Mostrando entradas con la etiqueta peixe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peixe. Mostrar todas las entradas
sábado, 12 de julio de 2014

CABACIÑO RECHEO DE XARDA

CALABACÍN RELLENO DE CABALLA
Pois non era esta a entrada programada, pero como me gustou tanto a comida de hoxe pois non podía perderse a receitiña. Xa me gustou cando a fixen logo de ver a receita de Pamela en directo al paladar. Hoxe non sabía que comer, poucas cousas na casa e rebuscando na neveira e no armario pois fixen a miña propia versión e está de rechupete.
Está claro que con xarda fresca previamente cocida quedaría tamén perfecto, pero a falta dela boa é unha latiña e si é de catrineta pois mellor que mellor, eu sigo tirando do meu obsequio de aniversario que me saca de moitos apuros.
A ver si son capaz de publicar unha vez á semana, a semana pasada o pan, esta un pratiño salgado completo e a semana que vén ten que ser a sobremesa.
En castellano
Pues no era esta la entrada programada, pero como me gustó tanto la comida de hoy pues no podía perderse la recetita. Ya me gustó cuando la hice después de ver la receta de Pamela en directo al paladar. Hoy no sabía que comer, pocas cosas por casa y rebuscando en la nevera y en el armario pues hice mi propia versión y está de rechupete.
Está claro que con caballa fresca previamente cocida quedaría también perfecto, pero a falta de ella buena es una latita y si es de catrineta pues mejor que mejor, yo sigo tirando de mi obsequio de cumpleaños que me saca de muchos apuros.
A ver si soy capaz de publicar una vez a la semana, la semana pasada el pan, esta un platito salado completo y la semana que viene tiene que ser el postre.





Ingredientes
1 cabaciño mediano 
80 g de xarda en aceite de oliva (unha lata de catrineta)
1 cebola pequena
1 dente de allo
1 cenoria
100 g de tomate frito
sal, pementa e ourego
aceite de oliva 
queixo raiado para gratinar.

En castellano
Ingredientes
1 calabacín mediano 

80 g de caballa en aceite de oliva (una lata de catrineta)
1 cebolla pequeña
1 diente de ajo
1 zanahoria
100 g de tomate fritido
sal, pimienta y orégano
aceite de oliva 
queso rallado para gratinar.



Elaboración
- Lavamos, secamos e abrimos o cabaciño ao longo pola metade. Cortamos con axuda dun coitelo por todo o contorno interior sen chegar á pel e facémoslle uns cortes na polpa ao longo e ao ancho facendo cadradiños. Colocamos as metades sobre unha fonte de forno lixeiramente engraxada e forneamos co forno prequecido a 200º ata que a polpa estea branda (comprobámolo cun garfo) durante uns 20 minutos máis ou menos.
- Con axuda dunha culler sacamos a polpa do cabaciño sen romper a casca, troceamos e reservamos. 
- Cubrimos o fondo dunha tixola cun pouco de aceite de oliva, quentámolo un pouco. Pochamos a cebola e o allo, logo engadimos a cenoria ata que se abrande, todo cortado moi finiño (en picadora). 
- Cando estea ben pochadito todo engadimos o cabaciño que tiñamos reservado e dámoslle unhas voltas ata que se reduza o líquido, salpementamos.
- Por último engadimos a xarda, o tomate fritido e o ourego.
- Deixamos que se mesture todo ben uns minutos.
- Enchemos o cabaciño con esta mestura, cubrímos con queixo para gratinar e forneamos a 200º durante 20 minutos aproximadamente.




En castellano
Elaboración
- Lavamos, secamos y abrimos el calabacín a lo largo por la mitad. Cortamos con ayuda de un cuchillo por todo el contorno interior sin llegar a la piel y le hacemos unos cortes en la pulpa a lo largo y a lo ancho haciendo cuadraditos. Colocamos las  mitades sobre una fuente de horno ligeramente engrasada y horneamos con el horno a 200º hasta que la pulpa esté blanda (lo comprobamos con un tenedor) durante unos 20 minutos más o menos.
- Con ayuda de una cuchara sacamos la pulpa del calabacín sin romper la cáscara, la troceamos y reservamos. 
- Cubrimos el fondo de una sartén con un poco de aceite de oliva, lo calentamos un poco. Rehogamos  la cebolla y el ajo, luego añadimos la zanahoria hasta que se ablande, todo cortado muy finito (en picadora). 
- Cuando esté bien pochadito todo añadimos el calabacín que teníamos reservado y le damos unas vueltas hasta que se reduzca el líquido, salpimentamos.
- Por último añadimos la caballa, el tomate frito y el orégano.
- Dejamos que se mezcle todo bien unos minutos.
- Rellenamos el calabacín con esta mezcla,  cubrimos con queso para gratinar y horneamos a 200º durante 20 minutos aproximadamente.


sábado, 10 de abril de 2010

BACALLAO Ó FORNO

Esta é unha receita ben sinxela, que fixen un día calquera. Non ten complicación ningunha, pode que non teña categoría para ser publicada, de feito dubideino moito, pero logo pensei que se a quero facer outro día non me acordo como fixen e dáme rabia, xa me ten pasado outras veces. A verdade é que me encantou.
A presentación tampouco é moi boa, pero é de andar por casa.


Ingredientes (para unha ración)
2 anacos de bacallao delgado
1 cebola pequena
1 dente de allo
6 culleradas de tomate triturado
2 patacas
3 culleradas de aceite para o sofrito e aceite para fritir as patacas

Realización
A noite antes poñemos a desalgar o bacallao, cambiándolle a auga dúas ou tres veces. Con isto hai que ter coidado, eu púxeno a noite antes porque eran uns anacos delgados e só dous, se son máis gordos e máis pois haberá que telo máis tempo.
Cortamos as patacas en rodaxas finas e fritímolas un pouco. Ó mesmo tempo podemos ir facendo o sofrito con tres culleradas de aceite a cebola e o allo ben picadiños. Cando estean pochados engadimos o tomate. Neste caso foi tomate triturado de bote, pero tamén podería ser con tomate natural e facer unha salsa de tomate natural. Aínda que digo que é para unha ración a salsa ben se pode aproveitar para dúas racións, pode ser a mesma cantidade para dúas racións, eu diría que para dúas racións non necesita o dobre de ingredintes, ó mellor un pouco máis, pero non o dobre.
Cando as patacas estean un pouco feitas depositámolas, escorridas, no fondo do recipiente queimo a empregar para o forno, por encima os anacos de bacallao coa pel cara abaixo e cubrindo todo a salsa. Metémolo no forno prequentado a 200º durante 20 minutos e listo. Esto tamén é relativo porque se é máis bacallao e máis gordo terá que estar máis tempo.



jueves, 15 de octubre de 2009

GUISO DE MARAGOTA

A maragota é un peixe de baixura que se pesca cerca das pedras. Meu pai vai pescar con asiduidade, é do que máis colle, así como fanecas e sarretas (así as chamamos nós).
Persoalmente non lle teño moita simpatía a este peixe. Non son de peixe, pero un sargo, un linguado, un rodaballo, sardiñas ou xurelos non me desgusta comelos, pero este bicho cómoo porque hai que comer peixe e na casa abunda.
Ten unha carne branquecina e algo xelatinosa, diría eu. Unhas espiñas asasinas, polo abundantes gordas e duras e unhas escamas grandes e duras.
Miña nai sempre o prepara en caldeirada, pero eu decidín que tiña que buscar unha forma de facelo algo máis rico e a verdade é que rico si estaba. Bueno a min o que máis me gustaron foron as patacas e a salsiña.


Ingredientes (para dúas persoas)
1 maragota de torar (toreina en 4 anacos)
1 cebola
6-8 culleradas de aceite
2 puñados de chícharos
4 patacas grandes
½ vaso de auga morna
1 sobre de azafrán
½ culleradiña de pementón doce
4 culleradas de salsa de tomate caseira.
1 ramiña de perexil (non lla puxen porque non tiña, pero debería levar)
Sal para salgar o peixe


O bicho en cuestión

Preparación
- Toramos a maragota, o ancho dos toros é a criterio persoal.
- Pola mañá (no día en que imos preparar a maragota) salgámola con sal gorda, por tódolos lados e incluso dentro da barriga.
- Antes de preparala lavamos a maragota, se non nos gusta o salgado poñémola un pouco a remollo, pero xa chega con lavala. O sal fai que a carne sexa máis consistente e rica. Eu abrín os toros pola metade para que se cocera antes, pero tampouco sería necesario.
- Pelamos as patacas e cortámolas en rodaxas de medio centímetro, para que se cociñen ó tempo co peixe.
- Introducimos 4 culleradas de aceite no fondo dunha pota ( máis ben ancha para que quede todo ben estricado), encima poñemos as patacas, encima a cebola cortada en xuliana e por último a maragota.
- Rociamos a maragota con un pouco aceite por encima (outras 3-4 culleradas). Repartimos as 4 culleradas de salsa de tomate caseira.
-Desfacemos o azafrán e o pementón en medio vaso de auga morna e regamos todo o conxunto anterior por encima.
- Por último, repartimos os chícharos pola pota.
- Poñemos ó lume e cando vemos que ferve baixamos o calor de xeito que haxa un pouco de burbulleo, sempre coa tapa posta. Movemos de vez en cando para que non se agarre ó fondo.
- Despois de 40 minutos está listo. O sal do salazón inicial foi suficiente.






miércoles, 19 de agosto de 2009

CROQUETAS DE BACALLAO

Se teño que confesar cal é a miña comida preferida direi que as croquetas e a tortilla de patacas. Son así de simple e que se quiten outros manxares. Fixen croquetas moitas veces, se alguén me preguntaba as medidas, nin idea, sempre ía botando según me parecía. Pero hoxe, co conto do blogue, veña a medir, por fin teño unha receita de croquetas, e fíxome falta ter o blogue. Con esto do blogue estou creando un recetario, para min, moi útil, porque antes facía comidas e nunca apuntaba e despois non me acordaba ou apuntaba de calquera maneira nun anaco de papel, que ou tiraba ou ó final nin entendía.

Ingredientes
100 grs de manteiga
100 grs de fariña
½ litro de leite.
60 grs de bacallao desmenuzado
sal (o do sal é moi persoal porque hai xente que lle gusta todo moi salgado e a outras soso). Eu puxen arredor dunha culleradiña (porque o bacallao estaba desalgado).
Un pouco de noz moscada
2 lonchas de queixo que fundan ben ou 1 cullerada de queixo rilado ou en pó.
3 ovos
Pan rilado
1 culleradiña de levadura Royal
Aceite para fritir.
Realización
- Métese a manteiga ó lume nun cazo ata que se derreta.
- Engádese a fariña e reméxese ben cunhas barillas ata que este ben integrado e non haxa grumos. Deixámolo un pouco (2-3 minutos), sempre remexendo, para que se coza fariña. A calor media alta.
- Engadimos o leite e remexemos constantemente. Eu sempre poño o leite frío, ou morno porque así seguro que non me quedan grumos. Primeiro introduzo a metade do leite e logo cando vexo que vai espesando vou introducindo o resto ata conseguir a textura e espesor desexado, neste caso, das croquetas, ten que ser espesiña.
- Case o final, cando xa temos a bechamel lista, engadimos o sal e a noz moscada. Dámoslle unhas voltas e incorporamos o queixo ata que se funda coa bechamel. (se usamos queixo de fundir, tipo tranchetes, dan moi bo resultado). Esto do queixo dálle unha cremosidade incrible e se non usamos queixo forte tampouco aporta demasiado sabor.
- Apagamos o lume e añadimos o bacallao desmenuzado (xa desalgado e cocido) e dámoslle unhas voltas para que quede ben repartido pola bechamel.
- Estendemos a bechamel nunha bandexa para que enfríe. Podéselle pasar por encima un pouco de manteiga para que non críe tona.
- Unha vez fría procedemos a moldear as croquetas. Pásanse por pan rilado, ovo e pan rilado, deste xeito faiselle unha cuberta moi cruxente e resistente.
- No ovo batido poñémoslle unha culleradiña de levadura Royal, esto tamén contribúe ó efecto da cuberta mencionado antes.
- Frítense en abundante aceite.




sábado, 15 de agosto de 2009

EMPANADA DE BACALLAO CON PASAS

Son unha repugnante para as empanada. As que máis me gustan son as compradas. Como farán esa masa? Pois hoxe conseguín facer unha masa moi similar, riquísima. Esta masa copieina do blogue de Ana ,"Y un toque de pimienta". Sencilliña de facer, pero espectacular de sabor. Aínda que miña nai díxome que xa a fixo varias veces así, o que pasa é que ela case sempre fai as empanadas de peixe e éstas requiren masa de pan, por iso non recordo que fixera esta masa.
Teño que probar outra masa que propón Nenalinda, xa a ía probar hoxe, comprei a cervexa e todo, pero cando vin que había que fritir pan no aceite, cambiei de idea porque non tiña pan, outro día.



Ingredientes
Para a masa
1 vaso de aceite
1 vaso de leite
1 vaso de viño branco (eu puxen albariño)
1 culleradiña de sal
1 kg de fariña, da cal unha terceira parte era de forza ( non sei moi ben por qué a puxen, pero pareceume que ía quedar mellor)
1 sobre de levadura Royal ( este ingrediente non estaba na que copiei, pero púxeno, para probar se podía quedar máis esponxada, e quedou, non sei como sería sen el, pero con el quedou moi ben)
Un ovo para pintar a masa
Do recheo
500-600 grs de bacallao salgado en migas
150 grs de pasas (a gusto)
2 cebolas
3 dentes de allo
Medio vaso de aceite
Elaboración
Da masa
- Mesturamos todos os líquidos co sal
- Imos engadindo a fariña e o sobre de levadura royal, pasándoa por un tamiz, ata que a masa se poida traballar coas mans e non se pegue (en un principio fun remexendo cunha culler de madeira). Amasamos ben, dámoslle uns golpiños. Queda unha mas moi agradable de traballar, brandiña, pero que non se pega. Eu creo que non necesitei o quilo de fariña enteiro, como mesturei e fun engadindo a medida que me pedía, non sei exactamente a que usei. Sobroume, polo que se poderían diminuir as cantidades.
- Deixámola repousar un minutos.
Do recheo
- O bacallao debemos poñelo a desalgar o día antes. Cambiándolle a auga de vez en cando.
- Fervémolo uns cinco minutos. Escorremos a auga, demigámolo ben e xa está preparado para incorporar ó sofrito
- Picamos finiñas as cebolas facemos un sofrito con elas e cos allos. Cando vemos que están pochadiños engadimos o bacallao desmigado. Unimos ben coa cebola e añadimos as pasas. Unhas voltiñas e está listo. Temos que probalo de sal porque pode ser que o bacallao desalgara de máis, como foi este caso, estaba completamente soso. Necesitei salgar como calquera outra comida.


Montaxe da empanada.
- Estiramos a masa para a base. Esta masa estira moitísimo, polo que , podemos facela todo o fina que queiramos. Eu sempre a estiro encima dun papel de forno, así só é metela encima da bandexa (neste caso fíxena na bandexa do forno), estirei a masa e ó introducila na bandexa recortei o que sobresaía.
- Repartimos o recheo encima da masa.
- Por último, estiramos a masa para tapar a empanada co mesmo procedemento da base. Enroscamos ben os bordes unido as masas da base e da tapadeira Fecémoslle un burato no centro e podemos pinchar un pouco cun garfo.
- Se queremos podemos decorar con tiriñas de masa.
- Pintamos toda a superficie con ovo batido.
- Metemos no forno prequentado a 200º durante uns 45 minutos.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...