcar
Agua (que moje el azúcar)
200 ml de nata caliente
50 g de mantequilla
Para el bizcocho
250 g de mantequilla
5 huevos
140 g de azúcar
20 g de concentrado de toffe
1 cucharadita de concentrado de vainilla
100 g de nata.
100 de queso crema
450 g de harina
6 g de royal
4 g de bicarbonato
pizca de sal
Todo el toffe (salen alrededor de 325 g)
Podemos ponerle unas nueces ( cantidad a gusto, unos 150 g)

ELABORACIÓN

O toffe
- Mollamos o azucre cun pouco de auga e quentamos ata que se vaia poñendo louro, coidado porque se nos pasamos é amargo, chéganos con que estea douradiño.
- Cando adquira a cor dourada, engadimos a nata quente. Coidado porque pode saltar, o caramelo está moi quente e o contraste pode facer que salte. Engadímolo aos poucos, por iso debe estar a nata quente para que o contraste sexa menos. Mesturamos ben e engadimos a manteiga.
- Volvemos á calor e removemos constantemente ata que espese ( eu póñoo no 4 de 9), uns cinco minutos.
- Deixamos arrefriar e reservamos, si somos capaces de non comérnolo a culleradas e non temos que facer outro.

O biscoito
- Derretemos a manteiga e deixamos que arrefríe.
- Batemos os ovos co azucre ata que queden escumosos.
- Engadimos os concentrados de toffe e de vainilla e seguimos batendo.
- Incorporamos a nata e o queixo, batemos. Seguir incorporando o toffe e seguir mesturando.
- Engadimos a fariña, o royal, o bicarbonato e a pizca de sal. Batemos ben.
- Só queda engadir a manteiga e mesturar ben todo o conxunto.
- Dálle un toque moi bo poñerlle unhas noces.
- A masa é bastante densa.
- Introducimos a masa nun molde cuberto con papel de fornear ou enmanteigado e enfariñado.
- Métese no forno quente a 180º durante unha hora.
- Queda un biscoito moi esponxado.





En castellano
ELABORACIÓN
El toffe
- Mojamos el azúcar con un poco de agua y calentamos hasta que se vaya poniendo rubio, cuidado porque si nos pasamos es amargo, nos llega con que esté doradito.
- Cuando adquiera el color dorado, añadimos la nata caliente. Cuidado porque puede saltar, el caramelo está muy caliente y el contraste puede hacer que salte. Lo añadimos poco a poco, por eso debe estar la nata caliente para que el contraste sea menos. Mezclamos bien y añadimos la mantequilla.
- Volvemos al calor y removemos constantemente hasta que espese ( yo lo pongo en el 4 de 9), unos cinco minutos.
- Dejamos enfriar y reservamos, si somos capaces de no comérnoslo a cucharadas y no tenemos que hacer otro.

El bizcocho
- Derretimos la mantequilla y dejamos que enfríe.
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que queden espumosos.
- Añadimos los concentrados de toffe y de vainilla y seguimos batiendo.
- Incorporamos la nata y el queso, batimos. Seguir incorporando el toffe y seguir mezclando.
- Añadimos la harina, el royal, el bicarbonato y la pizca de sal. Batimos bien.
- Solo queda añadir la mantequilla y mezclar bien todo el conjunto.
- Le da un toque muy bueno ponerle unas nueces.
- La masa es bastante densa.
- Introducimos la masa en un molde cubierto con papel de hornear o enmantequillado y enharinado.
- Se mete en el horno caliente a 180º durante una hora.
- Queda un bizcocho de lo más esponjoso.



domingo, 9 de junio de 2013

COULANT

Este doce paréceme do máis sofisticado, incluso diría que elegante. Temos unha sobremesa que pode sorprender a calquera. Ademais o sabor, a pesar de ser a intenso chocolate, inunda de sensacións o padal, un sabor delicado e intenso á vez.
Xa fai bastante tempo que o elaborei por primeira vez, probei varias receitas, pero nunca cheguei a publicalo, xa tiña as receitas recompiladas antes de telo blogue, unha delas é esta que presento e non sei de onde o saquei, se alguén a identifica coma súa que mo faga saber. É a máis sinxela que probei e obtense moi bo resultado, entón para que complicarse a vida.
A súa elaboración é moi fácil, realizar a masa non ten ningunha dificultade, a dificultade reside no forneado. O meu consello é que non nos fiemos de ningunha receita, senón que debemos establecer os nosos tempos. Non podemos deixar a elaboración da receita para o día, non podemos deixalo en mans da improvisación, debe estar todo moi calculado. Polo tanto, hai que facer este doce con antelación e experimentar con el, penso que non chega con un intento, eu fixen varios hasta lograr o punto xusto. Como debe fornearse mentres se come é bastante difícil estar atenta a todo, a falar cos convidados, a atender á hora, a recoller, cantos minutos leva??? Por este motivo debería estar todo máis que calculado. 
Tamén é bastante cómodo facer a masa con antelación, conxelala e ter controlados os tempos e as temperaturas porque temos unha sobremesa estupenda no conxelador para imprevistos.
Aquí queda a miña tese sobre o coulant. Desde logo a partires de agora xa non lle terei medo e poderei sorprender gratamente con este magnífico doce. 




En castellano
Este dulce me parece de lo más sofisticado, incluso diría que elegante. Tenemos un postre que puede sorprender a cualquiera. Además el sabor, a pesar de ser a intenso chocolate, inunda de sensaciones el paladar, un sabor delicado e intenso a la vez.
Ya hace bastante tiempo que lo elaboré por primera vez, probé varias recetas, pero nunca llegué a publicarlo, ya tenía las recetas recopiladas antes de tener el blog, una de ellas es esta que presento y no sé de donde la saqué, si alguien la identifica como suya que me lo haga saber. Es la más sencilla que probé y se obtiene muy bueno resultado, entonces para que complicarse la vida.
Su elaboración es muy fácil, realizar la masa no tiene ninguna dificultad, la dificultad reside en el horneado. Mi consejo es que no nos fiemos de ninguna receta, sino que debemos establecer nuestros tiempos. No podemos dejar la elaboración de la receta para el día que lo necesitamos, no podemos dejarlo en manos de la improvisación, debe estar todo muy calculado. Por lo tanto, hay que hacer este dulce con antelación y experimentar con él, pienso que no llega con un intento, yo hice varios hasta lograr el punto justo. Como debe hornearse mientras se come es bastante difícil estar atenta a todo, a hablar con los comensales, a atender a la hora, a recoger, cuantos minutos lleva??? Por este motivo debería estar todo más que calculado. 
También es bastante cómodo hacer la masa con antelación, congelarla y tener controlados los tiempos y las temperaturas porque tenemos un postre estupendo en el congelador para imprevistos.
Aquí queda mi tesis sobre lo coulant. Desde luego a partir de ahora ya no le tendré miedo y podré sorprender gratamente con este magnífico dulce.





Ingredientes
5 ovos
100 gr. de azucre glass
200 gr. de manteiga en pomada
100 gr. de fariña de repostería
250 gr de chocolate para prostres
Esencia de vainilla
5 gr. de cacao en po (para espolvorear os moldes)
1'5 g. de sal.

En castellano
Ingredientes
5  Huevos
100 gr. de azúcar glass
200 gr. de mantequilla en pomada
100 gr. de harina floja
250 gr de chocolate para postres
Esencia de vainilla
5 gr. de cacao en polvo (para espolvorear los moldes)
1'5 g. de sal.




PREPARACIÓN
- Acordarse de sacar con tempo a manteiga da neveira.
- Montar a manteiga en pomada co azucre e cando branquee, botar os ovos de un en un, hasta que estea integrado o primeiro non engadir o seguinte.

- Seguir batendo aínda que pareza que a mestura está cortada, engadir o sal e a esencia de vainilla. 
- Agregar a fariña, cando ligue, incorporar o chocolate previamente derretido (no meu caso no micro). 

- Poñer a masa en flaneiras metálicas previamente untadas de manteiga e espolvoreadas con cacao puro en po.
- Conxelar, no momento de preparalos, sacalos do conxelador xusto cando acendamos o forno a 220º, ao acadar esa temperatura metelos no horno durante 20 minutos, no nivel máis baixo e na grella. Isto no meu caso, cada un debe experimentar co seu forno.
- Queda fenomenal acompañado de xeado. Neste caso acompañeino con nata semimontada cun pouco de queixo crema e azucre glass.





En castellano
Preparación
- Acordarse de sacar la mantequilla a tiempo.
- Montar la mantequilla en pomada con el azúcar y cuando blanquee, echar los huevos de uno en uno.
- Seguir batiendo aunque parezca que la mezcla esté cortada, añadir la sal y la esencia de vainilla. 
- Agregar la harina  y, cuando ligue, incorporar el chocolate previamente derretido (en mi caso en el micro). - Poner la masa en flaneras metálicas previamente untadas de mantequilla y espolvoreados con cacao puro en polvo
- Congelar, en el momento de prepararlos, sacarlos del congelador justo cuando el horno a 220º, al alcanzar esa temperatura meterlos en el horno durante 20 minutos, en el nivel más bajo y en la rejilla. Esto en mi caso, cada uno debe experimentar con su horno.
- Queda fenomenal acompañado de helado. En este caso lo acompañé con nata semimontada con un poco de queso crema y azúcar glass. 
sábado, 20 de abril de 2013

TORTA FLORENTINA

Fai pouco máis dun ano propúxenme facer esta torta e tiven o meu primeiro intento, o resultado foi un delicioso biscoito de améndoa, pero segundo o catador oficial da torta florentina non conseguira o punto xusto, aínda que debo confesar, que a min gústame máis ca esta. Aínda que no seu momento busquei pola rede algunha receita que me orientase non atopei ningunha, pero fai unhas semanas Mosquis de Laurel e Canela publicou a receita da torta florentina, aí quedou anotada e toda a intención de copiala e tamén me alegrou ver que non ía moi desencamiñada na miña improvisación. O fin de semana pasado decidín facela e en lugar de ir directamente ao blogue de Mosquis pois puxen en google "tarta florentina" e saíu estoutra do blogue Sazono y me lo como. Agora xa tiña dúas propostas, fixen a miña propia versión coa que quedei moi contenta, tivo moi boas críticas e o mellor de todo, ao catador encantoulle, emocionoume cando me dixo que estaba mellor que a orixinal.



En castellano
Hace poco más de un año me propuse hacer esta tarta y tuve mi primer intento, el resultado fue un delicioso bizcocho de almendra, pero según el catador oficial de la tarta florentina no había conseguido el punto justo, aunque debo confesar, que a mi me gusta más que esta. Aunque en su momento busqué por la red alguna receta que me orientara no encontré ninguna, pero hace unas semanas Mosquis de Laurel y Canela publicó la receta de la tarta florentina, ahí quedó anotada y toda la intención de copiarla y también me alegró ver que no iba muy desencaminada en mi improvisación. El fin de semana pasado decidí hacerla y en lugar de ir directamente al blog de Mosquis pues puse en google "tarta florentina" y salió esta otra del blog Sazono y me lo como. Ahora ya tenía dos propuestas, hice mi propia versión con la que he quedado muy contenta, tuvo muy buenas críticas y lo mejor de todo, al catador le encantó, me emocionó cuando me dijo que estaba mejor que la original.



Ingredientes
Para o bizcocho
240 gr. de azucre
225 gr. de améndoa moída
135 gr. de manteiga en pomada (en pomada significa que debe estar branda, levar unhas horas fóra da neveira)
110 gr. de fariña
5 ovos
5 gr de royal
Media culleradiña de bicarbonato (é prescindible)
Para a cobertura
1 culleradiña de mel
65 gr. de auga
80 gr. de azucre
80 gr. de manteiga
125 gr. de améndoa fileteada.

En castellano
Ingredientes
Para el bizcocho
240 gr. de azúcar
225 gr. de almendra molida
135 gr. de mantequilla en pomada (blandita, que lleve un tiempo fuera de la nevera)
110 gr. de harina
5 huevos
5 gr de royal
Media cucharadita de bicarbonato (es prescindible)
Para la cobertura
1 cucharadita de miel
65 gr. de agua
80 gr. de azúcar
80 gr. de mantequilla
125 gr. de almendra fileteada.



Elaboración
Da masa.
- Debemos acordarnos de sacar a manteiga da neveira con antelación, unhas dúas ou tres horas antes para que cando a usemos estea en pomada.
- Batemos os ovos co azucre ata que queden escumosos. Eu fágoo coa batidora de dúas varillas.
- Engadimos a manteiga e batemos.
- Incorporar a fariña e o royal e o bicarbonato, mesturamos.
- Para rematar engadimos a améndoa e mesturamos ben.
- Forramos un molde de 26 cm de diámetro con papel de fornear ou o engraxamolo e enfariñámolo e vertemos nel a mestura.
- Forneamos en forno prequecido a 180º durante 35-40 minutos. Temos a seguridade de que está feito si ao pincharlo cunha agulla ou unha brocheta, esta sae seca.



Da cobertura
- Cando ao biscoito lle falten uns dez minutos para acabar de cocerse, (podemos observar que xa está douradiño pola superficie) poñemos no lume un cazo cos ingredientes para a cobertura, menos a alméndoa fileteada que a engadiremos ao final.
- Deixamos que ferva a lume medio durante uns 5-8 minutos e engadimos a améndoa fileteada. Remexéndoo para que se impregne ben no almíbar.
- Cando o biscoito estea listo retirámolo do forno e cubrimos a superficie coa améndoa repartíndoa ben.
- Volvemos introducir a tarta no forno e deixamos que se doure a almendra. Son necesarios uns 10 minutos. Eu subo a grella un nivel máis para que estea máis preto da resistencia superior, podemos poñer calor só arriba. É necesario estar atentos. Retiramos do forno en canto vexamos que ten unha bonita cor dourada, tirando a torrado.
- Deixamos que se temple un pouco e desmoldamos. Coidado porque o caramelo pode pegarse ás paredes do molde.




Elaboración
De la masa.
- Debemos acordarnos de sacar la mantequilla de la nevera con antelación, unas dos o tres horas antes para que cuando la usemos esté en pomada.
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que queden espumosos. Yo lo hago con la batidora de dos varillas
- Añadimos la mantequilla y batimos.
- Incorporar la harina y el royal y el bicarbonato, mezclamos.
- Por último añadimos la almendra y mezclamos bien.
- Forramos un molde de 26 cm de diámetro con papel de hornear o lo engrasamos y enharinamos y vertemos en él la mezcla.
- Horneamos en horno precalentado a 180º durante 35-40 minutos. Tenemos la seguridad de que está hecho si al pincharlo con una aguja o una brocheta, ésta sale seca.
 
 
 
 
De la cobertura
 - Cuando al bizcocho le falten unos diez minutos para terminar de cocerse, (podemos observar que ya está dorarito por la superficie) ponemos en al fuego un cazo con los ingredientes para la cobertura, menos la almendra fileteada que la añadiremos al final. 
- Dejamos que hierva a fuego medio durante unos 5-8 minutos y añadimos la almendra fileteada. Lo removemos para que se impregne bien en el almíbar.
- Cuando el bizcocho esté listo lo retiramos del horno y cubrimos la superficie con la almendra repartiénla bien.
- Volvemos a introducir la tarta en el horno y dejamos que se dore la almendra. Son necesarios unos 10 minutos. Yo subo la rejilla un nivel más para que esté más cerca de la resistencia superior, podemos, incluso, poner calor solo arriba. Es necesario estar atentos. Retiramos del horno en cuanto veamos que tiene un bonito color dorado, tirando a tostado.
- Dejamos que se temple un poco y desmoldamos. Cuidado porque el caramelo puede pegarse a las paredes del molde.




miércoles, 28 de noviembre de 2012

BISCOITO DE IOGUR SABOR LIMÓN

BIZCOCHO DE YOGUR SABOR LIMÓN
Pois si, un simple biscoito de iogur. Quen non fixo algunha vez o biscoito de iogur? Creo que todo o mundo (ou case) probou a facelo e seguro que é o máis socorrido en caso de necesidade de algo doce. É simple, é do máis simple e con todo delicioso. Con esta receita básica todos facemos as nosas variacións, cada un seguro que ten o seu toque que o fai particular. Eu xa probei moitas variantes, substituír o iogur por queixo crema, por nata, con ambos, con chocolate, con noces... Este tipo de biscoito é o que uso para facer tortas con recheos e queda perfecto. Esta vez a variante foi o limón e é un delicado bocado con sabor a limón do máis delicioso. Hai miles de receitas pola rede deste tipo de biscoito, pero faltaba a miña.
En castellano
Pues sí, un simple bizcocho de yogur. Quien no hizo alguna vez el bizcocho de yogur? Creo que todo el mundo (o casi) ha probado a hacerlo y seguro que es lo más socorrido en caso de necesidad de algo dulce. Es simple, es de lo más simple y sin embargo delicioso. Con esta receta básica todos hacemos nuestras variaciones, cada uno seguro que tiene su toque que lo hace particular. Yo ya he probado muchas variantes, sustituír el yogur por queso crema, por nata, con ambos. con chocolate, con nueces... Este tipo de bizcocho es el que uso para hacer tartas con rellenos y queda perfecto. Esta vez la variante ha sido el limón y es un delicado bocado con sabor a limón de lo más delicioso. Hay miles de recetas por la red de este bizcocho, pero faltaba la mía.



Ingredientes
1 iogur de limón, o vaso usarase como medida
2 medidas de azucre
1 medida de aceite de xirasol
3 ovos
Raspadura de limón
4-5 culleradas de zume de limón
2 1/2 medidas de fariña
1 medida de améndoa moída
2 sobres dobres de gasificante (dous morados e dous brancos de hacendado) ou un sobre de royal
En castellano
Ingredientes
1 yogur de limón, el vaso se usará como medida
2 medidas de azúcar
1 medida de aceite de girasol
3 huevos
Ralladura de limón
4-5 cucharadas de zumo de limón
2 1/2 medidas de harina
1 medida de almendra molida
2 sobres dobles de gasificante (dos morados y dos blancos de hacendado) o un sobre de royal



Realización
- Baleiramos o iogur nun bol, engadimos o azucre e mesturamos. Incorporar o aceite, remover.
- Cando teñamos unha mestura homoxénea engadimos o ovos un a un mesturando ben.
- Incorporamos a raspadura, o zume e para rematar a fariña, a améndoa e os gasificantes ou o royal. Engadimos cada medida por separado, cando a primeira medida de fariña estea ben integrada engadimos a seguinte ata rematar con todo.
- Introdúcese no molde elixido cuberto con papel de fornear ou untado con manteiga e espolvoreado con fariña.
- Só queda metelo en forno prequecido a 180º durante 45 minutos (el tiempo y la temperatura son orientativos, cada horano tiene sus peculiaridades.)



En castellano
Realización
- Vaciamos el yogur en un bol, añadimos el azúcar y mezclamos. Incorporar el aceite, remover.
- Cuando tengamos una mezcla homogénea añadimos lo huevos uno a uno mezclando bien.
- Incorporamos la ralladura, el zumo y por último la harina,  la almendra y los gasificantes o el royal. Añadimos cada medida por separado, cuando la primera medida de harina esté bien integrada añadimos la siguiente.
- Se introduce en el molde elegido cubierto con papel de honear o untado con mantequilla y espolvoreado con harina. 
- Solo queda meterlo en horno precalentado a 180º durante 45 minutos (el tiempo y la temperatura son orientativos, cada horno tiene sus peculiaridades.)
 
 
jueves, 4 de octubre de 2012

BILBAÍNOS. BISCOITOS RÁPIDOS

Estes biscoitiños son unha auténtica delicia, e o mellor de todo, facilísimos e fanse moi rápido. Unha visita inesperada?? Nada na casa?? Mentres pos a cafetera e se fai o café, preparas os biscoitos e presentas o café acompañado de luxo. Iso si, a cociña sen recoller, eh? Para tanto non dá a rapidez.
Vinos de casualidade en Cocinando con amor, como son tan sinxelos non custa nada porse a facelos e probar. O malo é que tampouco custa nada repetilos moitas veces.
En castellano
Estos bizcochitos son una auténtica delicia, y lo mejor de todo, facilísimos y se hacen muy rápido. Una visita inesperada?? Nada en casa?? Mientras pones la cafetera y se hace el café, preparas los bizcochos y presentas el café acompañado de lujo. Eso si, la cocina sin recoger, eh? Para tanto no da la rapidez.
Los vi de casualidad en Cocinando con amor, como son tan sencillos no cuesta nada ponerse a hacerlos y probar. Lo malo es que tampoco cuesta nada repetirlos muchas veces.
 
 
 
 
Ingredientes
450 g de fariña
250 ml de leite
125 ml de aceite
Un chisco de sal
Ralladura de limón
200 g de azucre
1 sobre de fermento royal
Un ovo para pintar e azucar para espolvorear.

En castellano
Ingredientes
450 g de harina
250 ml de leche
125 ml de aceite
Una pizca de sal
Ralladura de limón
200 g de azúcar
1 sobre de levadura royal
Un huevo para pintar y azucar para espolvorear.
 
 
 
 
Elaboración
- Mesturar todos o ingredientes nun bol, quedará unha masa bastante pastosa.
- Introdúcese a masa nunha manga pasteleira sen a boquilla ou nunha bolsa de plástico á que lle cortamos un extremo.
- Dispoñer a masa, formando os biscoitos, na bandexa do forno cuberta con papel de fornear, débese deixar separación entre eles porque crecen.
- Pintar con ovo e espolvorear de azucre.
- Hornear uns 25 m. a 180 graos ou ata que estean dourados.
 


En castellano
Elaboración
- Mezclar todos los ingredientes en un bol, quedará una masa bastante pastosa.
- Se introduce la masa en una manga pastelera sin la boquilla o en una bolsa de plástico a la que le cortamos un extremos.
- Disponer la masa, para formar los bizcochos, sobre la bandeja del horno cubierta con papel de hornear, se debe dejar separación entre ellos porque crecen.
- Pintar con huevo y espolvorear de azúcar.
- Hornear unos 25 m. a 180 grados o hasta que estén dorados.

 

sábado, 18 de agosto de 2012

BUNDT CAKE DE CHOCOLATE Y GRACIAS MAI


Primeiro de nada quería presentar a miña nova imaxe, unha imaxe totalmente diferente. Xa levaba tempo querendo cambiala, pero non me atrevía. Abrín o blogue no verán do 2009, así un bo día sen case darme conta. Poucos cambios fixen no deseño, a verdade é que, en xeral, non me gustan demasiado os cambios. Nalgunha ocasión intenteino, pero co computador vello non podía, cada vez que o intentaba colgábaseme, polo tanto desistín. Pero agora como teño aparatiño novo, soporta mellor este tipo de cousas.
Un día  destes, de excursións pola rede, visitando eses blogs que tanto me gustan, descubrín que Mai do blog "Hierbas e especias" dedicábase a facer deseños para blogs. O que máis me sorprendeu foi que as regalaba a quen as quixese, non mo podía crer, iso é ser xeneroso e o demais son bobadas. Ademais os deseños eran superchulos, que eran o que eu andaba buscando. Envieille un comentario, nunca antes lle comentara, aínda que se era asidua ao seu blog, encántame o que fai e o que conta. Non tardou nada en contestarme e regalábame a plantilla que me gustou. Desde logo estes xestos emocionan a calquera.
Tardei bastante en aplicala porque todo o novo dáme un medo excesivo, e se se me perde o blog? E se se me perden todas a entradas e logo non sei recuperalas? A pesar das palabras tranquilizadoras de Mai eu seguía coas miñas dúbidas. Pero onte decidín coller o touro polos cornos e logo de facer copias de seguridade a trochi moche, armeime de tranquilidade e acougo e resulta que a cousa era en grao sumo sinxela. Sempre me pasa igual, medos, medos ao descoñecido e ao final non era para tanto. Iso de vivir a vida perigosamente non é para min, todo ten que estar perfectamente controlado.
Pois ao final ben contenta que estou co resultado e o  deseño paréceme precioso. A xente que vale, vale para todo, para ter un blog estupendo, facer receitas marabillosas, fotos fantásticas e ademais deseña plantillas. Só me queda dicir, e en letras maiúsculas, GRAZAS MAI!!!!!!!!!!!!!
A receita, nesta ocasión, tamén é copiada. Desde que teño o meu molde bundt úsoo todo o que podo e, como non, débese facer un clásico, o de chocolate. A receita copieina de food & cook 
En castellano
Primero de nada quería presentar mi nueva imagen, una imagen totalmente diferente. Ya llevaba tiempo queriendo cambiarla, pero no me atrevía. Abrí el blog en el verano del 2009, así un buen día sin casi darme cuenta. Pocos cambios hice en el diseño del blog, la verdad es que, en general, no me gustan demasiado los cambios. En alguna ocasión lo intenté, pero con el ordenador viejo no podía, cada vez que lo intentaba se me colgaba, por lo tanto desistí. Pero ahora como tengo aparatito nuevo soporta mejor este tipo de cosas.
Un día de estos, de excursiones por la red, visitando esos blogs que tanto me gustan, descubrí que Mai del blog "Hierbas y especias" se dedicaba a hacer plantillas para blogs. Lo que más me sorprendió fue que las regalaba a quien las quisiera, no me lo podía creer, eso es ser generoso y lo demás son tonterías. Ademas los diseños eran superchulos, vamos que eran lo que yo andaba buscando. Le envié un comentario, nunca antes le había comentado, aunque si era asidua a su blog, me encanta lo que hace y lo que cuenta. No tardó nada en contestarme y me regalaba la plantilla que me había gustado. Desde luego estos gestos emocionan a cualquiera.
Tardé bastante en aplicarla porque todo lo nuevo me da un miedo excesivo, y si se me pierde el blog? Y si se me pierden todas la entradas y luego no sé recuperarlas? A pesar de las palabras tranquilizadoras de Mai yo seguía con mis dudas. Pero ayer decidí coger el toro por los cuernos y después de hacer copias de seguridad a trochi moche, me armé de tranquilidad y sosiego y resulta que la cosa era de lo más sencilla. Siempre me pasa igual, miedos, miedos a lo desconocido y al final no era para tanto. Eso de vivir la vida peligrosamente no es para mi, todo tiene que estar perfectamente controlado.
Pues al final bien contenta que estoy con el resultado y la plantilla me parece preciosa. La gente que vale, vale para todo, para tener un blog estupendo, hacer recetas maravillosas, fotos fantásticas y además diseña plantillas. Solo me queda decir, y en letras mayúsculas, GRACIAS MAI!!!!!!!!!!!!!
La receta, en esta ocasión, también es copiada. Desde que tengo mi molde bundt lo uso todo lo que puedo y, como no, se debe hacer un clásico, el de chocolate. La receta la copié de food & cook.




Ingredientes
225 gr. de manteiga
250 gr. de azucre (na receita orixinal leva 410 g)
4 ovos a temperatura ambiente
360 gr. de fariña
7 gr. de bicarbonato sódico (na orixinal pon 15, pero inflaba demasiado)
1 chisco de sal
240 ml. de buttermilk (como é difícil atopala, podémola facer na casa)
65 gr. de cacao en po
160 ml. de auga
2 culleradiñas de extracto de vainilla

Ingredientes para a buttermilk
250 ml de leite enteiro
1 cullerada de zume de limón ou de vinagre
En castellano
Ingredientes
225 gr. de mantequilla
250 gr. de azúcar (en la receta original lleva 410 g)
4 huevos a temperatura ambiente
360 gr. de harina
7 gr. de bicarbonato sódico (en la original pone 15, pero inflaba demasiado)
1 pizca de sal
240 ml. de buttermilk (como es difícil encontrarla, la podemos hacer en casa)
65 gr. de cacao en polvo
160 ml. de agua
2 cdtas. de extracto de vainilla

Ingredientes para la buttermilk
250 ml de leche entera
1 cucharada de zumo de limón o de vinagre



Elaboración
- Mesturamos a manteiga a temperatura ambiente e o azucre ata obter unha masa lixeira e esponxosa.
- Podemos ir facendo a buttermilk: pór nun bol 250 ml. de leite, engadirlle unha cullerada rasa de vinagre ou de zume de limón e deixalo repousar durante 10 minutos a temperatura ambiente. Transcorrido este tempo mesturámolo todo e xa teremos a nosa buttermilk caseira lista para usar.
- Engadimos os ovos un a un e batemos ben logo de cada adicción.
- Nun bol tamizamos a fariña, o sal e o bicarbonato sódico e engadímosllo á masa anterior alternándoa coa buttermilk, farémolo en tres adiccións.
- Pomos a auga a ferver (ou no microondas) e cando chegue a ebulición engadímoslla ao cacao en po, mesturamos ata formar unha masa homoxénea.
- Engadimos esta mestura suavemente á masa, xunto co extracto de vainilla e batémolo ata que estean integrados todos os ingredientes.
- Engraxamos o molde, derrito un pouco de manteiga no micro e pincelo o molde en dirección ascendente. Nunca o enfariño e non se pega.
- Vertemos a mestura sobre o molde e introducímolo no forno, prequecido a 180º, durante 50 minutos aproximadamente, ou ata que piquemos e vexamos que a nosa agulla sae limpa.
- Cando o noso bizcocho estea forneado, sacámolo e deixámolo uns minutos ata que se arrefríe dentro do molde, a continuación sacámolo e deixámolo arrefriar completamente sobre unha grella.



Elaboración
- Mezclamos la mantequilla blanda y el azúcar hasta obtener una masa ligera y esponjosa.
- Podemos ir haciendo la buttermilk: poner en un bol 250 ml. de leche, añadirle una cucharada rasa de vinagre o de zumo de limón y dejarlo reposar durante 10 minutos a temperatura ambiente. Transcurrido este tiempo lo mezclamos todo y ya tendremos nuestra buttermilk casera lista para usar.
- Añadimos los huevos uno a uno y batimos bien después de cada adicción.
- En un bol tamizamos la harina, la sal y el bicarbonato sódico y se lo añadimos a la masa anterior alternándola con la buttermilk, lo haremos en tres adicciones.
- Ponemos el agua a hervir (o en el microondas) y cuando llegue a ebullición se lo añadimos al cacao en polvo, mezclamos hasta formar una masa homogénea.
- Añadimos esta mezcla suavemente a la masa, junto con el extracto de vainilla y lo batimos hasta que estén integrados todos los ingredientes.
- Engrasamos el molde, derrito un poco de mantequilla en el micro y pincelo el molde en dirección ascendente. Nunca lo enharino y no se pega
- Vertimos la mezcla sobre el molde y lo introducimos en el horno, precalentado a 180º, durante 50 minutos aproximadamente, o hasta que pinchemos y veamos que nuestra aguja sale limpia.
- Cuando nuestro bizcocho esté terminado, lo sacamos y lo dejamos unos minutos hasta que se enfríe dentro del molde, a continuación lo sacamos y lo dejamos enfriar completamente sobre una rejilla.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...