jueves, 3 de julio de 2014

PAN DE ESPELTA

Summer time. Na maioría dos blogues aparecen grandes carteis dicindo que están de vacacións, que regresarán despois do verán... Pero resulta que para min é o momento de publicar porque teño máis tempo, e polo tanto, máis ganas. 
Aínda que desde fai xa bastante o do blogue non me motiva demasiado e, como consecuencia, téñoo abandonado, pois recoñezo que me gusta telo e que me gusta compartir e recordar as receitas que me van gustando, para poder repetilas e para que alguén se atreva tamén, por que non.
Teño bastantes receitas na despensa, esperando a ser publicadas e gustaríame que estivesen aquí. A maioría son receitas que fago moito e que me encantan, deberían entón formar parte do recetario. 
O que máis fago son masas, sobre todo pans, con todo ningún dos meus pans habituais, os que repito case cada semana forman parte deste blogue. E non pode ser. Por iso vou empezar con este delicioso pan de espelta que aínda que non é dos que máis fago si me gusta moito.
En castellano
Summer time. En la mayoría de los blogs aparecen grandes carteles diciendo que están de vacaciones, que regresarán después del verano... Pero resulta que para mi es el momento de publicar porque tengo más tiempo, y por tanto, más ganas. 
Aunque desde hace ya bastante lo del blog no me motiva demasiado y, como consecuencia, lo tengo abandonado, pues reconozco que me gusta tenerlo y que me gusta compartir y recordar las recetas que me van gustando, para poder repetirla y para que alguien se atreva también, por qué no.
Tengo bastantes recetas en la despensa, esperando a ser publicadas y me gustaría que estuvieran aquí. La mayoría son recetas que hago mucho y que me encantan, deberían entonces formar parte del recetario. 
Lo que más hago son masas, sobre todo panes, sin embargo ninguno de mis panes habituales, los que repito casi cada semana forman parte de este blog. Y no puede ser.Por eso voy a empezar con este delicioso pan de espelta.



Ingredientes
Biga
100 gramos de harina de espelta integral
50 gr de auga
A punta do coitelo de levadura seca ou 0,3 gramos de levadura fresca. 
Masa:
400 gramos de harina de espelta branca
2 g de levadura seca
290 gr de auga
Toda a biga
10 gramos de sal
En castellano
Ingredientes
Biga
100 gramos de harina de espelta integral
50 gr de agua
 La punta del cuchillo de levadura seca o 0,3 gramos de levadura fresca. 
Masa:
400 gramos de harina de espelta blanca
2 g de levadura seca
290 gr de agua
Toda la biga
10 gramos de sal



Elaboración 
Biga
Mesturamos todos os ingredientes ata conseguir unha masa. Deixámolo repousar tapado durante unhas 10-12 horas a temperatura ambiente (pode estar ata 24 horas). No meu caso adóitoo deixar toda a noite.
Masa
- Poñemos nun recipiente a fariña, a levadura, desfacemos a biga en anaquiños e engadimos a auga. Mesturamos e deixamos repousar por espazo duns 20 minutos. Logo deste tempo engadimos o sal e amasamos.
- Vólvese a deixar repousar durante uns 10 minutos e volvemos a amasar durante un minuto ou dous. Adoito facelo co método francés, ou Bertinet (con golpes e dobrados). Esto volvo a repetilo un par de veces.
- Aceitamos un bol e deixamos fermentar a masa durante unhas dúas horas ou dúas horas e media (depende da temperatura ambiente). Durante ese período de fermentación doulle dous plegados á masa.
- Unha vez fermentada, enfariñamos lixeiramente a mesa de traballo e boleamos a masa. Deixámola repousar por espazo de media hora.
- Para rematar dámoslle forma e metémola no pyrex previamente aceitado e enfariñado. Neste momento acendemos o forno ao máximo.
- Cando o forno estea quente introducimos o pyrex e deixámolo media hora a máxima potencia. Logo da media hora quitámoslle a tapa e baixamos o calor do forno a 220º, durante outra media hora. Nos 10 últimos minutos saco o pan do pyrex e baixo o forno a 200º




En castellano
Elaboración 
Biga
Mezclamos todos los ingredientes hasta conseguir una masa. Lo dejamos reposar durante unas 10-12 horas a temperatura ambiente (puede estar hasta 24 horas). En mi caso lo suelo dejar toda la noche
Masa
- Ponemos en un recipiente la harina, la levadura, deshacemos la biga en trocitos y añadimos el agua. Mezclamos y dejamos reposar por espacio de unos 20 minutos. Después de este tiempo añadimos la sal y amasamos.
- Se vuelve a dejar reposar durante unos 10 minutos y volvemos a amasar durante un minuto o dos. Suelo hacerlo con el método francés, o Bertinet (con golpes y doblados)
- Aceitamos un cuenco y dejamos fermentar la masa durante unas dos horas o dos horas y media. Durante ese período de fermentación le doy dos plegados a la masa.
- Una vez fermentada, enharinamos ligeramente la mesa de trabajo y boleamos la masa. La dejamos reposar por espacio de media hora.
- Por último le damos forma y la metemos en el pyrex previamente aceitado y enharinado. En este momento encendemos el horno al máximo.
- Cuando el horno esté caliente introducimos el pyrex y lo dejamos media hora a máxima potencia. Después de la media hora le quitamos la tapa y bajamos el calor del horno a 220º, durante otra media hora. En los 10 últimos minutos saco el pan del pyrex y bajo el horno a 200º
Para esta receita seguín os pasos desta páxina

sábado, 31 de mayo de 2014

PASTA AL NERO DI SEPIA CON LANGOSTINOS, COGOMELOS E SALSA DE CENTOLO.

PASTA AL NERO DI SEPIA CON LANGOSTINOS, SETAS Y SALSA DE CENTOLLO
Pufff, que subidón. Acabo de entrar ao blogue para montar esta entrada e atópome cun comentario sen moderar. Léoo e debúxaseme un sorriso. É dunha anónima, por iso non podo dar as grazas personalizadas, aínda así grazas. A todos nos gusta ler este tipo de cousas: "Encantame todas as tuas recetas. Son adicta as masas dulces e o teu blog e un dos mellores,sin duda,xunto con dulce algodon q tamen e xenial. Dame moita pena q xa non escribadess tan a menudo como antes( os 2blogs son os meus favoritos)pero sempre paso por aqui,por si acaso..moitas grazas por todas as receitas q nos tes ensinado. Es maravillosa! Unha aperta"

O anterior non entraba nos meus plans escribilo, pero non puiden resistirme, é bo compartir as pequenas alegrías que ten un día calquera de forma inesperada.

Voume a centrar agora na receita de hoxe. Non podía deixar de publicala, é unha auténtica delicia, fácil e rápida e á vez ideal para sorprender, quedar ben, celebrar...
Todo empezou cun fantástico agasallo de aniversario que recibín dun gran amigo. Fíxome chegar por correo unha caixa chea de conservas, de boas conservas, das de calidade, que se poden adquirir en Santiago de Compostela, en Catrineta para ser máis exactos. Teño que confesar que aínda non os visitei, pero seguro que o farei próximamente e máis logo de preparar a receita de hoxe.
Pois ben, entre todos os produtos cos que me obsequiou había dúas latiñas de paté de marisco, unha de centolo e outra de nécora. Nin que dicir ten que son riquísimas as dúas. Abrín primeiro a de nécora, que se acabou nun tris untado en pan, e ao primeiro bocado e inhalando o delicioso cheiro veume á cabeza a posibilidade de facer unha salsiña con ese paté. Como me quedaba a outra lata, a de centolo, pois decidín probar. Miña nai, que salsa tan deliciosa e tan delicada. Eu optei por acompañala con pasta nero di sepia, pero para acompañar a un peixe tampouco ten desperdicio. 
Pois ben, que agora xa creei unha necesidade e teño que ir a por máis latas.



En castellano
Pufff, que subidón. Acabo de entrar al blog para montar esta entrada y me encuentro con un comentario sin moderar. Lo leo y se me dibuja una sonrisa. Es de una anónima, por eso no puedo dar las gracias personalizadas, aún así gracias. A todos nos gusta leer este tipo de cosas: "Encantame todas as tuas recetas. Son adicta as masas dulces e o teu blog e un dos mellores,sin duda,xunto con dulce algodon q tamen e xenial. Dame moita pena q xa non escribadess tan a menudo como antes( os 2blogs son os meus favoritos)pero sempre paso por aqui,por si acaso..moitas grazas por todas as receitas q nos tes ensinado. Es maravillosa! Unha aperta"

Lo anterior no entraba en mis planes escribirlo, pero no pude resistirme, es bueno compartir las pequeñas alegrías que tiene un día cualquiera de forma inesperada.

Me voy a centrar ahora en la receta de hoy. No podía dejar de publicarla, es una auténtica delicia, fácil y rápida y a la vez ideal para sorprender, quedar bien, celebrar...
Todo empezó con un fantástico regalo de cumpleaños que recibí de un gran amigo. Me hizo llegar por correo una caja llena de conservas, de buenas conservas, de las de calidad, que se pueden adquirir en Santiago de Compostela, en Catrineta para ser más exactos. Tengo que confesar que todavía no los he visitado, pero seguro que lo haré próximamente y más después de preparar la receta de hoy.
Pues bien, entre todos los productos con los que me obsequió había dos latitas de paté de marisco, una de centollo y otra de nécora. Ni que decir tiene que son riquísimas las dos. Abrí primero la de  nécora, que se acabó en un tris untado en pan, y al primer bocado e inhalando el delicioso olor me vino a la cabeza la posibilidad de hacer una salsita con ese paté. Como me quedaba la otra lata, la de centollo pues decidí probar. Madre mía, que salsa tan deliciosa y tan delicada. Yo he optado acompañarla con pasta nero di sepia, pero para acompañar a un pescado tampoco tiene desperdicio. 
Vamos, que ahora ya he creado una necesidad y tengo que ir a por más latas.



Ingredientes (para unha ración completiña)
Pasta ao nero di sepia
6 langostinos
Cogomelos (no meu caso, tres ou catro champiñóns port grandes)
1 ceboleta ou unha cebola pequena
1 dente de allo
125 ml de nata para cociñar
70 gr de paté de centolo
sal e aceite de oliva
En castellano
Ingredientes (para una ración completita)
Pasta al nero di sepia
6 langostinos
Setas (en mi caso, tres o cuatro champiñones port grandes)
1 cebolleta o una cebolla pequeña
1 diente de ajo
125 ml de nata para cocinar
70 gr de paté de centollo
sal y aceite de oliva




Preparación
- Cubrir o fondo dunha tixola con aceite de oliva. Cando estea quente marcamos os langostinos, ata que cambien de cor, por ambos lados, salgámolos un pouco. Ao estar listos retirámolos da tixola e reservamos e pelámolos cando estean fríos.
- No mesmo aceite salteamos as setas que previamente limpamos e laminados e salgámolas un pouquiño. Cando estean listos retirámolos e reservamos.
- No aceite que queda, si é pouco engadimos un pouco máis, pochamos a cebola e o allo, picados ben finiños, ata que quede traslúcida. Engadimos a nata, mesturamos ben e a continuación engadimos o paté e integrámolo ben ata formar a salsa. Se queremos que quede ben finiña pasámola polo batedor.
- Só temos que cocer a pasta como nos indica o fabricante e mesturar todo, regado coa deliciosa salsa.



En castellano
Preparación
- Cubrir el fondo de una sartén con aceite de oliva. Cuando esté caliente marcamos los langostinos, hasta que cambien de color, por ambos lados, los salamos un poco. Al estar listos los reitamos de la sartén y reservamos. Cuando estén fríos los pelamos.
- En el mismo aceite salteamos las setas que previamente hemos limpiado y laminado y las salamos un poquito. Cuando estén listos los retiramos y reservamos.
- En el aceite que queda, si es poco añadimos un poco más, pochamos la cebolla y el ajo, picados bien finitos, hasta que quede traslúcida. Añadimos la nata, mezclamos bien y a continuación añadimos el paté y lo integramos bien hasta formar la salsa. Si queremos que quede bien finita la pasamos por la batidora.
- Solo tenemos que cocer la pasta como nos indica el fabricante y mezclar todo, regado con la deliciosa salsa.

Y el paté untadito en una tostada también está divino.

Y mi regalazo. Menudo surtido que estoy disfrutando. Gracias Óscar, tú si que sabes hacer regalos.

jueves, 17 de abril de 2014

HOT CROSS BUNS

Aínda que non son moito de receitas típicas de cada época non me puiden resistir a estes boliños. Descubrinos o ano pasado e quedáronme gravados ata este ano que me puxen a buscar polos meus libros a ver si nalgún atopaba a receita e, si, atopeina, nun magnífico libro, que case é unha enciclopedia do pan, no libro de Jeffrey Hamelman, "O PAN". Son de fácil elaboración e de máis fácil deglución. Bo, si alguén segue este blog saberá que o tema das masas apaixóname, tanto para a súa elaboración como para a súa degustación, adóroas, e intento probar todo o que me chama a atención.
Estes boliños parace ser que son típicos do venres Santo en Inglaterra e un apunte curioso, que a min gustoume moito, a cruz é unha antiga representación celta das catro estacións.
E este estand tan preciosisimo que luce nas fotos e que fai que os boliños parezan máis bonitiños, regaloumo a miña amiga Paula, que é un amor, e sabe ben o que me gusta. Foise a Pandelino e escolleu o agasallo perfecto. Graciñas Pauliña.

En castellano
Aunque no soy mucho de recetas típicas de cada época no me pude resistir a estos bollitos. Los descubrí el año pasado y me quedaron grabados hasta este año que me puse a buscar por mis libros a ver si en alguno encontraba la receta y, sí, la encontré, en un magnífico libro, que casi es una enciclopedia del pan, en el libro de Jeffrey Hamelman, "EL PAN". Son de fácil elaboración y de más fácil deglución. Bueno, si alguien sigue este blog sabrá que el tema de las masas me apasiona, tanto para  su elaboración como para su degustación, las adoro, e intento probar todo lo que me llama la atención.
Estos bollitos parace ser que son típicos del viernes Santo en Inglaterra y un apunte curioso, que a mi me gustó mucho, la cruz es una antigua representación celta de las cuatro estaciones.
Y el stand tan preciosisimo que luce en las fotos y que hace que los bolliyos parezcan más bonitos, me lo regaló mi amiga Paula, que es un amor, y que sabe bien lo que me gusta. Se fue a Pandelino y escogió el regalo perfecto. Gracias Pauliña




Ingredientes
Esponxa
45 g de fariña de forza
227 g de leite
11 g de azucre
1 sobre de levadura seca de panadería da marca maizena (algo máis de cinco gramos)
Masa
410 g de fariña panificable (puxen harimsa de forza)
68 gr de manteiga en pomada
68 g de azucre
3 g de sal (eu puxen 6)
1 ovo (45 g) (podemos coller un grande e retirar uns 7 g para logo facer a crema das cruces)
Pementa de Xamaica moída (pon 3 g, pero eu puxen menos e engadín unha culleradiña de mestura de especias: canela, cravo, noz moscada)
Toda a esponxa
136 g de pasas
45 gr de pel de laranxa ou de limón escarchada (eu non lle puxen, que non tiña, pero sería unha boa idea poñer raspadura de laranxa ou de limón)
Pasta para a cruz
30 g de manteiga
30 g de azucre
23 g de leite
2 g de vainilla
Raspadura de limón ou esencia
7 g de ovo batido (pode reservarse do ovo que se usa na masa)
61 g de fariña tamizada
Almíbar
50 g de auga
50 g de azucre
En castellano




Ingredientes
Esponja
45 g de harina de fuerza
227 g de leche
11 g de azúcar
1 sobre de levadura seca de panadería de la marca maizena (algo más de cinco gramos)
Masa
410 g de harina panificable (puse harimsa de fuerza)
68 gr de mantequilla en pomada
68 g de azúcar
3 g de sal (yo puse 6)
1 huevo (45 g) (podemos coger uno grande y retirar unos 7 g para luego hacer la crema de las cruces)
Pimienta de Jamaica molida (pone 3 g, pero yo puse menos y añadí una cucharadita de mezcla de especias: canela, clavo, nuez moscada)
Toda la esponja
136 g de pasas
45 gr de piel de naranja o de limón escarchada (yo no le puse, que no tenía, pero sería una buena idea poner ralladura de naranja o de limón)
Pasta para la cruz
30 g de mantequilla
30 g de azúcar
23 g de leche
2 g de vainilla
Ralladura de limón o esencia
7 g de huevo batido (puede reservarse del huevo que se usa en la masa)
61 g de harina tamizada
Almíbar
50 g de agua
50 g de azúcar



Realización
Esponxa
- Introducimos a fariña coa levadura e o azucre nun recipiente, mesturamos e engadimos o leite a temperatura ambiente. Mesturamos todo e deixamos repousar ata que aumente o seu volume e estea moi escumoso. O tempo dependerá da temperatura ambiente. A miña estivo un par de horas, aínda que estaba lista antes.
Masa
- Neste caso fíxena na panificadora: Introdúcense primeiro os líquidos: a esponxa, o ovo, o sal, o azucre, as especias, as raspaduras ou esencias (si decidimos poñelas en substitución da froita escarchada) e para rematar a fariña. Doulle un segundo amasado, cando remata o primeiro, apago a panificadora e volvo acendela, neste segundo amasado incorporo a manteiga. Neste caso aínda lle dei un terceiro amasado e ao final do terceiro incorporei as pasas. Cando acaba quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente tapado e lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas, dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto a masa na neveira durante toda a noite.
- Si non temos panificadora: poñemos nun recipiente amplo a fariña o azucre e o sal, mesturamos e incorporamos a esponxa, o ovo, as especias e as esencias ou raspaduras. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos. Necesita moito amasado para que nos quede unha masa esponxosa, o amasado Betinet é o máis indicado.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
- Depositamos la masa nun recipiente tapado por espacio de dúass horas ou eo tempo suficiente para que a masa dobre o volume.
- Cando a masa estea leudada formamos os boliños con 60 g de masa.
- Dispoñémolos bastante separados para que medren, nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear e deixamos que dobren o seu volume. Sempre tapados.

Pasta para a cruz
- Mentres os boliños leudan preparamos a pasta para a cruz: derrétese a manteiga co azucre e incorporamos o resto dos ingredientes, fóra do lume, ata facer unha pasta. Metémola nunha manga pasteleira con boquiña fina.
- Cando os boliños estean leudados facemos unha cruz coa pasta na superficie. 
- Introducimos os bolos no forno prequecido a 190º durante uns 20 minutos (no libro di a 225º, pero eu non me atrevín)
Almíbar
- Quentamos a auga co azucre e deixamos que ferva un pouco. 
- Unha vez sacados os bolos do forno pincelámolos co almíbar e deixámolos arrefriar nunha grella.




En castellano
Realización
Esponja
- Introducimos la harina con la levadura y el azúcar en un recipiente, mezclamos y añadimos la leche a temperatura ambiente. Mezclamos todo y dejamos reposar hasta que aumente su volumen y esté muy espumoso. El tiempo dependerá de la temperatura ambiente. La mía estuvo un par de horas, aunque estaba lista antes.
Masa
- En este caso la hice en la panificadora: Se introducen primero los líquidos: la esponja, el huevo, la sal, el azúcar, las especias, las ralladuras o esencias (si decidimos ponerlas en sustitución de la fruta escarchada) y por último la harina. Le doy un segundo amasado, cuando termina el primero, apago la panificadora y vuelvo a encenderla, en este segundo amasado incorporo la mantequilla. En este caso aún le di un tercer amasado y al final del tercero incorporé las pasas. Cuando acaba quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos en un recipiente amplio la harina el azúcar y la sal, mezclamos e incorporamos la esponja, el huevo, las especias y las esencias o ralladuras. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos. Necesita mucho amasado para que nos quede una masa esponjosa, el amasado Betinet es el más indicado.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.
- Dejamos la masa en un recipiente tapado por espacio de unas dos horas o el tiempo suficiente para que doble el volumen.
- Cuando leude lo suficiente formamos los bollitos de unos 60 g aproximadamente.
- Los depositamos en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear, lo suficientemente separados para que no se toquen al crecer. Los tapamos y dejamos que doblen su volumen.



Pasta para la cruz
- Mientras los panecillos leudan preparamos la pasta para la cruz: se derrite la mantequilla con el azúcar e incorporamos el resto de los ingredientes fuera del fuego hasta hacer una pasta. la metemos en una manga pastelera con boquilla fina.
- Cuando los panecillos estén leudados hacemos una cruz con la pasta en la superficie. 
- Introducimos los bollos en el horno precalentado a 190º durante unos 20 minutos (en el libro dice a 225º, pero yo no me atreví)
Almíbar
- Calentamos el agua con el azúcar y dejamos que hierva un poco. 
- Una vez sacados los bollos del horno los pincelamos con el almíbar y los dejamos enfriar en una rejilla



domingo, 2 de marzo de 2014

TORTA DE CHOCOLATE E NATA CON TOQUE DE LARANXA

TARTA DE CHOCOLATE Y NATA CON TOQUE DE NARANJA
Pois nada que non collo ritmo. Isto do blogue creo que me cansou. Fago moitas cousas, pero non as publico. Máis ben creo que estou decepcionada, e comigo mesma, vexo por aí uns blogues tan bonitos, tan ben traballados, cunhas fotos tan chulas e cunhas receitas tan espectaculares que o meu paréceme unha chapuza. É tontería, seino, porque eu non abrín este blogue para lucirme, abrín este blogue para anotar as miñas receitas, para facer a miña propia "libreta" de receitas, ordenada. Aínda que sigo apuntando en libretas de forma desorganizada e logo non entendo nada non sei que quería anotar, sigo co meu caos. Todo me gusta, todo o quero facer, pero non hai nin días nin corpo que aguante tal saturación de azucres e graxas. Necesitaría polo menos tres vidas e uns 20 corpos para facer todo iso que vexo e me gusta. 
De todos os xeitos vou intentar seguir anotando "as miñas cousiñas", sen complexos, para min, para saber o que fago e para recordar todo o que me gustou.
Esta torta é un dos meus inventos, a receita base é o típico biscoito de iogur, pero coas variacións que se me van ocorrendo, para canto dá un simple, clásico e socorrido biscoito de iogur. Encántame como base para tartas porque queda esponxoso e á vez é perfecto para abrilo para reencher. A min resúltame moi cómodo e rápido para facer unha deliciosa torta.




En castellano
Pues nada que no cojo ritmo. Esto del blog creo que me ha cansado. Hago muchas cosas, pero no las publico. Más bien creo que estoy decepcionada, y conmigo misma, veo por ahí unos blogs tan bonitos, tan bien trabajados, con unas fotos tan chulas y con unas recetas tan espectaculares que el mío me parece una chapucilla. Es tontería, lo sé, porque yo no abrí este blog para lucirme, abrí este blog para anotar mis recetas, para hacer mi propia "libreta" de recetas, ordenada. Aunque sigo apuntando en libretas de forma desorganizada y luego no entiendo nada no sé que quería anotar, sigo con mi caos. Todo me gusta, todo lo quiero hacer, pero no hay ni días ni cuerpo que aguante tal saturación de azúcares y grasas. Necesitaría lo menos tres vidas y unos 20 cuerpos para hacer todo eso que veo y me gusta. 
De todas formas voy a intentar seguir anotando "mis cosillas", sin complejos, para mi, para saber lo que hago y para recordar todo lo que me gustó.
Esta tarta es uno de mis inventos, la receta base es el típico bizcocho de yogurt, pero con las variaciones que se me van ocurriendo, para cuanto da un simple, clásico y socorrido bizcocho de yogurt. Me encanta como base para tartas porque queda esponjoso y a la vez es perfecto para abrirlo para rellenar. A mi me resulta muy cómodo y rápido para hacer una deliciosa tarta.






Ingredientes 
Para o biscoito
1 iogur natural ou de vainilla, o vaso usarase como medida
2 medidas de azucre (200 gr)
1 medida de aceite de xirasol (80 gr)
4 ovos 
1 medida de zume de laranxa
3 medidas de fariña (240 gr)
1 medida de améndoa moída (50 gr)
1 medida de cacao puro en pó (50 gr)
Un sobre de royal
Para o recheo
600 ml de nata
2 culleradas de queixo crema
3 culleradas de azucre.
Para o almíbar
O zume de dúas laranxas
2 culleradas de azúcre
En castellano
Ingredientes
Para el bizcocho
1 yogur natural o de vainilla, el vaso se usará como medida
2 medidas de azúcar
1 medida de aceite de girasol
4 huevos
1 medida de zumo de naranja
3 medidas de harina
1 medida de almendra molida
1 medida de cacao puro en polvo 
Un sobre de royal
Para el relleno
600 ml de nata
2 cucharadas de queso crema
3 cucharadas de azúcar.
Para el almíbar
El zumo de dos naranjas
2 cucharadas de azúcar



Realización 
- Baleiramos o iogur nun bol, engadimos o azucre e mesturamos. Incorporar o aceite, remover. 
- Cando teñamos unha mestura homoxénea engadimos o ovos un a un mesturando ben. 
- Incorporamos o zume e para rematar a fariña, a améndoa, o cacao e o royal. Engadimos cada medida por separado, cando a primeira medida de fariña estea ben integrada engadimos a seguinte ata rematar con todo. 
- Introdúcese no molde elixido (de 22 cm) cuberto con papel de fornear ou untado con manteiga e espolvoreado con fariña.
- Só queda metelo en forno prequecido a 180º durante 60 minutos (o tempo e a temperatura son orientativos, cada forno ten as súas peculiaridades.) 
- Unha vez frio, laminamos o biscoito en tres anacos. 
- Facemos un almíbar ao noso gusto: neste caso quentamos o zume de dúas laranxas con dúas culleradas de azucre hasta que o azucre se disolva. Logo bañamos as láminas de biscoito con el.
- Batemos a nata hasta que case adquira  certa consistencia e nese momento engadimos o queixo e o azucre, seguimos batendo hasta que vexamos que ten consistencia e dureza, a nata debe ir facendo surcos e cando deixamos de bater non cae do batedor.
Montaxe:
- Poñemos unha capa de biscoito sobre un prato (eu sempre lle poño por debaixo un anaco de papel de fornear que logo retiro, axuda a non manchar tanto o prato). Sempre poño como base a prancha de biscoito da parte superior porque como queda abombado ao medrar na parte superior non queda recto e bonito, por iso invirto o biscoito e a parte de arriba pasa para a base e a parte inferior para arriba. Para que asente mellor á base córtolle a parte máis abombada. Mollamos o biscoito co almíbar e untámolo xenerosamente coa nata. Así hasta que acabar con todas as láminas de biscoito.
- Cubrimos toda a torta coa nata e decoramos ao noso gusto.



En castellano
Realización
- Vaciamos el yogur en un bol, añadimos el azúcar y mezclamos. Incorporar el aceite, remover.
- Cuando tengamos una mezcla homogénea añadimos lo huevos uno a uno mezclando bien.
- Incorporamos el zumo y por último la harina,  la almendra, el cacao y el royal. Añadimos cada medida por separado, cuando la primera medida de harina esté bien integrada añadimos la siguiente.
- Se introduce en el molde elegido (de 22 cm) cubierto con papel de hornear o untado con mantequilla y espolvoreado con harina. 
- Solo queda meterlo en horno precalentado a 180º durante 60 minutos (el tiempo y la temperatura son orientativos, cada horno tiene sus peculiaridades.)



- Una vez frío, laminamos el bizcocho en tres trozos. 
- Hacemos un almíbar a nuestro gusto: en este caso calentamos el zumo de dos naranjas con dos cucharadas de azúcar hasta que el azúcar se disuelva. Luego bañamos las láminas de bizcocho con él.
- Batimos la nata hasta que casi adquiera cierta consistencia y en ese momento añadimos el queso y el azúcar, seguimos batiendo hasta que veamos que tiene consistencia y dureza, la nata debe ir haciendo surcos y cuando dejamos de batir no cae de la batidora.
Montaje:
- Ponemos una lámina de bizcocho sobre un plato (yo siempre le pongo por debajo un trozo de papel de hornear que luego retiro, ayuda a no manchar tanto el plato). Siempre pongo como base a placa de bizcocho de la parte superior porque cómo queda abombado al crecer en la parte superior no quedaa recto y bonito, por eso invierto el bizcocho y la parte de arriba pasa para la base y la parte inferior para arriba. Para que asiente mejor a la base le corto la parte más abombada. Mojamos el biscoito con el almíbar y untamos generosamente con la nata. Así hasta que acabar con todas las láminas de bizcocho.
- Cubrimos toda la superficie con la nata y decoramos a nuestro gusto.
jueves, 2 de enero de 2014

STONIAN KRINGLE

Empalagada estou con tanta bondade, amor e bos desexos, tanta pastelada sóbeme o azucre en sangue, dáme repelús. Ah..., non...!! Que se cadra é que ao ter máis tempo libre atibórrome a dulzainas varias, porque é ver unha masa nova e ao ataque que vou. Que o sentido relixioso destas datas non o comparto nin o celebro, pero iso si, masa típica que vexo, masa que probo, que me dá igual que sexa propia do Nadal, o caso é que sexa masa. E que conste que turróns, polvoróns, mazapáns e doces deses non probei nin un.
Aínda que o meu empalague radique basicamente nese reparto de amor sen medida, esa hipocresía que desborda as rúas, comercios, telefónos... nestes finais de decembro. Vexamos, só somos bos e amorosos cando acaba o ano? Rebéntame o malgaste de bos desexos e que todo o mundo pronuncie aquilo de... "felices festas, feliz Nadal, feliz ano..." O resto do ano xa podemos estar de mal humor e odiar, envexar, maldesexar..., agora querémonos e adoramos ao próximo como a nós mesmos. Por favor señores, o resto do ano tamén se lle pode adicar un sorriso á xente e desexarlle un bo día, non gasten todas as enerxías nos dez últimos días do ano. E esas mensaxes (agora whatsapp) de xente que non sabes nin quen é, porque xa non lle tes o nome gravado, ben porque o borraches, ben porque se quedou no cambio de teléfono. Esa xente non pensa que se cadra morreches, ou estás pasando por un momento difícil e pouco grato, e o que menos che apetecen son ñoñadas de descoñecidos aos que lles importas tres pementos, pero eles cumpriron coa súa boa acción do ano, foron amorosos e con iso xa basta, veña home.
Ao que vou, que é o que importa, esta marabillosa coroa entrenzada, aromatizada con canela e cardamomo e que é un pracer para o padal. Declárome canelo-adicta, encántanme os doces con canela, é máis, non sei parar, un anaco pídeme outro, son unha yonqui da canela.
Tiña eu ganas de facela e o outro día vina en Rico y sin azúcar e púxenme a investigar. Creo que nunca vin unha receita tan exacta, sen versións, en todos os blogues que visitei (e en varios idiomas) teñen a mesma receita da masa, con recheos varios, pero a receita da masa é sempre a mesma. Creo que é unha receita da thermomix (e a saber si en Estonia fan este pan e no caso de que o fagan, a saber si se parece) e pasárona duns a outros fielmente. Pero xa cheguei eu para cambiala, unha que se revela contra os convencionalismos (véxanse ideas sobre o Nadal). Ben, que me parecía pequena e aumenteina un pouco e na receita orixinal non lle dan un segundo levado, pero case me parecía sacrilexio e, por suposto, eu deillo. 
E recordemos repartir amor, gratitude, sorrisos e bos desexos os 365 días do ano.





En castellano
Empalagada estoy con tanta bondad, amor y buenos deseos, tanta pastelada me sube el azúcar en sangre, me da repelús. Ah..., no...!! Que a lo mejor es que al tener más tiempo libre me atiborro a dulzainas varias, porque es ver una masa nueva y al ataque que voy. Que el sentido religioso de estas fechas no lo comparto ni lo celebro, pero eso sí, masa típica que veo, masa que pruebo, que me da igual que sea propia de la Navidad, el caso es que sea masa. Y que conste que turrones, polvorones, mazapanes y dulces de esos no he probado ni uno.
Aunque mi empalague radique básicamente en ese reparto de amor sin medida, esa hipocresía que desborda las calles, comercios, telefónos... en estos finales de diciembre. Pero bueno,  solo somos buenos y amorosos cuando acaba el año? Me revienta el derroche de buenos deseos y que todo el mundo pronuncie aquello de... "felices fiestas, feliz Navidad, feliz año..." El resto del año  ya podemos estar de mal humor y odiar, envidiar, maldesear..., ahora nos queremos y adoramos al prójimo como a nosotros mismos. Por favor señores, el resto del año también se le puede dedicar una sonrisa a la gente y desearle un buen día, no gasten todas las energías en los diez últimos días del año. Y esos mensajes  (ahora whatsapp) de gente que no sabes ni quien es, porque ya no le tienes el nombre gravado, bien porque lo has borrado, bien porque se quedó en el cambio de teléfono. Esa gente no piensa que a lo mejor te has muerto, o estás pasando por un momento difícil y poco grato, y lo que menos te apetecen son ñoñadas de desconocidos a los que les importas tres pimientos, pero ellos han cumplido con su buena acción del año, han sido amorosos y con eso ya basta, venga hombre.
A lo que voy, que es lo que importa, esta maravillosa corona entrenzada, aromatizada con canela y cardamomo y que es un placer para el paladar. Me declaro canelo-adicta, me encantan los dulces con canela, es más, no sé parar, un trozo me pide otro, soy una yonqui de la canela.
Tenía yo ganas de hacerla y el otro día la vi en Rico y sin azúcar y me puse a investigar. Creo que nunca he visto una receta tan exacta, sin versiones, en todos los blogs que he visitado (y en varios idiomas) tienen la misma receta de la masa, con rellenos varios, pero la receta de la masa es siempre la misma. Creo que es una receta de la thermomix (y a saber si en Estonia hacen este pan y en caso de que lo hagan, a saber si se parece) y se ha ido pasando de unos a otros fielmente. Pero ya he llegado yo para cambiarla, una que se revela contra los convencionalismos (véanse ideas sobre la Navidad). Bien, que me parecía pequeña y la he aumentado un poco y en la receta original no le dan un segundo levado, pero casi me parecía sacrilegio y, por supuesto, yo se lo he dado. 
Y recordemos repartir amor, gratitud, sonrisas y buenos deseos los 365 días del año.




Ingredientes
Masa
500 g de fariña de forza
Un sobre de levadura seca marca maizena
200 ml leite tépeda
2 ovos
8 g de sal
Dúas culleradas de azucre
Raspadura de limón e de laranxa (ou esencias)
50 g de manteiga a temperatura ambiente 
Recheo
70 g de manteiga branda
2 culleradiñas de canela
8 vainas de cardamomo
3 culleradas de azucre moreno
Noces picadas (cantidade a gusto)
Glaseado: 60 g de azucre glass, 10 g de auga.
En castellano
Masa
500 g de harina de fuerza
1 sobre de levadura de panadería (de maizena)
200 ml de leche templada
2 huevos ligeramente batidos
8 g de sal
2 cucharadas de azúcar
Ralladuras de limón y de naranja o, en su defecto, esencias.
50 g de mantequilla a temperatura ambiente
Relleno
70 g de mantequilla blanda
2 cucharaditas de canela
8 vainas de cardamomo
3 cucharadas de azúcar moreno
Nueces picadas (cantidad a gusto)
Glaseado: 60 g de azúcar glass, 10 g de agua.



Elaboración
Masa
- Neste caso usei a panificadora. Introdúcense primeiro os líquidos: leite, ovos, as esencias ou raiaduras, o sal, o azucre e para rematar a fariña e a levadura. Cando se forma a masa incorporamos a manteiga branda. Eu doulle dous amasados. Cando remata o primeiro, apago a panificadora e volvo acendela. Cando remata quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas, dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto a masa na neveira durante toda a noite.
- Si non temos panificadora: poñemos a fariña coa levadura e o azucre nun recipiente amplo, mesturamos; incorporamos, o leite, as esencias ou raiaduras,  os ovos e o sal. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos. Debemos amasar moito de xeito que a masa quede elástica.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
 - Unha vez fermentada estiramos a masa en forma de rectángulo nunha superficie lixeiramente enfariñada. Deixámola ben finiña. Se está moi tensa e nos custa estirala, só debemos esperar un pouco e deixar que a masa se relaxe e logo será máis doado estirala.
- Untamos a superficie da masa coa pasta feita coa manteiga branda, o azucre, o cardamomo e a canela. E repartimos pola superficie noces picadas.
- Envolvemos a masa pola parte máis longa hasta formar un rulo.
- Cortamos o rulo pola metade sen  cortar de todo un dos extremos.
- Cruzamos as dúas metades hasta o final de xeito que queden entrenzadas. Unimos os dous extremos e formamos a coroa. 
- Cubrimos con un film e deixámolo en repouso durante media hora. Logo encendemos o forno a 180º e cando acade esa temperatura metemos a coroa previamente pincelada con leite.
- Forneamos a 180º durante media hora. Si vemos que se doura demasiado na superficie cubrimos con papel de prata. 
- Cando a trenza estea case lista fervemos nun cazo o azucre coa auga e formamos un almíbar co que pincelamos a coroa en canto a saquemos do forno e se queremos que se seque volvemos a introducila no forno por espazo de 10 minutos co forno xa apagado.



En castellano
Elaboración
Masa
- En este caso he usado la panificadora. Se introducen primero los líquidos: leche, el huevo, la sal, el azúcar, las ralladuras o esencias y por último la harina y la levadura. Cuando se forma la masa incorporamos la mantequilla blanda. Yo le doy dos amasados. Cuando termina el primero, apago la panificadora y vuelvo a encenderla. Cuando acaba quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos la harina con la levadura y el azúcar en un recipiente amplio, mezclamos; incorporamos, la leche, el huevo, las esencias  y la sal. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos. Necesita mucho amasado para que nos quede una masa esponjosa, el amasado Betinet es el más indicado.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.
- Una vez fermentada estiramos la masa en forma de rectángulo en una superficie ligeramente enharinada. La dejamos bien finita. Si está muy tensa y nos cuesta estirarla, dejaremos que repose unos minutos y seguimos estirando.
- Untamos la superficie de la masa con la pasta hecha con la mantequilla blanda, el azúcar, o cardamomo y la canela. Y esparcimos por la superficie nueces picadas.
- Envolvemos la masa por la parte más larga hasta formar un rulo.
- Cortamos el rulo por la mitad sin cortar del todo uno de los extremos.
- Cruzamos las dos mitades hasta el final de forma que queden entrenzadas. Unimos los dos extremos y formamos la corona. 
- Cubrimos con un film y lo dejamos en reposo durante media hora. Luego encendemos el horno a 180º y cuando consiga esa temperatura metemos la corona previamente pincelada con leche.
- Horneamos a 180º durante media hora. Sí vemos que se dora demasiado en la superficie cubrimos con papel de plata. 
- Cuando la trenza esté casi lista hervimos en uno cazo el azúcar con el agua y formamos un almíbar con el que pincelamos la corona en cuanto la saquemos del horno y se queremos que se seque volvemos a introducirla en el forno por espacio de 10 minutos con el horno ya apagado.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...