miércoles, 4 de abril de 2012

TALLARÍNS CON ESPINACAS, PIÑÓNS, PASAS E QUEIXO AZUL

TALLARINES CON ESPINACAS, PIÑONES, PASAS Y QUESO AZUL
Xa está ben de tanto doce que empalaga, unha receita salgada de cando en vez é conveniente e como me gustou tanto a combinación decidín non perdela de vista. O malo é que cando improviso unha receita non sei que cantidades lle poño,  penso que todos sabemos máis ou menos canto necesitamos segundo os comensais que sexamos. As cantidades son orientativas, aínda que non exactas, como todo, cada un adáptao aos seus gustos.
En castellano
Ya está bien de tanto dulce que empalaga, una receta salada de vez en cuando es conveniente y como me gustó tanto la combinación decidí no perderla de vista. Lo malo es que cuando improviso una receta no se que cantidades le pongo, pero bueno pienso que todos sabemos más o menos cuanto necesitamos según los comensales que seamos. Las cantidades son orientativas, aunque no exactas, como todo, cada uno lo adapta a sus gustos.




Ingredientes
150 grs de tallaríns
250 grs de espinacas
1 puñado de piñóns
1 puñado de pasas sen pebidas
100 grs de queixo azul
2 dentes de allo
sal e aceite
En castellano
Ingredientes
150 grs de tallarines
250 grs de espinacas
1 puñado de piñones
1 puñado de pasas sin pepitas
100 grs de queso azul
2 dientes de ajo
sal y aceite





Preparación
- Cocemos os tallaríns en abundante auga salgada fervendo uns 15 minutos. Escorrémolos.
- Lavamos as espinacas e cortámolas en xuliana.
- Picamos finiño o allo e dourámolo nunha tixola á que lle cubrimos o fondo con aceite de oliva. Cando o allo estea dourado engadimos os piñóns e dámoslles unha voltas ata que se tosten un pouco.
- Agréganse as espinacas e cuns cinco minutos estarán listas e salgamos un pouco. Incorporamos as pasas e apagamos o lume. Engadimos parte do queixo . desmenuzado.
- Neste momento é cando incorporamos os tallaríns coa mestura de espinacas, eu fágoo na propia tixola, aínda que podemos facelos directamente no prato.
- Desmenuzamos o resto do queixo e engadímolo ao prato.


En castellano
Preparación
- Cocemos los tallarines en abundante agua salada hirviendo unos 15 minutos. Los escurrimos.
- Lavamos las espinacas y las cortamos en juliana.
- Picamos finito el ajo y lo doramos en una sartén en la que hemos cubierto el fondo con aceite de oliva. Cuando el ajo esté dorado añadimos los piñones y les damos una vueltas hasta que se tuesten un poco.
- Se agregan las espinacas y con unos cinco minutos estarán listas y salamos un poco. Incorporamos las pasas y apagamos el fuego. Añadimos  parte del queso en trozos.
- En este momento cuando incorporamos los tallarines con la mezcla de espinacas, yo lo hago en la propia sartén aunque podemos hacerlos directamente en el plato.
- Desmenuzamos el resto del queso y lo añadimos al plato.

lunes, 2 de abril de 2012

MADALENAS DE NATA

Almorzo ou merenda ideal. Esponxadas, delicadas e deliciosas. Son moitas as versións de madalenas de nata que hai pola rede, nesta ocasión copiei a versión de María, do blogue, Cocinando con mamá. Esta non é a primeira vez que as fago e tampouco será a última porque é do melloriña que comín en madalenas e xa fixen unhas cantas.
Sobra dicir aquilo de que fai tempo que non publico, que estou moi vaga, que non me apetece, que xa pasou máis dun mes, bla, bla, bla, bla. Pois xa o dixen. Non sei que me pasa. Cociñar, cociño moito, fago moitos experimentos, os mal anoto en diferentes cadernos, ao tolo, e despois non se onde o anotei. Eu abrín un blogue para evitar todo iso, pero a cabra tira ao monte. Veña a facer chapuzas, que é máis cómodo e rápido. É máis, case nin veño polo blogue, nin miro o que publican outros, nin comento, nin nada, á miña bóla. Agora fago fotos cólgoas en facebook e xa me quedo tan contenta, é máis rápido e como o tempo non sobra...
Son tantas as receitas que teño pendentes e que me gustaría publicar que por algunha teño que empezar. Ale para que non protesten todas esas que me din que teño que publicar, que xa está ben de ver sempre a mesma receita.
En castellano
Desayuno o merienda ideal. Esponjosas, delicadas y deliciosas. Son muchas las versiones de magdalenas de nata que hay por la red, en esta ocasión he copiado la versión de María, del blog, Cocinando con mamá. Esta no es la primera vez que las hago y tampoco será la última porque es de lo mejorcito que he comido en magdalenas y ya he hecho unas cuantas.
Sobra decir aquello de que hace tiempo que no publico, que estoy muy vaga, que no me apetece, que ya ha pasado más de un mes, bla, bla, bla, bla. Pues ya lo he dicho. No sé que me pasa. Cocinar, cocino mucho, hago muchos experimentos, los mal anoto en diferentes libretas, a lo loco, y después no se donde lo anoté. Yo abrí un blog para evitar todo eso, pero la cabra tira al monte. Venga a hacer chapuzas, que es más cómodo y rápido. Es más, casi ni vengo por el blog, ni miro lo que publican otros, ni comento, ni nada, a mi bola. Ahora hago fotos las cuelgo en facebook y ya me quedo tan contenta, es más rápido y como el tiempo no sobra...
Son tantas las recetas que tengo pendientes y que me gustaría publicar que por alguna tengo que empezar. Ale para que no protesten todas esas que me dicen que tengo que publicar, que ya está bien de ver siempre la misma receta.



INGREDIENTES
(saíronme 22)
4 ovos grandes
150 g de azucre ( na receita de María puña 250)
Ralladura dun limón ou algunha esencia
150 g de aceite de xirasol
150 g de nata líquida
350 g de fariña de repostería
1 sobre de fermento en po (royal)
1 culleradiña de bicarbonato
En castellano
INGREDIENTES
(me salieron 22)
4 huevos grandes
150 g de azúcar ( en la receta de María ponía 250)
Raiadura de un limón o alguna esencia
150 g de aceite de girasol
150 g de nata líquida
350 g de harina de repostería
1 sobre de levadura en polvo (royal)
1 cucharadita de bicarbonato


 
Elaboración
- Batemos os ovos co azucre ata que branqueen, escumen e dupliquen o volume. Engadimos a raiadura de limón ou algunha esencia.
- Engadimos o aceite e seguimos batendo e o mesmo coa nata.
- Para rematar engadimos a fariña tamizada mesturada co fermento e o bicarbonato, incorporámola en quendas, aos poucos.
- Introducir as cápsulas de papel en flaneras ríxidas e con axuda dunha culler imos metendo a masa sen que chegue totalmente ao bordo da cápsula.
- Agregar azucre por encima da masa . Queda moi ben se ao azucre lle engadímos raiadura de limón ou laranxa e o aromatizamos fregándoo coas xemas dos dedos.
- Meter no forno prequecido a 220º, báixase a 200º ao metelas no forno, ata que estean douradiñas, uns 20 minutos aproximadamente



En castellano
Elaboración
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que blanqueen, espumen y dupliquen el volumen. Añadimos la ralladura de limón o alguna esencia.
- Añadimos el aceite y seguimos batiendo y lo mismo con la nata.
- Por último añadimos la harina tamizada mezclada con la levadura y el bicarbonato, la incorporamos en tandas, poco a poco.
- Introducir las cápsulas de papel en flaneras rígidas y con ayuda de una cuchara vamos metiendo la masa sin que llegue totalmente al borde de la cápsula.
- Agregar azúcar  por encima de la masa . Queda muy bien si al azúcar le añadimos ralladura de limón o naranja y lo aromatizamos frotándolo con las yemas de los dedos.
- Meter en el horno precalentado a 220º, se baja a 200º al meterlas en el horno, hasta que estén doraditas, unos 20 minutos aproximadamente.

domingo, 26 de febrero de 2012

BISCOITO DE AMÉNDOA CON CREMA DE TOFFE

BIZCOCHO DE ALMENDRA CON CREMA DE TOFFE
Este é un biscoito con pretensión de torta. É suave e atrévome a dicir que ten un toque sofisticado, que aumenta se o bañamos coa crema de toffe.
É produto dun pequeno experimento dos que me gustan a min. Encántanme os retos, encántame conseguir emular unha receita, conseguir facer algo que probei e que quen o coma se confunda, pense que é o orixinal. Neste caso non o conseguín, pero o resultado foi moi bo, para min, mellor, aínda que houbo quen non opinou o mesmo, o que si dixo foi que estaba á vez, cada unha no seu estilo e que unha non excluía á outra.
Pois ben, un compañeiro preguntoume se coñecía a torta Florentina, ao que eu contestei que non. Buscámola en internet e non había nada semellante ao que el dicía. Prometeume un anaco para que a probase e así o fixo. Cateina con delicadeza intentando captar todos os seus elementos. Un biscoito compacto con intenso sabor a améndoa, cuberto de améndoa laminada bañada por caramelo.
O resultado, aquí, o biscoito é máis esponxoso e sabe menos a améndoa e o caramelo tamén é diferente, aínda que o fixen toffe porque no orixinal non me pareceu un caramelo normal senón que levaba algo máis. O experimento da cobertura lévome a descubrir esta crema toffe que me pareceu unha auténtica delicia para acompañar o biscoito.
Como me pareceu tan delicioso decidín compartilo porque é sinxelo e cheo de sabor.
Seguirei intentando conseguir a famosa torta Florentina.
En castellano
Este es un bizcocho con pretensión de tarta. Es suave y me atrevo a decir que tiene un toque sofisticado, que aumenta si lo bañamos con la crema de toffe.
Es producto de un pequeño experimento de los que me gustan a mi. Me encantan los retos, me encanta conseguir emular una receta, conseguir hacer algo que he probado y que quien lo coma se confunda, piense que es el original. En este caso no lo conseguí, pero el resultado fue muy bueno, para mi, mejor, aunque hubo quien no opinó lo mismo, lo que si dijo fue que estaba a la par, cada una en su estilo y que una no excluía a la otra.
Pues bien, un compañero me preguntó si conocía la tarta Florentina, a lo que yo contesté que no. La buscamos en internet y no había nada parecido a lo que él decía. Me prometió un trozo para que la probara y así lo hizo. La caté con delicadeza intentando captar todos sus elementos. Un bizcocho compacto con intenso sabor a almendra, cubierto de almendra laminada bañada por caramelo.
El resultado, aquí, el bizcocho es más esponjoso y sabe menos a almendra y el caramelo también es diferente, aunque lo hice toffe porque en el original no me pareció un caramelo normal sino que llevaba algo más. El experimento de la cobertura me llevo a descubrir esta crema toffe que me pareció una auténtica delicia para acompañar el bizcocho.
Como me pareció tan delicioso decidí compartirlo porque es sencillo y lleno de sabor.
Seguiré intentando conseguir la famosa tarta Florentina.



Ingredientes
150 gr de manteiga a temperatura ambiente
125 gr de azucre
3 ovos
175 gr de améndoa moída
100 gr de fariña
1 cullerada de royal
1 culleradiña de bicarbonato
1 culleradiña de vainilla
Para a cuberta
Améndoa laminada, uns 75 gr, a que necesitemos  para cubrir a superficie.
Para a crema de toffe
100 gr de azucre
30 ml de auga
100 ml de nata
En castellano
Ingredientes
150 gr de mantequilla a temperatura ambiente
125 gr de azúcar
3 huevos
175 gr de almendra molida
100 gr de harina
1 cucharada de royal
1 cucharadita de bicarbonato
1 cucharadita de vainilla
Para la cubierta
Almendra laminada, unos 75 gr, la que necesitemos para cubrir la superficie.
Para la crema de toffe
100 gr de azúcar
30 ml de agua
100 ml de nata


Elaboración
- Acordarse de sacar con tempo a manteiga da neveira ou no seu defecto metela uns segundos no micro na función de desconxelar.
- Bater a manteiga, branda, a temperatura ambiente, co azucre ata que estea cremosa, engadirlle a esencia de vainilla, podemso facelo coa batidora ou co batedor de man.
- Logo ir engadindo os ovos un a un, de maneira que ata que non estea ben incorporado un, non se agrega o outro.
- Engadir as améndoas mesturadas coa fariña, o bicarbonato e o royal. Bater ata que estea todo mesturado.
- Introducir nun molde (de 22 cm) engraxado e enfariñado, ou cuberto de papel de fornear. A masa é bastante densa e será necesario extendela cunha lingua de silicona.
- Finalizar cubrindo a superficie coas améndoas laminadas.
- Fornear en forno prequentado a 180º C ata que ao picar cunha agulla, saia limpa, arredor de cuarenta minutos.



Elaboración da crema de toffe
- Ímolo facendo cando ao bizcocho lle falte pouco ou cando o saquemos do forno.
- Pomos nun cazo o azucre e a auga e levámolo a ebulición. Deixamos que tome cor dourada, retiramos do lume e incorporamos con coidado a nata e removemos. Volvemos ao lume ata que se forme a crema. Debemos ter coidado ao introducir a nata porque ao estar fría hai moito contraste frío calor e pode salpicar. Outra opción sería quentar antes a nata. A crema fórmase rapidamente.
- Pintamos o biscoito coa crema e deixamos enfríar.
- Como me sobrou crema probei a mollar o biscoito con ela e resulta realmente delicioso. Unha vez que pintemos o biscoito podemos engadirlle, á crema, un pouco máis de nata para diluíla máis, quentando o conxunto.
- Unha vez fría a crema é máis densa, para diluíla chega con quentala uns segundos no micro. Queda delicioso o bizcocho mollado coa crema tépeda.

En castellano
Elaboración
- Acordarse de sacar con tiempo la mantequilla de la nevera o en su defecto calentarla unos segundos en el micro en la función de descongelar.
- Batir la mantequilla, blanda, a temperatura ambiente, con el azúcar hasta que esté cremosa, añadir la esencia de vainilla, puede ser con la batidora o con el batidor manual.
- Luego ir añadiendo los huevos uno a uno, de manera que hasta que no esté bien incorporado uno, no se agrega el otro.
- Añadir las almendras mezcladas con la harina, el bicarbonato y el royal. Batir hasta que esté todo mezclado.
- Introducir en un molde (de 22 cm) engrasado y enharinado o cubierto con papel de hornear. La masa es bastante densa y será necesario extenderla con una lengua de silicona.
- Finalizar cubriendo la superficie con las almendras laminadas
- Hornear en horno precalentado a 180º C hasta que al pinchar con una aguja, salga limpia, alrededor de . Si vemos qcuarenta minutos.




Elaboración de la crema de toffe
- Lo vamos haciendo cuando al bizcocho le falte poco o incluso una vez que lo saquemos del horno.
- Ponemos en un cazo el azúcar y el agua y lo llevamos a ebullición. Dejamos que tome color dorado, retiramos del fuego e incorporamos con cuidado la nata y removemos. Volvemos al fuego hasta que se forme la crema. Debemos tener cuidado al introducir la nata porque al estar fría hay mucho contraste frío calor. Otra opción sería calentar antes la nata. La crema se forma rápidamente.
- Pintamos el bizcocho con la crema y dejamos enfríar.
- Como me sobró crema probé a mojar el bizcocho con ella y resulta realmente delicioso. Una vez que hayamos pintado el bizcocho podemos añadirle un poco más de nata para diluír más la crema, calentando y removiendo el conjunto.
- Una vez fría la crema es más densa, para diluirla llega con calentarla unos segundos en el micro. Queda delicioso el bizcocho mojado con la crema templada.



martes, 21 de febrero de 2012

ROSQUIÑAS ANISADAS

Chego a última hora cunha receita un tanto carnavaleira ou carnavalesca. En realidade estas rosquiñas son boas para calquera época do ano, non sería bo gozalas só nestas datas.
O outro día fun invitada a gozar dunhas rosquiñas que non me deixaron indiferente e inmediatamente pedín a receita porque tiña que facelas eu e ter esa receita gardadiña. Así que esta receita é da sogra de Cris, e eu teño que darlle as grazas ela por pasarma.
Aínda que debo confesar (e que me perdoe Cris), que lle dei o meu toque, é que é superior a min e sempre teño que engadir ou quitar algo ás receitas, son incorrixible.
En castellano
Llego a última hora con una receta un tanto carnavalera o carnavalesca. En realidad estas rosquillas son buenas para cualquier época del año, no sería bueno disfrutarlas solo en estas fechas.
El otro día fui invitada a disfrutar de unas rosquillas que no me dejaron indiferente e inmediatamente pedí la receta porque tenía que hacerlas yo y tener esa receta guardadita. Así que esta receta es de la suegra de Cris, y yo tengo que darle las gracias ella por pasármela.
Aunque debe confesar (y que me perdone Cris), que le di mi toque, es que es superior a mi y siempre tengo que añadir o quitar algo a las recetas, soy incorregible.



Ingredientes
3 ovos
3 culleradas de azucre (tantas como ovos)
3 culleradas de aceite de girasol (tantas como ovos)
Fariña, a que admita (a miña admitiume 400 gr). A fariña pode ser con fermento incorporado, ela usa a de gallo. En caso de ser fariña normal engadir un sobre royal (este foi o meu caso)
1 chisco sal
Raiadura dun limón
2 culleradiñas de anis en gran
50 ml de anís (isto é da miña colleita, síntoo, non estaba na receira orixinal)
Para o almíbar
(díxome que o facía a ollo, pero que máis ou menos usaba arredor de medio quilo de azucre e un vaso de auga, iso tendo en conta que fai o dobre da receita, con 6 ovos)
225 gr de azucre
Un vasiño de iogur (da leiteira), de auga (son 150 ml de auga), penso que con 100 ml sería suficiente.



En castellano
Ingredientes
3 huevos
3 cucharadas de azúcar (tantas como huevos)
3 cucharadas de aceite de girasol (tantas como  huevos)
Harina, la que admita (a mi me admitió 400 gr). La harina puede ser con levadura incorporada, ella usa la de gallo. En caso de ser harina normal añadir un sobre royal (este fue mi caso)
1 pizca se sal
Ralladura de un limón
2 cucharaditas de anis en grano
50 ml de anís (esto es de mi cosecha, lo siento, no estaba en al receta original)
Para el almíbar
(me dijo que lo hacía a ojo, pero que más o menos usaba alrededor de medio quilo de azúcar y un vaso de agua, eso teniendo en cuenta que hace el doble de la receta, con 6 huevos)
225 gr de azúcar
Un vasito de yogurt (de la lechera), de agua (son 150 ml de agua), pienso que con 100 ml sería suficiente.



Elaboración
- Pomos nun vaso as tres culleradas de aceite cos grans de anís e a raiadura de limón e deixámolo un tempo, unhas horas, pode ser dun día para outro ( eu deixeino unhas tres horas).
- Batemos os ovos co azucre, fíxeno coa batidora de dúas varillas, ata que espume. Engadimos o aceite co anís e a raiadura de limón e o anís, mesturamos.
- Nun recipiente pomos a fariña co royal e o chisco de sal, sempre de menos que de máis, mellor empezar con 300 gr de fariña, despois se é necesario engadiremos máis, debemos ter en conta que se non lle engadimos o anís líquido (licor) leva menos fariña. Outra opción é ir incorporando a fariña á parte líquida.
- Mesturamos ata formar a masa cunha culler de madeira, ao final xa o facemos coas mans. Se está moi pegañenta engadimos máis fariña, sempre aos poucos. Amasamos ata conseguir unha masa elástica, máis ben pegañenta, que non se pegue demasiado ás mans, pero si algo. Se ten demasiada fariña sairán moi duras, cando máis pegañenta máis esponxosas serán as rosquiñas.
- Deixamos repousar a masa durante, polo menos, unha hora.
- Formamos as rosquillas. Podemos facer un rulo longo e unir os extremos ou podemos facer unha bóla de masa, do tamaño dunha noz aproximadamente, furámola polo centro e facémola virar nun dedo, para o meu gusto quedan mellor deste último xeito. No caso de que a masa se pegue ás mans e nos resulte incómodo traballar con ela, aceitamolas un chico e problema resolto.
-Fritímolas en aceite abundante. Cando estean douradas ímolas depositando nun recipiente cuberto con papel absorvente.
Elaboración do almíbar
- Unha vez teñamos fritidas todas as rosquiñas facemos o almíbar.
- Pomos nun cazo o azucre e a auga e levámolo a ebulición. Cando ferva, baixamos a calor e deixámolo a temperatura media-alta durante uns 10 minutos. A mellor proba para saber que está listo é deixar caer o líquido e que caida de forma continua, facendo fío. Cando sexa así, baixamos a calor da cociña ao mínimo e bañamos as rosquiñas por ambos lados.
- O almíbar é muy pegañento, o mellor é depositalas nunha fonte plana (eu usei a do forno) cuberta con papel de fornear, de forma que non se toquen entre elas.
- Deixamos secar e listas.



En castellano
Elaboración
- Ponemos en un vaso las tres cucharadas de aceite con los granos de anís y la ralladura de limón y lo dejamos un tiempo, unas horas, puede ser de un día para otro ( yo lo dejé unas tres horas).
- Batimos los huevos con el azúcar, lo hice con la batidora de dos varillas, hasta que espume. Añadimos el aceite con el anís y la ralladura de limón y el anís, mezclamos.
- En un recipiente ponemos la harina con el royal y la pizca de sal, siempre de menos que de más, mejor empezar con 300 gr, después si es necesario añadiremos más, debemos tener en cuenta que si no le añadimos el anís líquido (licor) lleva menos harina. Otra opción es ir incorporando la harina a la parte líquida.
- Mezclamos hasta formar la masa con una cuchara de madera, al final ya lo hacemos con las manos. Si está muy pegajosa añadimos más harina, siempre poco a poco. Amasamos hasta conseguir una masa elástica, más bien pegajosa, que no se pegue demasiado a las manos, pero si algo. Si tiene demasiada harina saldrán muy duras, cuando más pegajosa más esponjosas serán las rosquillas.
- Dejamos reposar la masa durante, al menos, una hora.
- Formamos las rosquillas. Podemos hacer un rulo largo e unir los extremos o podemos hacer una bola de masa, del tamaño de una nuez aproximadamente, la agujereamos por el centro y la hacemos girar en un dedo, para mi gusto quedan mejor de esta última manera. En el caso de que nos resulte difícil trabajar con la masa porque se nos pega un poco a las manos, las aceitamos un poco y problema resuelto.
-Las freímos en aceite abundante. Cuando estén doradas las vamos depositando en un recipiente cubierto con papel absorvente.


Elaboración del almíbar
- Una vez tengamos fritas todas las rosquillas hacemos el almíbar.
- Ponemos en un cazo el azúcar y el agua y lo llevamos a ebullición. Cuando hierva, bajamos el calor y lo dejamos a temperatura media-alta durante unos 10 minutos. La mejor prueba para saber que está listo es dejar caer el líquido y que caida de forma continua, haciendo hilo. Cuando sea así, bajamos el calor de la cocina al mínimo y bañamos las rosquillas por ambos lados.
- El almíbar es muy pegajoso, lo mejor es depositarlas en una fuente plana cubierta con papel de hornear, de forma que no se toquen entre ellas.
- Dejamos secar y listas.



 
domingo, 29 de enero de 2012

GALLETAS DE LIMÓN E CARDAMOMO

Unha sinxela receita de deliciosas galletas, que non nos deixan indeferentes. Con intenso sabor, para gozar acompañadas dunha cunca de café, cacao ou unha infusión. Consérvanse perfectamente nunha lata durante uns días.
A receita orixinal saqueina dun libro cargado de receitas deliciosas, agasallo da miña querida Puri, cando quero deleitarme un pouco, míroo e como non sei por que receita dicirme déixoo. Estas galletas levaban tempo tentándome e non me decepcionaron para nada, son deliciosas. As orixinais non levan cardamomo, pero tiña moita curiosidade por como sería o resultado, xa que, tamén Puri, regaloume un botiño de cardamomo e que mellor ocasión para probar a combinación.
En castellano
Una sencilla receta de deliciosas galletas, que no nos dejan indeferentes. Con intenso sabor, para disfrutar acompañadas de una taza de café, cacao o una infusión. Se conservan perfectamente en una lata durante unos días.
La receta original la saqué de un libro cargado de recetas deliciosas, regalo de mi querida Puri, cuando quiero deleitarme un poco, lo miro y como no sé por que receta decirme lo dejo. Estas galletas llevaban tiempo tentándome y no me decepcionaron para nada, son deliciosas. Las originales no llevan cardadamomo, pero tenía mucha curiosidad por como sería el resultado, ya que, también Puri, me regaló un botecito de cardamomo y que mejor ocasión para probar la combinación.



Ingredientes
125 gr de manteiga branda
Raspadura de limón
150 g de fariña con fermento, se non a ten incorporamos un par de culleradiñas de fermento químico (royal)
50 grs de azucre glass
2 culleradiñas de zume de limón (eu confundinme e puxen dous culleradas, e ben, encantoume o intenso sabor a limón)
10 cápsulas de cardamomo.
En castellano
Ingredientes
125 gr de mantequilla blanda
Ralladura de limón
150 g de harina con levadura, si no la tiene incorporamos un par de cucharaditas de levadura química (royal)
50 grs de azúcar glass
2 cucharaditas de zumo de limón (yo me confundí y puse dos cucharadas, y bien)
10 cápsulas de cardamomo.



Elaboración
- Sacar a manteiga con tempo para que vaia abrandando.
- Abrimos as cápsulas de cardamomo, baleiramos o seu contido e machucámolo nun morteiro.
- Batemos a manteiga co azucre, o cardamomo e a raspadura de limón. Incorporamos a fariña aos poucos e o zume de limón ata ir formando unha masa. Se vemos que se pega demasiado incorporamos un pouco de fariña.
- Formamos bólas do tamaño dunha noz e ímolas colocando nunha bandexa de forno forrada con papel de fornear. Esmagámolas cun garfo trazando unhas raias na superficie.
- Fornéanse en forno prequentado a 180º durante uns 15 minutos.
- Deixámolas na bandexa durante un intre e sácanse con coidado a unha reixa para que non rompan.


En castellano
Elaboración
- Sacar la mantequilla con tiempo para que vaya ablandando.
- Abrimos las cápsulas de cardamomo, vaciamos su contenido y lo machacamos en un mortero.
- Batimos la mantequilla con el azúcar, el cardamomo y la ralladura de limón. Incorporamos la  harina poco a poco y el zumo de limón hasta ir formando una masa. Si vemos que se pega demasiado incorporamos un poco de harina.
- Formamos bolas del tamaño de una nuez y las vamos colocando en una bandeja de horno  forrada con papel de hornear. Las aplastamos con un tenedor trazando unas rayas en la superficie.
- Se hornean en horno precalentado a 180º durante unos 15 minutos.
- Las dejamos en la bandeja durante un rato y se sacan con cuidado a una rejilla para que no se rompan.


domingo, 15 de enero de 2012

HOJALDRES CON ALMÍBAR

Estes hojaldres molladiños, chorreantes, encántanme. Cando llos vin a Patt de Cociñando para Lola sabía que tarde ou cedo caerían. Tardei máis do que pensaba, pero é que na miña cabeza estaba facer tamén a masa follada (hojaldre), entón tiña que esperar a un día inspirado.
Patt chámalle rosquillas cristaleiro. Teñen ese nome porque hai unhas rosquillas que se fan en Gondomar, e o negocio que as fai ten ese nome. Digo negocio porque ten un hotel, restaurante e non sei se pastelería. Eu cominas e están moi boas. Nas miñas andanzas como substituta, tamén estiven en Gondomar e claro naqueles sitios nos que estás debes tomar o máis típico, non? Ademais hospedeime no seu hotel e cada venres cando me ía levaba uns cantos paquetitos das famosas rosquillas. Estas rosquillas ademais de molladas están rebozadas en azucre. Ademais, como o seu propio nome indica, son redondas.
Pero a mesma esencia téñena os hojaldres de Astorga que aparecen nos andeis dos super nas épocas do Nadal, que serían cadrados e sen rebozado de azucre. Os meus parécense máis a estes.
E dunha entrada sinxela fago unha gran entrada porque a pesar de que xa teño publicado o proceso da masa follada (hojaldre) vólvoo a pór aquí. Para no complicarse a vida cómpranse no super un par de pranchas de masa follada e é unha receita do máis sinxeliña.


En castellano
Estos hojaldres mojaditos, chorreantes, me encantan. Cuando se los vi a Patt de Cocinando para Lola sabía que tarde o temprano caerían. Tardé más de lo que pensaba, pero es que en mi cabeza estaba hacer también el hojaldre, entonces tenía que esperar a un día inspirado.
Patt le llama rosquillas cristaleiro. Tienen ese nombre porque hay unas rosquillas que se hacen en Gondomar, y el negocio que las hace tiene ese nombre. Digo negocio porque tiene un hotel, restaurante y no sé si pastelería. Yo las comí y están muy buenas. En mis andanzas como sustituta, también estuve en Gondomar y claro en aquellos sitios en los que estás debes tomar lo más típico, no? Además me hospedé en su hotel y cada viernes cuando me iba llevaba unos cuantos paquetitos de las famosas rosquillas. Estas rosquillas además de mojaditas están rebozadas en azúcar. Ademas, como su propio nombre indica, son redondas.
Pero la misma esencia la tienen los hojaldres de Astorga que aparecen en las estanterías de los super en las épocas Navideñas, que serían cuadrados y sin rebozado de azúcar. Los míos se parecen más a estos.
Y de una entrada sencilla hago una gran entrada porque a pesar de que ya tengo publicado el proceso de hojaldre lo vuelvo a poner aquí. Para no complicarse la vida se compran dos planchas de hojaldre en el super y es una receta de lo más sencilla.





MASA FOLLADA. HOJALDRE
Ingredientes
600 grs de fariña de repostería
300 ml de auga do tempo
1 cullerediña de sal
70 grs de manteiga derretida e fría
350 grs de manteiga fría, en bloque (usei president), para o hoxaldrado
En castellano
Ingredientes
600 gr de harina de repostería
300 ml de agua del tiempo
1 cucharadita de sal
70 grs de mantequilla fundida y fría
350 grs de mantequilla en bloque para hacer el hojaldrado (usé president)

Elaboración
Pór a fariña na mesa de traballo ou nun recipiente amplo. Facer un oco no centro. Meter no oco a auga, o sal e a manteiga fundida. Incorporar cara a dentro a fariña aos poucos ata formar unha bóla. Non traballar demasiado. A esta masa chámaselle plastón
É moi fácil só temos que unir os ingredientes, cando vexamos que forma masa xa está, non temos que matarnos a amasar.
En castellano
Elaboración
Poner la harina en la mesa de trabajo o en un recipiente amplio. Hacer un hueco en el centro. Meter en el hueco el agua, la sal y la mantequilla fundida. Incorporar hacia dentro la harina poco a poco hasta formar una bola. No trabajar demasiado. A esta masa se le llama plastón
Es muy fácil solo tenemos que unir los ingredientes, cuando veamos que forma masa ya está, no tenemos que matarnos a amasar.



1. Facémoslle unha cruz profunda co coitelo e metémola na neveira por espazo dunha hora ou máis (non hai présa, adáptase aos nosos horarios)
2. Enfariñamos a superficie de traballo. Estiramos cada unha das partes da cruz e así facemos unha cruz coa masa, deixando a parte central máis avultada, na que colocaremos a manteiga.
En castellano
1. Le hacemos una cruz profunda con el cuchillo y la metemos en la nevera por espacio de una hora o más (no hay prisa, se adapta a nuestros horarios)
2. Enharinamos la superficie de trabajo. Estiramos cada una de las partes de la cruz y así hacemos una cruz con la masa, dejando la parte central más abultada, en la que colocaremos la mantequilla.

3. Colocamos a manteiga na parte central avultada e procedemos a encerrala coa masa: 1º, lado dereito, 2º lado esquerdo,3º abaixo (máis próximo a nós) e 4º arriba. Resumindo: Dereita-esquerda-abaixo-arriba. Apertamos ben a masa e estiramos. O estiramento é primeiro con golpes de rodete e logo estirar de arriba cara abaixo, tamén nos podemos axudar de golpes, pero sempre de arriba cara abaixo.

En castellano
3. Colocamos la mantequilla en la parte central abultada y procedemos a encerrarla con la masa: 1º, lado derecho, 2º lado izquierdo, 3º abajo (más próximo a nosotros) y 4º arriba. Resumiendo: Derecha-izquierda-abajo-arriba. Apretamos bien la masa y estiramos. El estiramiento es primero con golpes de rodillo y luego estirar de arriba hacia abajo, también nos podemos ayudar de golpes, pero siempre de arriba hacia abajo.


4. Unha vez estirada procedemos a facer as dobreces: Dobramos o terzo superior sobre a masa e a continuación o terzo inferior encima do que xa está dobrado.
5. Viramos 90º cara á nosa dereita

En castellano
4. Una vez estirada procedemos a hacer las dobleces: Doblamos el tercio superior sobre la masa y a continuación el tercio inferior encima del que ya está doblado.
5. Giramos 90º hacia nuestra derecha




6. Estiramos de novo e procedemos como antes: Dobrar terzo superior- inferior-xiro 90º cara á dereita.
7. Envolvemos en filme e metemos na neveira como mínimo unha hora, pode ser máis (adáptase aos nosos horarios). Cando o sacamos da neveira colocar a masa coa abertura da doblez sempre cara á dereita. Sempre enfariñamos a superficie de traballo. Se saen burbullas estoupámolas cun alfinete e apertamos ben a masa.
8. Repetimos a operación descrita nas fotografías anteriores (os dous cadros) (estirar-dobrar-xiro-estirar-dobrar-neveira) dúas veces máis. En total son tres veces e seis voltas. Se vemos que se nos abranda a manteiga metemos na neveira entre cada volta.
9. Eu na quinta volta, é dicir, cando estiro a masa por 5ª vez, antes de facer o último dobrado, corto a masa en dúas e procedo por separado a facer o último dobrado. Logo, estiro a masa e fago o que necesite e así non teño tanta cantidade de masa xunta e é máis cómodo traballar con ela. O outro anaco pódese conxelar.
En castellano
6. Estiramos de nuevo y procedemos como antes: Doblar tercio superior- inferior-giro 90º  hacia la derecha.
7. Envolvemos en film y metemos en la nevera como mínimo una hora, puede ser más (se adapta a nuestros horarios). Cuando lo sacamos de la nevera colocar la masa con la abertura de la doblez siempre hacia la derecha. Siempre enharinamos la superficie de trabajo. Si salen burbujas de aire, las explotamos con un alfiler y apretamos bien la masa.
8. Repetimos la operación decrita en las fotografías anteriores (los dos cuadros) (estirar-doblar-giro-estirar-doblar-nevera) dos veces más. En total son tres veces y seis vueltas. Si vemos que se nos ablanda la mantequilla la metemos en la nevera entre cada vuelta.
9. Yo en la quinta vuelta, es decir, cuando estiro la masa por 5ª vez, antes de hacer el último doblado, corto la masa en dos y procedo por separado a  hacer el último doblado. Luego, estiro la masa y hago lo que necesite y así no tengo tanta cantidad de masa junta y es más cómodo trabajar con ella. El otro trozo se puede congelar.




OS HOJALDRES
Ingredientes:
- 2 pranchas de hojaldre (se non fixemos nós mesmos o hojaldre)
- Un pouco de manteiga derretida para pintar unha das pranchas
- 1 medida de mel
- 1 medida de azucre (non puxen unha medida pareceume demasiado)
- 1 medida de auga
-  Un pouco de azucre para rebozar (se queremos)
A medida que cada un use a que crea conveniente en función da cantidade de hojaldre que teña. Eu tiven que repetir, non me chegou o almíbar inicial. En principio usei un vasiño de cristal de yogurt (dos da lechera)

En castellano
Ingredientes:
-2 planchas de hojaldre (si no hemos hecho nosotros mismos el hojaldre)
-Un poco de mantequilla derretida para pintar una de las planchas
-1 medida de miel
-1 medida de azúcar (no puse una medida me pareció demasiado)
-1 medida de agua
- Un poco de azúcar para rebozar (si queremos)
La medida que cada uno use la que crea conveniente en función de la cantidad de hojaldre que tenga. Yo tuve que repetir, no me llegó el almíbar inicial. En principio usé un vasito de cristal de yogurt (de los de la lechera)



Elaboración
- Estiramos o hojaldre, que fixemos, deixándoo con case un cm de grosor. Eu fíxeno así, aínda que tamén se poderían facer dúas láminas e sobrepolas, non sei como quedaría mellor, así quedou bastante ben, aínda que se fosen dous probablemente quedasen máis altos
- Se non fixemos o hojaldre: desenrolamos as dúas láminas de hojaldre, a unha delas pintámola coa manteiga (penso que pintándoa cun pouco de auga ou leite tamén vale, ou sen nada, Patt non lle puxo nada e quedoulle ben) e pomos a outra encima.
- Facemos os pasteliños coa forma que queiramos, poden ser redondos ou cadrados. Eu empecei facéndoos redondos, pero como vin que estragaba moito hojaldre dedicín que serían cadadros. O buraco central fíxeno cun descorazonador de mazás.
- Levámolos a forno a 220º ata que estean dourados. En pouco tempo están listos.
- Mentres pomos nun cazo o mel, o azucre e a auga e témolo 10 minutos a lume lento ata que nos espese un pouco.
- Bañamos os pasteis no almíbar e ímolos colocando encima dun papel de forno ou papel filme. Eu mergulleinos para que quedasen ben empapados. E se o almíbar non é suficiente para mergullalos dáselles a volta e de lado e do outro lado, para que logo chorreen.
- Patt dinos que os pasteis deben arrefriar antes de bañalos. Eu fíxeno recén saídos do forno e co almibar recén feito, quente e quedáronme fenomenal.
- Para gardalos consérvanse perfectamente nunha lata. Eu cubrina con filme e entre cada capa de hojaldres para separalos tamén lles puxen filme, tal como se presentan os de Astorga.



En castellano
Elaboración
- Estiramos el hojaldre, que hemos hecho, dejándolo con casi un cm de grosor. Yo lo hice así, aunque también se podrían hacer dos planchas y sobreponerlas, no sé como quedaría mejor, así quedó bastante bien, aunque si fueran dos probablemente quedasen más altos
- Si no hemos hecho el hojaldre: desenrollamos las dos planchas de hojaldre, a una de ellas la pintamos con la mantequilla (pienso que pintándola con un poco de agua o leche también vale, o sin nada, Patt no le puso nada y le quedó bien) y ponemos la otra plancha encima. 
- Hacemos los pastelitos con la forma que queramos, pueden ser redondos o cuadrados. Yo empecé haciéndolos redondos, pero como vi que estropeaba mucho hojaldre dedicí que sería cuadadros. El agujero central lo hice con un descorazonador de manzanas.
- Los llevamos a horno a 220º hasta que estén dorados. En poco tiempo están listos.
- Mientras ponemos en un cazo la miel, el azúcar y el agua y lo tenemos 10 minutos a fuego lento hasta que nos espese un poco.
- Bañamos los pasteles en el almíbar y los vamos colocando encima de un papel de horno o papel film. Yo los sumergí para que quedaran bien empapados.Y si el almíbar no es suficiente para sumergirlos se les da la vuelta y de lado y del otro lado, para que luego chorreen.
- Patt nos dice que los pasteles deben enfriar antes de bañarlos. Yo lo hice recién salidos del horno y con el almibar recién hecho, bien calentito y me quedaron fenomenal.
- Para guardarlos se conservan perfectamente en una lata. Yo la cubrí con film y entre cada capa de hojaldres para separarlos también les puse film, tal cual los de Astorga, vamos.




miércoles, 4 de enero de 2012

MINCEMEAT CAKE


Esta receita é a metade de Puri. Regaloume un bote con mincemeat feito por ela mesma o pasado decembro, é dicir, fai exactamente un ano. O mincemeat é unha mestura de froitos secos macerados en licor. Esta mestura é típica en Inglaterra e con ela elaboran os mincemeat pies, moi típicos, tamén, en Nadal. Non sabía se facer os mincemeat pies ou un biscoito con esta mestura porque intuía que tiña que ser riquísimo e acertei de pleno. Iso que o fixen bastante lixeiro, evitando graxas, por iso usei aceite de xirasol e leite desnatada, probablemente con manteiga e nata estaría moito máis rico. Se teño que ser sincera, se é máis rico non como sería. Intentei buscar unha receita por internet, pero como cando se me antollou facelo tiña présa pois simplemente unín ingredientes ao meu criterio. Teño que seguir máis veces os meus criterios que saen estupendamente.
Vou pór a receita do mincemeat que me pasou Puri tal cal, eu usei o contido dun bote que ten de capacidade 250 ml, non teño nin idea dos gramos que poden ser. E logo de estar un ano na neveira estaba estupendo. O malo é que non lle fixen nin unha mísera foto.

En castellano
Esta receta es la mitad de Puri. Me regaló un bote con mincemeat hecho por ella misma el pasado diciembre, es decir, hace exactamente un año. El mincemeat es una mezcla de frutos secos macerados en licor. Esta mezcla es típica en Inglaterra y con ella elaboran los mincemeat pies, muy típicos, también, en Navidad. No sabía si hacer los mincemeat pies o un bizcocho con esta mezcla porque intuía que tenía que ser riquísimo y acerté de pleno. Eso que lo hice bastante ligero, evitando grasas, por eso usé aceite de girasol y leche desnatada, probablemente con mantequilla y nata estaría mucho más rico. Si tengo que ser sincera, si es más rico no se como sería. Intenté buscar una receta por internet, pero como cuando se me antojó hacerlo tenía prisa pues simplemente uní ingredientes a mi criterio. Tengo que seguir más veces mis criterios que salen estupendamente.
Voy a poner la receta del mincemeat que me pasó Puri tal cual, yo usé el contenido de un bote que tiene de capacidad 250 ml, no tengo ni idea de  los gramos que pueden ser. Y después de estar un año en la nevera estaba estupendo. Lo malo es que no le hice ni una mísera foto.



MINCEMEAT
Ingredientes:
225 g de pasas
225 g de pasas gorronas
125 g de pasas de Corinto
150 g de figos secos, cortados finamente
50 g de cidra confitada
50 g de laranxa confitada
200 g de azucre moreno
150 g de améndoas picadas
Zume e casca dun limón sen tratamento
1 punta de coitelo de cada: cravos moídos, noz moscada, canela e pementa de Xamaica
2 mazás, peladas e cortadas en dadiños
200 g de manteiga branda
250 ml de coñac ou brandy
En castellano
Ingredientes:
225 g de pasas
225 g de pasas gorronas
125 g de pasas de Corinto
150 g de higos secos, cortados finamente
50 g de cidra confitada
50 g de naranja confitada
200 g de azúcar moreno
150 g de almendras picadas
Zumo y cáscara de un limón sin tratamiento
1 punta de cuchillo de cada: clavos molidos, nuez moscada, canela y pimienta de Jamaica
2 manzanas, peladas y cortadas en daditos
200 g de mantequilla blanda
250 ml de coñac o brandy

Elaboración:
Mesturar ben todos os ingredientes sólidos e incorporar a manteiga branda e o coñac.
Distribuír a mestura en tarros e reservar na neveira.
O mincemeat debe ser preparado con algunhas semanas de antelación antes de ser empregado.

En castellano
Elaboración:
Mezclar bien todos los ingredientes sólidos e incorporar la mantequilla blanda y el coñac.
Distribuir la mezcla en tarros y reservar en la nevera.
El mincemeat debe ser preparado con algunas semanas de antelación antes de ser empleado.



BIZCOCHO MINCEMEAT
Ingredientes
250 gr de fariña
1 cullerada de impulsor Royal
1 cullerada de bicarbonato
3 ovos
5 culleradas de azucre moscavado (tamén pode ser moreno, ou máis cantidade, a nós non nos gusta moi doce)
125 ml de aceite de xirasol
125 ml de leite desnatada
1 culleradiña de sobremesa de mestura de especias (esta tamén ma regalou Puri, tróuxoma da súa viaxe a Londres e contén: canela, cravo, noz moscada, cardamomo e anís. Podemos facer nós mesmos a mestura ao noso gusto)
1 bote con capacidade de 250 ml cheo de mincemeat.

En castellano
Ingredientes
250 gr de harina
1 cucharada de impulsor Royal
1 cucharada de bicarbonato
3 huevos
5 cucharadas de azúcar moscavado (también puede ser moreno, o más cantidad, a nosotros no nos gusta muy dulce)
125 ml de aceite de girasol
125 ml de leche desnatada
1 cucharadita de postre de mezcla de especias (esta también me la regaló Puri, me la trajo de su viaje a Londres y contiene: canela, clavo, nuez moscada,cardamomo y anís. Podemos hacer nosotros mismos la mezcla a nuestro gusto) 
1 bote con capacidad de 250 ml lleno de mincemeat.



Elaboración
- Batemos os ovos co azucre ata que espume, se forme unha crema e dobre o volume (fíxeno coa batidora de dúas varas).
- Engadimos o aceite e seguimos emulsionando. A continuación incorporamos o leite e mesturamos (sigo coa batidora).
- Para rematar (xa coas varillas manuais), engadimos, aos poucos, a fariña tamizada coa mestura de especias, o fermento e o bicarbonato. Mesturamos ata que a a masa sexa uniforme e sen grumos. Ao final incorpórase o mincemeat e repártese uniformemente pola mestura.

- Introducimos nun molde alargado de 30x12 , previamente engraxado e enfariñado.
- Metemos en forno prequentado a 180º durante uns 45 minutos (eu nos 10 últimos minutos poño o ventilador). O mellor é comprobar cunha agulla se está cocido, se sae seca é que está listo.




En castellano
Elaboración
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que espume, se forme una crema y doble el volumen (lo hice con la batidora de dos varillas).
- Añadimos el aceite y seguimos emulsionando. A continuación incorporamos la leche y mezclamos (sigo con la batidora).
- Por último (ya con las varillas manuales), añadimos, poco a poco, la harina tamizada con la mezcla de especias, la levadura y el bicarbonato. Mezclamos hasta que la la masa sea uniforme y sin grumos. Al final se incorpora el mincemeat y se reparte uniformemente por la mezcla.
- Introducimos en un molde alargado de 30x12 , previamente engrasado y enharinado.
- Metemos en horno precalentado a 180º durante unos 45 minutos (yo en los 10 últimos minutos pongo el ventilador). Lo mejor es comprobar con una aguja si está cocido, si sale seca es que está listo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...