jueves, 15 de octubre de 2009

GUISO DE MARAGOTA

A maragota é un peixe de baixura que se pesca cerca das pedras. Meu pai vai pescar con asiduidade, é do que máis colle, así como fanecas e sarretas (así as chamamos nós).
Persoalmente non lle teño moita simpatía a este peixe. Non son de peixe, pero un sargo, un linguado, un rodaballo, sardiñas ou xurelos non me desgusta comelos, pero este bicho cómoo porque hai que comer peixe e na casa abunda.
Ten unha carne branquecina e algo xelatinosa, diría eu. Unhas espiñas asasinas, polo abundantes gordas e duras e unhas escamas grandes e duras.
Miña nai sempre o prepara en caldeirada, pero eu decidín que tiña que buscar unha forma de facelo algo máis rico e a verdade é que rico si estaba. Bueno a min o que máis me gustaron foron as patacas e a salsiña.


Ingredientes (para dúas persoas)
1 maragota de torar (toreina en 4 anacos)
1 cebola
6-8 culleradas de aceite
2 puñados de chícharos
4 patacas grandes
½ vaso de auga morna
1 sobre de azafrán
½ culleradiña de pementón doce
4 culleradas de salsa de tomate caseira.
1 ramiña de perexil (non lla puxen porque non tiña, pero debería levar)
Sal para salgar o peixe


O bicho en cuestión

Preparación
- Toramos a maragota, o ancho dos toros é a criterio persoal.
- Pola mañá (no día en que imos preparar a maragota) salgámola con sal gorda, por tódolos lados e incluso dentro da barriga.
- Antes de preparala lavamos a maragota, se non nos gusta o salgado poñémola un pouco a remollo, pero xa chega con lavala. O sal fai que a carne sexa máis consistente e rica. Eu abrín os toros pola metade para que se cocera antes, pero tampouco sería necesario.
- Pelamos as patacas e cortámolas en rodaxas de medio centímetro, para que se cociñen ó tempo co peixe.
- Introducimos 4 culleradas de aceite no fondo dunha pota ( máis ben ancha para que quede todo ben estricado), encima poñemos as patacas, encima a cebola cortada en xuliana e por último a maragota.
- Rociamos a maragota con un pouco aceite por encima (outras 3-4 culleradas). Repartimos as 4 culleradas de salsa de tomate caseira.
-Desfacemos o azafrán e o pementón en medio vaso de auga morna e regamos todo o conxunto anterior por encima.
- Por último, repartimos os chícharos pola pota.
- Poñemos ó lume e cando vemos que ferve baixamos o calor de xeito que haxa un pouco de burbulleo, sempre coa tapa posta. Movemos de vez en cando para que non se agarre ó fondo.
- Despois de 40 minutos está listo. O sal do salazón inicial foi suficiente.






12 comentarios:

  1. Wapa una receta sencilla y rica ricaa ,me la guardo para hacer con merluza , seguro esta guena igualmente.
    Ese pez no sera como los lorchos ..pues siempre que vamos a las rias baixas estan pescando lorchos y me ha parecido uno al ver la foto.
    Bicos mil wapisimaaa.

    ResponderEliminar
  2. NO,no son como los lorchos,son más grandes. Los lorchos los cogen casi en la orilla,en las piedras de la orilla,para estos hay que adentrarse más (aunque puede que sean de la familia, jeje, le preguntaré a mi padre)
    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. A mín pasame o mesmo, a maragota non é dos meus peixes favoritos, pero o pescador da casa tamen as trae de vez en cando. Hoxe tocou de cea, metinas o forno.

    Para a próxima terei que probar con este guiso, que ten moi boa pintiña....

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. ,... encántame o peixe,cando era pequena non o podía nin ver, en cambio ahora comeríao a diario..... Creo que nunca probei a "maragota" alomellor aquí chamámoslle doutra maneira, non sei... felicítote pola receita... sinxela e resultona!!! aiiii que boa pinta ten esa salsiña....

    un biquiño doce

    ResponderEliminar
  5. otra forma de comer pescadito,yo me apunto el acompañamiento..saludines

    ResponderEliminar
  6. Me encanta tanto la maragota como el pinto, y guisados es como mejor saben. Es cierto que tienen muchas espinas pero eso no es obstáculo para quienes amamos el pescado.
    Yo al guiso le pongo tambien un pelín de orégano, le va fenomenal.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  7. A maragota.... non estou segura de si a probei ou non... o caso é que é un nome que me sona...

    A min o pescado gústame en xeral, así guisadiño como o fixeches tú pírrame... eso sí... cuidadiño co pan.

    Bicos!!!

    Laura.

    ResponderEliminar
  8. Que rica a maragota e que bó que teñas alguén que te trae peixe fresco a casiña .

    Moita envexa nos dás .

    ;)

    ResponderEliminar
  9. Qué pinta más rica tiene este pescaíto! ummmmm. Gracias por compartirlo y feliz finde! Un besito.

    ResponderEliminar
  10. Hola buena receta tiene que estar para chuparse los dedos muy rico, un saludo de José luis

    ResponderEliminar
  11. Perico proba que xa verás que che gusta. Amin gustoume moito, quiteille as espiñas e mestrei as viandas coa salsiña e as patacas e riquísimo.

    Espe ya me contarás si lo haces.

    Pilar tengo que darte la razón, así están muy ricos,probaré con el orégano,aunque no soy mucho de hierbas y especies, me parece que disfrazan demasiado el resto de los sabores, después sabe mucho a ellas.

    Laura, que razón tes co do pan porque a salsiña estaba de morte.

    Nytta, este peixe non é moi visto polos mercados ou pescaderías porque é de pescadores (de xubilados máis ben) ou dos que fan pesca submarina.

    Poéticos, que pena que non esteades máis cerca, se fora así algún vos caía seguro.

    Angie, gracias por tu visita y pica un poquito mujer,moja pan,anda.

    Biquiños para todas

    ResponderEliminar
  12. Este guiso ten que estar de rechupete...Habera que probalo cando me traía as maragotas o pescador.

    Biquiños e que pases un bo finde.

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...