viernes, 31 de julio de 2009

CREMA DE CALABACÍN

Hoxe despois da enchenta de onte toca algo “light”. Como os calabacín tomaron o territorio (como di Natalia), pois seguimos coa cociña temática.
Esta vez non a copiei, bueno minto, saqueina dunha revista. O outro día ollando, na casa de meus pais, unha revista, destas de cociña, vin esta crema. Memoricei os ingredientes e hoxe púxena en práctica.
O blanco do centro é un chorriño de nata para "a foto"
Ingredientes
1 cebola mediana
1 allo-porro mediano
1 calabacín mediano
3 culleradas de aceite
caldo de polo
sal
Realización
- Primeiro cocín unha peituga de polo. A min gústame moito a peituga de polo cocida. Aprovéitoa para facer ensaladas, para poñerlle ás cremas de verduras ou simplemente só, coma se fora fiame.
- Poñer nunha pota o aceite e pochar nel a cebola e o allo-porro cortados finiños. Fíxeno na picadora porque me é máis cómodo e rápido e porque choro menos.
- Trocear o calabacín (en anacos non moi grandes), pochalo co anteior e salgar . Poñerlle a tapa e deixalo u pouco, dándolle voltas de vez en cando. Durante 10 minutos máis ou menos. Así vai soltando auguiña e vaise facendo na súa propia auga
- Engadir o caldo de polo (a cantidade de caldo dependerá do espesa que queiramos a crema. Púxenlle 3 cazos (dos de servir sopa).
- Deixar que coza un pouco, sobre 15 minutos porque o calabacín xa case está feito cando se deixa pochar.
- Probalo de sal e rectificar, de selo caso.
- Pasarlle o batedor. Se queremos que quede ben finiño, pasámolo polo coador de malla fina.
- Piqueille un pouco do polo cocido, e unha loncha de xamón serrano que andaba polo neveira rogando ser comida. Fixen plato único para xantar e faille falta algo de chicha.
Comentarios: Está moi rica. O allo-porro dalle moito sabor, a min como me gusta bastante esta hortaliza, gustoume moito a crema. Estas cantidades dan para dúas racións (como 1º plato porque non serían moi abundantes)

Aquí con polo, así xa se fai un plato único

jueves, 30 de julio de 2009

PASTEL DE VERDURAS CON XAMÓN E QUEIXO

Como non, tamén é copiado do blogue chocolate y pimienta, que á súa vez copiouno doutro. Elas chámanlle Fornatta (non investiguei o significado do nome), pero como eu non lle encontro sentido, pois bauticeino co nome do que se ve.
Estamos en tempada de calabacín e de tomates, entón adícome a navegar pola rede na procura de receitas que inclúan estes ingredientes. Hai moitas, pero só me quedo con aquelas que me chaman a atención, que é o caso.
A verdade é que a receita da envidia vela nas fotos, pero, persoalmente, atopei bastantes dificultades ó facela. Polo que, primeiro vou poñer a receita tal e como a fixen e logo os cambios que teño que recordar, en caso de que a volva a facer. Así e todo, era comestible e estaba rica, pero cambiaría varias cousas para estar máis ó noso gusto.
A receita orixinal era só de verduras, pero engadinlle xamón e queixo para darlle máis substancia, era para o xantar e queríamos algo máis consistente.


Ingredientes
1 calabacín (depende como sexa, o que puxen era bastante grande e sobrou)
4 patacas medianas (tamén me sobraron)
4 tomates maduros medianos
4 lonchas de xamón serrano
4 lonchas de xamón cocido
8 lonchas de queixo (tamén estaría ben, rilado)
4 ovos
100 ml de nata (ou leite)
Manteiga para engraxar o molde.
Sal, pementa e perexil


Elaboración
- Cortamos en rodaxas finiñas o calabacín. Se o facemos co coitelo podemos eternizarnos e ademais non quedan tan finiñas. Corteinas cun relador que ten unha cuchilla alongada, senón cunha mandolina (pero este aparello non o ten calquera. Hoxe descubrín que o meu relador ten unha parte para cortar rodaxiñas finiñas).
- Facemos o mesmo coas patacas. (Neste punto o meu consello é que non se corte demasiada cantidade e se logo ó final vemos que non chega, con cortar máis, listo)
- Tamén facemos o mesmo co tomate, pero esta vez co coitelo porque senón desfaise ó estaren os tomates maduros. No meu caso quiteilles a pel e algunhas pebidas.
- Batemos os ovos coa nata ou co leite, o sal, a pementa e o perexil (quedan esperando o seu turno).
- Procedemos a poñelo todo no molde de 30x12: 1º engraxamos ben todo o molde (con manteiga). Logo empezamos coas capas: 1º unha de calabacín tapando todo o fondo. Despois de pataca. Logo de tomate. Encima xamón serrano e de última a de queixo. Procedemos con este orde das capas ata rematar os ingredientes. Non puxen todas de xamón serrano, alternei con xamón cocido. A última capa non deixei que fose de queixo. Despois do queixo puxen: calabacín, pataca, calabacín (puiden xa deixalo na de pataca). Cando imos poñendo as capas podemos ir salgando un pouquiño (onde estea o xamón serrano non fai falta)
- Por último bañamos todo coa mestura de ovos e nata (leite)
- Metémolo no forno prequentado a 200º durante máis dunha hora (hora e cuarto, máis ou menos)


Cambios para a próxima vez que o faga.
Ingredientes

1 calabacín (depende como sexa, o que puxen era bastante grande e sobrou)
4 patacas medianas (tamén me sobraron)
4 tomates maduros medianos
4 lonchas de xamón serrano (substituireinas por xamón cocido, faise moi forte)
4 lonchas de xamón cocido
8 lonchas de queixo (tamén estaría ben, rilado)
4 ovos
100 ml de nata (ou leite)
Manteiga para engraxar o molde.
Sal, pementa e perexil
Elaboración
- Cortamos en rodaxas finiñas o calabacín. Se o facemos co coitelo podemos eternizarnos e ademais non quedan tan finiñas.
- Facemos o mesmo coas patacas. Non cortar demasiada cantidade, se vemos que non enchemos ben o molde co que cortamos en un principio, imos cortando a medida que nos fai falta.
- As patacas e o calabacín antes de metelos no molde pasareinos polo micro cun pouco aceite para que se cociñen un pouco porque senon tardan demasiado tempo en facerse no forno. De feito a pataca, a pesar de ser finiña, estaba “al dente”.
- Tamén facemos o mesmo co tomate, pero esta vez co coitelo porque senón desfaise ó estaren os tomates maduros. No meu caso quiteilles a pel e algunhas pebidas.
- Batemos os ovos coa nata ou co leite, o sal, a pementa e o perexil (quedan esperando o seu turno).
- Procedemos a poñelo todo no molde de 30x12: 1º engraxamos ben todo o molde (con manteiga). Logo empezamos coas capas: 1º unha de calabacín tapando todo o fondo. Despois de pataca. Logo de tomate. Encima xamón cocido e de última a de queixo. Procedemos con este orde das capas ata rematar os ingredientes. A última capa non pode ser de queixo. Despois do queixo poñer: calabacín, pataca. Cando imos poñendo as capas podemos ir salgando un pouquiño.
- Por último bañamos todo coa mestura de ovos e nata (leite)
- Metémolo no forno prequentado a 200º (o tempo teremos que velo porque ó estar algo cociñados os clabacíns e as patacas, seguro que non fará falta que estea tanto tempo no forno)
- Facelo con tempo e comelo temperado. Desmoldámolo quente e así “espachurrouse” un pouco, se deixáramos que amornara o desmoldado sería máis bonito.

TARTA DE MAZÁ EN CAPAS

Esta receita vina no blogue de Acibechería e chamoume especialmente a atención polo diferente da súa realización. Inmediatamente incluína nas receitas que teño que facer.
Agora empeza a haber mazás na horta, polo que, xa me aventurei a probar. Coma sempre non fun fiel á orixinal, non podo evitar facer cambios. Neste caso as medidas non eran moi precisas e fun un pouco ao tuntún.


Ingredientes
12 culleradas de fariña
12 culleradas de azucre
4 ovos
1 brick de nata dos pequenos (200 cc)
1 vaso de leite (dos de nocilla) (na receita orixinal dicía dúas tazas de leite enteira, pero de canto son as tazas? Tereille que preguntar á autora). Puxen unha de nata e outra de leite porque o leite que teño é desnatado, así dámoslle un pouco máis de substancia.
Manteiga (sobre 75 grs)
Arredor de 200 grs de marmelada (de melocotón). Puxen da que fixen de ameixa (non a vou ir comprar, non?). Neste paso a autora fala dun bote enteiro, pero non di de canto é, tamén di que ás veces emprega dous.
Arredor dun kilo de mazás (non chegaba ó kilo, eran sobre 800-900 grs), pero un kilo tampouco estaría de máis.


Realización
- Mesturamos as 12 culleradas de azucre coas doce de fariña nun bol.
- Pelamos e cortamos en láminas as mazás.
- Batemos os ovos e mestúranse co leite e a nata.
- Embadúrnase un molde con manteiga. O que empreguei mide 22x30.
- Metemos a metade da mestura de fariña e azucre no molde, ben estendidiño por todo o fondo (tiven un fallo puxen demasiado no fondo e logo non me quedaba a metade, debe medirse ben)
- Poñemos unha capa da mazá, encima a marmelada (supoño que a cantidade será a gusto) e uns pegotes de manteiga (tampouco sei o tamaño nin a cantidade de pegotes, polo que puxen como me pareceu)
- Por encima embórcase a metade do líquido de ovos e nata.
- Volvemos a empezar coas capas: Fariña-azucre, mazá, marmelada, manteiga, líquido.
- Metémolo no forno prequentado a 160º durante 1 hr e 20 min. (creo que debería habela posto a 180º, estivo demasiado tempo no forno)

Comentarios de catadores: Está moi boa, hai que repetila máis máis veces, non ten fallo. Non vou introducir cambios nos ingredientes, está perfecta tal e como a fixen, bueno igual a poño a 180º, aínda que logo a media cocción baixe o calor.

martes, 28 de julio de 2009

PÓDESE DICIR MÁIS ALTO, PERO NON MÁIS CLARO

Eu non o diría mellor. Tamén quero darlle as grazas a meus pais por falarme e educarme en galego. O mellor de todo é que cando saio de Galicia tamén sei falar castelán. Teño a sorte de poder comunicarme en dúas linguas.
Non subestimemos a capacidade de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas. Os nenos e nenas que falan galego tamén saben falar castelán, pero ao revés xa non estou tan segura. Temos que estar orgullosos da nosa riqueza cultural.

lunes, 27 de julio de 2009

BISCOITO DE CALABACÍN

Ingredientes
350 grs de calabacín, mediano.
200 grs de azucre morena
4 ovos
100 grs de manteiga
1 culleradiña de esencia de limón
1 culleradiña de esencia de vainilla
1 culleradiña de canela
1 sobre de levadura “Royal”
380 grs de fariña
Media culleradiña de sal
100 grs de noces
100 grs de pasas
1 copiña de brandi
Azucre glass para decorar

Preparación

- Poñemos as pasas no brandi a macerar
- Picamos as noces (anacos visibles, o tamaño é a gusto). Eu como o fago na picadora, parte queda case coma fariña e parte en cachiños bastante grandiños.
- Lavamos o calabacín, quitámoslle os extremos e partímolo en anacos. Triturámolo coa batedora. Engadímoslle o azucre, os ovos, as esencias, a manteiga (brandiña ou derretida no micro) e a canela. Mesturamos todo ben coa batedora.
- Incorporamos a fariña a levadura e o sal. Este parte fíxena co batedor de man. Ademais incorporei a fariña tamizada, pouco a pouco.
- Por último, escorremos as pasas e incorporámolas á masa, así como as noces. Intégranse ben coa masa coa axuda dunha espátula.
- Metemos todo o conxunto nun molde, previamente engraxado e enfariñado. No meu caso como era de silicona só o pintei un pouco con manteiga derretida.
- Introdúcese no forno prequentado a 160º. Necesitou 1 hora para estar listo. Na primeira parte da cocción tivo a calor arriba e abaixo, logo pasouse a ventilador. Case sempre fago esta operación cos biscoitos porque teño comprobado que saen mellor.
- Decórase como se queira, neste caso con un pouco azucre glass e un pouco de chocolate rilado. Non estaría mal coa mesma cobertura do biscoito cenoria.




NOTAS
De sabor, boísimo. O único cambio que farei se o fago de novo será poñerlle menos canela, porque disfraza tódolos demais sabores, ao que máis sabe é a canela.
A fonte orixinal é do blogue sabores dulces. Aínda que introducín bastantes cambios.



PAQUETES DE HOXALDRE RECHEOS

Case nunca como na casa, polo que, poucas veces fago comidas salgadas elaboradas, dignas de ser contadas. Só cando teño invitados, senón con algo cocido, á prancha ou unha ensalada xa paso (logo xa compenso cos pasteis). Cando se fai de comer para un só sempre sobra e a min persoalmente, dame moita rabia. Pola contra, os doces son diferentes porque non hai que comelos na hora e sempre podes levalos a algunha casa achegada para compartir con outros.
Estamos en tempada de recolleita de todo tipo de froitas, verduras e hortalizas. A meu pai, que é moi apañado para esas cousas, acumúlaselle o produto. Polo que, se están empezando a almacenar cantidades industriais de produtos varios. Entre eles o calabacín. Pois ben, o outro día atopei no blogue de poskito cocina unha receita, que se acomoda aos meus gustos e que entre os seus ingredientes inclúe calabacín. Déixase comer, pero o dito, iso de cociñar para un só non me acaba de convencer.


INGREDIENTES (2 persoas)
1 lámina de hoxaldre fresco (refrixerado)
1/2 calabacín (depende do tamaño)
Un chorro de aceite
sal
4 pementos do piquillo
4 lonchas de queixo para fundir. Poñeríalle 8
4 lonchas de xamón cocido
1 ovo (para pintar o hoxaldre)
PREPARACIÓN

- Estiramos a lámina de hoxaldre e cortámola en 4 anacos. Eu fixen dous máis grandes e os outros dous máis pequenos porque os pequenos van facer de base e os grandes de tapadeira. Deixei éstes máis grandes porque teñen que cubrir todo o recheo.

- Cortamos o calabacín en rodaxas finiñas. Farase a gusto de cada un, porque tamén poden ser anacos alongados ou máis gordiñas. Cociñámolo, neste caso tres minutos no microondas con un pouco sal e un chorro de aceite (igual que na receita orixinal). Supoño que se poderá pochar na tixola, facer á prancha (cada un elixe o que lle resulte máis cómodo).


- Mentres se vai facendo o calabacín xa podemos ir poñendo os pementos do piquillo abertos encima da masa, logo unha capa de queixo, outra de calabacín, outra de xamón, outra de calabacín, outra de queixo (neste caso mozzarela rilada), outra de xamón. As capas cada un pódeas poñer como queira. Na receita orixinal non están así. Para o meu gusto incluiría unha máis de queixo (de feito engadín o queixo relado). Na orixinal é: pemento, calabacín, queixo, xamón, calabacín.
- O recheo colocámolo de xeito que non chegue aos bordes para que logo se poida cerrar ben coa tapa.
- Batemos o ovo que nos servirá para pintar. Pintamos os bordes con ovo para que as masa da base e da tapa se peguen ben.
- Tapamos o recheo coa masa que reservamos. Cerramos ben tódolos bordes, facémoslle un cortes na superficie para que poida saír o vapor, pintamos con ovo e metémolo no forno prequentado a 200º durante 20 minutos aproximadamente. Ponse na placa de forno encima de papel de forno.









jueves, 23 de julio de 2009

BISCOITO DE CHOCOLATE RECHEO DE QUEIXO



Ingredientes:
Recheo
200 grs. de queixo crema (philadelphia)
1/2 cdña. de esencia de vainilla
25 grs azucre ou de vainilla ( sen a esencia)
Masa
200 grs. de azucre
2 ovos
100 grs. de manteiga
3 cdas. cacao en pó100 grs. de fariña
Medio sobre de levadura Royal
25 grs. de abelás ou noces
Baño:
55 grs. de manteiga
1 cda. de leite
100 grs. de azucre glass
2 cdas. de cacao en po
Améndoas fileteadas, cantidade necesaria
Preparación:
Recheo
- Bater o queixo crema coa esencia de vainilla ou o azucre avinillado e 25 grs. de azucre hasta lograr una pasta suave.
Masa
- Bater os ovos e o azucre hasta que estea espumoso.
- Derreter a manteiga co cacao hasta lograr unha mezcla suave e engadirlla aos ovos.
- Mesturar ben e ir incorporando a fariña coa levadura e as avelás ou noces con movementos envolventes.
Enmoldado
- Enmantecar e enfariñar un molde ou cubrilo con papel de forno.
- Colocar no molde a metade da masa cunha espátula e estendela ben, facer o mesmo co queixo e cubrir co resto da masa.
- Meter no forno prequentado a 160º 1 hr máis ou menos, a partir dos 40 min co ventilador.
Baño (este concretamete non o ten, pero é unha boa suxestión)
- Derreter a manteiga co leite, agregar o azucre glas e o cacao, mezclar ben e bañar a parte superior da tarta. Adornar con améndoas fileteadas previamente tostadas.
Deste si que sei a fonte orixinal: Recetario de canecositas
miércoles, 22 de julio de 2009

OUTRA DE COOKIES

"Padre he vuelto a pecar". Volvín a facer das miñas. Eso que estou a dieta, levo case un mes para perder catro míseros kilos. Dixen que non facía máis nada salvo en datas sinaladas, pois..., ala. Onte pola tarde entroume a tentación de facer galletas, pero resistinme. Hoxe puido máis comigo e cando me dei conta xa estaba coas mans na masa. Teño unha espiña cravada co das cookies. A ver por qué non me han de saír a min. Onte estiven vendo, por casualidade, uns videos de cómo se facían (americanos, nada menos). Tiveno que ver varias veces para ir captando algo. Total que decidín probar de novo. Quedaron mellor que das outras veces, se as repito, desde logo, deste xeito, pero aínda non acaban de ser...
Algunha que vexo por aí son tal cual as chips ahoy, cuarteadiñas por encima. Éstas parécense algo, pero fáltalles o cuarteado. Para a próxima póñolle máis fariña. Supoño que terá que ser a masa máis compacta. Fun engadindo ingredientes según me parecía, trapallando un pouco.

Ingredientes
Partín pola metade unha peza de manteiga de 250 grs, polo que ,125 grs de manteiga
5 culleradas sopeiras de azúcre morena
5 culleradas sopeiras de azúcre blanca
1 ovo
1 cullerada de sobremesa de esencia de vainilla
3 tazas de fariña (de té)
1 culleradiña de bicarbonato sódico
2 culleradiñas de levadura royal
9 onzas de chocolate negro (de marca eroski)
Un puñado de noces

Preparación
- Trocéase o chocolate ou bótase xa do que ven en bolsiñas. Neste caso troceei 9 onzas de chocolate negro de repostería (do de eroski). Fíxeno na picadora, polo que uns anacos quedaron grandechos e parte do chocolate quedou en pó.
- Machácanse nun morteiro un puñado de noces (ou na picadora)
1º Trocéase a manteiga e métese nun bol a temperatura ambiente durante unha hora.
2º Engadéselle o azucre. Mestúrase ben coa batedora (eu fíxeno coas cuchillas, non sei como sairá coas barillas ou con algún outro aparato que mesture).
3º Cando se forme unha masa homoxénea engádeselle o ovo previamente batido e mesturado coa culleradiña de vainilla. Intégrase ben.
4º Incorporar, pouco a pouco, e tamizándoa, a fariña, a levadura e o bicarbonato sódico. Isto xa o fixen con unha espátula de silicona (unha lingua). Fun engadindo fariña según ma pedía a masa. Aínda lle podía botar máis.
5º Por último, engadir o chocolate e as noces, integrándoos ben co conxunto da masa.
6º Métese un pouco, a masa, na neveira, para poder manexala mellor. Aínda que esta vez non fixen boliñas redondas coma das outras veces. Collín montiños cunha culler e funos depositando na bandexa de forno, cuberta con papel de forno. Separados, eso si, para que cando a masa se desparrame non se toquen unhas coas outras.
6º Metémolas no forno prequentado a 160º arredor duns 20 minutos. Colocadas na ranura do medio para arriba.
Fixen tres fornadas.

Vou mellorando. Algún día sairán perfectas



lunes, 20 de julio de 2009

BRIOCHE E AS SÚAS VARIANTES

Cando empecei neste mundo da repostería, fai pouco tempo, aínda non un ano, dábanme moito medo e respeto as masas de levedar. Non sei, parecíanme para profesionais. Un día aventureime. Estaba nunha panadería, deume unha arroutada e pedínlle un kg de fariña de forza e levadura de panadeiro. Tíñao decidido, ía facer unha larpeira. Nada menos que unha larpeira, que atrevida. Xa levaba unha tempada navegando pola rede e buscando a receita. Case todas eran na termomix, aparato que nunca vin diante e que debe ser milagreiro. Atopei un par delas coa elaboración manual, tamén mirei o roscón, que ao fin e ao cabo, é o mesmo. O resultado foi espectacular, non podía estar máis orgullosa da miña obra, e que sabor. Pois a partires de aí as masas con levadura de panadería son as miñas favoritas. Debe ser porque me encanta o pan e por encima cun toquiño doce. O seguinte foi o brioche, que viña sendo o mesmo, pero máis esponxadiño, ummmmm, un deleite para o padal. Pois ben, esa masa de brioche, para min é riquísima e fágoa en calquera momento. De feito, a última larpeira fíxena con ela. Probei varias que vin por aí, incluso unha que ía un tempo na neveira (da cal non teño testimonio), pero esta que vou poñer, para min, é a máis fácil. Non sei de onde a saquei porque como miro tantas despois non sei quen é o autor.
Vou poñer tódolos brioches que fixen, bueno ao mellor falta algún que non retratei, por exemplo da larpeira non quedou nin foto. Algunha ten algún cambio
A masa deume para dúas caracolas destas
Ingredientes
2 ovos (deixar un pouco para pintar por encima)
300 grs de fariña de forza (máis ou menos)
25 grs de levadura de panadería
100 cc de leite
50grs de manteiga
30 grs de azucre + unha culleradariña para a levadura
1 culleradiña de azucre vainilla
Un pouco de esencia de limón (opcional)
1 pizca de sal
Realización
- Derreter a manteiga e deixala enfriar. Mentres tanto amornar o leite e desfacer nel a levadura coa axuda dunha culleradiña de azucre. Deixar fermentar arredor de 20-30 minutos tapado con film.
- Tamizar a fariña e agregarlle o azucre, o sal, os ovos batidos (deixar un pouco para pintar), a manteiga derretida, pero fría, e a levadura. Mezclar todo ata conseguir una masa homoxénea que non se pegue ás mans nin ao cuenco. Pero debe ser branda, incluso algo pegañenta. Se non chega a fariña inicial engadiráselle máis.
- Ponse a fermentar arredor de unha hora e media tapado con film. Sácase a vólvese a amasar dándolle a forma desexada ( estireino co rodillo e relleneino con crema pastelera, logo dobreino e enroleino facendo unha caracola).
- Píntase con ovo batido e deixase levedar de novo na placa de forno cuberta con papel de forno e algo enfariñada. (púxeno a levedar dentro do forno encendido, pero moi baixiño. Pensei que fora un erro porque así non podía metelo no forno prequentado). Despois de media hora ou unha hora métese no forno (como o tiña no forno fun aumentándolle o calor pouco a pouco ata chegar a 180º). Unha vez estivo en 180º fíxose en menos de 10 minutos (7-8).
RIQUISIMO, INCRIBLE

2º intento
Cambios con respecto ao 1º
Ingredientes
3 ovos (deixar un pouco para pintar por encima)
600 grs de fariña de forza (máis ou menos)
25 grs de levadura de panadería
100 cc de leite
100grs de manteiga
5 culleradas de azucre + unha culleradariña para a levadura
1 culleradiña de azucre vainilla
Un pouco de esencia de limón (opcional)
Medio sobre de levadura royal
1 pizca de sal
Procedemento
Igual que no primeiro, só que a manteiga non se derreteu, púxose branda, en último lugar e cando xa se mezclaron os outros ingredientes un pouco.
Preparación
En trenza: Metade da masa estirada co rodillo, poñerlle a crema pasteleira no centro e facer cortes inclinados laterais , logo unilos de forma alterna cerrando encima da crema.
Quedou moi ben, pero para a próxima vez, poñer máis crema, non estirar tanto a masa na base e estirala máis na zona dos cortes.























Outra posibilidade: Facer bolas pequenas coa masa, furala no centro e botarlle crema pasteleira, cerrar coa masa dos laterais. Facer bolas ata rematar a masa. Colocalas facendo forma nun molde cuberto de papel vexetal e deixar levedar. Queda tamén moi bonito.


Fixen os dous (este e a trenza) cos ingredientes que menciono















3º intento
Cambios
Púxenlle máis manteiga, arredor de 200 grs. Primeiro amasei todo e cando estaba case amasado engadínlle a manteiga sen estar líquida, brandiña. Desfacíase a masa, pero engadín máis fariña. Debe levar arredor de 600 grs de fariña.
No final do amasado engadín pepitas de chocolate.
Estirei a masa despois de levedar e púxenlle nocilla. Enrolei, partín en anacos de dous centrímetos e coloqueinos nun molde forrado con papel. Levedou, forno 160º, sobre 20´
NOTA: Non sei por qué a levadura co leite non me subeu coma outros días. Polo cal decidín engadirlle medio sobre de levadura da seca coa fariña. Tamén lle puxen 1 sobre de levadura Royal. Quedou máis seco e duro que os anteriores, non medrou tanto no forno. Estaba rico, pero non se parecía aos outros. Non lle vou a volver a botar tanta manteiga.















4º intento
Igual que o 1º, pero ao final do amasado engadinlle noces picadas, chocolate picado e pasas. Arredor dunha cullerada de cada. Intégrase ben na masa.
Unha vez levedado metino no molde alongado de silicona e volvino a deixar levedar tapado co film sobre unha hora.
Este brioche é o que mellor sae.
Podería admitir máis tropezóns (case non se lle notan)
Estivo no forno 25´ a 160º, situado do medio para arriba. Cando se dorou por encima púxenlle un papel de plata por encima.
Para a próxima mellor non poñelo no molde de silicona porque ao ser blando leveda ao ancho deformando o molde. Mellor un molde máis ríxido.

BISCOITO DE CLARAS

Este biscoito é riquísimo. Lixeiriño. Cando te das conta xa se acabou. É ideal para mollar no café. Só o fago cando me sobran suficientes claras dalgunha crema pasteleira.



Ingredientes
6 claras
100 grs de manteiga
150 grs de fariña
100 grs de azucre
1 sobre de levadura Royal
100 ml de leite

Realización
1. Batemos as claras a punto de neve forte e reservamos.
2. Derrétese a manteiga, engádeselle o azucre, mesturamos ben. Incorpórase a fariña tamizada coa levadura integrándoa ben. Como vai quedando moi compacta e difícil de manexar engádeselle o leite pouco a pouco a medida que imos incorporando fariña. Esto mestúrase coas claras con movementos envolventes.
3. Introducimos a masa nun molde enmanteigado e enfariñado ou con papel de forno.
4. Metemos no forno prequentado a 180º, durante 20 min.

Notas: Pódeselle poñer un pouco menos de azucre porque sae bastante doce.
domingo, 19 de julio de 2009

TARTA DE CHOCOLATE CON PROFITEROLES

Esta tarta é moi vistosa e rápida. É desas que poden sacarche dun apuro. Que mañá tes algunha celebración, pois en media hora tarta feita, á neveira e mañá quedas coma unha gran reposteira. Para o meu gusto é un pouco pesada, chega cun anaquiño pequeno, pero como eu non sei comer un anaco pequeno. Como suxestión diría que igual sería máis lixeira se se fixera con leite no canto da nata, ou metade e metade. Probarei outro día. O que sí, poñereille máis profiteroles, case nos pelexamos polos anacos con profiteroles.



Ingredientes
Para a base
1 paquete de galletas María
70 grs de manteiga derretida
1 chorro de leite.
Para o recheo
1 l. de nata
250 grs de chocolate (pode ser negro ou con leite, a gusto)
1 sobre de flan Royal de 8 racións
4 follas de xelatina (opcional)
Profiteroles conxelados, a cantidade a gusto
Realización
Da base

Picamos as galletas, déixanse como se fose fariña e mestúrase coa manteiga derretida e co chorro de leite. Introdúcese nun molde desmontable e exténdese ben no fondo. Métese na neveira ou conxelador. Sacarase cando estea preparado o recheo.
Do recheo
1. Derrétese o chocolate no micro. Remexéndoo cada 30 sg aproximadamente, para que non se queime.
2. Valéirase o sobre de flan nun recipiente, engáselle a nata e mestúrase ben. Ponse ao lume. Cando estea quente engádeselle o chocolate e intégrase ben co líquido do flan. Déixase fever. Débese remexer constantemente. Sacalo do lume e engadirlle a xelatina ben escorrida, que estaba a hidratar en auga fría. (a xelatina é opcional para que quede máis compacta, pero pódese prescindir dela porque xa o flan calla o suficiente)
3. Sácase o molde coa base de galleta e colócanse encima os profiteroles (a cantidade que se queira, mellor cubrir o fondo do molde, separados, pero todos os que caiban, queda máis vistoso). Case sería máis convinte que primeiro se introduza no molde un pouco do recheo e logo os profiteroles, porque tenden a flotar e así pode que queden máis agarrados ao fondo. Os profiteroles pódense poñer conxelados ou deixalos desconxelar un pouco antes ( púxenos conxelados o o resultado foi bo). No caso de que floten cando se verte todo o líquido sobre eles, presiónanase un pouco para o fondo e xa deixan de flotar.
4. Cúbrense os profiteroles co líquido. Déixase enfriar e á neveira. Mellor de un día para outro.
5. A decoración é persoal, pode ser con nata.

GALLETAS CON CHOCOLATE

Vin estas galletas por aí, caíanme os ollos ao velas, pero a min non me quedaron coma as dos demais, non sei en que puiden fallar. Fixen dous intentos, no primeiro fun fiel a algunha das tantas que vin, na 2ª xa puxen da miña parte e saíron mellor. Aínda así non están como eu quería. Nas fotos doutros blogues son tal cual as do paquete, as "american cookies". Terei que probar máis veces, pero moito me temo que seguirán sen ter esa apariencia tan "de paquete". De todos xeitos, estaban boas, que é o que conta, non?
Nalgunhas receitas introduzo algunhas notas, que son as miñas humildes reflexións e conclusións tras o proceso.
Ingredientes:
- 150 grs. azucre moreno
- 150 grs. azucre normal
- 125 grs. manteiga
- 2 Ovos
- 1 cullerada de extracto de vainilla
- 340 grs. de fariña de trigo
- 1 culleradiña de Bicarbonato
- 150 grs. de chocolate chips (pezas de chocolate) ou outro chocolate (córtase en anaquiños xenerosos)
- Noces ao gusto


Preparación:
Paso 1.-. Poñer os azucres e a manteiga nun bol e mesturar ata que estea cremoso. Poñer os ovos e mesturar ata que estea ben feita a mestura. Poñer a fariña, vainilla, e bicarbonato ( e un pouco de sal se a manteiga é sen sal). Mesturar todo ben. Engadir o chocolate e noces e mesturar ata que estean ben incorporados.

Paso 2.- Prequentar o forno a 180º (arriba e abaixo). Formar bólas (tamaño trufas) e poñer nunha bandexa de forno con papel de forno (non deberían pegarse coa manteiga). Poñer a cantidade que se poida para que haxa un espazo duns 5 cm. entre eles (se non se unen). Fornear uns 8-10 min. (eu 10 min.)



Este foi o resultado

Notas:
Quedaron mal, moi aplastadas, demasiado doces e paseime co forno porque me parecía que estaban moi blandas.
Poñer menos azucre.
Probar mellor así: Empezar polos ovos batidos, engadir o azucre e logo a manteiga a temperatura ambiente. Machacar cun garfo e mesturar ben. Logo engadir a fariña. A masa está moi blanda, para poder manexala mellor metela na neveira ou no conxelador. Así a manteiga endurécese e manéxase mellor.
Poñer máis levadura porque non medraron nada.
Chega con que estean 10´ no forno. Teñen que estar blandas ao sacalas, logo xa endurecerán.

2º intento
Ingredientes:
- 100 grs. azucre moreno
- 100 grs. azucre normal
- 125 grs. manteiga
- 2 ovos
- 1 culleradiña de azucre vainilla
- 350 grs. de fariña de trigo - 1 culleradiña de Bicarbonato sódico.
- Un sobre de levadura Royal.
- 150 grs. de chocolate en anaquiños.
Teñen algo de mellor pintiña cás primeiras

Preparación:
Paso 1.- Empezar polos ovos batidos, engadir o azucre e logo a manteiga a temperatura ambiente. Machacar cun garfo e mesturar ben. Logo engadir a fariña, o bicarbonato sódico e a levadura. A masa está moi blanda, para poder manexala mellor metela na neveira ou no conxelador. Así a manteiga endurécese e manéxase mellor.
Paso 2.- Prequentar o forno a 180º (arriba e abaixo). Formar bólas (tamaño trufas) e poñer nunha bandexa de forno con papel de forno (non deberían pegarse coa manteiga). Poñer a cantidade que se poida para que haxa un espazo duns 5 cm. entre eles (se non se unen). Poñelas no medio ou do medio para arriba. Deben estar uns 8-10 min. (se se deixan os 10´están máis tostadiñas.
Notas:
Non acaban de saír como eu quero. Non saíron cuarteadas (¿será por non poñerlle todo o azucre?).
A primeira fornada púxeno na parte biaxa do forno e queimáronse polo fondo.
A segunda púxena no medio, e mellor.
As dúas últimas púxenas no máis alto e ben tamén.
Esta vez non quedaron apalastadas coma a primeira. Pode ser por poñerlle máis levadura, non sei se será de máis.
Non están tostadiñas e duras, están brandiñas. Se as deixara máis queimaríanse.
Estiveron sobre 8 minutos. Da última formada estaban máis crujientes.

LARPEIRA

A larpeira é un doce moi galego. Un tanto complicada de facer, pero moi grata de comer e moi entretida. Fíxena de varias formas, ao final ven sempre sendo o mesmo. Deliciosa cun cafeiño. Eso si, hai que comela no día, senón ao día seguinte está resesa (hehehe)



FERMENTO
Ingredientes
25 grs de levadura de panadería
Unha pouca auga morna, menos de medio vaso dos pequenos (dos de nocilla)
100 grs de fariña (catro-cinco culleradas)
Unha culleradiña de sal
Realización
Quentar a auga no micro (non máis de 40º), botala nun bol e mezclar a levadura para que se desfaga nela. Engadirlle a fariña. Botar sal. Amasar ata que non se pegue nas mans. Metelo nun bol e tapar con film. Abrigalo ben (cunha toalla, unha mantiña), esto é para que teña caloriña e medre mellor. Levedará toda a noite.
MASA
Ingredientes

500grs de fariña e un pouco máis para ir secando a masa (arredor de 100 grs máis)
50grs de anís (ou unha culleradiña de esencia)
Cinco culleradas de azucre.
Un chorro de esencia de limón ou raiadura dun limón.
3 ovos
1oo grs de leite morna
50 grs de manteiga derretida no micro.
1/2 sobre de levadura royal
O fermento, que se realizou a noite anterior
Realización
Facer un volcán coa fariña tamizándoa (500 grs) e mezclada coa levadura en pó.
1º mezclar o leite co azucre e metelo a quentar no micro (un pouco, amornar). Logo derreter a manteiga e mezclala ao leite co azucre, engadir a esencia de limón (ou raiadura dun limón) e o anís (ou esencia) e remexer todo. Bater os ovos (deixarase un pouco para pintar por encima a masa). Todo este líquido engádeselle á fariña. Mezclar todo. Esta mezcla mellor facela nun bol baixo. Cando está mezclado pasalo ao mármore. Necesítase un pouco de máis fariña para ir secando a masa (non sei a cantidade, ata que a masa non se pegue ás mans). Amasar moito, polo menos 10 minutos, con moita forza e con golpes.
Farase unha bola aplastada e redonda e ponse na placa de forno, encima dun papel de forno enfariñado. Déixase levedar arredor de hora e media, ben abrigada. Mentres leveda faise a crema pasteleira.
CREMA PASTELEIRA
Ingredientes
Tres xemas
4 culleradas de azucre
4 culleradas de maicena
medio litro de leite (ou algo menos)
Realización
Quentar o leite nun cazo (se non ferve non pasa nada)
Mezclar nun cazo as xemas, o azucre, a maicena e un poco de leite fría. Remexer ben ata que se mezcle todo sen grumos.
Poñer a mezcla ao lume, non moi forte (medio alto) e engadirlle inmediatamente o leite. Non todo, a metade. Remexer cunhas barillas ata que vaia espesando. Subirlle a temperatura, pero nunca ao máximo. Cando vaia espesando xa se ve a necesidade de engadirlle máis leite ata conseguir o espesor desexado. Neste caso fai falta todo, ten que quedar espesiña. Métese na manga pasteleira e deixase enfriar nela.
PREPARACIÓN DA MASA ANTES DE IR AO FORNO
Cando xa pasou hora e media máis ou menos e vemos que o volume debaixo da manta aumentou considerablemente, pasamos a preparar a masa para metela no forno. Un pouco antes de destapar a masa encendemos o forno a 200º. Isto fai que a cociña estea máis quente. Cérranse portas e ventás, na cociña ten que facer calor, non pode haber correntes. Destapamos a masa cerca do forno. Facémoslle os cortes, empezando polo medio. A masa vai baixar moitísimo. Deixámola así un anaco (sobre media hora) para que volva a coller volume. Píntase con ovo batido Mentras tanto preparamos nun prato azucre remollado con auga que iremos poñendo nos cadrados e encima uns anaquiños de manteiga. Aínda pode quedar un poco así. A continuación nos cortes introducimos, coa axuda da manga pasteleira, a crema. Bótaselle toda.
Por último métese no forno a 180º-160º. Aos 20 min hai que mirala, se se pon a 160º faille falta 30-35 min. Cando xa estea case lista píntase de novo con ovo e déixase uns minutos.
Mentras a temos no forno preparamos o almíbar
ALMIBAR
Ingredientes
50grs de auga
50grs de anís
50grs de azucre
Preparación
Ponse a ferver tódolos ingredientes uns cinco minutos.
Cando se saca a larpeira pintámola co almibar. e LISTA
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...