sábado, 23 de junio de 2012

TARTAR MULTICOLOR DE SURIMI, AGUACATE E PIÑA

Creo que se me está vendo o plumeiro, todas as miñas receitas salgadas levan verduriñas, a verdade é que me encanta a combinanción de verduriñas ben preparadas.
Esta tamén é unha receita, ou proposta, sinxela, aínda que non por iso, deixa de ser deliciosa, á vez que sanota e de rápida realización. Desde que descubrín esta combinación fago esta receita todas as semanas ou ata un par de veces.
Descubrina nun libriño que tiña a miña nai, un libro deses con dietas e propostas sans da revista Saber vivir, á cal a miña nai parece estar subscrita porque as ten todas e leas todas e vólvenos tolos a todos coas propiedades dos alimentos. Pois ben, en canto o vin, ao día seguinte xa o estaba preparando. É fresco e delicioso, ademais, curiosamente, enche moito e tardas en ter fame, eu prepároo como prato único. Se é que ao final o que vén neses libriños vai ser certo e todo.
En castellano
Creo que se me está viendo el plumero,  todas mis recetas saladas llevan verduritas, la verdad es que me encanta la combinanción de verduritas bien preparadas.
Esta también es una receta, o propuesta, sencilla, aunque no por ello, deja de ser deliciosa, a la par que sanota y de rápida realización. Desde que descubrí esta combinación hago esta receta todas las semanas o incluso un par de veces.
La descubrí en un librito que tenía mi madre, un libro de esos con dietas y propuestas sanas de la revista Saber vivir, a la cual mi madre parece estar subscrita porque las tiene todas y se las lee todas y nos vuelve locos a todos con las propiedades de los alimentos. Pues bien, en cuanto lo vi, al día siguiente ya lo estaba preparando. Es fresco y delicioso, además, curiosamente, llena mucho y tardas en tener hambre, yo lo preparo como plato único. Si es que al final lo que viene en esos libritos va a ser cierto y todo.



Ingredientes
3 barriñas de surimi
Medio aguacate grande ou un pequeno
Unha boa rodaxa de piña natural ou 3 de piña en lata ao natural (das latas pequenas)
5 ou 6 tomates cherry
Vinagreta
Nesta ocasión fixen unha vinagreta de menta: aceite, vinagre, sal, e unhas follas de menta.
-Podemos acompañalo con salsa rosa ou maionesa
En castellano
Ingredientes
3 barritas de surimi
Medio aguacate grande o uno pequeño
Una buena rodaja de piña natural o 3 de piña en lata al natural (de las latas pequeñas)
5 o 6 tomates cherry
Vinagreta
En esta ocasión hice una vinagreta de menta: aceite, vinagre, sal, y unas hojas de menta.
-Podemos acompañarlo con salsa rosa o mayonesa



Elaboración
- Primeiro preparamos a vinagreta: introducimos todos os ingrediente no vaso da bartidora e o emulsionamos un minuto.
- Cortamos en dadiños todos os ingredientes
-Dispomos un aro de emplatar nun prato e colocamos no fondo o aguacate. Bañámolo cun pouco da vinagreta. A continuación colocamos encima o surimi e para rematar a piña.
- Para coroar pomos por encima os tomate cherry cortados en cuartos e regamos coa vinagreta.
LISTO, E TAN RICO!!!
En castellano
Elaboración
- Primero preparamos la vinagreta: introducimos todos los ingrediente en el vaso de la bartidora y lo emulsionamos un minuto.
- Cortamos en daditos todos los ingredientes
-Disponemos un aro de emplatar en un plato y colocamos en el fondo el aguacate. Lo bañamos con un poco de la vinagreta. A continuación colocamos encima el surimi y por último la piña.
- Para coronar ponemos por encima los tomate cherry cortados en cuartos y regamos con la vinagreta.
LISTO, Y MÁS RICO!!!

jueves, 17 de mayo de 2012

GALLETAS BRANDAS DE MANTEIGA

GALLETAS BLANDAS DE MANTEQUILLA
Non sabía moi ben como chamalas, atopeinas no blogue Las libretas de Calohe, e denomínaas como "Campurrianas ou case". Isto, como moitas das as receitas que atopamos por internet, é unha cadea, unha a copia doutra, outra doutra, hai que seguir a cadea ata atopar a fonte orixinal. Todas denomínanas, así, como tipo campurrianas, e realmente é iso o que che anima a facelas, aínda que eu non me atrevín a porlles ese nome, porque, sinceramente, e persoalmente, non se me parecen nada. O que si digo é que están, ata, mellores.
A fonte da receita está no blog, "El pucherete de Mari", que nola ofrece directamente dun libro de receitas de convento. As monxiñas si que saben disto de repostaría. Elas con todo o tempo do mundo, sen trafegos e paciencia fan delicias. Levo un tempo dicindo que un convento destes nos que fan repostería sería o lugar ideal para  min. Alli á túa bóla todo o día facendo galletiñas, ten que ser a bomba. Cun hábito amplo, que non aperta as lorzas, de maneira que campen ás súas anchas, sen espellos que che recorden que che sobran uns cantos quilos, por favor, que marabilla. O peor é o armatroste da cabeza, que ten que ser un tanto incómodo, e os rezos, iso si que o levaría mal e os madrugóns e non ter internet tampouco o levaría demasiado ben. Se cadra podo chegar a un trato coas monxiñas, dígolles, "a min deixádeme na cociña, coas galletas e vós ás vosas cousas".Eu non molesto, só fago os meus doces, próboos, xa que teño o hábito... Sería a miña vida ideal, terei que prantexarme ir propolo a algún convento, iso si, que me deixen internet que teño que ver as recetitas que publica o persoal.



En castellano
No sabía muy bien como llamarlas, las encontré en el blog de Las libretas de Calohe, y las denomina como "Campurrianas o casi". Esto, como muchas de las las recetas que encontramos por internet, es una cadena, una la copia de otra, otra de otra, hay que seguir la cadena hasta encontrar la fuente original. Todas las denominan, así, como tipo campurrianas, y realmente es eso lo que te anima a hacerlas, aunque yo no me atreví a ponerles ese nombre, porque, sinceramente, y personalmente, no se me parecen nada. Lo que si digo es que están, incluso, mejores.
La fuente de la receta está en el blog, "El pucherete de Mari", que nos ofrece la receta directamente de un libro de recetas de convento. Las monjitas si que saben de esto de repostería. Ellas con todo el tiempo del mundo, sin ajetreos y paciencia hacen delicias. Llevo un tiempo diciendo que un convento de estos en los que hacen repostería sería el lugar ideal para mi. Alli a tu bola todo el día haciendo galletitas, tiene que ser la leche. Con un hábito amplio, que no aprieta las lorzas, de manera que campen a sus anchas, sin espejos que te recuerden que te sobran unos cuantos quilos, por favor, que maravilla. Lo peor es el armatroste de la cabeza, que tiene que ser un tanto incómodo, y los rezos, eso si que lo llevaría mal y los madrugones y no tener internet tampoco lo llevaría demasiado bien. A lo mejor puedo llegar a un trato con las monjitas, les digo, "a mi me dejais en la cocina, con las galletas y vosotras a vuestras cosas".Yo no molesto, solo hago mis dulces, los pruebo, ya que tengo el hábito... Sería mi vida ideal, tendré que plantearme ir a proponerlo a algún convento, eso sí, que me dejen internet que tengo que ver las recetitas que publica el personal.



Ingredientes
250 g de manteiga branda
200 g de azucre (na receita orixinal son 250)
2 ovos
400 g de fariña (a receita orixinal leva 500 g de fariña e non incorpora os 100 g améndoa)
100 g de améndoa moída
½ sobre de fermento royal
En castellano
Ingredientes
250 g de mantequilla blanda
200 g de azúcar (en la receta original son 250)
2 huevos
400 g de harina (la receta original lleva 500 g de harina y no incorpora los 100 g almendra)
100 g de almendra molida
½ sobre de levadura royal



Preparación
- Acordarnos de sacar a manteiga a tempo para que se vaia abrandando.
- Mesturamos a manteiga, o azucre e os ovos (eu bátoos antes lixeiramente). Podemos facelos coas varillas, coa batidora, ou coa man, a min é o que máis cómodo me resulta, cando está medianamente mesturado sigo batendo ou ben coas varillas ou coa batidora. O batido debe quedar unha crema fina e dunha soa cor.
- A continuación, aos poucos engadimos a mestura da fariña e o fermento, e finalmente a améndoa moída, ata conseguir unha masa suave e tenra. Teremos que acabar mesturando coas mans. É unha masa pegañenta, queda pegada ás mans mentres a facemos, pero curiosamente, ao lavarnos as mans, podemos manexala sen problema para darlles forma sen que se nos peguen.
- Para darlle forma ás galletas, collemos unha pequena porción de masa e formamos unha bóla do tamaño dunha noz, ou un pouco máis grande e esmagámola entre as mans. Hai quen usa unha manga pasteleira ou un sacabolas de xeado, aínda que, volvo repetir, é posible manexar a masa coas mans.
- Imos colocando as galletas separadas nunha fonte de forno cuberta con papel de fornear.
- No forneado eu discrepo bastante da receita orixinal, non podo facelo como indica, di, que se forneen durante 10 ou 15 minutos, a uns 240º, sempre vixiando a cocción. No meu caso, isto non é posible,  chamúscanse por baixo, un desastre, a primeira vez que as fixen tiven que rasparlas todas. Cada forno é un mundo e hai que adaptar as receitas a el. No meu caso, póñoas a 200º, no nivel superior do forno durante 8 minutos e, a continuación, poño só calor por arriba durante catro minutos máis, quedan perfectas.

 



En castellano 
Preparación
- Acordarnos de sacar la mantequilla a tiempo para que se vaya ablandando.
- Mezclamos la mantequilla, el azúcar y los huevos (yo los bato antes ligeramente). Podemos hacerlos con las varillas, con la batidora, o con la mano, a mi es lo que más cómodo me resulta, cuando está medianamente mezclado sigo batiendo o bien con las varillas o con la batidora. El batido debe quedar una crema fina y de un solo color.
- A continuación, poco a poco añadimos la mezcla de la harina y la levadura, y finalmente la almendra molida, hasta conseguir una masa suave y tierna. Tendremos que acabar mezclando con las manos. Es una masa pegajosa, se queda pegada a las manos mientras la hacemos, pero curiosamente, al lavarnos las manos, podemos manejarla sin problema para darles forma sin que se nos peguen.
- Para darle forma a las galletas, cogemos una pequeña porción de masa y formamos una bola del tamaño de una nuez, o un poco más grande y la aplastamos entre las manos. Hay quien usa una manga pastelera o un sacabolas de helado, aunque, vuelvo a repetir, es posible manejar la masa con las manos.
- Vamos colocando las galletas separadas en una fuente de horno cubierta con papel de hornear.
- En el horneado yo discrepo bastante de la receta original, no puedo hacerlo como indica, dice, que se horneen  durante 10 o 15 minutos, a unos 240º, siempre vigilando la cocción. En mi caso, esto no es posible, se chamuscan por debajo, un desastre, la primera vez que las hice tuve que rasparlas todas. Cada horno es un mundo y hay que adaptar las recetas a él. En mi caso, las pongo a 200º, en el nivel superior del horno durante 8 minutos y, a continuación, pongo solo calor por arriba durante cuatro minutos más, quedan perfectas.

viernes, 6 de abril de 2012

BUNDT CAKE DE LIMÓN

Isto de meterse no mundo dos blogues de cociña é, cando menos, curioso. Volvémonos unhas maniáticas, querémolo todo, moldes, menaxe, ingredientes raros. Todo o queremos probar, todo o queremos experimentar. Ás veces creo que nos crea dependencia. Hai que saber controlar esas ansias senón o soldo non nos chegaría para caprichiños.
Eu non son das que teño moitas cousas, gustaríame ter moito máis e gustaríame probar mil cousas, pero non pode ser. A pesar de intentar ter ese autocontrol, este molde tiña que telo, parécenme preciosos os biscoitos. Son moi caros para facer un biscoito de cando en vez porque estes biscoitos coa cantidade de manteiga que levan só se poden facer de cando en vez. Son deliciosos, pero unha bomba de manteiga.
Hai algún que outro blogue no que abundan os budnt e son un referente, El rincón de Bea, é un, e Food & Cook é outro. Sáenlles perfectos, son unhas auténticas expertas. De feito en El rincón de Bea, ten un post enteiro dando consellos, os cales intentei seguir, aínda que eu non son tan disciplinada para estas cousas. A receita que seguín é dun libro que leva moitos anos na casa, con receitas nórdicas, cargadas de manteiga. A receita orixinal é feita nun molde alargado e eu fixen algunha variación, así que non é unha receita auténtica de bundt, non o sei, o que se sei é que se asemella moito ás que circulan por aí.


En castellano
Esto de meterse en el mundo de los blogs de cocina es, cuando menos, curioso. Nos volvemos unas maniáticas, lo queremos todo, moldes, menaje, ingredientes raros. Todo lo queremos probar, todo lo queremos experimentar. A veces creo que nos crea dependencia. Hay que saber controlar esas ansias sino el sueldo no nos llegaría para caprichitos.
Yo no soy de las que tengo muchas cosas, me gustaría tener mucho más y me gustaría probar mil cosas, pero no puede ser. A pesar de intentar tener ese autocontrol, este molde tenía que tenerlo, me parecen preciosos los bizcochos. Son muy caros para hacer un bizcocho de vez en cuando porque estos bizcochos con la cantidad de mantequilla que llevan solo se pueden hacer de vez en cuando. Son deliciosos, pero una bomba de mantequilla.
Hay algún que otro blog en el que abundan estos bizcocho y son un referente, El rincón de Bea, es uno, y Food & Cook, es otro. Les salen perfectos, son unas auténticas expertas. De hecho en el Rincón de Bea, tiene un post entero dando consejos, los cuales he intentado seguir, aunque yo no soy tan disciplinada para estas cosas. La receta que he seguido es de un libro que lleva muchos años en casa, con recetas nórdicas, cargadas de mantequilla. La receta original es hecha en un molde alargado y yo he hecho alguna variación, así que no es una receta auténtica de bundt, no lo se, lo que si se es que se asemeja mucho a las que circulan por ahí.



Ingredientes
250 grs de manteiga a temperatura ambiente
200 gr de azucre
4 ovos a temperatura ambiente
1 cullerada de impulsor (royal)
Media culleradiña de bicarbonato (ultimamente non podo facer un biscoito sen porllo)
Raiadura de dous limóns
O zume dun limón (50 ml)
390 gr de fariña
En castellano
Ingredientes
250 grs de mantequilla a temperatura ambiente
200 gr de azúcar
4 huevos a temperatura ambiente
1 cucharada de impulsor (royal)
Un chisco de sal
Media cucharadita de bicarbonato (ultimamente no puedo hacer un bizcocho sin ponérselo)
Ralladura de dos limones
El zumo de un limón (50 ml)
390 gr de harina



Elaboración
- Debemos de acordarnos de sacar a manteiga e os ovos a tempo (unha hora antes). Non podemos facer un bundt de improviso. Para este biscoito non vale estar no sofá e de súpeto ter ganas de facer un doce, non. Eu son desas, das que me dan arroutadas e de súpeto quero facer algo, iso de planear tanto non é para min. Eu o de quitar os ovos esquézome sempre, o que fago é mergullalos un pouco en auga tépeda,mentres bato a manteiga.
- Agora chega o duro, polo menos para min. Iso de bater a manteiga co azucre, eu isto lévoo francamente mal, salpícame, escápase cara a paredes do recipiente, teño que estar constatemente coa espátula baixándoo. Ademais por aí din "bater a manteiga co azucre ata que branquee e duplique o seu volume". Eu non lle vexo o aumento de volume, só me pon dos nervios. É máis, primeiro mestúroo cun garfo e ata coa man porque se lle meto directamente a batidora poño a cociña fina. Debe ser que teño uns aparellos pouco sofisticados.
- Agregamos á mestura o zume e a raiadura de limón e mesturámolo un pouco.
- Unha vez ben mesturada a manteiga e o azucre engadimos os ovos un a un lixeiramente batidos (así o aconsella Bea e eu seguín todos os consellos, ao meu xeito, un tanto indisciplinado, pero os seguín).
- Para rematar incorpórase a fariña, o sal, o impulsor e o bicarbonato, todo tamizado. Engadino en tres quendas. Queda unha masa untosa e densa.
- Engraxamos o molde e introducimos a masa. Temos que estendela cunha espátula porque soa non se estende, é demasiado densa. Damos uns golpes contra unha superficie para que a masa se asente ben. De feito ao meu quedáronlle furadiños en todo o biscoito (cousa que ás expertas non lle queda).
- Fornéase a 180º durante 45 minutos (forno prequecido, claro).
- Unha vez sacado do forno deixámolo no molde durante dez minutos e pasado ese tempo  desmoldámolo.
- Deixamos enfríar nunha grella (se podemos, eu sei dunha que non deixa que nada se arrefríe, próbao en todas as temperaturas) e probámolo. Un rico e intenso sabor a manteiga e limón.
- Na receita do libro recomendaba mesturar 75 ml de zume de limón con 50 grs de azucre glass, picar o biscoito e regalo. Tamén debo dicir que non agregan zume de limón na masa. Repito que no libro fan un plum cake (en molde alongado)



En castellano
Elaboración
- Debemos de acordarnos de sacar la mantequilla y los huevos a tiempo (una hora antes de empezar). No podemos hacer un bundt de improviso. Para este bizcocho no vale estar en el sofá y de repente tener ganas de hacer un dulce, no. Yo soy de esas, de las que me dan arrebatos y de repente quiero hacer algo, eso de planear tanto no es para mi. Yo lo de quitar los huevos me olvido siempre, lo que hago es sumergirlos un ratito en agua templada, mientras bato la mantequilla.
- Ahora llega lo duro, al menos para mi. Eso de batir la mantequilla con el azúcar, yo esto lo llevo francamente mal, me salpica, se escapa hacia las paredes del recipiente, tengo que estar constatemente con la espátula bajándolo. Además por ahí dicen "batir la mantequilla con el azúcar hasta que blanquee y duplique su volumen". Yo no le veo el aumento de volumen, solo me pone de los nervios. Es más, primero lo mezclo con un tenedor e incluso con la mano porque si le meto directamente la batidora pongo la cocina fina. Debe ser que tengo unos aparatos poco sofisticados.
- Agregamos a la mezcla el zumo y la ralladura de limón y lo mezclamos un poco.
- Una vez bien mezclada la mantequilla y el azúcar añadimos los huevos uno a uno ligeramente batidos (así lo aconseja Bea y yo he seguido todos los consejos, a mi manera un tanto indisciplinada, pero los he seguido).
- Por último, se incorpora la harina, el impulsor y el bicarbonato, todo tamizado. Lo fui añadiendo en tres tandas. Queda una masa untosa y densa.
- Engrasamos el molde e introducimos la masa. Tenemos que extenderla con una espátula porque sola no se extiende, es demasiado densa. Damos unos golpes contra una superficie para que la masa se asiente bien. De hecho a mi me quedan agujeritos en todo el bizcocho (cosa que a las expertas no le queda).
- Se hornea a 180º durante 45 minutos, en horno precalentado, claro.
- Una vez sacado del horno lo dejamos en el molde durante diez minutos y pasado ese tiempo lo desmoldamos.
- Dejamos enfríar en una rejilla (si podemos, yo sé de una que no deja que nada se enfríe, lo prueba en todas las temperaturas) y lo probamos. Un rico e intenso sabor a mantequilla y limón.
- En el libro, del cual lo saqué, hacen una mezcla de 75 ml de zumo de limón y 50 gr de azúcar glass. Pican el bizcocho y lo riegan con el zumo.  También debo decir que en la receta original no agregan zumo en la masa. Y lo hacen tipo plum cake.



miércoles, 4 de abril de 2012

TALLARÍNS CON ESPINACAS, PIÑÓNS, PASAS E QUEIXO AZUL

TALLARINES CON ESPINACAS, PIÑONES, PASAS Y QUESO AZUL
Xa está ben de tanto doce que empalaga, unha receita salgada de cando en vez é conveniente e como me gustou tanto a combinación decidín non perdela de vista. O malo é que cando improviso unha receita non sei que cantidades lle poño,  penso que todos sabemos máis ou menos canto necesitamos segundo os comensais que sexamos. As cantidades son orientativas, aínda que non exactas, como todo, cada un adáptao aos seus gustos.
En castellano
Ya está bien de tanto dulce que empalaga, una receta salada de vez en cuando es conveniente y como me gustó tanto la combinación decidí no perderla de vista. Lo malo es que cuando improviso una receta no se que cantidades le pongo, pero bueno pienso que todos sabemos más o menos cuanto necesitamos según los comensales que seamos. Las cantidades son orientativas, aunque no exactas, como todo, cada uno lo adapta a sus gustos.




Ingredientes
150 grs de tallaríns
250 grs de espinacas
1 puñado de piñóns
1 puñado de pasas sen pebidas
100 grs de queixo azul
2 dentes de allo
sal e aceite
En castellano
Ingredientes
150 grs de tallarines
250 grs de espinacas
1 puñado de piñones
1 puñado de pasas sin pepitas
100 grs de queso azul
2 dientes de ajo
sal y aceite





Preparación
- Cocemos os tallaríns en abundante auga salgada fervendo uns 15 minutos. Escorrémolos.
- Lavamos as espinacas e cortámolas en xuliana.
- Picamos finiño o allo e dourámolo nunha tixola á que lle cubrimos o fondo con aceite de oliva. Cando o allo estea dourado engadimos os piñóns e dámoslles unha voltas ata que se tosten un pouco.
- Agréganse as espinacas e cuns cinco minutos estarán listas e salgamos un pouco. Incorporamos as pasas e apagamos o lume. Engadimos parte do queixo . desmenuzado.
- Neste momento é cando incorporamos os tallaríns coa mestura de espinacas, eu fágoo na propia tixola, aínda que podemos facelos directamente no prato.
- Desmenuzamos o resto do queixo e engadímolo ao prato.


En castellano
Preparación
- Cocemos los tallarines en abundante agua salada hirviendo unos 15 minutos. Los escurrimos.
- Lavamos las espinacas y las cortamos en juliana.
- Picamos finito el ajo y lo doramos en una sartén en la que hemos cubierto el fondo con aceite de oliva. Cuando el ajo esté dorado añadimos los piñones y les damos una vueltas hasta que se tuesten un poco.
- Se agregan las espinacas y con unos cinco minutos estarán listas y salamos un poco. Incorporamos las pasas y apagamos el fuego. Añadimos  parte del queso en trozos.
- En este momento cuando incorporamos los tallarines con la mezcla de espinacas, yo lo hago en la propia sartén aunque podemos hacerlos directamente en el plato.
- Desmenuzamos el resto del queso y lo añadimos al plato.

lunes, 2 de abril de 2012

MADALENAS DE NATA

Almorzo ou merenda ideal. Esponxadas, delicadas e deliciosas. Son moitas as versións de madalenas de nata que hai pola rede, nesta ocasión copiei a versión de María, do blogue, Cocinando con mamá. Esta non é a primeira vez que as fago e tampouco será a última porque é do melloriña que comín en madalenas e xa fixen unhas cantas.
Sobra dicir aquilo de que fai tempo que non publico, que estou moi vaga, que non me apetece, que xa pasou máis dun mes, bla, bla, bla, bla. Pois xa o dixen. Non sei que me pasa. Cociñar, cociño moito, fago moitos experimentos, os mal anoto en diferentes cadernos, ao tolo, e despois non se onde o anotei. Eu abrín un blogue para evitar todo iso, pero a cabra tira ao monte. Veña a facer chapuzas, que é máis cómodo e rápido. É máis, case nin veño polo blogue, nin miro o que publican outros, nin comento, nin nada, á miña bóla. Agora fago fotos cólgoas en facebook e xa me quedo tan contenta, é máis rápido e como o tempo non sobra...
Son tantas as receitas que teño pendentes e que me gustaría publicar que por algunha teño que empezar. Ale para que non protesten todas esas que me din que teño que publicar, que xa está ben de ver sempre a mesma receita.
En castellano
Desayuno o merienda ideal. Esponjosas, delicadas y deliciosas. Son muchas las versiones de magdalenas de nata que hay por la red, en esta ocasión he copiado la versión de María, del blog, Cocinando con mamá. Esta no es la primera vez que las hago y tampoco será la última porque es de lo mejorcito que he comido en magdalenas y ya he hecho unas cuantas.
Sobra decir aquello de que hace tiempo que no publico, que estoy muy vaga, que no me apetece, que ya ha pasado más de un mes, bla, bla, bla, bla. Pues ya lo he dicho. No sé que me pasa. Cocinar, cocino mucho, hago muchos experimentos, los mal anoto en diferentes libretas, a lo loco, y después no se donde lo anoté. Yo abrí un blog para evitar todo eso, pero la cabra tira al monte. Venga a hacer chapuzas, que es más cómodo y rápido. Es más, casi ni vengo por el blog, ni miro lo que publican otros, ni comento, ni nada, a mi bola. Ahora hago fotos las cuelgo en facebook y ya me quedo tan contenta, es más rápido y como el tiempo no sobra...
Son tantas las recetas que tengo pendientes y que me gustaría publicar que por alguna tengo que empezar. Ale para que no protesten todas esas que me dicen que tengo que publicar, que ya está bien de ver siempre la misma receta.



INGREDIENTES
(saíronme 22)
4 ovos grandes
150 g de azucre ( na receita de María puña 250)
Ralladura dun limón ou algunha esencia
150 g de aceite de xirasol
150 g de nata líquida
350 g de fariña de repostería
1 sobre de fermento en po (royal)
1 culleradiña de bicarbonato
En castellano
INGREDIENTES
(me salieron 22)
4 huevos grandes
150 g de azúcar ( en la receta de María ponía 250)
Raiadura de un limón o alguna esencia
150 g de aceite de girasol
150 g de nata líquida
350 g de harina de repostería
1 sobre de levadura en polvo (royal)
1 cucharadita de bicarbonato


 
Elaboración
- Batemos os ovos co azucre ata que branqueen, escumen e dupliquen o volume. Engadimos a raiadura de limón ou algunha esencia.
- Engadimos o aceite e seguimos batendo e o mesmo coa nata.
- Para rematar engadimos a fariña tamizada mesturada co fermento e o bicarbonato, incorporámola en quendas, aos poucos.
- Introducir as cápsulas de papel en flaneras ríxidas e con axuda dunha culler imos metendo a masa sen que chegue totalmente ao bordo da cápsula.
- Agregar azucre por encima da masa . Queda moi ben se ao azucre lle engadímos raiadura de limón ou laranxa e o aromatizamos fregándoo coas xemas dos dedos.
- Meter no forno prequecido a 220º, báixase a 200º ao metelas no forno, ata que estean douradiñas, uns 20 minutos aproximadamente



En castellano
Elaboración
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que blanqueen, espumen y dupliquen el volumen. Añadimos la ralladura de limón o alguna esencia.
- Añadimos el aceite y seguimos batiendo y lo mismo con la nata.
- Por último añadimos la harina tamizada mezclada con la levadura y el bicarbonato, la incorporamos en tandas, poco a poco.
- Introducir las cápsulas de papel en flaneras rígidas y con ayuda de una cuchara vamos metiendo la masa sin que llegue totalmente al borde de la cápsula.
- Agregar azúcar  por encima de la masa . Queda muy bien si al azúcar le añadimos ralladura de limón o naranja y lo aromatizamos frotándolo con las yemas de los dedos.
- Meter en el horno precalentado a 220º, se baja a 200º al meterlas en el horno, hasta que estén doraditas, unos 20 minutos aproximadamente.

domingo, 26 de febrero de 2012

BISCOITO DE AMÉNDOA CON CREMA DE TOFFE

BIZCOCHO DE ALMENDRA CON CREMA DE TOFFE
Este é un biscoito con pretensión de torta. É suave e atrévome a dicir que ten un toque sofisticado, que aumenta se o bañamos coa crema de toffe.
É produto dun pequeno experimento dos que me gustan a min. Encántanme os retos, encántame conseguir emular unha receita, conseguir facer algo que probei e que quen o coma se confunda, pense que é o orixinal. Neste caso non o conseguín, pero o resultado foi moi bo, para min, mellor, aínda que houbo quen non opinou o mesmo, o que si dixo foi que estaba á vez, cada unha no seu estilo e que unha non excluía á outra.
Pois ben, un compañeiro preguntoume se coñecía a torta Florentina, ao que eu contestei que non. Buscámola en internet e non había nada semellante ao que el dicía. Prometeume un anaco para que a probase e así o fixo. Cateina con delicadeza intentando captar todos os seus elementos. Un biscoito compacto con intenso sabor a améndoa, cuberto de améndoa laminada bañada por caramelo.
O resultado, aquí, o biscoito é máis esponxoso e sabe menos a améndoa e o caramelo tamén é diferente, aínda que o fixen toffe porque no orixinal non me pareceu un caramelo normal senón que levaba algo máis. O experimento da cobertura lévome a descubrir esta crema toffe que me pareceu unha auténtica delicia para acompañar o biscoito.
Como me pareceu tan delicioso decidín compartilo porque é sinxelo e cheo de sabor.
Seguirei intentando conseguir a famosa torta Florentina.
En castellano
Este es un bizcocho con pretensión de tarta. Es suave y me atrevo a decir que tiene un toque sofisticado, que aumenta si lo bañamos con la crema de toffe.
Es producto de un pequeño experimento de los que me gustan a mi. Me encantan los retos, me encanta conseguir emular una receta, conseguir hacer algo que he probado y que quien lo coma se confunda, piense que es el original. En este caso no lo conseguí, pero el resultado fue muy bueno, para mi, mejor, aunque hubo quien no opinó lo mismo, lo que si dijo fue que estaba a la par, cada una en su estilo y que una no excluía a la otra.
Pues bien, un compañero me preguntó si conocía la tarta Florentina, a lo que yo contesté que no. La buscamos en internet y no había nada parecido a lo que él decía. Me prometió un trozo para que la probara y así lo hizo. La caté con delicadeza intentando captar todos sus elementos. Un bizcocho compacto con intenso sabor a almendra, cubierto de almendra laminada bañada por caramelo.
El resultado, aquí, el bizcocho es más esponjoso y sabe menos a almendra y el caramelo también es diferente, aunque lo hice toffe porque en el original no me pareció un caramelo normal sino que llevaba algo más. El experimento de la cobertura me llevo a descubrir esta crema toffe que me pareció una auténtica delicia para acompañar el bizcocho.
Como me pareció tan delicioso decidí compartirlo porque es sencillo y lleno de sabor.
Seguiré intentando conseguir la famosa tarta Florentina.



Ingredientes
150 gr de manteiga a temperatura ambiente
125 gr de azucre
3 ovos
175 gr de améndoa moída
100 gr de fariña
1 cullerada de royal
1 culleradiña de bicarbonato
1 culleradiña de vainilla
Para a cuberta
Améndoa laminada, uns 75 gr, a que necesitemos  para cubrir a superficie.
Para a crema de toffe
100 gr de azucre
30 ml de auga
100 ml de nata
En castellano
Ingredientes
150 gr de mantequilla a temperatura ambiente
125 gr de azúcar
3 huevos
175 gr de almendra molida
100 gr de harina
1 cucharada de royal
1 cucharadita de bicarbonato
1 cucharadita de vainilla
Para la cubierta
Almendra laminada, unos 75 gr, la que necesitemos para cubrir la superficie.
Para la crema de toffe
100 gr de azúcar
30 ml de agua
100 ml de nata


Elaboración
- Acordarse de sacar con tempo a manteiga da neveira ou no seu defecto metela uns segundos no micro na función de desconxelar.
- Bater a manteiga, branda, a temperatura ambiente, co azucre ata que estea cremosa, engadirlle a esencia de vainilla, podemso facelo coa batidora ou co batedor de man.
- Logo ir engadindo os ovos un a un, de maneira que ata que non estea ben incorporado un, non se agrega o outro.
- Engadir as améndoas mesturadas coa fariña, o bicarbonato e o royal. Bater ata que estea todo mesturado.
- Introducir nun molde (de 22 cm) engraxado e enfariñado, ou cuberto de papel de fornear. A masa é bastante densa e será necesario extendela cunha lingua de silicona.
- Finalizar cubrindo a superficie coas améndoas laminadas.
- Fornear en forno prequentado a 180º C ata que ao picar cunha agulla, saia limpa, arredor de cuarenta minutos.



Elaboración da crema de toffe
- Ímolo facendo cando ao bizcocho lle falte pouco ou cando o saquemos do forno.
- Pomos nun cazo o azucre e a auga e levámolo a ebulición. Deixamos que tome cor dourada, retiramos do lume e incorporamos con coidado a nata e removemos. Volvemos ao lume ata que se forme a crema. Debemos ter coidado ao introducir a nata porque ao estar fría hai moito contraste frío calor e pode salpicar. Outra opción sería quentar antes a nata. A crema fórmase rapidamente.
- Pintamos o biscoito coa crema e deixamos enfríar.
- Como me sobrou crema probei a mollar o biscoito con ela e resulta realmente delicioso. Unha vez que pintemos o biscoito podemos engadirlle, á crema, un pouco máis de nata para diluíla máis, quentando o conxunto.
- Unha vez fría a crema é máis densa, para diluíla chega con quentala uns segundos no micro. Queda delicioso o bizcocho mollado coa crema tépeda.

En castellano
Elaboración
- Acordarse de sacar con tiempo la mantequilla de la nevera o en su defecto calentarla unos segundos en el micro en la función de descongelar.
- Batir la mantequilla, blanda, a temperatura ambiente, con el azúcar hasta que esté cremosa, añadir la esencia de vainilla, puede ser con la batidora o con el batidor manual.
- Luego ir añadiendo los huevos uno a uno, de manera que hasta que no esté bien incorporado uno, no se agrega el otro.
- Añadir las almendras mezcladas con la harina, el bicarbonato y el royal. Batir hasta que esté todo mezclado.
- Introducir en un molde (de 22 cm) engrasado y enharinado o cubierto con papel de hornear. La masa es bastante densa y será necesario extenderla con una lengua de silicona.
- Finalizar cubriendo la superficie con las almendras laminadas
- Hornear en horno precalentado a 180º C hasta que al pinchar con una aguja, salga limpia, alrededor de . Si vemos qcuarenta minutos.




Elaboración de la crema de toffe
- Lo vamos haciendo cuando al bizcocho le falte poco o incluso una vez que lo saquemos del horno.
- Ponemos en un cazo el azúcar y el agua y lo llevamos a ebullición. Dejamos que tome color dorado, retiramos del fuego e incorporamos con cuidado la nata y removemos. Volvemos al fuego hasta que se forme la crema. Debemos tener cuidado al introducir la nata porque al estar fría hay mucho contraste frío calor. Otra opción sería calentar antes la nata. La crema se forma rápidamente.
- Pintamos el bizcocho con la crema y dejamos enfríar.
- Como me sobró crema probé a mojar el bizcocho con ella y resulta realmente delicioso. Una vez que hayamos pintado el bizcocho podemos añadirle un poco más de nata para diluír más la crema, calentando y removiendo el conjunto.
- Una vez fría la crema es más densa, para diluirla llega con calentarla unos segundos en el micro. Queda delicioso el bizcocho mojado con la crema templada.



martes, 21 de febrero de 2012

ROSQUIÑAS ANISADAS

Chego a última hora cunha receita un tanto carnavaleira ou carnavalesca. En realidade estas rosquiñas son boas para calquera época do ano, non sería bo gozalas só nestas datas.
O outro día fun invitada a gozar dunhas rosquiñas que non me deixaron indiferente e inmediatamente pedín a receita porque tiña que facelas eu e ter esa receita gardadiña. Así que esta receita é da sogra de Cris, e eu teño que darlle as grazas ela por pasarma.
Aínda que debo confesar (e que me perdoe Cris), que lle dei o meu toque, é que é superior a min e sempre teño que engadir ou quitar algo ás receitas, son incorrixible.
En castellano
Llego a última hora con una receta un tanto carnavalera o carnavalesca. En realidad estas rosquillas son buenas para cualquier época del año, no sería bueno disfrutarlas solo en estas fechas.
El otro día fui invitada a disfrutar de unas rosquillas que no me dejaron indiferente e inmediatamente pedí la receta porque tenía que hacerlas yo y tener esa receta guardadita. Así que esta receta es de la suegra de Cris, y yo tengo que darle las gracias ella por pasármela.
Aunque debe confesar (y que me perdone Cris), que le di mi toque, es que es superior a mi y siempre tengo que añadir o quitar algo a las recetas, soy incorregible.



Ingredientes
3 ovos
3 culleradas de azucre (tantas como ovos)
3 culleradas de aceite de girasol (tantas como ovos)
Fariña, a que admita (a miña admitiume 400 gr). A fariña pode ser con fermento incorporado, ela usa a de gallo. En caso de ser fariña normal engadir un sobre royal (este foi o meu caso)
1 chisco sal
Raiadura dun limón
2 culleradiñas de anis en gran
50 ml de anís (isto é da miña colleita, síntoo, non estaba na receira orixinal)
Para o almíbar
(díxome que o facía a ollo, pero que máis ou menos usaba arredor de medio quilo de azucre e un vaso de auga, iso tendo en conta que fai o dobre da receita, con 6 ovos)
225 gr de azucre
Un vasiño de iogur (da leiteira), de auga (son 150 ml de auga), penso que con 100 ml sería suficiente.



En castellano
Ingredientes
3 huevos
3 cucharadas de azúcar (tantas como huevos)
3 cucharadas de aceite de girasol (tantas como  huevos)
Harina, la que admita (a mi me admitió 400 gr). La harina puede ser con levadura incorporada, ella usa la de gallo. En caso de ser harina normal añadir un sobre royal (este fue mi caso)
1 pizca se sal
Ralladura de un limón
2 cucharaditas de anis en grano
50 ml de anís (esto es de mi cosecha, lo siento, no estaba en al receta original)
Para el almíbar
(me dijo que lo hacía a ojo, pero que más o menos usaba alrededor de medio quilo de azúcar y un vaso de agua, eso teniendo en cuenta que hace el doble de la receta, con 6 huevos)
225 gr de azúcar
Un vasito de yogurt (de la lechera), de agua (son 150 ml de agua), pienso que con 100 ml sería suficiente.



Elaboración
- Pomos nun vaso as tres culleradas de aceite cos grans de anís e a raiadura de limón e deixámolo un tempo, unhas horas, pode ser dun día para outro ( eu deixeino unhas tres horas).
- Batemos os ovos co azucre, fíxeno coa batidora de dúas varillas, ata que espume. Engadimos o aceite co anís e a raiadura de limón e o anís, mesturamos.
- Nun recipiente pomos a fariña co royal e o chisco de sal, sempre de menos que de máis, mellor empezar con 300 gr de fariña, despois se é necesario engadiremos máis, debemos ter en conta que se non lle engadimos o anís líquido (licor) leva menos fariña. Outra opción é ir incorporando a fariña á parte líquida.
- Mesturamos ata formar a masa cunha culler de madeira, ao final xa o facemos coas mans. Se está moi pegañenta engadimos máis fariña, sempre aos poucos. Amasamos ata conseguir unha masa elástica, máis ben pegañenta, que non se pegue demasiado ás mans, pero si algo. Se ten demasiada fariña sairán moi duras, cando máis pegañenta máis esponxosas serán as rosquiñas.
- Deixamos repousar a masa durante, polo menos, unha hora.
- Formamos as rosquillas. Podemos facer un rulo longo e unir os extremos ou podemos facer unha bóla de masa, do tamaño dunha noz aproximadamente, furámola polo centro e facémola virar nun dedo, para o meu gusto quedan mellor deste último xeito. No caso de que a masa se pegue ás mans e nos resulte incómodo traballar con ela, aceitamolas un chico e problema resolto.
-Fritímolas en aceite abundante. Cando estean douradas ímolas depositando nun recipiente cuberto con papel absorvente.
Elaboración do almíbar
- Unha vez teñamos fritidas todas as rosquiñas facemos o almíbar.
- Pomos nun cazo o azucre e a auga e levámolo a ebulición. Cando ferva, baixamos a calor e deixámolo a temperatura media-alta durante uns 10 minutos. A mellor proba para saber que está listo é deixar caer o líquido e que caida de forma continua, facendo fío. Cando sexa así, baixamos a calor da cociña ao mínimo e bañamos as rosquiñas por ambos lados.
- O almíbar é muy pegañento, o mellor é depositalas nunha fonte plana (eu usei a do forno) cuberta con papel de fornear, de forma que non se toquen entre elas.
- Deixamos secar e listas.



En castellano
Elaboración
- Ponemos en un vaso las tres cucharadas de aceite con los granos de anís y la ralladura de limón y lo dejamos un tiempo, unas horas, puede ser de un día para otro ( yo lo dejé unas tres horas).
- Batimos los huevos con el azúcar, lo hice con la batidora de dos varillas, hasta que espume. Añadimos el aceite con el anís y la ralladura de limón y el anís, mezclamos.
- En un recipiente ponemos la harina con el royal y la pizca de sal, siempre de menos que de más, mejor empezar con 300 gr, después si es necesario añadiremos más, debemos tener en cuenta que si no le añadimos el anís líquido (licor) lleva menos harina. Otra opción es ir incorporando la harina a la parte líquida.
- Mezclamos hasta formar la masa con una cuchara de madera, al final ya lo hacemos con las manos. Si está muy pegajosa añadimos más harina, siempre poco a poco. Amasamos hasta conseguir una masa elástica, más bien pegajosa, que no se pegue demasiado a las manos, pero si algo. Si tiene demasiada harina saldrán muy duras, cuando más pegajosa más esponjosas serán las rosquillas.
- Dejamos reposar la masa durante, al menos, una hora.
- Formamos las rosquillas. Podemos hacer un rulo largo e unir los extremos o podemos hacer una bola de masa, del tamaño de una nuez aproximadamente, la agujereamos por el centro y la hacemos girar en un dedo, para mi gusto quedan mejor de esta última manera. En el caso de que nos resulte difícil trabajar con la masa porque se nos pega un poco a las manos, las aceitamos un poco y problema resuelto.
-Las freímos en aceite abundante. Cuando estén doradas las vamos depositando en un recipiente cubierto con papel absorvente.


Elaboración del almíbar
- Una vez tengamos fritas todas las rosquillas hacemos el almíbar.
- Ponemos en un cazo el azúcar y el agua y lo llevamos a ebullición. Cuando hierva, bajamos el calor y lo dejamos a temperatura media-alta durante unos 10 minutos. La mejor prueba para saber que está listo es dejar caer el líquido y que caida de forma continua, haciendo hilo. Cuando sea así, bajamos el calor de la cocina al mínimo y bañamos las rosquillas por ambos lados.
- El almíbar es muy pegajoso, lo mejor es depositarlas en una fuente plana cubierta con papel de hornear, de forma que no se toquen entre ellas.
- Dejamos secar y listas.



 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...