lunes, 25 de marzo de 2013

FLORES DE PAN RECHEAS DE DOCE DE CIDRA

FLORES DE  PAN RELLENAS DE CABELLO DE ÁNGEL
 Non sei como, nin que buscaba, o caso é que acabei no blog de Hilmar con estas floriñas diante dos meus ollos, non puiden resistirme, que mellor xeito de celebrar a chegada da primavera. Eu non podía celebrala de mellor xeito, unha adicta á fariña, á masa, celébrao todo con masa, como é lóxico, calquera ocasión é boa para poñerse mans á masa. Así, fixen a miña versión sen pensalo moito.
Debo confesar que facer as flores non é sinxelo, a masa pégase un pouco e non obedece como debería. Necesitamos paciencia. Tamén debo confesar que non me quedaron do todo mal logo da loita que tiven con elas. Iso si, ben, ben, unha, a que se ve nas fotos, como non.
Ademais usei tang zhong. Que que é iso?? Pois unha mestura de auga e fariña que removemos a lume suave ata obter unha crema ou pasta similar ás natillas. É unha técnica oriental empregada nos pans que fai que o pan estea fresco por máis tempo e que a miga sexa máis esponxosa.
 

 

En castellano
No sé como, ni que buscaba, el caso es que acabé en el blog de Hilmar con estas florecillas delante de mis ojos, no puede resistirme, que mejor manera de celebrar la llegada de la primavera. Yo no podía celebrala de mejor manera, una adicta a la harina, a la masa, lo celebra todo con masa, como es lógico, cualquier ocasión es buena para ponerse manos a la masa. Así he hecho mi versión sin pensarlo mucho.
Debo confesar que hacer las flores no es sencillo, la masa se pega un poco y no obedece como debería. Necesitamos paciencia. También debo confesar que no me quedaron del todo mal después de la lucha que tuve con ellas. Eso si, bien, bien, una, la que se ve en las fotos, como no.
Además usé tang zhong. Que qué es eso?? Pues una mezcla de agua y harina que removemos a fuego suave hasta obtener una crema o pasta similar a las natillas. Es una técnica oriental empleada en los panes que hace que el pan esté fresco por más tiempo y que la miga sea más esponjosa.
 
 
 
Ingredientes:
Tang zhong
25 grs. fariña de forza
125 grs. auga
Masa
400 grs. fariña de forza
60 grs. azucre
6 grs. sal
1 sobre de levadura de panadería en po (de maizena, son 6 g)
1 ovo
100 grs. leite morno
Todo o tang zhong a temperatura ambiente (son sobre 120 g)
50 grs. manteiga a temperatura ambiente
Para o recheo e a decoración
Doce de cidra (Cabelo de anxo )
Un ovo batido.
Sementes de mapoula
En castellano
Ingredientes:
Tang zhong
25 grs. harina de fuerza
125 grs. agua
Masa
400 grs. harina de fuerza
60  grs. azúcar
6 grs. sal
1 sobre de levadura de panadería en polvo (de maizena, son 6 g)
1 huevo
100 grs. leche tibia
Todo el tang zhong a temperatura ambiente (son sobre 120 g)
50 grs. mantequilla a temperatura ambiente
Para  el relleno y la decoración
Cabello de ángel
Un huevo batido.
Semillas de amapola
 
 

Elaboración
Tang zhong
- Nun cazo, mesturar a auga e a fariña cunhas varillas, cociñar a lume medio-baixo ata que se volva unha pasta suave, cunha textura similar ás natillas. No meu caso poño o lume en 5 de 9 e vou baixando ata 4. Din que espesa cando alcanza os 65º, eu non teño termómetro, non é necesario, só hai que vixiar a mestura e remover contínuamente.
- Sacar do lume, cubrir cun filme de plástico tocando o tang zhong, isto é para que cando se arrefríe non se forme costra. Deixarse arrefriar.
- Utilizar a temperatura ambiente.

Masa
- Neste caso usei a panificadora. Introdúcense primeiro os líquidos: leite, todo o tang zhong, o ovo, o sal, o azucre e para rematar a fariña e a levadura. Cando se forma a masa incorporamos a manteiga branda. Eu doulle dous amasados. Cando termina o primeiro, apago a panificadora e volvo acendela. Cando remata quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas, dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto a masa na neveira durante toda a noite.
- Si non temos panificadora: poñemos a fariña coa levadura e o azucre nun recipiente amplo, mesturamos; incorporamos, o leite, o tang zhong e o ovo e o sal. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
- Unha vez fermentada a masa, enfariñamos lixeiramente a superficie de traballo, dividímola en porcións duns 60 g e facemos bólas. Deixamos repousar as bólas uns 15 minutos e procedemos a facer as flores.
 
 
 

- Para facer as flores seguimos os pasos das imaxes:
1º - Estiramos a bóla de masa.
2º - Colocamos no centro o cabelo de anxo.
3º - Encerramos coa masa o cabelo.
4º - Esmagamos a bóla para que se reparta o cabelo polo interior da bóla.
5º - Practicamos catro cortes, sen chegar ao centro, nos catro cuartos do círculo (ás 12, ás 3, ás 6 e ás 9).
6º - Cada cuarto divídese en dous.
7º - Viramos 90º cada unha das dúas partes dos cuartos, un cara á dereita e outro cara á esquerda.
8º - Unimos as dúas metades pola parte inferior.
9º - Esmagamos un pouco a flor.
- Dispoñemos as flores nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear.
- Tapamos e deixamos fermentar ata que dupliquen o volume.
- Pintamos con ovo batido e poñemos no centro as sementes de mapoula.
- Forneamos en forno prequecido a 180º durante uns 20 minutos.

 

 
 
En castellano
Elaboración
Tang zhong
- En un cazo, mezclar el agua y la harina con unas varillas,  cocinar a fuego medio-bajo hasta que se vuelva una pasta suave, con una textura similar a las natillas. En mi caso pongo el fuego en 5 de 9 y voy bajando hasta 4. Dicen que espesa cuando alcanza los 65º, yo no tengo termómetro, no es necesario, solo hay que vigilar la mezcla y remover contínuamente.
- Sacar del fuego, cubrir con un film de plástico de forma que toque el tang zhong, esto es para que cuando se enfríe no se forme costra. Se dejar enfriar.
- Utilizar a temperatura ambiente.
 
 
 
Masa
- En este caso he usado la panificadora. Se introducen primero los líquidos: leche, todo el tang zhong, el huevo, la sal, el azúcar y por último la harina y la levadura. Cuando se forma la masa incorporamos la mantequilla blanda. Yo le doy dos amasados. Cuando termina el primero, apago la panificadora y vuelvo a encenderla. Cuando acaba quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos la harina con la levadura y el azúcar en un recipiente amplio, mezclamos; incorporamos, la leche, el tang zhong y el huevo y la sal. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.
- Una vez fermentada la masa, enharinamos ligeramente la superficie de trabajo, la dividimos en porciones de unos 60 g y hacemos bolas. Dejamos reposar las bolas unos 15 minutos y procedemos a hacer las flores.
- Para hacer las flores seguimos los pasos de las imágenes:
1º - Estiramos la bola de masa.
2º - Colocamos en el centro el cabello de ángel.
3º - Encerramos con la masa el cabello.
4º - Aplastamos la bola para que se reparta el cabello por el interior de la bola.
5º - Practicamos cuatro cortes, sin llegar al centro, en los catro cuartos del círculo (a las 12, a las 3, a las 6 y a las 9).
6º - Cada cuarto se divide en dos.
7º - Giramos 90º cada una de las dos partes de los cuartos, uno hacia la derecha y otro hacia la izquierda.
8º - Unimos las dos mitades por la parte inferior.
9º - Aplastamos un poco  la flor.
- Disponemos las flores en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear.
- Tapamos y dejamos fermentar hasta que dupliquen el volumen.
- Pintamos con huevo batido y ponemos en el centro las semillas de amapola.
- Horneamos en horno precalentado a 180º durante unos 20 minutos.



lunes, 25 de febrero de 2013

ROSQUIÑAS DE LEITE

ROSQUILLAS DE LECHE
Esta receita é desas suxestións que che fai alguén que comparte contigo a afección pola cociña. Cris insitiu moito en que as probase, que eran moi fáciles de facer, deumas a probar e non mentía con respecto ao resultado. Ela sacou a receita dunha vella revista e está totalmente enganchada a estas rosquiñas, a verdade, non me estraña porque están moi ricas e non é necesario ter ingredientes raros, nin é necesario dispoñer de moito tempo, son perfectas para quedar ben nunha merenda, eu xa o fixen en varias ocasións.
Aínda tardei en sucumbir malia que Cris me tentaba, sabía que si empezaba a facelas xa non as faría só unha vez e así pasou. É probalas e pasar a formar parte das primeiras ideas en caso de ter ganas de algo doce ou en caso de querer agasallar a alguén.
Agora só me queda dicir: grazas Cris por esta estupenda receita.





En castellano
Esta receta es de esas sugerencias que te hace alguien que comparte contigo la afición por la cocina.  Cris insitió mucho en que las probara, que eran muy fáciles de hacer, me las dio a probar y no mentía con respecto al resultado. Ella sacó la receta de una vieja revista y está totalmente enganchada a estas rosquillas, la verdad, no me extraña porque están muy ricas y no es necesario tener ingredientes raros, ni es necesario disponer de mucho tiempo, son perfectas para quedar bien en una merienda, yo ya lo he hecho en varias ocasiones.
Todavía tardé en sucumbir a pesar de que Cris me tentaba, sabía que si empezaba a hacerlas ya no las haría solo una vez y así pasó. Es probarlas y pasar a formar parte de las primeras ideas en caso de tener ganas de algo dulce o en caso de querer agasajar a alguien.
Ahora solo me queda decir: gracias Cris por esta estupenda receta.


Ingredientes
400 g de fariña
Un vaso de leite morna (dos de nocilla, faltándolle un dedo para o bordo)
75 g de azucre
Unha pizca de sal
60 g de manteiga derretida
Un sobre de levadura de panadería en po da marca maizena
Un ovo batido
Aceite para fritir. Debe ser un aceite suave, de xirasol vai ben.
Para o almíbar
50 g de manteiga derretida
3 culleradas de auga morna
100 g de azucre glass
En castellano
Ingredientes
400 g de harina
Un vaso de leche templada (de los de nocilla, faltándole un dedo para el borde)
75 g de azúcar
 Una pizca de sal
60 g de mantequilla derretida
Un sobre de levadura en polvo de la marca maizena
Un huevo batido
Aceite para freír. Debe ser un aceite suave, de girasol va bien.
Para el almíbar
50 g de mantequilla derretida
3 cucharadas de agua templada
100 g de azúcar glass



Elaboración
- Poñemos a fariña nun recipiente e agregámoslle a levadura e o azucre, mesturamos cunha culler de madeira ou unha lingua de silicona.
- Facemos un oco no centro da fariña e incorporamos o líquidos: leite morna, o ovo batido, a manteiga derretida e o sal.
- Mesturamos todo cunha lingua de silicona ata que queden perfectamente integrados todos o ingredientes. Non é necesario amasar, só unir. Queda unha masa bastante pegañenta.
- Espolvoreamos un pouco de fariña para facilitarnos manexar a masa e facemos unha bóla coa masa (isto xa podemos facelo coas mans). Poñémola nun recipiente e deixámola repousar tapada por espazo dunha hora aproximadamente, ata que medre un pouco, non fai falta que duplique o volume.
- Procedemos a facer as rosquiñas: engraxamos as mans cun pouco de aceite, collemos porcións de masa do tamaño dunha noz, aproximadamente, facemos unha bóla e introducimos un dedo no centro para facerlle o buraco da rosquiña. Dámoslle a forma deslizando a masa entre os dedos.
- Imos depositando as rosquiñas nunha bandexa de forno forrada con papel de fornear. Unha vez que lle deamos forma a todas tapámolas cun pano e deixamos que aumenten o seu tamaño nun lugar resgardado de correntes durante unha hora, dentro do forno apagado é un bo sitio, podemos acender a luz do forno para que teñan un pouco máis de calor e fermenten antes.
- Unha vez fermenten pasamos a fritilas en abundante aceite. O aceite debe ser suave, podemos usar de xirasol ou un específico para fritir. O aceite non debe estar demasiado quente, porque se dourarían moi pronto. Debe estar quente, pero o xusto.
- Ímolas dourando por ambos lados. Vemos como inflan un pouco. Estarán listas cando estean douradas, fanse moi pronto.

- Ímolas retirando a unha fonte con papel absorbente.
- Cando estean todas fritidas preparamos o almíbar: derretemos a manteiga e agregámoslle un pouco de auga e o azucre, mesturamos ben.
- Bañamos as rosquiñas no almíbar. Esta cantidade de almíbar queda bastante xusta, podemos facer un pouco máis ou ben aproveitar o que van soltando as que xa temos listas. Isto é, se retiramos as que xa temos con almíbar, quedará no fondo da fonte resto de almíbar, con ese resto mollamos outras e quedan perfectamente. Ás veces o que tamén fago é poñer unha que acabo de bañar encima doutra que non ten almíbar, así xa lle vai escorrendo encima e unha parte xa queda bañada. É unha forma de aproveitar ben todo o almíbar.
- Outra opción é preparar un baño de chocolate: fundimos uns 200 g de chocolate, mesturámolo con 25 g de manteiga e 50 ml de nata, bañamos as rosquiñas, deixamos que arrefríe o chocolate e é unha opción deliciosa.



En castellano
Elaboración
- Ponemos la harina en un cuenco y le agregamos la levadura y el azúcar, mezclamos con una cuchara de madera o una lengua de silicona.
- Hacemos un hueco en el centro de la harina e incorporamos lo líquidos: leche templada, el huevo batido, la mantequilla derretida y la sal.
- Mezclamos todo con una lengua de silicona hasta que queden perfectamente integrados todos lo ingredientes. No es necesario amasar, solo unir. Queda una masa bastante pegajosa.
- Espolvoreamos un poco de harina para facilitarnos manejar la masa y hacemos una bola con la masa (esto ya podemos hacerlo con las manos). La ponemos en un recipiente y la dejamos reposar tapada por espacio de una hora aproximadamente, hasta que crezca un poco, no hace falta que duplique el volumen.
- Procedemos a hacer las rosquillas: engrasamos las manos con un poco de aceite, cogemos porciones de masa del tamaño de una nuez, aproximadamente, hacemos una bola  e introducimos un dedo en el centro para hacerle el agujero de la rosquilla. Le damos la forma de rosquilla deslizando la masa entre los dedos. 
- Vamos depositando las rosquillas en una bandeja de horno forrada con papel de hornear. Una vez que le demos forma a todas las rosquillas las tapamos con un paño y dejamos que aumenten su tamaño en un lugar resguardado de corrientes durante una hora, dentro del horno apagado es un buen sitio, podemos encender la luz del horno para que tengan un poco más de calor y fermenten antes.
- Una vez hayan fermentado pasamos a freírlas en abundante aceite. El aceite debe ser suave, podemos usar de girasol o uno específico para freír. El aceite no debe estar demasiado caliente, porque se nos dorarían muy pronto. Debe estar caliente, pero lo justo.
Las vamos dorando por ambos lados. Vemos como inflan un poco. Estarán listas cuando estén doradas, se hacen muy pronto.
- Las vamos retirando a una fuente con papel absorbente.
- Cuando estén todas fritas preparamos el almíbar: derretimos la mantequilla y le agregamos un poco de agua y el azúcar.
- Bañamos las rosquillas en el almíbar. Esta cantidad de almíbar queda bastante justa, podemos hacer un poco más o bien aprovechar el que van soltando las que ya tenemos listas. Esto es, si retiramos las que ya tenemos con almíbar, quedará en el fondo de la fuente resto de almíbar, con ese resto mojamos otras y quedan perfectamente. A veces lo que también hago es poner una rosquilla que acabo de bañar encima de otra que no tiene almíbar, así ya le va escurriendo encima y una parte ya queda bañada. Es una forma de aprovechar bien todo el almíbar.
- Otra opción es preparar un baño de chocolate: fundimos unos 200 g de chocolate, lo mezclamos con 25 g de mantequilla y 50 ml de nata, bañamos las rosquillas, dejamos que enfríe el chocolate y es una opción deliciosa.
 
martes, 12 de febrero de 2013

ORELLAS

De festa en festa e tiro porque me toca. Do roscón ás orellas, do Nadal ao Carnaval.
Tiña preparada outra entrada, pero esta debía ser publicada. O Entroido, non é Entroido sen orellas e esta é a primeira vez que as fago e saíron perfectas, xusto como á min me gustan, xa que logo hai que consevar a receita.
Fíxenas nunha ocasión cando era adolescente, porque sempre fun atrevida nisto de meter as mans na masa e unha tarde, soa, púxenme ao choio, non recordo moi ben o resultado, do que si estou segura é de que se comeron.
Sempre as fai a miña nai e nunca temos a receita definitiva porque ela faio todo a ollo e non se acorda dun ano para outro. A base é sempre unha receita do libro "Cocina gallega" de Álvaro Cunqueiro, pero ela modifica ao seu gusto. O ano pasado tomamos nota, pero para darlle a receita á miña compañeira Patricia que ma pediu, e resulta que este ano tiven que chamala para que ma dixese. Partindo das cantidades aproximadas, reducinas un pouco e fun tomando boa nota de todo, quedou a masa perfecta.
Unha das cousas que máis me gusta da elaboración deste doce é o ritual, alguén amasa e estira e outra persoa frite e espolvorea o azucre. Sempre fun a frixidora, nesta ocasión, fun estiradora, frixidora, azucradora, todo. É un pouco complicado facer todo o proceso unha persoa soa, pero organizándose é posible, aínda que, debo confesar, que perde parte do encanto e resulta un pouco pesado. Son as consecuencias de encapricharme en querer facelas eu e probar como me quedaban. O resultado foi máis que satisfactorio.
 
 

En castellano
De fiesta en fiesta y tiro porque me toca. Del roscón a las orejas, de la Navidad al Carnaval.
Tenía preparada otra entrada, pero esta debía ser publicada. El Carnaval, no es Carnaval sin orejas y esta es la primera vez que las hago y han salido perfectas, justo como a mi me gustan, por tanto hay que consevar la receta.
Las hice en una ocasión cuando era adolescente, porque siempre fui atrevida en esto de meter las manos en la masa y una tarde, sola, me puse manos a la obra, no recuerdo muy bien el resultado, de lo que si estoy segura es de que se comieron.
Siempre las hace mi madre y nunca tenemos la receta definitiva porque ella lo hace todo a ojo y no se acuerda de un año para otro. La base es siempre una receta del libro "Cocina gallega" de Álvaro Cunqueiro, pero ella modifica a su gusto. El año pasado tomamos nota, pero para darle la receta a mi compañera Patricia que me la pidió, y resulta que este año tuve que llamarla para que me la dijera. Partiendo de las cantidades aproximadas, las reduje un poco y fui tomando buena nota de todo, quedó la masa perfecta.
Una de las cosas que más me gusta de la elaboración de este dulce es el ritual, alguien amasa y estira y otra persona fríe y espolvorea el azúcar. Siempre fui la freidora, en esta ocasión, he sido estiradora, freidora, azucaradora, todo. Es un poco complicado hacer todo el proceso una persona sola, pero organizándose es posible, aunque, debo confesar, que pierde parte del encanto y resulta un poco pesado. Son las consecuencias de encapricharme en querer hacerlas yo y probar como me quedaban. El resultado ha sido más que satisfactorio.
 
 
 
Ingredientes (poñerei entre paréntesis as cantidades da receita que adoita facer a miña nai)
100 ml de anís (un vaso de nocilla de anís)
75 ml de leite (medio vaso de nocilla de leite)
75 ml de auga (medio vaso de nocilla de auga)
1 ovo grande, sobre 70 g (3 ovos)
70 g de manteiga derretida (medio taco de mantequilla, uns 125-130 g)
A raiadura dun limón
Media culleradiña de sal
560 g de fariña de repostaría, para máis datos a do eroski  (fariña a que admita ata que non se pegue, uns 850-900 g)
Aceite suave para fritir, de xirasol ou de oliva suave.
 
 

En castellano
Ingredientes (pondré entre paréntesis las cantidades de la receta que suele hacer mi madre)
100 ml de anís (un vaso de nocilla de anís)
75 ml de leche (medio vaso de nocilla de leche)
75 ml de agua (medio vaso de nocilla de agua)
1 huevo grande, sobre 70 g (3 huevos)
70 g de mantequilla derretida (medio taco de mantequilla, unos 125-130 g)
La ralladura de un limón
Media cucharadita de sal
560 g de harina de repostería, para más datos la del eroski (harina la que admita hasta que no se pegue, unos 850-900 g)
Aceite suave para freír, de girasol o de oliva suave.
 
 
 
Elaboración
- Nesta ocasión usei a panificadora para amasar, fíxenlle dous amasados. Primeiro introdúcense os líquidos e o sal e por encima a fariña.
- No caso de que amasemos a man, poñemos a fariña co sal nun recipiente amplo e incorporamos os líquidos, amasamos ata conseguir unha masa elástica. Penso que se debe amasar moito, cando máis elástica sexa a masa mellor estirará. A miña nai introduce unha pel de limón na masa e amasa ata que a expulsa. A masa debe ser brandiña, pero que non se pegue.
- Deixamos repousar a masa durante un tempo, non menos de media hora.
- Poñemos unha tixola con abudante aceite ao lume. Non debemos deixar que se quente demasiado, baixar o calor antes de que burbullee, no meu caso mantiven a inducción en 6. e o máximo é 9. Nun hornillo máis pequeno que o diámetro da tixola.
- Cortamos pequenas porcións de masa, do tamaño dunha noz, aproximadamente. E estirámolas o máis finas posible. É importante que a superficie de traballo estea sempre un pouco engraxada, así como o rodelo e as mans.
- Introducimos a masa da orella con coidado na tixola, deixamos que se doure un pouco e dámoslle a volta.
- Pasamos a orella a unha a fonte cuberta con papel de cociña e  espolvoreamolas con azucre.
- Eu ía facendo dunha en unha, mentres unha se douraba, estiraba a outra. Cando lle daba a volta poñíalle o azucre á anterior. No meu caso podo estirar xusto á beira da tixola e é moi cómodo.
- Na metade do proceso é importante depurar o aceite porque se vai requeimando, e tamén requeima as orellas, e debemos limpalo. Retiramos o aceite a un recipiente coándoo para retirarlle posibles impurezas. Limpamos con papel de cociña a tixola e reenchémola de novo con aceite novo e co que retiramos antes ao que lle quitamos as impurezas. E volvemos empezar.

 

 
 
En castellano
Elaboración
- En esta ocasión he usado la panificadora para amasar, le hice dos amasados. Primero se introducen los líquidos y por último la harina.
- En caso de que amasemos a mano, ponemos la harina con la sal en un recipiente amplio e incorporamos los líquidos, amasamos hasta conseguir una masa elástica. Pienso que se debe amasar mucho, cuando más elástica sea la masa mejor estirará. Mi madre introduce una piel de limón en la masa y amasa hasta que la expulsa. La masa debe quedar blandita, pero que no se pegue.
- Dejamos reposar la masa durante un tiempo, no menos de media hora.
- Ponemos una sartén con abudante aceite al fuego. No debemos dejar que se caliente demasiado, bajar el calor antes de que burbujee, en mi caso mantuve la inducción en 6. y el máximo es 9. En un hornillo más pequeño que el diámetro de la sartén.
- Cortamos pequeñas porciones de masa, del tamaño de una nuez, aproximadamente. Y las estiramos lo más finas posible. Es importante que la superficie de trabajo esté siempre un poco engrasada, así como el rodillo y las manos.
- Introducimos la masa de la oreja con cuidado en la sartén, dejamos que se dore un poco y le damos la vuelta.
- Pasamos la oreja a una fuente cubierta con papel de cocina y las espolvoreamos de azúcar.
- Yo iba haciendo de una en una, mientras una se doraba, estiraba la otra. Cuando le daba la vuelta le ponía el azúcar a la anterior. En mi caso puedo estirar justo al lado de la sartén y es muy cómodo.
- A la mitad del proceso, es importante depurar el aceite porque se va requemando, y por tanto requema las orejas, y debemos limpiarlo. Retiramos el aceite a un recipiente colándolo para retirarle posibles impurezas. Limpiamos con papel de cocina la sartén y la rellenamos de nuevo. Y volvemos a empezar.
 
 
 
 
viernes, 4 de enero de 2013

ROSCÓN EXPRESS


Chegou a última fase do Nadal e non podía faltar o roscón. Teño varios publicados, pero sempre experimento moito con este tipo de masas. Creo que ás veces nos complicamos demasiado querendo acadar uns resultados xeniais, pero hai métodos máis sinxelos cos que se conseguen moi bos resultados. Complicámonos con prefermentos, masas nai, etc, todo iso conleva moito traballo e, sobre todo, tempo. Parece que para facer un roscón se ten que parar o mundo. Pois para solucionar todas esas complicacións traio esta proposta, algo máis rápida e teño que confesar que moi rica. Seguro que moita xente, experta nisto das masas, se bota as mans á cabeza, pero eu creo que se pode facer unha boa e rica masa dun xeito sinxelo, senón tamén parece que isto está vetado, que só é para expertos. Pois non, só hai que perderlle o medo que é ben sinxelo. Logo xa se collerán manías, xa se probará con masa nai, con prefermento, con dous levedados, con tres, co que queiramos, pero primeiro hai que perderlle o respeto.
Con esta receita sae un roscón riquísimo. Pode ser que eu teña un padal pouco evolucionado e que me sirva calquera cousa, non sei, pero sinceramente, non atopo a diferenza entre este e outros que fixen, diría máis, creo que me gustou máis este ca outros. Coas cantidades que indico sae un roscón pequeniño, moi xeitoso. Se queremos un roscón máis cumprido só temos que dobrar as cantidades.
 

En castellano
Llegó la última fase de la Navidad y no podía faltar el roscón. Tengo varios publicados, pero siempre experimento mucho con este tipo de masas. Creo que a veces nos complicamos demasiado queriendo conseguir unos resultados geniales, pero hay métodos más sencillos con los que se consiguen muy buenos resultados. Nos complicamos con prefermentos, masas madre, etc, todo eso conlleva mucho trabajo y, sobre todo, tiempo. Parece que para hacer un roscón se tiene que parar el mundo. Pues para solucionar todas esas complicacións traigo esta propuesta, algo más rápida y tengo que confesar que muy rica. Seguro que mucha gente, experta en masas, se echa las manos a la cabeza, pero yo creo que se puede hacer una buena y rica masa de una manera sencilla, sino también parece que esto está vetado, que sólo es para expertos. Pues no, sólo hay que perderle el miedo que es bien sencillo. Luego ya se cogerán manías, ya se probará con masa madre, con prefermento, con dos levados, con tres, con lo que queramos, pero primero hay que perderle el respeto.
Con esta receta sale un roscón riquísimo. Puede ser que yo tenga un paladar poco evolucionado y que me sirva cualquier cosa, no sé, pero sinceramente, no encuentro la diferencia entre éste y otros que hice, diría más, creo que me gustó más éste que otros. Con las cantidades que indico sale un roscón pequeñito. Si queremos un roscón más cumplido sólo tenemos que doblar las cantidades.



 
 
Ingredientes
300 grs de fariña de forza
1 ovo deixando para pintar (só un pouco manchando o fondo do prato)
50 grs de azucre
1 sobre de levadura de panadeiro en po (da marca maizena)
100 ml de leite morno
50 grs de manteiga
1 culleradiña de auga de azahar
2 culleradas de zume de laranxa ou algo máis
1 culleradiña de esencia de vainilla
1 culleradiña de esencia de limón
1 cullerada de mel
1 culleradiña de sal
A raiadura dunha laranxa e dun limón



 

En castellano
Ingredientes
300 grs de harina de fuerza
1 huevo dejando para pintar (sólo un poco manchando el fondo del plato)
50 grs de azúcar
1 sobre de levadura de panadeiro en polvo (de la marca maizena)
100 ml de leche tibia
50 grs de mantequilla
1 cucharadita de agua de azahar
2 cucharadas de zumo de naranja
1 cucharadita de esencia de vainilla
1 cucharadita de esencia de limón
1 cucharada de miel
1 cucharadita de sal
La ralladura de una naranja y de un limón



Elaboración
-Sacar a manteiga da neveira, troceala e deixala a temperatura ambiente, unha horiña antes de comezar. Ou metela no micro uns segundos en función desconxelar.
- Amornar o leite (quítarlle o frío de neveira, 20 sg no micro) e desfacer nel a cullerada de mel.
- Mesturar a fariña coa levadura. Incorporar a manteiga e mesturala coa fariña, fregando con dedos hasta que se incorpore totalmente (esto adopteino do método Bertinet e resúltame máis cómodo que incorporala ó final, non sei se é mellor ou peor, pero desde que o fago as masas quédanme moi ben). A continuación engadimos o azucre, o sal, as raiaduras de limón e de laranxa, mesturamos.
- Por último incorporamos o ovo batido (non o poñemos todo, deixamos un pouquiño no fondo do prato que despois mesturaremos cun pouco de leite e utilizarémolo para pintar o roscón), as esencias e o leite morno con mel, amalgamamos un pouco. Mesturar todo ata conseguir una masa homoxénea, queda unha masa branda, pero non pegañenta. Neste momento podemos deixar que a masa repouse un pouco, uns 10 minutos (se queremos, se se deixa repousar conseguimos que a masa vaia collendo algo de "corpo" por si mesma e así é máis agradable traballala)

En estas dos imágenes vemos como está la masa justo cuando están todos los ingredientes unidos y como queda después del amasado
- Pasamos ó mármore e amasamos ata conseguir unha masa elástica. Amasei normal e amasado francés, deille un repouso no medio, de 10 minutos, e seguín amasando ata estar ben amasadiña, elástica. Necesita un bo amasado, mínimo 10 minutos, penso que é mellor que sexan entre 15 e 20 minutos, se facemos un repouso no medio resúltanos menos pesado. O secreto dunha boa masa sempre é un bo amasado. Poño uns vídeos  de la cocina de Babette para que resulte máis doado comprender o procedemento de amasado.
 
 
 




Amasado francés (2ª parte) from La cocina de Babette on Vimeo.

- Deixar repousar 30 minutos (como mínimo, pode ser unha hora) tapada cun pano. Darlle forma e deixala repousar dúas horas no forno (coa luz encendida).- Antes de meter ao forno pintámolo co ovo batido que deixamos, ao que lle engadimos unha cullerada de leite. E decorámolo ao noso gusto, con froitas, améndoas e con azucre. O azucre poñémolo húmido cunhas pingas de agua, de algunha esencia, licor, zume, tamén lle podemos poñer raiadura de laranxa ou limón.
- Fornear 23 minutos en forno prequecido a 180º.
 
En castellano
Elaboración
-Sacar la mantequilla de la nevera, trocearla y dejarla a temperatura ambiente, una horita antes de comenzar. O meterla en el micro unos segundos en función descongelar.
- Calentar la leche (quitarle el frío de nevera, 20 sg en el micro) y deshacer en él la cucharada de miel.
- Mezclar la harina con la levadura. Incorporar la mantequilla y mezclarla con la harina, frotando con dedos hasta que se incorpore totalmente (esto lo adopté del método Bertinet y me resulta más cómodo que incorporarla al final, no sé si es mejor o peor, pero desde que lo hago las masas me quedan muy bien). A continuación añadimos el azúcar, la sal, las railladuras de limón y de naranja, mezclamos.
- Por último, incorporamos el huevo batido (no lo ponemos todo, dejamos un pouquito en el fondo del plato que después mezclaremos con un poco de leche y lo utilizaremos para pintar el roscón), las esencias y la leche tibia con miel, amalgamamos un poco. Mezclar todo hasta conseguir una masa homogénea, queda una masa blanda, pero no pegajosa. En este momento podemos dejar que la masa repose un poco, unos 10 minutos (si queremos, si se deja reposar conseguimos que la masa vaya cogiendo algo de "cuerpo" por sí misma y así es más agradable trabajarla)
- Pasamos al mármol y amasamos hasta conseguir una masa elástica. Amasé normal y amasado francés, le di un reposo en medio, de 10 minutos, y seguí amasando hasta estar bien amasadita, elástica. Necesita un bueno amasado, mínimo 10 minutos, pienso que es mejor que sean entre 15 y 20 minutos, si hacemos un reposo en medio nos resulta menos pesado. El secreto de una buena masa siempre es un bueno amasado. Pongo unos vídeos para que resulte más fácil comprender el procedimiento de amasado.
- Dejar reposar 30 minutos (como mínimo, puede ser una hora) tapada con un paño. Darle forma y dejarla reposar dos horas en el horno (con la luz encendida). Debe duplicar su volumen.



Antes y después del horno

- Antes de meter al horno lo pintamos con el huevo batido que dejamos, al que le añadimos una cucharada de leche. Y lo decoramos a nuestro gusto, con frutas, almendras y con azúcar. El azúcar lo humedecemos con unas gotas de agua, de alguna esencia, licor, zumo, también le podemos poner ralladura de naranja o limón.
- Hornear 23 minutos en horno precalentado a 180º. (como siempre digo, esto es lo que funciona en mi horno, cada uno debe saber como funciona el suyo). Si se tuesta demasiado por arriba le ponemos un papel de plata.



 En este vídeo se puede ver como se forma un roscón. Aunque la masa del vídeo es mucho más blanda, la de este roscón, no necesita tanta harina para el formado (de hecho yo no utilizo)
 
 
miércoles, 2 de enero de 2013

PASTEL DE GRELOS E COGUMELOS DE CARMEN

PASTEL DE GRELOS Y SETAS (RECETA DE CARMEN)

Carmen é unha seguidora deste blogue e nai dun compañeiro, ademais de ser a que me fai chegar os cogumelos, todos os cogumelos que levo probado este ano. Pois ben, pola primaveira enviome esta receita, en canto a lin souben que a tiña que probar e que me ía gustar. Estaba esperando ansiosa a tempada de grelos. O outro día meu pai deume uns cantos grelos que tiña na horta e inmediatamente pensei neste pastel que non  me saía da cabeza. Ademais Carmen fíxome chegar unhas lepista nuda (ou pé azul) e unín todo. En principio o pastel non leva cogumelos, pero xa que os tiña na casa e ela mesma mos proporcionara pensei que sería boa idea xuntar todo e así conseguir un nutritivo pastel. A receita orixinal leva máis cantidade de todo, eu fíxeno pequeniño, poñerei entre paréntese as cantidades da receita orixinal.
E só me queda volver a dar as grazas por tanta xenerosidade, graciñas Carmen, mágoa de non estar máis preto que o íamos pasar pipa.
En castellano
Carmen es una seguidora de este blog y madre de un compañero, además de ser la que me hace llegar las setas, todas las setas que llevo probado este año. Pues bien, en la primaveira pasada me envió esta receta, en cuanto la leí supe que la tenía que probar y que me iba a gustar. Estaba esperando ansiosa  la temporada de grelos. El otro día mi padre me dio unos cuantos grelos que tenía en la huerta y ya pensé en este pastel que no me salía de la cabeza. Además Carmen me hizo llegar unas lepista nuda (o pie azul) y uní todo. En principio el pastel no lleva setas, pero ya que las tenía en la casa y ella misma me los había proporcionado pensé que sería buena idea juntar todo y así conseguir un nutritivo pastel. La receta original lleva más cantidad de todo, yo lo hice pequeñito, pondré entre paréntese las cantidades de la receta original. Y sólo me queda volver a dar las gracias por tanta generosidad, graciñas Carmen, lástima de no estar más cerca que lo íbamos a pasar pipa.


 
Ingredientes (poño entre paréntese as cantidades da receita orixinal)
350 g de cogumelos (neste caso lepista nuda ou pé azul)
350 g de grelos (1 kg)
230 g de patacas (500 g)
1 cebola
2 dentes de allo
30 ml de leite
15 g de manteiga
Chourizo ou beicon. Cantidade a gusto. Eu puxen unha loncha gordiña de baicon cortada en taquiños.
2 ovos
aceite de oliva
pan raiado
sal e pementa
En castellano
Ingredientes (pongo entre paréntese las cantidades de la receta original)
350 g de setas (en este caso lepista nuda o pie azul)
350 g de grelos (1 kg)
230 g de patatas (500 g)
1 cebolla
2 dientes de ajo
30 ml de leche
15 g de mantequilla
Chorizo o beicon. Cantidad a gusto. Yo puse una loncha gordita de baicon cortada en taquitos.
2 huevos
aceite de oliva
pan rallado
sal y pimienta


 
Preparación
- Cubrimos o fondo dunha tixola con aceite de oliva, cando estea quente pochamos a cebola e o allo cordados moi finos (eu fágoo na picadora). Engadimos o baicon para que se vaia torrando.
- Cando a cebola estea dourada incorporamos os cogomelos cortados en anacos pequenos. Deixamos que se vaian facendo, salpementamos. Deixámolo ata que se consuma a auga dos cogomelos.
- Mentres tanto imos cocendo os grelos e as patacas, por separado.
- Cando os grelos estean cocidos escorrémolles ben a agua e incorporámolos á tixola onde temos os cogumelos. Dámolle unhas voltas de tal xeito que se vaia consumindo a auga.
- Coas patacas cocidas preparamos un puré. Esmagámolas, ben nun pasapuré ou cun garfo, eu fíxeno cun garfo porque eran poucas. Incorporámoslle a manteiga e o leite e mesturamos ben.
- Mesturamos o puré de pataca co anterior (cogumelos e grelos) e engadimos sal e pementa se o cremos necesario.
- Retiramos do lume e engadimos dous ovos batidos.
- Engraxamos un molde e cubrimolo con pan raiado. Introducimos a mestura nel.
- Metemos no forno prequecido a 180º por espazo de media hora, hasta que vexamos que se forma unha costra na superficie.
- Pódese acompañar de salsa de tomate ou maionesa.



En castellano
Preparación
- Cubrimos el fondo de una sartén con aceite de oliva, cuando esté caliente pochamos la cebolla y el ajo cordados muy finos (yo lo hago en la picadora). Añadimos el baicon para que se vaya dorando.
- Cuando la cebolla esté dorada incorporamos las setas cortadas en trozos pequeños. Dejamos que se vayan haciendo, salpimentamos. Lo dejamos hasta que se consuma el agua de las setas.
- Mientras tanto vamos cociendo los grelos y las patatas, por separado.
- Cuando los grelos estén cocidos le escurrimos bien el  agua y los incorporamos a la sartén donde tenemos las setas. Le damos unas vueltas de tal manera que se vaya consumiendo el agua.
- Con las patatas cocidas preparamos un puré. Las aplastamos, bien en un pasapuré o con un tenedor, yo lo hice con un tenedor porque eran pocas. Le incorporamos la mantequilla y la leche y mezclamos bien.
- Mezclamos el puré de patata con el anterior (setas y grelos) y añadimos sal y pemienta si lo creemos necesario.
- Retiramos del fuego y añadimos dos huevos batidos.
- Engrasamos un molde y lo cubrimos con pan rallado. Introducimos la mezcla en él.
- Metemos en el horno precalentado a 180º por espacio de media hora, hasta que veamos que se ha formado una costra en la superficie.
- Se puede acompañar de salsa de tomate o mayonesa.

lepista nuda o pie azul
 

miércoles, 26 de diciembre de 2012

PANDORLATO

Cociñas a lume de biqueira, fornos a lume de biqueira, as casas cheiran a comida, a comida rica preparada con todo o agarimo do mundo.
Na miña casa o que máis funciona é o forno, sempre saen cheiros do forno aínda que non sexa Nadal. Encántanme os pans doces de todo tipo e este que presento foi velo e poñerme a facelo, pareceume fácil e que tiña que estar moi rico.
É imprescindible ter algunha maquiniña que nos axude ou na súa falta un bo brazo (que non sei eu como quedaría ese brazo).
Teño que darlle as grazas a José Manuel de Asopaipas por este descubrimento.
En castellano
Cocinas a tope, hornos a tope, las casas huelen a comida, a comida rica preparada con todo el cariño del mundo.
En mi casa lo que más funciona es el horno, siempre salen olores del horno aunque no sea Navidad. Me encantan los panes dulces de todo tipo y este que presento fue verlo y ponerme a hacerlo, me pareció fácil y que tenía que estar muy rico. Es imprescindible tener alguna maquinita que nos ayude o en su defecto un buen brazo (que no sé yo como quedaría ese brazo).
Tengo que darle las gracias a José Manuel de Asopaipas por este descubrimiento.


 
Ingredientes:
Para o fermento:
70 gramos de fariña
80 gramos de leite
1sobre de levadura seca, marca maizena (ou 8 g de levadura fresca)
1 culleradiña de mel
Para a masa final:
210 gramos de harina (eu necesitei máis, uns 50 g máis)
90 gramos de azucre
180 gramos de ovos (uns 3 ovos medianos)
110 gramos de manteiga a temperatura ambiente
5 gramos de sal
Raiadura dunha laranxa
2 culleradas de licor de cointreau
Para a terminación:
Unha clara un pouco batida, eu pinteino con ovo enteiro ou con leite
Un puñado de almendras (as miñas laminadas)
Azucre cunhas pingas de auga ou de cointreau
En castellano
Ingredientes:
Para el fermento:
70 gramos de harina
80 gramos de leche
1sobre de levadura seca, marca maizena (o 8 g de levadura fresca)
1 cucharadita de miel
Para la masa final:
210 gramos de harina (yo he necesitado más, unos 50 g más)
90 gramos de azúcar
180 gramos de huevos (unos 3 huevos medianos)
110 gramos de mantequilla a temperatura ambiente
5 gramos de sal
Ralladura de una naranja
2 cucharadas de licor de cointreau
Para la terminación:
Una clara un poco batida, yo lo pinté con huevo entero o con leche
Un puñado de almendras (las mías laminadas)
Azúcar con unas gotas de agua o de cointreau



Elaboración
- O primeiro é organizarse. Na receita orixinal recomenda deixar a masa na neveira toda a noite, se o facémos así, preparamos o fermento a iso das 8 ou 9 da tarde-noite. Eu probei así e sen meter a masa na neveira. Si non metemos a masa na neveira, podemos empezar pola mañá, si o facemos pola tarde nunca máis tarde das 2 ou 3 da tarde.
- Preparamos o fermento, mesturamos ben os ingredientes, tapamos o bol con papel filme e deixamos sobre unha hora ata que dobre o seu volume. Neste momento sacamos a manteiga da nevera.
Para facer a masa:
- Incorporamos ao fermento o resto da fariña e un ovo e mesturamos ben. Con isto fórmase unha masa moi compacta e pouco manexable, moi dura. Esta parte eu fíxena a man, o que pasa é que cando se incorporan o resto dos ingredientes custa moito conseguir que se integren ben e custa moito desfacer os grumos que se forman, polo tanto recomendo que non se poña toda a harina.
- Seguimos incorporando o resto dos ovos, parte da harina que deixamos, o sal, o licor e o azucre. Todo isto aos poucos e axudados dalgunha amasadora, no meu caso unha batidora de dúas varillas cos accesorios amasadores (unhas varillas retortas). É imposible manexar a masa coas mans.
- Para finalizar engadimos a manteiga a temperatura ambiente. É importante que o amasado se prolongue durante bastante tempo ata que quede todo moi ben incorporado. O amasado é longo, moi longo, no meu caso probablemente estivese unha hora, repousando para que non se requentara demasiado a batidora. Si úsase outro tipo de amasadora non se prolongará tanto. Debemos amasar hasta que consigamos que se vaia separando das paredes do recipiente.
- É ao final cando lle engadimos un pouco máis de fariña, no meu caso foron uns 50 gramos. A masa debe de quedar suave e aterciopelada. A súa textura é máis ben como de biscoito, é unha masa branda.



- Deixamos fermentar aproximadamente outra hora máis. Tapamos con filme e deixamos no frigorífico toda a noite ata o día seguinte. Sacamos ao día seguinte, enfariñamos a superficie de traballo e depositamos a masa e intentamos levala cara ao centro, coas mans enfariñadas. Collemos a bóla de masa e introducímola no molde (isto só é posible se a  deixamos na neveira dado que a masa está máis dura por efecto do enfriamento da manteiga, se non se mete na neveira pasaremos a masa ao molde cunha espátula). Eu probei a non deixar a masa na neveira e logo desa hora (ou hora e media, debemos deixar que dobre o seu volume) fermentando xa a introducín no molde, queda ben.
- Como non teño moldes de panettone usei un molde de biscoito forrado con papel de fornear, o papel debe sobresaír da superficie do molde, polo menos o dobre da altura do molde. O molde que usei é de 18 cm de diámetro e 7 de profundidade.
- Introducimos no molde e imos deixar fementar ata que aumente moito o seu volume, no meu caso ata que chegou ao bordo do molde, unhas tres horas aproximadamente, debemos ter en conta a temperatura das nosas casas, sempre poño o recipiente no forno coa luz acesa. E cubrimos cun filme.
- Prequecemos o forno a 180 graos e antes de introducir pintamos coa clara batida (eu pinteino con ovo batido ou con leite) e espolvoreamos con abundante azucre que mollamos cunhas pingas de auga (no meu caso de countreau) e colocamos almendras por encima con coidado.
- Forneamos durante 45 minutos (na receita orixinal di 30 minutos), aínda que si é importante ir observando por se se doura demasiado pronto, entón debemos colocar por encima papel de aluminio para que non se doure demasiado.
- Unha vez pasado o tempo comprobamos cunha agulla e si sae seca damos por rematada a cocción, deixando arrefriar antes de consumir (si somos capaces).



En castellano
Elaboración
- Lo primero es organizarse. En la receta original recomienda dejar la masa en la nevera toda la noche, si lo hacemos así, preparamos el prefermento a eso de las 8 o 9 de la tarde-noche. Yo he probado así y sin meter la masa en la nevera. Si no metemos la masa en la nevera, podemos empezar por la mañana, si lo hacemos por la tarde nunca más tarde de las 2 o 3 de la tarde.
- Preparamos el fermento, mezclamos bien los ingredientes, tapamos el bol con papel film y dejamos sobre una hora hasta que haya doblado su volumen. En este momento sacamos la mantequilla de la nevera.
Para hacer la masa:
- Incorporamos al prefermento el resto de la harina y un huevo y mezclamos bien. Con esto se forma una masa muy compacta y poco manejable, muy dura. Esta parte yo la hice a mano, lo que pasa es que cuando se incorporan el resto de los ingredientes cuesta mucho conseguir que se integren bien, por lo tanto recomiendo que no se ponga toda la harina.
- Seguimos incorporando el resto de los huevos, parte de la harina que hemos dejado, la sal, el licor y el azúcar. Todo esto poco a poco y ayudados de alguna amasadora, en mi caso una batidora de dos varillas con los accesorios amasadores (unas varillas retorcidas). Es imposible manejar la masa con las manos.
- Para finalizar añadimos la mantequilla a temperatura ambiente. Es importante que el amasado se produzca durante bastante tiempo hasta que quede todo muy bien incorporado. El amasado es largo, muy largo, en mi caso probablemente estuviera una hora, reposando para que no se recalentara demasiado la batidora. Si se usa otro tipo de amasadora no se prolongará tanto.
- Es al final cuando le añadimos un poco más de harina, en mi caso fueron unos 50 gramos. La masa debe de quedar suave y aterciopelada. Su textura es más bien como de bizcocho, es una masa blanda. 
- Dejamos fermentar aproximadamente otra hora más. Tapamos con film y dejamos en el frigorífico toda la noche hasta el día siguiente. Sacamos al día siguiente, enharinamos la superficie de trabajo y deposistamos la masa e intentamos llevarla hacia el centro, con las manos enharinadas. Cogemos la bola de masa y la introducimos en el molde (esto solo es posible si se ha dejado en la nevera dado que la masa está más dura por efecto del enfriamiento de la mantequilla, si no se mete en la nevera pasaremos la masa al molde con una espátula). Yo he probado a no dejar la masa en la nevera y después de esa hora (u hora y media, debemos dejar que doble su volumen) fermentando ya la introduje en el molde, queda bien.
- Como no tengo moldes de panettone usé un molde de bizcocho forrado con papel de hornear, el papel debe sobresalir de la superficie del molde, por lo menos el doble de la altura del molde. El molde que he usado es de 18 cm de diámetro y 7 de profundidad
- Introducimos en el molde y vamos a dejar fementar hasta que aumente mucho su volumen, en mi caso hasta que llegó al borde del molde, unas tres horas aproximadamente, debemos tener en cuenta la temperatura de nuestras casas, siempre pongo el recipiente en el horno con la luz encendida. Y cubrimos con un film.


 
- Precalentamos el horno a 180 grados y antes de introducir pintamos con la clara batida (yo lo he pintado con huevo batido o con leche) y espolvoreamos con abundante azúcar que hemos mojado con unas gotas de agua (en mi caso de countreau) y colocamos almendras por encima con cuidado.
- Horneamos durante 45 minutos (en la receta original dice 30 minutos), aunque si es importante ir observando por si se nos dora demasiado pronto, entonces debemos colocar por encima papel de aluminio para que no se dore demasiado.
- Una vez pasado el tiempo comprobamos con una aguja y si sale seca damos por terminado la cocción, dejando enfriar antes de consumir (si somos capaces).
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...