lunes, 28 de diciembre de 2009

POLVORÓNS SURTIDOS (limón, canela, coco e vainilla)

Pensei que as vacacións de Nadal ían ser máis produtivas, pero enganeime. Estou pouco pola casa e o que fago lévoo correndo e non me da tempo nin a quitarlle fotos. Estes polvoróns pensei que tampouco os ía publicar, decepcionáronme moito cando os saquei do forno, a penas lles tocaba xa lles quedaba o sinal. Pensei que estaban crus, que o fixera mal, pero non, é así haille que esperar o seu tempo.
A verdade é que ultimamente todo me sae mal, todo moi desastroso con bastantes percances, polo que pensei que os polvoróns non ían ser unha excepción.
Levo unha tempada, xa moi longa, que todo me da moita pereza, pero dun xeito esaxerado. O astío e a apatía apoderáronse do meu corpo e polo que vexo quédanse a vivir. Débolle de estar facendo boa vida porque creo que están engordando e apoderándose de todo o meu ser. Non sei como botalos. A verdade é que non me gusta nada convivir con eles, pero así e todo sigo alimentándoos e deben estar facendo familia porque a cousa vai en aumento.
Escribir esta entrada custoume moitísimo, antes facíame ilusión publicar, pero agora xa me resulta tedioso. Que será o que faga eu con ganas e con ilusión? Pois nada. Bueno, si, comer, iso fágoo estupendamente, e cunhas ganas...
Todo o deixo para mañá e ás veces mañá é tarde. Agobiame todo, ata quedar coas amigas, resultame como un gran esforzo. Só quero estar na casa e facer o que me vaia pedindo o corpo, que ás veces non pide nada. Puffff!!!!! Non podo máis, xa non quero escribir máis...


Ingredientes
(Primeiro vou poñer todos os ingredientes que necesitei e logo especifico por cada sabor)
600grs de fariña
320 grs de manteiga de porco
320 grs de azucre glass
100 grs de améndoa moída
1 cullerada, das de sobremesa, de esencia de limón.
1 culleradiña, das de café, de canela
1 cullerada e media de coco.
1 cullerada de esencia de vainilla
2 culleradas, das de sobremesa, de azucre vainilla.

Ingredientes para cada sabor
Ingredientes base (que están en tódolos sabores)
150 grs de fariña
80 grs de manteiga de porco
80 grs de azucre glass
25 grs de améndoa moída.
O que necesitamos para os diferentes sabores:
Se queremos que sexan de limón: 1 cullerada, das de sobremesa, de esencia de limón.
Se queremos que sexan de canela: 1 culleradiña, das de café, de canela
Se queremos que sexan de coco: 1 cullerada e media de coco.
Se queremos que sexan de vainilla: 1 cullerada de esencia de vainilla e 2 culleradas, das de sobremesa, de azucre vainilla (podemos poñer un pouco menos do outro).





Elaboración
- Primeiro temos que tostar a fariña. Eu puxen a fariña en dúas tandas de 300 grs, mesturada con 50 grs de améndoa moída. Esténdese na placa de forno e métese no forno prequentado a 160º uns 15-20 minutos. Estará tostada cada adquira un lixeiro color amarelento e vaia perdendo a humidade, esto é que queda máis dura. Débese mover de vez en cando para que toste por todos lados igual. Esto é mellor facelo o día antes e deixala enfriar ben.
- Eu fixen as catro masas por separado, engadindo en cada caso o ingrediente correspondente. O procedemento é sempre o mesmo.
- Nun recipiente poñemos 150 grs de fariña tostada mesturada coa améndoa, tamizada (a fariña ó tostarse diminúe un pouco, porque senón entre a fariña e a améndoa serían 175 grs, pero deume exactamente para catro tandas de 150 grs cada unha. A fariña unha vez tostada púxena toda xunta e ía pesándoa a medida que a necesitaba)
- Engadimos os 80 grs de azucre glass e de manteiga de porco a temperatura ambiente. E tamén engadimos o ingrediente que corresponda según o sabor que queiramos, a esncia de limón, a canela, a vainilla ou o coco.
- Mesturamos ben todo e facemos unha masa homoxénea. Podemos metela un pouco na neveira para que se endureza un pouco, pero pódese manexar perfectamente.
- Podemos estirar a masa e cortar con un corta pastas da forma que queiramos ou coller porcións, facer unha bola, aplastala coa man e logo cortar dando forma. Eu optei por esta última.
- Depositamos cada polvorón na bandexa de forno cuberta con papel de fornear e metémolos no forno prequentado a 170º durante 20-25 minutos (esto depende de cada forno).
- Sacámolos e deixámolos enfriar. Os polvoróns non deben consumirse, nin manipularse moito ata o día seguinte porque tardan moito en adquirir a textura de polvorón. Ó principio están moi brandos, case coma a masa crúa. Se lle rozas desfanse e quédalle o sinal, pero pasado un día están perfectos.
Gardados nunha caixa de metal consérvanse perfectamente durante varios días.
Os que máis me gustaron foron os de limón. A verdade é que dos comprados tamén son os que máis me gustan.

A fonte de inspiración foi: El zurrón de los postres

23 comentarios:

  1. Morena, se teñen unha pinta que xa me sae o aroma pola pantalla do ordenador, uhmmmm!
    Como podes dicir que faltan ganas, despois de todo ese esforzo na presentación tan coidada. Hai días, ou ás veces semanas, que unha está algo desanimada, pero nada perdura eternamente. Un bico e non deteñas este labor que tan felices nos fai. Eu agora mesmo amasei o brioche, según a túa receita e decateime que me van dar as tantas despois de tanto tempo fermentando... Pero, benditas vacacións, que todo da igual!!

    ResponderEliminar
  2. Creo que eu vou probar un , teñen unha pinta estupenda , eu tamén gosto máis dos de limón , como que empalagan menos .
    Animo guapa que seguro que é unha racha , esa sensación ten que pasar co ano novo , coma quen cambia de roupa .

    Biquiños e Feliz Ano .

    ResponderEliminar
  3. AIIIIIIII, Nataliña, canto che quero, guapa. Sempre tes palabras animosas, eres estupenda.Cóntame como vai ir o do brioche, eh? Creo que te vou chamar agora mesmiño.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Poéticos podedes coller cantos queirades, aínda que sexa fago outra fornada, todos de limón claro.
    Grazas polo ánimos, voulle pedir ós reis ganas de facer cousas e de traballar e de rir e de saír da casa e de falar coa xente, unha muda nova, bah!pero de dentro a fóra que boa falta me fai cambiar de traxe.
    Biquiños e que teñades unha entrada e unha saída de ano estupendas

    ResponderEliminar
  5. Tienen una pinta deliciosa. Te han quedado perfectos.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  6. Gracias Dely, pero estuve a punto de no publicarlos con lo decepcionada que quedé al sacarlos del horno. NO sé ni como resistieron el mal trato y el traqueteo que les di a los pobres. Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Se ven estupendos y riquísimos. Me encantan los polvorones y no he tenido tiempo de hacer, así que me llevo uno de cada sabor de los tuyos!!
    besitos,

    ResponderEliminar
  8. Realmente los polvorones caseros están de muerte nada que ver con cualquier comprado. Muy buenos todos los sabores. Besos

    ResponderEliminar
  9. Encántanme!Son unha maravilla estes polvoróns, aínda que non me gustan moito na casa sí, así que gardareina ben :)
    Bicos!

    ResponderEliminar
  10. Realmente delicosos..se ven exquisitos. He comprado la manteca..estoy barajando varias recetas...ya te cuento. bs

    ResponderEliminar
  11. seguro que están deliciosos...y las fotitos muy chulas....me llevo para probar...gracias

    ResponderEliminar
  12. Pami, grazas polos cumpridos. A min tampouco me entusiasman, pero un ou dous tamén o como e caseiros están máis ricos. O que pasa é que os fixen bastante grandes e gordos, polo que un destes, vale por tres dos comprados, case son para comer por porcións.

    Lola,yo tambié anduve mirando varias recetas y me decanté por los de Irmina porque me encanta todo lo que hace, una receta muy parecida también la tiene penny en el rincón de la mariposa. Espero ver los tuyos con ansia, con esas manos tuyas...

    Gracias Espe, me encanta cuando me dicen lo de las fotos porque me esfuerzo mucho, casi más que con la receta, pero mi cámara es muy corriente y se hace lo que se puede.
    Bicos gordos para todas y gracias por vuestros comentarios, cada uno de ellos es una alegría por mi parte.

    ResponderEliminar
  13. HIlmar, pues decídete a hacerlos que se hacen en nada, para sencillos no tienen competidor.

    Carmen, que razón tienes, todo lo casero sabe mejor y de paso sabemos lo que comemos. Tengo que probar los de avellana.

    Bicos gordos para las dos

    ResponderEliminar
  14. Hola ruliña... a min tamén me pasou o que a ti... e canto menos fas, menos queres facer... é un círculo vicioso... Vouche dar un consello (xa sabes que son gratuitos), levántate todos os días dicindo "hoxe é un día distinto, hoxe vou ter ganas e vou facer cousas...." probablemente o primeiro día acabes igual de morriñenta que o que estás agora, pode ser que o segundo tamén, e quizás o terceiro, pero algún día chegarás á noite coa mesma enerxía que tiñas antes.....
    E si ves que o tema segue, aínda cos esforzos, nunca está de máis facerlle unha visitña ó médico pra que che faga unha análise... as veces unha tontería como unha anemia ou un pequeno desequilibrio hormonal atóntanos... e soluciónase rapidismo....
    Pelea cos habitantes do teu corpo e dalles guerra!!!!

    Respeto os polvoróns... que che podo decir... eu ainda non o intentei... e os teus teñen unha pinta deliciosa.... eu case que me decantaría así sin probalos por os de limón... que a min o sabor do limón pérdeme.....

    Vaia roio que che soltei.... bueno guapiña, para calqueira cousa que necesites ou calquer momento tristón podes contactar conmigo... estarei encantada.

    Un bico enorme e vistámonos de festa para despedir este ano, que xa pronto chega outro!!!

    Laura.

    ResponderEliminar
  15. Nada, que se me resisten os comentarios...é o terceiro que escribo, e non sei o que pasa, que desaparecen...misterios misteriosos...jejeje
    Os polvoróns teñen unha pinta boísima, se sairon mal, non quero nin imaxinar si saen ben...jejeje.
    Feliz aninovo!!
    Moito ánimo. Biquiños.

    ResponderEliminar
  16. ole ole y ole!! qué pinta por favor!! yo quiero un par de cada uno.. si es que queda algo a estas alturas..jajajaj
    si es que no paro.. pero aún llego a tiempo para desearos feliz aninovo!!!!
    mil besos

    ResponderEliminar
  17. pero menuda variedad de polvorones has preparado. Yo, este año, no he hecho, porque me los acabo comiendo yo. Aunqeu viendo los tuyos...me están entrando unas ganas locas de hacerlos.
    Feliz Año Nuevo!!!!!

    ResponderEliminar
  18. Te quedaron perfectos y seguro que están deliciosos. Me encantan los mantecados.

    Besos y Feliz Año.

    ResponderEliminar
  19. Son estupendos, me recuerdan a los de mi abuela, mmm!!.
    Aprovechamos para desearte que el año que nace traiga muchas cosas buenas para ti y tu familia. Nuestros mejores deseos para el 2010.
    Saludos

    ResponderEliminar
  20. Grazas Laura polos teus comentarios de ánimo, pero algunhas xa non temos remedio, xa non hai médico que nos arregle. EU son superactiva no traballo, non paro un minuto desde as 10 da mañá ata as 4:30, paro menos de media hora para comer e logo chego a casa e amodórrome. Espero que non me dea no traballo porque senón xa non sei que sería de min.

    Ana, se ve que ó final conseguíchelo. Grazas polo teu comentario, guapa.

    Onega, aún no se acabaron las Navidades y estás en peligro, puede que aún te de por hacerlos.

    Patt, aún quedan, los metimos en una cajita de metal y como uno harta muchísimo aún duran, o eso creo que yo me deshice de ellos y se los mandé para casa de mis padres.

    Perol, gracias por tu comentario guapa, coge, anda, si tanto te gustan...

    Da y Mer, si se parecen a los de tu abuela ya me has dejado contenta porque lo que hacen las abuelas siempre es lo más auténtico.

    ResponderEliminar
  21. Hola, Mª José! A mí me pasó lo mismo cuando hice polvorones: muy blandos, y pensaba que era culpa de mi horno! debe ser que es así. Te deseo lo mejor para este fin de año y seguro que el próximo vendrá lleno de cosas buenas e ilusión (no te olvides que lo mereces!) Un beso fuerte!

    ResponderEliminar
  22. He visto la FELICIDAD y me ha dicho que iba a tu casa. Le he pedido que llevase también a la SALUD y al AMOR. Tratalos bien, van de mi parte. Feliz Año 2010.

    Besos.

    ResponderEliminar
  23. ,... antes de nada "veña arriba ese ánimo"!!!!!!! que vales moito!!!!!,... todos pasamos por unhas épocas millores que outras,.. hai que encaralas e botarlle "peito",.... sonríe María!!!!
    Os polvoróns encántame!!! a éstas alturas xa casi non queda espacio para eles, pero faría un anaquiño!!! en serio, quedáronche bordados!! menos mal que publicaches a entrada,...

    un biquiño, e que teñas unha boa entrada no 2010!!!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...