martes, 22 de febrero de 2011

MUFFINS DE ARANDOS CON RON E VAINILLA

Descubrín o marabilloso mundo dos muffins. Tíñaos visto moito polos blogues e tampouco me paraba moito nos detalles, ata que o outro día pareime a ler detidamente os que publicou La casita de jengibre. Pareceume tan fácil...
De todos xeitos aínda non tiña moi claro cal era a diferenza real entre os muffins e magdalenas, en principio o aspecto é practicamente igual, ou iso é o que transmiten as fotos. Tentei documentarme e xa me quedou clarísimo. Os ingredientes son practicamente os mesmos, os da magdalenas e os dos muffins, pero as proporcións son diferentes: as magdalenas levan máis ovos. Outra diferenza fundamental é a do batido, nas magadalenas bátese de forma que a masa colla aire e como resultado teremos unha miga esponxada e con ollos grandes, pola contra nos muffins só se mesturan os ingredientes, sen bater, tamén son esponxosos, pero máis compactos. E ademáis son deliciosos.
É tan fácil que dan ganas de facelos tódolos días e probar sabores novos cada día, xa teño localizado uns cantos blogues que teñen cantidade de muffins moi tentadores. Estes xa os fixen dúas veces e tamén xa fixen uns de chocolate, dos cales nin fotos quitei, non vai quedar máis remedio que repetilos...


En castellano
He descubierto el maravilloso mundo de los muffins. Los había visto mucho por los blogs y tampoco me paraba mucho en los detalles, hasta que el otro día me paré a leer detenidamente los que publicó La casita de jengibre. Me pareció tan fácil...
De todos maneras aún no tenía muy claro cuál era la diferencia real entre los muffins y magdalenas, en principio el aspecto es prácticamente igual, o eso es lo que transmiten las fotos. Intenté documentarme y ya me quedó clarísimo. Los ingredientes son prácticamente los mismos, los de la magdalenas y los de los muffins, pero las proporciones son diferentes: las magdalenas llevan más huevos. Otra diferencia fundamental es la del batido, en las magadalenas se bate de forma que la masa coja aire y como resultado tendremos una miga esponjosa y con ojos grandes, por el contrario en los muffins sólo se mezclan los ingredientes, sin batir, también son esponjosos, pero más compactos. Y ademáis son deliciosos.
Es tan fácil que dan ganas de hacerlos todos los días y probar sabores diferentes cada día, ya he localizado unos cuantos blogs que tienen cantidad de muffins muy tentadores. Estos ya los hice dos veces y también ya hice unos de chocolate, de los cuales ni fotos quité, no va a quedar más remedio que repetirlos...



Ingredientes
- 115 gramos de manteiga derretida
- 115 gramos de azucre
- 325 gramos de fariña
- 2 ovos a temperatura ambiente lixeiramente batidos
- 200 ml de nata 
- 50 ml de ron
- 90 gramos de arándanos deshidratados
- 1 cucharada de esencia de vainilla
- un chisco de sal
- un sobre de fermento químico





En castellano
Ingredientes
 - 115 gramos de mantequilla derretida
- 115 gramos de azúcar
- 325 gramos de harina
- 2 huevos a temperatura ambiente ligeramente batidos
- 200 ml de nata
- 50 ml de ron
- 90 gramos de arándanos deshidratados
- 1 cucharada de esencia de vainilla
- una pizca de sal
- un sobre de levadura química







Elaboración
- Pomos nun recipiente os ingredientes secos: fariña tamizada co fermento, o azucre e o sal.
- Noutro mesturamos os ingredientes líquidos: o ovo lixeiramente batido, a manteiga derretida, a nata, o ron e a esencia de vainilla. Mesturamos ben cun garfo
-Incorporamos os ingredientes líquidos aos sólidos, engadimos os arándos e mesturamos cunha culler pero só o xusto para integrar todo.
- Metemos nos moldes. Podemos empregar os de magdalena. Eu fíxenos con papel de forno, cortando cadrados e introducíndoos en flaneiras, logo poñemos outra flaneira encima presionando (que logo retiramos) e xa conseguimos o noso molde (está mellor explicado  neste blogue). Tal e como están nos moldes de flan introducín unha cullerada, ben chea, de masa
- Metemos no forno prequentado a 180º durante 35-40 min. O do tempo temos que controlar cada un porque depende do tamaño que os fagamos, os meus saíron completiños.


En castellano
Elaboración
- Ponemos en un recipiente los ingredientes secos: harina tamizada con la levadura, el azúcar y la sal.
- En otro mezclamos los ingredientes líquidos: el huevo ligeramente batido, la mantequilla derretida, la nata, el ron y la esencia de vainilla. Mezclamos bien con un tenedor.
-Incorporamos los ingredientes líquidos a los sólidos, añadimos los arándos y mezclamos con una cuchara pero sólo el justo para integrar todo.
- Metemos en los moldes. Podemos emplear los de magdalena. Yo los hice con papel de horno, cortando cuadrados e introduciéndolos en flaneras, luego ponemos otra flanera encima presionando (que luego retiramos) y ya conseguimos nuestro molde (está mejor explicado en este blog). Tal y como están en los moldes de flan introduje una cucharada, bien llena, de masa
- Metemos en el horno precalentado a 180º durante 35-40 min. Lo del tiempo tenemos que controlar cada uno el nuestro porque depende del tamaño que los hagamos, los míos salieron completitos.





sábado, 12 de febrero de 2011

EMPANADA DE DOCE DE CIDRA E XAMÓN

EMPANADA DE HOJALDRE CON CABELLO DE ÁNGEL Y JAMÓN

Seguimos con receitas que inclúen as dúas entradas anteriores, o doce de cidra e a masa follada.  Esta empanada probeina na casa de Teresa, a nai da miña comadre de Silleda. Pareceume unha deliciosa combinación, o doce do cabelo de anxo e o salgado do xamón no medio dunha rica masa follada. Quedeime con aquilo e sabía que antes ou despois a faría. O que me propuxen foi que tanto o doce de cidra como a masa follada fosen caseiros, feitos por min. Todo para que fose máis auténtico e tivese máis mérito. Compliquei unha receita que pode ser ben sinxela porque ámbolos dous ingredientes podemos compralos feitos e rapidamente temos unha deliciosa e orixinal empanada para sorprender ata ó máis esixente.
Aínda que esa primeira vez me sorprendeu, e pensei que era unha receita diferente, pois pasoume coma con outras, que todo está inventado e que xa a podemos atopar pola rede. Que eu vira, no blogue de Natalia de Cocino y difruto, que á súa vez copiou de La morena en la cocina, que follón.
Levo unha temporada un pouco apartada do blogue, estou publicando receitas pendentes. Comento pouco polas cociñas amigas, pero non me esquezo de ninguén e sempre trato de botar un vistazo a tódalas delicias que se publican. Ultimamente teño pouco tempo e ademáis tampouco quero pararme moito en todas esas delicias porque me entran unhas ganas tolas de meterme na cociña e facelo TODO, pero non se pode porque todo se instala debaixo da pel creando unhas abultacións sospeitosas que non deixan que a roupa asente correctamente, así que mellor absterse de introducir neste corpo comida de máis, que toda se queda a vivir, que lle imos a facer.




En castellano
Seguimos con recetas que incluyen las dos entradas anteriores. El cabello de ángel y el hojaldre. Esta empanada la probé en casa de Teresa, la madre de mi comadre de Silleda. Me pareció una deliciosa combinación, el dulce del cabello de ángel y el salado del jamón en medio de un rico hojaldre. Me quedé con aquello y sabía que antes o después la haría. Lo que me propuse fue que tanto el cabello de ángel como el hojaldre fueran caseros, hechos por mí. Todo para que fuera más auténtico y tuviera más mérito. Compliqué una receta que puede ser bien sencilla porque  los dos ingredientes podemos comprarlos hechos y rápidamente tenemos una deliciosa y original empanada para sorprender incluso al más exigente.
Aunque esa primera vez me sorprendió, y pensé que era una receta diferente, pues me pasó como con otras, que todo está inventado y que ya la podemos encontrar por la red. Que yo haya visto, en el blog de Natalia de cocino y difruto, que a su vez copió de La morena en  la cocina, que follón.
Llevo una temporada un poco apartada del blog, estoy publicando recetas pendientes. Comento poco por las cocinas amigas, pero no me olvido de nadie y siempre trato de echar un vistazo a todas las delicias que se publican. Últimamente tengo poco tiempo y además tampoco quiero pararme mucho en todas esas delicias porque me entran unas ganas locas de meterme en la cocina y hacerlo TODO, pero no se puede porque todo se instala debajo de la piel creando unas abultaciones sospechosas que no dejan que la ropa asiente correctamente, así que mejor abstenerse de introducir en este cuerpo comida de más, que toda se queda a vivir, que le vamos a hacer.


Ingredientes
Masa follada
Doce de cidra
Xamón serrano
1 ovo para pintar por encima
En castellano
Ingredientes
Hojaldre
Cabello de ángel
Jamón serrano
1 huevo para pintar por encima


Elaboración
Non puxen a cantidade dos ingredientes porque depende do grande que queiramos facela. No meu caso foi do tamaño dunha bandexa de forno e levou uns 400 grs de cabelo de anxo e algo máis de 200 g de xamón serrano.
Como curiosidade dicir que o hoxaldre púxenllo moi finiño. Era a metade da masa que sae dos ingredientes que puxen na entrada anterior. Quixen comprobar canto era capaz de estiralo e a verdade é que estira moito.Quedou moi ben así finiña, aínda que seguro que tamén estará estupenda coa masa máis gorda.
Para montar a empanada non ten ciencia ningunha. Poñemos unha prancha de hoxaldre nunha bandexa cubirta con papel de forno e se se excede do tamaño cortamos o que sobre, que nos pode servir para decorar por encima. Picamos un pouco o hoxaldre cun garfo e estendemos o cabelo de anxo sen chegar ben aos bordos. Encima depositamos o xamón serrano en anacos pequenos para que sexa máis fácil á hora de comer e de cortar. Eu púxenlle unha capa de xamón cubrindo todo o doce de cidra, pero non se notaba demasiado, así que aínda que teña máis xamón non estará de máis. Pintamos os bordos da masa con ovo batido ou con auga para que a masa de arriba se pegue. Para rematar cubrimos coa outra parte da masa, intentado pegar as dúas grazas a que as mollamos ou ben co ovo ou ben con auga. Se nos sobra masa recortamos para adaptalo á base. Picamos o hoxaldre e facémoslle un pequeno buraco. Decoramos como queiramos e finalmente pintamos con ovo batido.
Metemos en forno prequentado a 200º durante uns 20-30 minutos, ata que vexamos dourado o hoxaldre.
Ao ser hoxaldre caseiro, mentres se prepara a base, a outra parte de masa métese na neveira porque senón cando vaiamos collelo será imposible porque a manteiga se derrete. Para trasladar a masa ata a bandexa é moi cómodo axudarse do rodete.

Unha mostra de todo o que fun capaz de estirar a masa. Una muestra de todo lo que fui capaz de estirar la masa.

En castellano
Elaboración
No he puesto la cantidad de los ingredientes porque depende de lo grande que queramos hacerla. En mi caso fue del tamaño de una bandeja de horno y llevó unos 400 grs de cabello de ángel y algo más de 200 g de jamón serrano.
Como curiosidad decir que el hojaldre se lo puse muy finito. Era la mitad de la masa que sale de los ingredientes que puse en la entrada anterior. Quise comprobar cuanto era capaz de estirarlo y la verdad es que estira mucho.Quedó muy bien así finita, aunque seguro que también estará estupenda con la masa más gordita.
Para montar la empanada no tiene ciencia ninguna. Ponmos una plancha de hojaldre en una bandeja cubirta con papel de horno y si se excede del tamaño cortamos lo que sobre, que nos pude servir para decorar por encima. Pinchamos un poco el hojaldre con un tenedor y extendemos el cabello de ángel sin llegar bien a los bordes. Encima depositamos el jamón serrano en trozos pequeños para que sea más fácil a la hora de comer y de cortar. Yo le puse una capa de jamón, pero no se notaba demasiado así que aunque tenga más jamón no estará de más. Pintamos los bordes de la masa con huevo batido o con agua para que la masa de arriba se pegue. Por último cubrimos con la otra parte de la masa, intentado pegar las dos gracias a que las mojamos o bien con el huevo o bien con agua. Si nos sobra masa recortamos para adaptarlo a la base. Pinchamos el hojaldre y le hacemos un pequeño agujero. Decoramos como queramos y finalmente pintamos con huevo batido. 
Metemos en horno precalentado a 200º durante unos 20-30 minutos, hasta que veamos dorado el hojaldre.
Al ser hojaldre casero, mientras se prepara la base, la otra parte de masa se mete en la nevera porque sino cuando vayamos a cogerlo será imposible porque la mantequilla se derrite.Para trasladar la masa hasta la bandeja es muy cómodo ayudarse del rodillo





sábado, 5 de febrero de 2011

HOJALDRE. PASO A PASO

EN GALEGO CHÁMASE MASA FOLLADA (aínda que eu sempre lle chamo "hojaldre")
Intentei facer masa follada algunha que outra vez, de feito teño publicada unha receita de empanada de mazá coa masa follada feita por min. No seu momento tamén fixen croissants e a trenza tipo Almudévar. Todo iso require facer masa follada. Sempre me sentía un pouco frustrada, aínda que os resultado foron bos. A miña frustración debíase a dúas causas, por unha banda, a masa chuspíame a manteiga e por outro a inseguridade de estalo facendo mal. Por mor de preparar a trenza tipo Almudévar, animeime porque non me chuspiu a manteiga e foime bastante fácil. A miña primeira frustración parecía superada, seguramente porque en pleno mes de decembro é máis fácil que en meses máis calorosos e os meus anteriores intentos foran en meses máis calorosos, na primavera e verán para ser máis exactos. A segunda das miñas frustracions é máis difícil de superar. Son unha persoa moi insegura en todo o que fago, coa masa follada fun autodidacta guiándome por todo o que vexo por internet, que non é pouco, hai de todo, vídeos, paso a paso en fotos..., pero claro, como con case todo, non existe "a forma", hai moitas variacións para o mesmo resultado. O que máis me gustou e máis claro me parece é o que nos presenta Su de Webos fritos. Aínda así sigo dubidando do que fago, de se o fago ben ou mal, a xulgar polos resultados parece que ben, pero sigo dubidando. Son das que necesito un ensinante, un referente físico, velo facer. Todas aquelas receitas que vin facer na casa toda a vida, aínda que nunca ninguén me dixo exactamente cales son os pasos ou a cantidade dos ingredientes, esas receitas non me dan medo e ata probo outras fórmulas, pero o que nunca vin dáme inseguridade. Toda a vida le vin á miña nai facer filloas ou empanada, ambas  receitas cando as fixen por primeira vez nin sequera preguntei, un día púxenme fíxenas e punto, como as vin facer moitas veces, nunca lle preguntei canto lle pos, como fixeches, pero era un proceso natural. Non me pasa o mesmo coa masa follada, espero que algún día se volva natural. Iso si, no inverno. Logo conxélase e tan frescos, que queda estupendo conxelado.
Na entrada anterior houbo unha chea de suxestións do cabelo de anxo en combinación co "hojaldre", pois aquí está. Sen dúbida, unha masa follada especial. Agora, a pesar das inseguridades, paréceme fácil e entretido, que me gusta facelo (aínda que sexa mal). Non sei se o fago correctamente ou non, a verdade é que está delicioso e o resultado parece de "hojaldre" de verdade. Tampouco descarto aventurame con outras propostas e outras técnicas.


En castellano
Intenté hacer hojaldre alguna que otra vez, de hecho tengo publicada una receta de empanada de manzana con el hojaldre hecho por mi. En su momento también hice croissants y la trenza tipo almudévar. Todo ello requiere hojaldrar. Siempre me sentía un poco frustrada, aunque los resultado fueron buenos. Mi frustración se debía a dos causas, por un lado, la masa me escupía la mantequilla y por otro la inseguridad de estarlo haciendo mal. A raíz de preparar la trenza tipo Almudévar, me animé porque no me escupió la mantequilla y me fue bastante fácil. Mi primera frustración parecía superada, seguramente porque en pleno mes de diciembre es más fácil hojaldrar que en meses más calurosos y mis anteriores intentonas habían sido en meses más calurosos, en primavera y verano para ser más exactos. La segunda de mis frustraciones es más difícil de superar. Soy una persona muy insegura en todo lo que hago, con el hojaldre he sido autodidacta guiándome por todo lo que veo por internet, que no es poco, hay de todo, vídeos, paso a paso en fotos..., pero claro, como con casi todo, no existe "la forma", hay muchas variaciones para el mismo resultado. El que más me ha gustado y más claro me ha parecido es el que nos presenta Su de Webos fritos. Aún así sigo dudando de lo que hago, de si lo hago bien o mal, a juzgar por los resultados parece que bien, pero sigo dudando. Soy de las que necesito un enseñante, un referente físico, verlo hacer. Todas aquellas recetas que he visto hacer en casa toda la vida, aunque nunca nadie me haya dicho exactamente cuales son los pasos o la cantidad de los ingredientes, esas recetas no me dan miedo e incluso pruebo otras fórmulas, pero lo que nunca he visto me da inseguridad. Toda la vida le vi a mi madre hacer filloas o empanada, ambas recetas cuando las hice por primera vez ni siquiera pregunté, un día me puse las hice y punto, como las había visto hacer muchas veces, nunca le pregunté cuanto le pones, como haces, pero era un proceso natural. No me pasa lo mismo con el hojaldre, espero que algún día se vuelva natural. Eso si, en invierno. Luego se congela y tan frescos, que queda estupendo congelado.
En la entrada anterior hubo un montón de sugerencias del cabello de ángel en combinación con el hojaldre, pues aquí está. Sin duda, un hojaldre especial. Ahora, a pesar de las inseguridades, me parece fácil y entretenido, vamos que me gusta hacerlo (aunque sea mal). No se si lo hago correctamente o no, la verdad es que está delicioso y el resultado parece de hojaldre de verdad.



Ingredientes
600 grs de fariña de repostería
300 ml de auga do tempo
1 cullerediña de sal
70 grs de manteiga derretida e fría
350 grs de manteiga fría, en bloque (usei president), para o hoxaldrado
En castellano
Ingredientes
600 gr de harina de repostería
300 ml de agua del tiempo
1 cucharadita de sal
70 grs de mantequilla fundida y fría
350 grs de mantequilla en bloque para hacer el hojaldrado (usé president)

Elaboración
Pór a fariña na mesa de traballo ou nun recipiente amplo. Facer un oco no centro. Meter no oco a auga, o sal e a manteiga fundida. Incorporar cara a dentro a fariña aos poucos ata formar unha bóla. Non traballar demasiado. A esta masa chámaselle plastón
É moi fácil só temos que unir os ingredientes, cando vexamos que forma masa xa está, non temos que matarnos a amasar.
En castellano
Elaboración
Poner la harina en la mesa de trabajo o en un recipiente amplio. Hacer un hueco en el centro. Meter en el hueco el agua, la sal y la mantequilla fundida. Incorporar hacia dentro la harina poco a poco hasta formar una bola. No trabajar demasiado. A esta masa se le llama plastón
Es muy fácil solo tenemos que unir los ingredientes, cuando veamos que forma masa ya está, no tenemos que matarnos a amasar.



1. Facémoslle unha cruz profunda co coitelo e metémola na neveira por espazo dunha hora ou máis (non hai présa, adáptase aos nosos horarios)
2. Enfariñamos a superficie de traballo. Estiramos cada unha das partes da cruz e así facemos unha cruz coa masa, deixando a parte central máis avultada, na que colocaremos a manteiga.
En castellano
1. Le hacemos una cruz profunda con el cuchillo y la metemos en la nevera por espacio de una hora o más (no hay prisa, se adapta a nuestros horarios)
2. Enharinamos la superficie de trabajo. Estiramos cada una de las partes de la cruz y así hacemos una cruz con la masa, dejando la parte central más abultada, en la que colocaremos la mantequilla.

3. Colocamos a manteiga na parte central avultada e procedemos a encerrala coa masa: 1º, lado dereito, 2º lado esquerdo,3º abaixo (máis próximo a nós) e 4º arriba. Resumindo: Dereita-esquerda-abaixo-arriba. Apertamos ben a masa e estiramos. O estiramento é primeiro con golpes de rodete e logo estirar de arriba cara abaixo, tamén nos podemos axudar de golpes, pero sempre de arriba cara abaixo.

En castellano
3. Colocamos la mantequilla en la parte central abultada y procedemos a encerrarla con la masa: 1º, lado derecho, 2º lado izquierdo, 3º abajo (más próximo a nosotros) y 4º arriba. Resumiendo: Derecha-izquierda-abajo-arriba. Apretamos bien la masa y estiramos. El estiramiento es primero con golpes de rodillo y luego estirar de arriba hacia abajo, también nos podemos ayudar de golpes, pero siempre de arriba hacia abajo.


4. Unha vez estirada procedemos a facer as dobreces: Dobramos o terzo superior sobre a masa e a continuación o terzo inferior encima do que xa está dobrado.
5. Viramos 90º cara á nosa dereita

En castellano
4. Una vez estirada procedemos a hacer las dobleces: Doblamos el tercio superior sobre la masa y a continuación el tercio inferior encima del que ya está doblado.
5. Giramos 90º hacia nuestra derecha




6. Estiramos de novo e procedemos como antes: Dobrar terzo superior- inferior-xiro 90º cara á dereita.
7. Envolvemos en filme e metemos na neveira como mínimo unha hora, pode ser máis (adáptase aos nosos horarios). Cando o sacamos da neveira colocar a masa coa abertura da doblez sempre cara á dereita. Sempre enfariñamos a superficie de traballo. Se saen burbullas estoupámolas cun alfinete e apertamos ben a masa.
8. Repetimos a operación descrita nas fotografías anteriores (os dous cadros) (estirar-dobrar-xiro-estirar-dobrar-neveira) dúas veces máis. En total son tres veces e seis voltas. Se vemos que se nos abranda a manteiga metemos na neveira entre cada volta.
9. Eu na quinta volta, é dicir, cando estiro a masa por 5ª vez, antes de facer o último dobrado, corto a masa en dúas e procedo por separado a facer o último dobrado. Logo, estiro a masa e fago o que necesite e así non teño tanta cantidade de masa xunta e é máis cómodo traballar con ela. O outro anaco pódese conxelar.
En castellano
6. Estiramos de nuevo y procedemos como antes: Doblar tercio superior- inferior-giro 90º  hacia la derecha.
7. Envolvemos en film y metemos en la nevera como mínimo una hora, puede ser más (se adapta a nuestros horarios). Cuando lo sacamos de la nevera colocar la masa con la abertura de la doblez siempre hacia la derecha. Siempre enharinamos la superficie de trabajo. Si salen burbujas de aire, las explotamos con un alfiler y apretamos bien la masa.
8. Repetimos la operación decrita en las fotografías anteriores (los dos cuadros) (estirar-doblar-giro-estirar-doblar-nevera) dos veces más. En total son tres veces y seis vueltas. Si vemos que se nos ablanda la mantequilla la metemos en la nevera entre cada vuelta.
9. Yo en la quinta vuelta, es decir, cuando estiro la masa por 5ª vez, antes de hacer el último doblado, corto la masa en dos y procedo por separado a  hacer el último doblado. Luego, estiro la masa y hago lo que necesite y así no tengo tanta cantidad de masa junta y es más cómodo trabajar con ella. El otro trozo se puede congelar.

PASTEIS DE MASA FOLLADA E DOCE DE CIDRA. PASTELES DE HOJALDRE Y CABELLO DE ÁNGEL
Ahora toca combinar o doce de cidra da entrada anterior coa masa follada, combinación ideal, autenticamente deliciosa.
Fixen un pasteis individuais e un pastel máis grande, quedaron moi ben e moi ricos.
Para estes pasteis cortamos cadrados, poñemos no medio o doce de cidra e imos subindo cara o centro as puntas de forma alterna. Pintamos con ovo batido.


En castellano
Ahora toca combinar el cabello de ángel de la entrada anterior con el hojaldre, combinación ideal, auténticamente deliciosa.
Hice unos pasteles individuales y un pastel más grande, quedaron muy bien y muy ricos.
Para estos pasteles cortamos cuadrados, ponemos en medio el cabello de ángel y vamos subiendo cara el centro las puntas de forma alterna. Pintamos con huevo batido.




Conxela perfectamente. Para conxelar podemos metelo coa última doblez e ao sacalo estírase e listo. Eu tamén o metín estirado e logo dobreino, por cuestión de espazo. Cando o saquei e se descoxelou un pouco  desfixenlle as dobreces e tamén queda ben (igual que algúns comerciais).



En castellano
Congela perfectamente. Para congelar podemos meterlo con la última doblez y al sacarlo se estira y listo. Yo también lo metí estirado y luego lo doblé, por cuestión de espacio. Cuando lo saqué y se descogeló un poco le deshice las dobleces y también queda bien (igual que algunos comerciales).




sábado, 22 de enero de 2011

DOCE DE CIDRA. CABELLO DE ÁNGEL

O outono pasado, o do 2009, deume por querer facer doce de cidra, entón andiven á caza e captura das cidras, conseguín unhas 6, pequechas. Toda animada púxenme a mirar receitas. Entre as recomendacións que se daban, unha delas era que as cidras tiñan que levar, polo menos, 6 meses recolectadas. Non era o caso, polo que decidín esperar un tempo, pero o tempo foi pasando e debín perder o interese. Xa fai, polo menos, un par de meses que miña nai me recordou que tiña alí unhas cidras e que xa tirara un par delas porque estaban podres e que podía facer o doce antes de podreceran todas, fixen oídos xordos e nin caso. Fai uns días meteumas nunha bolsa e díxome que fixera con elas o que quixera, que llelas sacara da casa, que co lle gusta a ela o “cabello ángel” que sería unha pena que non o fixera. Xa non había desculpa e nas vacacións de Nadal, que hai máis tempo, pois púxenme.
Non é moi complicado, pero lioso é un pouco. O que está claro é que se tes pós a facelo hai que armarse de paciencia e contar co día só para iso, sen presas e con relax.
Mirei moito pola rede, cada un coa súa receita. Eu escollín a máis sinxela que a xulgar polos resultados víase estupenda. Copieina do fantástico blogue de Nytta, Dulce algodón, que á súa vez copiouna de Los cerezos en flor.



En castellano
El otoño pasado, el del 2009, me dio por querer hacer dulce de cidra, entonces anduve a la caza y captura de las cidras, conseguí unas 6, pequeñas. Toda animada me puse a mirar recetas. Entre las recomendaciones que se daban, una de ellas era que las cidras tenían que llevar, por lo menos, 6 meses recolectadas. No era el caso, por lo que decidí esperar un tiempo, pero el tiempo fue pasando y debí de perder el interés. Ya hace, por lo menos, un par de meses que mi madre me recordó que tenía allí unas cidras y que ya había tirado un par de ellas porque estaban podridas y que podía hacer el dulce antes de que pudrieran todas, hice oídos sordos y ni caso. Hace unos días me las metió en una bolsa y me dijo que hiciera con ellas lo que quisiera, que se las sacara de casa, que con lo le gusta a ella el "cabello de ángel" que sería una pena que no lo hiciera. Ya no había disculpa y en las vacaciones de Navidad, que hay más tiempo, pues me puse.
No es muy complicado, pero lioso es un poco. Lo que  está claro es que si te pones a hacerlo hay que armarse de paciencia y contar con el día solo para eso, sin prisas y con relax.
Miré mucho por la red, cada uno con su receta. Yo escogí la más sencilla que a juzgar por los resultados se veía estupenda. La copié del fantástico blog de Nytta, Dulce algodón, que a su vez la copió de Los cerezos en flor.





Ingredientes
Cidra (neste caso eran 4 cidras que deron como resultado 1,356 kg de polpa)
As tres cuartas partes, do peso da polpa, de azucre
A riladura dun limón e o zume de medio limón
Unha rama de canela (opcional)
Realización
- O primeiro requisito é que a cidra leve máis de 6 meses recolectada. Estas miñas tiñan algo máis dun ano.
- O segundo é que ó petar nelas soen a oco. Todas o cumprían.
- Deixamos caer a cidra no chan e polas fendas que se forman ímoslle retirando a casca dura do exterior. Na maioría das receitas que vin por internet córtanas coa casca e todo e póñenas así a cocer, pero como nalgúns sitios lin o de darlle un golpe e quitarlle a casca, pois quixen probar. Ábrense unhas fendas e metemos un coitelo ou os dedos, é bastante fácil retirarlla. Nestas, en dúas delas foi moi fácil e nas outras dúas resultou máis complicado e incluso nunha delas houbo anacos nos que non fun capaz de quitarllela de todo. De feito, unha curiosidade, nas que foi fácil, a polpa era máis branda e manexable e xa se lle separaban os fíos e nas outras era máis compacta e non se separaban facilmente (pódese ver ben nas fotos)



- Partimos en anacos pequenos e retiramos as pebidas.




En castellano
Ingredientes
Cidra (en este caso eran 4 cidras que dieron como resultado 1,356 kg de pulpa)
Las tres cuartas partes, del peso de la pulpa, de azúcar
La ralladura de un limón y el zumo de medio limón
Una rama de canela (opcional)
Realización
- El primer requisito es que la cidra leve más de 6 meses recolectada. Estas mías tenían algo más de un año.
- El segundo es que al tocar en ellas suenen a hueco. Todas lo cumplían.
- Dejamos caer la cidra al suelo y por las grietas que se forman le vamos retirando la cáscara dura del exterior. En la mayoría de las recetas que vi por internet las cortan con la cáscara y todo y las ponen así a cocer, pero como en algunos sitios leí lo de darle un golpe y quitarle la cáscara, pues quise probar. Se abren unas grietas y metemos un cuchillo o los dedos y es bastante fácil retirársela. En éstas, en dos de ellas fue muy fácil y en las otras dos resultó más complicado e incluso en una de ellas hubo trozos en los que no fui capaz de quitársela de todo. De hecho, una curiosidad, en las que fue fácil la pulpa era más blanda y manejable y ya se le separaban los hilos y en las otras era más compacta y no se separaban fácilmente (se puede ver bien en las fotos).
- Partimos en trozos pequeños y quitamos las pepitas.



Diferenza entre unhas e outras cidras. As da esquerda era fácil quitarlle a casca externa e as da dereita eran máis dificil. Diferencia entre unas y otras cidras. Las de la izquierda era fácil quitarle la cáscara externa y las de la derecha era más difícil.

- Poñemos a cocer en auga fervendo durante arredor dunha hora. Dependerá da cantidade, debemos retirar cando vexamos que está tenra.
- Escorremos e deixamos arrefriar.
- Cando estea fría desfiamos (imos separando os fíos) e escorremos a auga entre as mans.
- Pesamos a polpa e engadimos as tres cuartas partes de azucre. Eu puxen 1 kg de azucre. Na maioría das receitas que lin póñenlle o mesmo peso de azucre que o peso da polpa, pero eu decidín que me parecía demasiado.
- Poñemos todo ó lume xunto coa reladura dun limón e o zume de medio limón, e a rama de canela, se se quere. Debemos darlle voltas de vez en cando e deixalo ata que adquira unha bonita cor dourada. Neste caso estivo algo máis dunha hora.
- Esterilízanse os frascos nos que se vai meter. Póñense nunha pota cubertos de auga e déixase que fervan uns minutos (30). Logo colócanse, boca abaixo, encima dun pano de cociña ou de papel de cociña para que sequen. Ás veces para que queden mellor sequiños métoos un par de minutos no micro, disque así tamén esteriliza (pois mellor, uso os dous métodos e listo)
En castellano
Ponemos a cocer en agua hirviendo durante alrededor de una hora. Dependerá de la cantidad, debemos retirar cuándo veamos que está tierna.
- Escurrimos y dejamos enfriar.
- Cuando esté fría deshiliamos (vamos separando los hilos) y escurrimos el agua entre las manos.
- Pesamos la pulpa y añadimos las tres cuartas partes de azúcar. Yo puse 1 kg de azúcar. En la mayoría de las recetas que leí le ponen el mismo peso de azúcar que el peso de la pulpa, pero yo decidí que me parecía demasiado.
- Ponemos todo al fuego junto con la ralladura de un limón y el zumo de medio limón y si se quiere una rama de canela. Debemos darle vueltas de vez en cuando y dejarlo hasta que adquiera un bonito color dorado. En este caso estuvo algo más de una hora.
- Se esterilízan los frascos en los que se va a meter. Se ponen en una olla cubiertos de agua y se deja que hiervan unos minutos (30). Luego se colocan, boca abajo, encima de un paño de cocina o de papel de cocina para que sequen. A veces para que queden mejor sequitos los meto un par de minutos en el micro, por lo visto así también esteriliza (pues mejor, uso los dos métodos y listo)





- Énchense os tarros, que deben estar secos. Tápanse cando se remate de enchelos, aínda quente.
- Cos tarros ben tapados, introdúcense nunha pota con auga, de tal xeito que a auga cubra os botes. Cando a auga empece a ferver déixanse un anaco (15-20 min)
-Tarros de 1/2 kg.........................15 minutos
-Tarros de 1 kg ...........................25 minutos.
- Deixamos que arrefríe a auga da pota onde os puxemos para retirar os botes.
En castellano
- Se llenan los tarros, que deben estar secos. Se tapan cuando se acabe de llenarlos, aún caliente.
- Con los tarros bien tapados, se introducen en una olla con agua, de tal manera que el agua cubra los botes. Cuando el agua empiece a hervir se dejan un tiempo (15-20 mí)
-Tarros de 1/2 kg.........................15 minutos
-Tarros de 1 kg ...........................25 minutos.
- Dejamos que enfríe el agua de la olla donde los pusimos para retirar los botes.
lunes, 10 de enero de 2011

TRENZA TIPO ALMUDÉVAR

He publicado una nueva versión de esta receta, después de hacerla mucho ha evolucionado bastante. Se puede acceder a la nueva versión pinchando AQUÍ.

Esta entrada vai adicada íntegramente ás miñas "ex-compañeiras" do cole da Picota. Canto as boto de menos, o cal non quere dicir que non teña compañeiras fantásticas neste cole, estou moi a gusto, pero unhas non quitan as outras.
Esta trenza xa a teño plublicada e bautizada co nome de trenza rechea de crema de xema e froitos secos, no seu momento xa dixen que tentaba ser unha réplica da trenza de Álmudevar, por iso agora a bauticei así. A historia dela xa a contei nesa entrada e non é plan volvela a contar. O ano pasado cando a fixen leveillela ó cole e, as máis cociñeiras, pedíronme a receita desesperadamente, consultaban o blogue para ver se a publicara e reclamábana. Eu non quería publicala porque aínda había certos matices que quería perfeccionar e ademais apetecíame facer unha reportaxe gráfica para que quedara todo máis claro. Pero non houbo maneira e tiven que publicala. Cando viron a receita dixeron que era moito lío, xa o sabía eu. Por iso digo que vai adicado a elas, porque agora seguro que queda todo un pouco máis claro e encantaríame que se animaran a facela. Vaaaaaaaaaaaaale, si, é liosa, hai que ter paciencia, tempo e ganas, pero a recompensa é moi grande, sobre todo pola satisfacción ó vela feita e saber que saiu das túas mans. Se nos organizamos non leva tanto tempo nin esforzo, hai que contar con un par de días, aínda que podemos prolongalo tres, organizamos os tempos libres e cando nos deamos conta xa nos ven o cheiriño do forno e xa a estamos degustando con un café e estás recibindo un montón de piropos polo boa que está.
Para min é a miña receita estrela, por todo o proceso e polo sabor. Creo que é un dos bocados máis sabrosos que xamais probei. De feito este foi o noso doce para despedir e recibir o ano. Non sabía que sobremesa facer para fin de ano, estaba pensando nunha torta, é de feito xa tiña algo en mente, pero miña nai díxome que fixera a trenza e que me deixara de tortas. Cada vez que botábamos un bocado na boca, instintivamente, cerrábamos os ollos e degustábamos o bocado como se fose o último ou como se nunca tal manxar probáramos. Cando se ía acabando mirábamos para ela con pena.
Só puiden fotografar unha delas, porque sempre prefiro facer dúas pequenas, a outra desapareceu sen compaixón e sen tempo dun posado. As fotos do recheo non lle dan creto, pero facerlle fotos a esta trenza resúltame moi difícil porque cando te das conta acabouse e cando estás comendo o anaco perfecto para a foto, non hai luz ou o único que queres é comelo e non andar perdendo o tempo con fotos. Se noutra ocasión consigo facer mellores fotos do recheo xa as poñerei.


En castellano
Esta entrada va dedicada íntegramente a mis "ex-compañeras" del cole de A Picota. Cuanto las echo de menos, lo cual no quiere decir que no tenga compañeras fantásticas en este cole, estoy muy a gusto, pero unas no quitan a las otras.
Esta trenza ya la tengo plublicada y bautizada con el nombre de trenza rellena de crema de yema y frutos secos, en su momento ya dije que intentaba ser una réplica de la trenza de Álmudevar, por  eso ahora la bauticé así. La historia de ella ya la conté en esa entrada y no es plan volverla a contar. El año pasado cuando la hice se la llevé al cole y, las más cocineras, me pidieron la receta desesperadamente, consultaban el blog para ver si la había publicado y la reclamaban. Yo no quería publicarla porque aún había ciertos matices que quería perfeccionar y además me apetecía hacer un reportaje gráfico para que quedara todo más claro. Pero no hubo manera y tuve que publicarla. Cuando vieron la receta dijeron que era mucho lío, ya lo sabía yo. Por eso digo que va dedicado a ellas, porque ahora seguro que queda todo un poco más claro y me encantaría que se animaran a hacerla. Vaaaaaaaaaaaaale, sí, es liosa, hay que tener paciencia, tiempo y ganas, pero la recompensa es muy grande, sobre todo por la satisfacción al verla hecha y saber que salió de tus manos. Si nos organizamos no lleva tanto tiempo ni esfuerzo, hay que contar con un par de días, aunque podemos prolongarlo tres, organizamos los tiempos libres y cuando nos demos cuenta ya nos viene el olorcito del horno y ya la estamos degustando con un café y estás recibiendo un montón de piropos por lo buena que está.
Para mí es mi receta estrella, por todo el proceso y por el sabor. Creo que es uno de los bocados más sabrosos que jamás probé. De hecho este fue nuestro dulce para despedir y recibir el año. No sabía que postre hacer para fin de año, estaba pensando en una tarta, de hecho ya tenía algo en mente, pero mi madre me dijo que hiciera la trenza y que me dejara de tartas. Cada vez echábamos un bocado en la boca, instintivamente, cerrábamos los ojos y degustábamos el bocado como si fuera el último o como si nunca tal manjar hubiéramos probado. Cuando se iba acabando mirábamos para ella con pena.
Sólo pude fotografiar una de ellas, porque siempre prefiero hacer dos pequeñas, la otra desapareció sin compasión y sin tiempo de un posado. Las fotos del relleno no le dan crédito, pero hacerle fotos a esta trenza me resulta muy difícil porque cuando te das cuenta se acabó y cuando estás comiendo el trozo perfecto para la foto, no hay luz o lo único que quieres es comerlo y no andar perdiendo el tiempo con fotos. Si en otra ocasión consigo hacer mejores fotos del relleno ya las pondré.



Ingredientes
Masa nai, pé de masa, esponxa
150 grs de fariña de forza
100 ml de auga morna
1 culleradiña de levadura de panadería en po (marca maizena)
Masa
400 grs de fariña de forza (pode facer falta un pouco máis se vemos que está moi pegañenta a masa, pero non máis de 50 grs)
100 ml de leite morna
50 grs de manteiga branda (a temperatura ambiente)
2 ovos + 1 para pintar
80 grs de azucre
10 grs de sal
O que queda do sobre de levadura de panadería en po (maizena)
200 grs de manteiga para hoxaldrar (uso president)
Recheo (non poño cantidades porque cando as colocamos no recheo vemos o que nos fai falta cando está cuberto e tamén vai un pouco a gusto)
Noces
Pasas
Améndoa en láminas
Crema de xema
150 gr de azucre
50 ml de auga
4 xemas de ovo
1 cullerada de maicena
Almíbar
100 grs de azucre glass
50 grs de auga



En castellano
Ingredientes
Masa madre, pie de masa, esponja
150 grs de harina de fuerza
100 ml de agua tibia
1 cuchardita de levadura de panadería en polvo (marca maizena)
Masa
400 grs de harina de fuerza (puede hacer falta un poco más si vemos que está muy pegajosa la masa, pero no más de 50 grs)
100 ml de leche tibia
50 grs de mantequilla blanda (a temperatura ambiente)
2 huevos + 1 para pintar
80 grs de azúcar
10 grs de sal
Lo  que queda del sobre de levadura de panadería en polvo (maizena)
200 grs de mantequilla para hojaldrar (uso president)
Relleno (no pongo cantidades porque cuando las colocamos en el relleno vemelos lo que nos hace falta cuando está cubierto y también va uno poco a gusto)
Nueces
Pasas
Almendra en láminas
Crema de yema
150 gr de azúcar
50 ml de agua
4 yemas de huevo
1 cucharada de maicena
Almíbar
100 grs de azúcar glass
50 grs de agua



Elaboración
Pé de masa
- Mesturamos a levadura coa fariña e engadinos a auga. Integramos ben todo ata formar unha masa. Tapámola cun film, deixamos que duplique o volume, unhas dúas ou tres horas. Se a facemos pola noite, despois dese tempo metémola na neveira. Sacámola unha hora ou dúas antes de facer a masa
Masa
- Acordarse de sacar a tempo a manteiga para que vaia abrandando un pouco.
- Introducimos nun recipiente a fariña e mesturámola coa levadura. A continuación incorporamos manteiga partida en cubos e mesturamos coa fariña, fregándoa cos dedos ata que estea integrada (esto está copiado do método Bertinet e gustoume o proceso).
- Engadimos o azucre e o sal e mesturamos co anterior. Logo, os ovos batidos e o leite. Mesturamos un pouco o conxunto. Cando se vaian mesturando todos os ingredientes incorporamos o pé de masa.
- Agora so queda amasar ata que se integre ben o conxunto. O amasado é longo, sobre uns 15 minutos, ata que non se aprecie a masa nai ou pé de masa porque ó ser máis branca que a masa cando está todo ben integrado xa non se diferencian as dúas.  Son fundamentais os golpes e o amasado dándolle moitas voltas. Todo ata que vexamos que a masa é elástica e lisa. 
- Facemos unha bóla, aplanámola un pouco, facémolle unha cruz e envolvémola en película de cociña. Gárdase na neveira durante unhas 5 ou 6 horas ou toda a noite, depende como nos cadre o proceso de elaboración e como nos organicemos.



En castellano
Elaboración
Pie de masa
- Mezclamos la levadura con la harina y añadimos el agua (con una cuchara de madera o con la mano). Integramos bien todo hasta formar una masa. La tapamos con un film, la dejamos que duplique el volumen, unas dos o tres horas. Si la hacemos por la noche, después de ese tiempo la metemos en  la nevera. La sacamos una hora o dos antes de hacer la masa.
Masa
- Acordarse de sacar a tiempo la mantequilla para que vaya ablandando un poco.
- Introducimos en un recipiente la harina y la mezclamos con la levadura. A continuación incorporamos mantequilla partida en cubos y mezclamos con la harina, frotándola con los dedos hasta que esté integrada (esto está copiado del método Bertinet y me gustó el proceso).
- Añadimos el azúcar y la sal y mezclamos con lo anterior. Luego, los huevos batidos y la leche. Mezclamos un poco el conjunto. Cuando se vayan mezclando todos los ingredientes incorporamos el pie de masa.
- Ahora solo queda amasar hasta que se integre bien el conjunto. El amasado es largo, sobre unos 15 minutos, hasta que no se aprecie la masa madre o pie de masa porque al ser más blanca que la masa cuando está todo bien integrado ya no se diferencian las dos. Son fundamentales los golpes y el amasado dándole muchas vueltas. Todo hasta que veamos que la masa es elástica y lisa.
- Hacemos una bola, aplanámola un poco, le hacemos una cruz y la envolvemos en película de cocina. Se guarda en la nevera durante unas 5 o 6 horas o toda la noche, depende como nos cuadre el proceso de elaboración y como nos organicemos.


- Retiramos a masa da neveira, quitámoslle o film e procedemos a estirar a masa nunha superficie lixeiramente enfariñada, estiramos ben cada un dos brazos, partindo da cruz que lle fixemos inicialmente e poñemos a masa cara nós en forma de cruz, colocamos a manteiga no centro.
En castellano
- Retiramos la masa de la nevera, le quitamos el film y procedemos a estirar la masa en una superficie ligeramente enharinada, estiramos bien cada uno de los brazos, partiendo de la cruz que le hicimos inicialmente y ponemos la masa cara nosotros en forma de cruz, colocamos la mantequilla en el centro.

Estiramos ben cada un dos brazos e poñemos a masa cara nós en forma de cruz, colocamos a manteiga no centro. Estiramos bien cada uno de los brazos y ponemos la masa con la cruz enfrete a nosotros, colocamos la mantequilla en el centro.

 

- Pasamos a envolver a manteiga coa masa: primeiro o lado esquerdo, 2º o dereito, 3º o de abaixo e por último o de arriba, presionamos ben.
- A superficie de traballo debe estar o máis fría posible. Eu uso un recipiente cerrado que contén xeo para pasarlle á superficie e para tocar coas mans, tamén deben estar o máis frías posible.
- Unha vez feito paquete estiramos a masa 1º dánselle golpes co rodelo para que se vaia aplastando, logo estiramos sempre no mesmo sentido e tamén podemos ir dándolle golpes.
En castellano
- Pasamos a envolver la mantequilla con la masa: primero el lado izquierdo, 2º el derecho, 3º lo de abajo y por último el de arriba, presionamos bien. Guardamos en la nevera envuelto en film.
- La superficie de trabajo debe estar el más fría posible. Yo uso un recipiente cerca que contiene hielo para pasarle a la superficie y para tocar con las manos, también deben estar el más frías posible.
- Una vez hecho paquete estiramos la masa 1º se le dan golpes con el rodillo para que se vaya aplastando, luego estiramos siempre en el mismo sentido y también podemos ir dándole golpes.


Envolvemos a manteiga coa masa: Primeiro o lado esquerdo,  2º o dereito, 3º o de abaixo e por último o de arriba, presionamos ben. Envolvemos la mantequilla con la masa: 1º el lado izquierdo, 2º el derecho, 3º el de abajo y por útimo el de arriba.

 
Estiramos o paquete: 1º dánselle golpes co rodelo para que se vaia aplastando, logo estiramos sempre no mesmo sentido e tamén podemos ir dándolle golpes. Estiramos el paquete: 1º dándole golpes con el rodillo y a continuación estirando siempre en el mismo sentido y también le podemos ir dando golpes a la vez.

Xa estirada a masa podemos empezar a darlle as voltas coma nas fotos. Despois destes seis pasos metémola na neveira, polo menos, media hora. Neste caso despois das primeiras voltas deixeina toda a noite na neveira. Á mañá seguinte fixen as dobreces outras 2 veces máis cunha separación dunha hora máis ou menos. Despois das últimas voltas tamén esperamos unha hora antes de estirar a masa.
En castellano
Ya estirada la masa podemos empezar a darle las vueltas como en las fotos. Después de estos seis pasos la metemos en la nevera, por lo menos, media hora. En este caso después de las primeras vueltas la dejé toda la noche en la nevera. A la mañana siguiente hice las dobreces otras 2 veces más con una separación de una hora más o menos. Después de las últimas vueltas también esperamos una hora antes de estirar la masa.

 
Agora veñen as voltas: dróbrase o terzo superior encima da masa, logo o inferior por riba do 1º. Xiramos 90º no sentido das agullas do reloxo, estiramos e volvemos a dobrar do mesmo xeito, metemos na neveira, polo menos media hora (neste caso estivo toda a noite). Cando a saquemos debemos poñer a dobrez para a dereita. Esta operación repetímola 2 veces máis, en total 3, metendo sempre na neveira. No caso destas masas fermentadas poderíamos metela na neveira no paso 3, así so levaría unha volta de cada vez, se facemos os 6 pasos son 2 voltas de cada vez. Ahora vienen las vueltas: se dobla el tercio superior sobre la masa, después el inferior sobre el 1º.Giramos 90º en el sentido de las agujas de reloj, estiramos y volvemos a doblar de la misma forma que antes, metemos en la nevera por lo menos media hora (en este caso estuvo toda la noche). Cuando la saquemos debemos poner la doblez para la derecha. Repetimos esta operación 2 veces más, en total son 3, metiéndola en la nevera entre cada una de ellas. En el caso de estas masas fermentadas podríamos dejarlo en el paso 3 y darle una vuelta de cada vez, si hacemos los 6 pasos son 2 vueltas de cada vez.
- Cando acabei de darlle as voltas á masa corteina en dous porque así é máis manexable. Envolvín cada unha das dúas metades en film e metinas na neveira unha hora aproximadamente.
En castellano
- Cuando acabé de darle las vueltas a la masa la corté en dos porque así es más manejable. Envolví cada una de las dos mitades en film y las metí en la nevera una hora aproximadamente.


Apréciase perfectamente como se foi intercalando a manteiga e masa. Se aprecia perfecetamente como se fueron intercalando la masa y la mantequilla.


- Despois e mentras deixamos repousando e enfriando a masa na neveira imos preparando a crema de xema.
- Después y mientras dejamos reposando y enfriando la masa en la nevera vamos preparando la crema de yema.


Crema de xema (sacada de webos fritos)
- Facer un almíbar coa auga e o azucre nun cazo. Deixar cocer uns 5 minutos e retirar do lume para que se amorne.
- Preparamos un recipiente con auga moi fría ou con auga con xeo, no cal poida caber o cazo no que facemos a crema de xema.
- Mesturar as xemas coa maicena nun cazo, e remover ben cunhas varillas.
- Pór o cazo das xemas ao lume, con temperatura moi baixa engadir o almíbar pouco a pouco caendo coma un fío, e remover coas varillas ata que espese (hai qe ter paciencia porque tarda bastante, uns 20 minutos). Eu vou subindo pouco a pouco a temperatura, ata que consigo que espese, non subo de 5 (a miña inducción ten 9 de máximo), en canto vexo que empeza a burbullar un pouco baixo e sigo remexendo ata que espese).
- Retirar do lume a crema de xemas. Meter o cazo onde as fixemos dentro do recipiente maior con auga fría, e seguir dándolle voltas. Con isto conseguimos que se arrefríe rapidamente, teña unha bonita cor e non se oxide.



En castellano
Crema de yema (sacada de webos fritos)
- Hacer un almíbar con el agua y el azúcar en uno cazo. Dejar cocer unos 5 minutos y retirar del fuego para que se temple.
- Preparamos un recipiente con agua muy fría o con agua con hielo, en el cual pueda caber el cazo en el que hacemos la crema de yema.
- Mezclar las yemas con la maicena en uno cazo, y remover bien con unas varillas.
- Poner el cazo de las yemas en el fuego, con temperatura muy baja añadir el almíbar poco a poco cayendo como un hilo, y remover con las varillas hasta que espese (hay qe tener paciencia porque tarda bastante, unos 20 minutos). Yo voy subiendo poco a poco la temperatura, hasta que consigo que espese, no subo de 5 (mi inducción tiene 9 de máximo), en cuanto veo que empieza a burbujear un poco bajo y sigo batiendo hasta que espese, en 3).
- Retirar del fuego la crema de yemas. Meter el cazo dentro del recipiente mayor con agua fría, y seguir dándole vueltas. Con esto conseguimos que se enfríe rápidamente, tenga un bonito color y no se oxide.



Montaxe da trenza
- Estiramos a masa en forma de rectángulo, esto é o máis difícil porque custa bastante estirala para deixala ben finiña. Para facilitarme o traballo untei a mesa de traballo con aceite e encima coloquei un papel de fornear para que se agarrara, encima a masa e estírase o máis que se poida. Neste punto teño certas dúbidas, teño lido que as masas hoxaldradas téñense que estirar sempre no mesmo sentido, pero se o fago así non estira ó ancho nin estira todo o que eu quero, polo tanto, eu estiro en tódolos sentidos para facela o máis fina posible, non sei se estou facendo ben, pero non vexo outro xeito.
- Unha vez ben estirada cortamos pola metade, pola parte máis larga, deixándoa un pouco unida na parte superior e procedemos a incorporar o recheo. Untamos a metade de cada unha das dúas metades coa crema de xema (na zonas que están na parte do corte central que fixemos) e por encima poñemos as pasas, as noces troceadas e as améndoas (non puxen cantidades destes tres ingredientes porque serán suficientes cando cubramos a superficie). (Todo este proceso vese máis claro nas fotos.)
- Dobramos a masa sen recheo encima do recheo cara o centro, neste paso axúdanos moito o feito de estirar a masa encima do papel, axudámonos co papel para dobrar a masa.  Selamos un pouco as dobreces.
En castellano
Montaje de la trenza
- Estiramos la masa en forma de rectángulo, esto es lo más difícil porque cuesta bastante estirarla para dejarla bien finita. Para facilitarme el trabajo unté la mesa de trabajo con aceite y encima coloqué un papel de hornear para que se agarrase, encima la masa y se estira lo más que se pueda. En este punto tengo ciertas dudas, he leído que las masas hojaldradas se tienen que estirar siempre en el mismo sentido, pero si lo hago así no estira a lo ancho ni estira todo lo que yo quiero, por lo tanto, yo estiro en todos los sentidos para hacerla lo más fina posible, no sé si estoy haciendo bien, pero no veo otra manera.
- Una vez bien estirada cortamos por la mitad, por la parte más larga, dejándola un poco unida en la parte superior y procedemos a incorporar el relleno. Untamos la mitad de cada una de las dos mitades con la crema de yema (en la zonas que están en la parte del corte central que hicimos) y por encima ponemos las pasas, las nueces troceadas y las almendras (no puse cantidades de estos tres ingredientes porque serán suficientes cuando cubramos a superficie). (Todo este proceso se ve más claro en las fotos.)
- Doblamos la masa sin relleno encima del relleno hacia el centro, en este paso nos ayuda mucho el hecho de estirar la masa encima del papel, nos ayudamos con el papel para doblar la masa.  Sellamos un poco las dobleces.



- Cruzamos as dúas partes tratando que a abertura quede cara arriba para que o recheo non se saia. Unha vez rematados os cruces aplastamos un pouco para que non quede abultado.
- Introducímola trenza na bandexa de forno cuberta con papel de forno. Neste momento cambiei o papel de forno, é dicir, reitirei o papel no que estirei a masa. Hai que ter coidado porque o papel pégase bastante á masa. O mellor método é cubrir a bandexa de forno con papel de fornear, poñer a trenza co papel inicial encima e ir retirándoo pouco a pouco para que a trenza non se deforme.
- Como eran dúas trenzas, unha vez feita a 1ª metina na neveira mentres montaba a segunda, así os levedados serían máis ó mesmo tempo.
- Deixamos levedar, tapado, eu fíxeno con un plástico sin que toque as trenzas, ata que duplique o volume, unhas dúas ou tres horas, temos que ter en conta que tratamos con unha masa fría (tamén depende do calor da cociña). O ideal sería que a deixáramos toda a noite levedando na neveira (ou sete ou 8 horas), pero eu non o fixen por mor do tempo e levedou a temperatura ambiente. Para a próxima tentareino.
- Pintámola con ovo batido e decoramos con améndoa laminada (se se quere).
- Prequetamos o forno a 180º. Logo cando introducín a trenza baixeino a 170º durante 45 minutos (nisto cada un debe saber como é o seu forno). Coloqueinas na parte central do forno. Despois de media hora cubrín as trenzas con papel de prata para que non se tostasen por encima.
- Cando saia do forno pintamos co almíbar que fixemos mentras se forneaba.
En castellano
- Cruzamos las dos partes tratando que la abertura quede hacia arriba para que el relleno no se salga. Una vez acabados los cruces aplastamos un poco para que no quede abultado.
- Introducimos la trenza en la bandeja de horno cubierta con papel de horno. En este momento cambié el papel de horno, es decir, reitiré el papel en el que estiré la masa. Hay que tener cuidado porque el papel se pega bastante a la masa. El mejor método es cubrir la bandeja de horno con papel de hornear, poner la trenza con el papel inicial encima e ir retirándolo poco a poco para que la trenza no se deforme.
- Como eran dos trenzas, una vez hecha a 1ª la metí en la nevera mientras montaba la segunda, así los levados serían más al mismo tiempo.
- Dejamos leudar, tapado, yo lo hice con un plástico sin que toque las trenzas, hasta que duplique el volumen, unas dos o tres horas, tenemos que tener en cuenta que tratamos con una masa fría (también depende del calor de la cocina). Lo ideal sería que  los dejase toda la noche levando en la nevera (o siete o 8 horas), pero yo no lo hice por una cuestión de tiempo y leudó a temperatura ambiente. Para la próxima lo intentaré.
- La pintamos con huevo batido y decoramos con almendra laminada (si se quiere).
- Precalentamos el horno a 180º. Luego cuando introduje la trenza lo bajé a 170º durante 45 minutos (en esto cada uno debe saber como es su horno). Las coloqué en la parte central del horno. Después de media hora cubrí las trenzas con papel de plata para que no se tostaran por encima.
- Cuando salga del horno pintamos con el almíbar que hicimos mientras se horneaba.


Almíbar
- Poñemos todo a quentar e deixámolo burbullar uns cinco minutos. Facémolo cando case esteamos a punto de sacar a trenza do forno.
En castellano
 Almíbar
- Ponemos todo a calentar y  lo dejamos burbujear unos cinco minutos. Lo hacemos cuando estemos a punto de sacar la trenza del horno.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...